CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta de Rueda executa a súa última manobra para facerse co control total da TVG

O PP leva ao Parlamento a nova lei de medios que outorga ao Goberno galego a facultade de elixir o director da canle sen maioría cualificada, elimina a supervisión de contidos por parte dos profesionais e abre a porta ao castelán.
Alfonso Rueda Land Rober
Imaxe da asistencia de Alfonso Rueda o programa da Televisión de Galicia ‘Land Rober’.

O que Alberto Núñez Feijóo comezou en maio de 2009 remátao esta semana o seu eterno aprendiz, Alfonso Rueda, agora titular da Xunta de Galiza: asumir o control político total da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). O movemento ten o nome de materia do grao de Xornalismo, pero ten forma de lexislación. Está previsto que este martes o Parlamento de Galiza aprobe, coa axuda da súa maioría absoluta, a Lei de servizos dos medios audiovisuais públicos de Galicia para a sociedade dixital. Un regulamento que outorga ao Goberno galego do Partido Popular a facultade de elixir o director da canle sen maioría cualificada, elimina a supervisión de contidos por profesionais independentes e abre a porta por primeira vez á produción de contidos en castelán.

Tribuna
Tribuna Ladróns de luva branca no Parlamento
As traballadoras e traballadores da CRTVG pagaremos os efectos dunha lei antidemocrática que nos retira algunhas das poucas ferramentas que tiñamos para defendérmonos e esixir respecto pola misión de servizo público que a corporación ten encomendada.

Cómpre comezar polo tema máis serio: os cambios na forma de elección do director xeral da corporación. Segundo Raquel Lema, presidenta do Comité Intercentros da CRTVG, máximo órgano de representación dos traballadores e traballadoras, a manobra é “cruda, lamentable, retrógrada e descarada”. Cando menos, vistos os feitos, é oportunista. Apenas uns meses despois de que o actual director, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciase a súa decisión de deixar a dirección do ente público, as dependencias da Xunta, coordinadas por Alfonso Rueda, traballaron arreo para elaborar unha lei á medida do clima político. É dicir, que todo quedara atado e ben atado.

Despois de 15 anos no poder —oito deles temporalmente por outra xogada gañadora—, Alfonso Sánchez Izquierdo, escollido a dedo polo dedo dun recentemente elixido Feijóo en San Caetano e coa complicidade dun PSdeG-PSOE que hoxe intenta desvincularse do fondo electoral no que se atopa dende o 18 de febreiro de 2024, marcha. Atrás del queda un ronsel de procesos xudiciais —uns gañaron e outros perdidos— pero, sobre todo, quedan 15 anos de historia galega. Por unha banda, a historia oficial que non se contou porque tería sido incómoda para a Xunta e, por outra, unha historia na memoria colectiva das loitas sindicais e sociais, a maior folga rexistrada —con 355 venres negros en folga— e decenas de denuncias por manipulación informativa e mesmo por acoso laboral. Este último segue no xulgado e coa imputación de toda a súa dirección.

Sánchez Izquierdo marcha, pero o método do Partido Popular de Galicia segue e está hoxe máis vivo que nunca. Tras a aprobación desta lei, o director xeral da Corporación de Radio e Televisión de Galicia será elixido sen maioría cualificada, aínda que tamén hai algo de maquillaxe: “O titular da Dirección Xeral é elixido polo Parlamento de Galicia por maioría de dous terzos. De non acadarse esta maioría, poderase repetir a votación no prazo dun mes e será suficiente para a elección unha maioría de tres quintas partes”.

Isto significa, en tradución libre, simularemos un voto democrático e pluralsimularemos unha falta de consenso e simularemos un acordo da cámara só cos votos garantidos do Partido Popular. Así, os titulares da prensa —hexemónica e sobrealimentada de cartos públicos ao día seguinte da elección do substituto irán adornados co adorno da unidade: “O Parlamento de Galicia aproba a elección de...”.

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A folga dos traballadores da TVG contra 15 anos de manipulación e privatización deseñados por Feijóo
Empregados e empregadas da Televisión de Galiza fan un mes de paros parciais tras a primeira externalización de contidos informativos da historia da cadea, convocados por catro do cinco sindicatos con representación.

O Partido Popular abre as portas ao uso do castelán

Aínda que volveu poñela no punto de mira a esquerda galega desde que asumiu a presidencia, a foto de Alfonso Rueda na manifestación da ultradereita e extinguida —ou máis ben en hibernación por falta de utilidade— Galicia Bilingüe, de Gloria Lago, hoxe presidenta da asociación nacionalista Hablamos Español, vaino acompañar para sempre. A conspiración para perseguir o castelán en Galiza foi unha das grandes achegas ao corpus teórico dun movemento ultra que Feijóo e o PP de Rueda aplaudiron nas rúas berrando “TVG bilingüe ya” e que, por suposto, empregaron, entre outras moitas tácticas de dubidosa ética política, para desbancar do Goberno galego ao PSdeG e o BNG.

A partir deste martes, grazas á nova lei do Partido Popular, a CRTVG podería iniciar un camiño cara á súa castelanización. Para que non haxa lugar á interpretación, así di o artigo, que foi duramente criticado —como todo o anteproxecto de lei— pola práctica totalidade dos axentes sociais e partidos políticos presentes en Galiza: 

“Os medios audiovisuais públicos de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia producirán os seus programas, contidos e servizos en galego e garantirán a publicación e difusión en galego dos programas, contidos e servizos producidos por outros, sen prexuízo da posibilidade de utilizar adicionalmente outras linguas cando así sexa xustificadi coa finalidade de dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra do territorio da comunidade autónoma, en cumprimento da misión de servizo público definida nesta lei”.

Finalmente, a nova normativa eliminará para sempre a obriga de contar con órganos profesionais de control xornalístico que a corporación de Sánchez Izquierdo non conseguiu crear en 15 anos desde a súa aprobación no Parlamento. Unha das reivindicacións históricas tanto do comité de empresa como do movemento Defende a Galega.

Quince anos de loita por unha CRTVG plural

Desde 2009, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é escenario de diversos conflitos laborais que marcaron a relación entre a dirección e o seu persoal. As queixas por precariedade, censura informativa e vulneración de dereitos foron constantes, nun clima de tensión que se mantén ata hoxe.

Un dos principais puntos de fricción foi a contratación de traballadores a través de produtoras externas e a externalización de contidos informativos. Esta práctica, denunciada dende hai anos polos sindicatos, interpretouse como un intento de precarizar o emprego e reducir custos a costa dos dereitos laborais, e tamén como unha forma de evitar a fiscalización xornalística.

Anos despois, en 2015, o Comité Interempresa da CRTVG presentou unha demanda de conflito colectivo contra a dirección, alegando que a normativa de uso dos sistemas de información restrinxiu os dereitos laborais. Esta medida reflectía o crecente descontento dos traballadores, que percibían un intento de control excesivo das súas actividades.

Non obstante, o maior brote de descontento produciuse en 2018 co nacemento dos venres negros, unha serie de protestas semanais nas que xornalistas e empregados denuncian a manipulación informativa no seo do ente público. Vestidos de negro reclaman unha información plural e independente e denuncian a presión da dirección para favorecer os intereses do goberno autonómico.

Estas protestas prolongáronse no tempo ata hoxe e provocaron represalias contra algúns traballadores, o que supuxo un fito xudicial en 2022. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou á CRTVG por vulnerar a liberdade de expresión dun empregado vinculado ás protestas, o que obrigou a anular unha sanción disciplinaria e indemnizarlle.

Os conflitos laborais na CRTVG puxeron en evidencia a continua tensión entre a dirección e os seus traballadores. As denuncias pola precariedade das condicións laborais e a censura xeraron un clima de protesta sostida, no que os traballadores mantiveron a súa loita por unhas condicións dignas e unha información pública libre de inxerencias políticas. Desde hoxe, e quen sabe ata cando, todo apunta a que esta loita vaise intensificando.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública La ONU incluye las quejas de vecinos y vecinas por el estado de la sanidad pública en Madrid
Un informe del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Derechos Humanos se hace eco de la preocupación por la falta de accesibilidad al sistema sanitario público y por las deficiencias que presenta, en particular la Comunidad de Madrid.
Fascismo
Fascismo La líder de Bastión Frontal, Isabel Peralta, condenada a un año de cárcel por delito de odio
La Audiencia Provincial de Madrid confirma que clamar “les vamos a plantar cara, muerte al invasor” atenta contra la “dignidad del colectivo de inmigrantes marroquíes".
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.
Fiscalidad
Elusión Fiscal 23 multinacionales españolas pagaron un 1,34% de media sobre sus beneficios globales en 2022
Los datos del Informe País por País vuelven a mostrar el escaso tipo efectivo que las grandes empresas pagan sobre sus beneficios a nivel global en todos los territorios donde tienen filiales.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Laboral
Huelga Segunda jornada de huelga en Bridgestone con contactos del Gobierno Vasco y empresa pero sin negociación
Los trabajadores piden a la compañía a nivel europeo que valore las plantas españolas y asegure un futuro en ellas ante el ERE que dejaría sin empleo a 546 personas.
Laboral
Laboral Los trabajadores de la construcción piden la jubilación anticipada por la alta siniestralidad
CCOO y UGT piden a la Seguridad Social que les apliquen los coeficientes reductores como ya se ha hecho en otros sectores como los bomberos o los mineros. La patronal lo rechaza.
El Salto Radio
El Salto Radio Blanquitud, colonialismo y Trump
Un podcast para indagar en las bases del sistema racista colonial y patriarcal que ha hecho que normalicemos genocidios televisados como el de Gaza.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Alerces
¿Perder me ha gustado siempre? ¿Obligar al adversario a ganar? Se lo pregunta porque intuye que quizá el lugar en el que vive no es en su caso fruto de un deseo, sino consecuencia de circunstancias sobrevenidas.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Viva Nicaragua Libre!
Se cumplen 7 años de la Rebelión de abril, la insurrección cívica que puso en jaque a la dictadura Ortega-Murillo y estableció un antes y un después en la historia de Nicaragua.
Economía
Tormenta financiera Trump rebaja al 10% los aranceles a los países que “no han tomado represalias”, pero aumenta el ataque a China
El Gobierno de Estados Unidos reduce una marcha la política arancelaria y da 90 días de margen a la batería anunciada la pasada semana. Los mercados registran la noticia con subidas.
Ayuntamiento de Madrid
Violencia institucional Una mujer con dos hijas a punto de ser desahuciadas por segunda vez en un mes
Primero, Sareb expulsó a la familias del bloque de El Yesero 10, y ahora, el recurso municipal que le asignaron, “Las Caracolas”, le ha dado un ultimátum para salir este viernes 11 de abril.

Recomendadas

Pueblo gitano
Día del Pueblo Gitano La Última Roma: resistencia y legado del Pueblo Gitano entre las ruinas de la era soviética
En Soroca, Moldavia, resiste la comunidad gitana más numerosa del país. Entre construcciones fastuosas y cúpulas doradas, la identidad romaní lucha por su supervivencia.
Filosofía
Carolina Meloni “Nunca será cómodo ser una filósofa”
‘La instancia subversiva’, su último libro, analiza las bases patriarcales de la tradición filosófica nacida en la Grecia clásica y muestra lo femenino como germen de un nuevo modo de pensamiento.