Temporeros
Os temporeiros da Terra Chá (II): represalias e control sindical en Surexport

Dous traballadores son investigados tras protestar polos abusos laborais. A CIG e CCOO atopan impedimentos para exercer como sindicatos. Para o SLG, a compañía onubense segue un modelo depredador.
surexport protesta
Ex traballadores, colectivos e veciños protestan contra Surexport en Castro de Rei. Fotografía cedida por Nery Díaz.

A compañía onubense Surexport desembarca en Lugo no 2013 para cultivar berries —arandos, framboesas— en máis de 80 hectáreas de terreo repartidas entre o predio da Magdalena, en Pacios (Baamonde) e unha parcela situada no Arneiro (Cospeito). Porén, nin o froito nin o modelo latifundista son a única novidade en Galiza. Surexport tamén chega para introducir o seu modelo laboral.

Temporeros
Investigación Os temporeiros da Terra Chá (I)
Os empregados denuncian longas xornadas laborais, ameazas e sancións para que produzan máis rápido, vivendas moi precarias e racismo.

Denunciados por protestar

Tanto Laura como Abel (nome ficticio) están sendo investigados pola Garda Civil. Laura sospeita que Óscar, encargado do predio da Magdalena no que faenaron os dous, ten boas conexións na Garda Civil, ante a que sería denunciada a raíz dunha publicación en Facebook sobre as condicións laborais. O Salto Galiza tivo acceso a unha gravación posterior indicativa de que hai unha investigación en marcha e de que ao encargado lle foi proporcionada información confidencial.


Óscar: Vino hoy por la mañana, el ¿cómo es...?, el Comandante del Puesto de Información de la Guardia Civil, porque colgaron una foto, [nome completo da traballadora], en Facebook, ¿vale? Con distorsionado y demás, pero me dijo si os identificaba y os identifiqué, ¿vale? Entonces bueno, simplemente di vuestros datos, porque os van a llamar y demás, bueno, porque esta chica, bueno, supongo que es amiga vuestra, es una cosa que no me importa. Está imputada por rollos de robo con violencia, atentado con explosivos, okupación, etcétera, demás, ¿vale? Entonces, bueno, por el comentario que hizo en Facebook y todo eso se abre un proceso de investigación, y bueno, que se comunicó vuestros nombres a la Guardia Civil, y bueno, os llamará y ya está. ¿Vale? Y... dime.

—O sea es que... yo no sabía nada, vamos.

Óscar: No, no, yo lo digo por esto que hay, o sea, evidentemente aparece la foto, ya bueno, pues la Guardia Civil ya...

—A esta persona la conocimos aquí...

Óscar: No, no, no, me la pela, o sea, no es mi guerra. Simplemente informo, ¿vale? Entonces evidentemente pues dije, sí, es esta gente, ¿no? Entiendo que esta chavala intentó distorsionar, distorsionar... Bueno, como se diga, la foto, para que se vea así un poco rara, pero bueno, se os ve claramente y se os conoce. ¿Vale? Entonces bueno, que lo sepáis, y nada más. Y la chavala esta, bueno pues, evidentemente pues, buscad su biografía y no hay nada más que hablar.

A preguntas do Salto Galiza, Óscar responde que non sabe “como está esa historia, se houbo denuncia ou se non”. José Ángel, xerente de Surexport en Galiza, aclara que el pediu que se denunciase a publicación, pero que iso o levan os avogados da compañía. Ao respecto da vía pola que teñen coñecemento das dilixencias sobre Laura, os dous negan que a Garda Civil lles comunicase nada: “Lugo é unha aldea”.

“Eu estiven investigada por temas de animalismo hai anos, pero non teño eses antecedentes”, lembra Laura. “Parece que para a Garda Civil estás condenada eternamente. Agora semella que volven investigarme por uns feitos de hai anos que daquela non prosperaran. Foron á Garda Civil a ver se me podían denunciar pola publicación”, xa eliminada, por incluír unha fotografía na que aparecían os traballadores “coas caras pixeladas”, sostén.

Abel tamén sería denunciado a raíz dun enfrontamento polo salario. “A Garda Civil díxome que seguramente non chegase a nada, pero que podía haber xuízo”, comenta.

Falta de liberdade sindical

O próximo 25 de agosto celébranse unhas eleccións sindicais ás que concorre unha única listaxe de candidatos, a de UXT. A CIG explica os impedimentos para conformar a súa candidatura: “A nós non se nos facilita nin acceder ao centro de traballo, nin proporcionar información ou propaganda sobre o proceso electoral aos traballadores”. “Quen controla o proceso electoral e ten facilidades para levalo adiante é a UXT”. A CIG sinala que na candidatura da UXT hai encargados da empresa incluídos. “Máis claro, auga”.

“Desde CCOO detallan que da candidatura de UXT, única que concorre ás eleccións, forman parte responsables da empresa e os restantes son técnicos ou similares”

Este extremo tamén o sosteñen desde CCOO, que detallan que da candidatura de UXT forman parte varios responsables da empresa (mantemento, almacén, encargados...) “e o restante son españois que traballan como técnicos ou similares”. E apuntan: “Nós temos constancia de que o Presidente da Deputación de Lugo tivo dúas reunións polas tardes durante o proceso electoral con José Ángel, é dicir, en horario non oficial”. José Ángel nega coñecer ao Presidente da Deputación, José Tomé Roca.

CCOO ten a impresión de que existe unha conivencia entre o PSOE, a UXT e a multinacional. José Tomé Roca é irmán de Ángel, Secretario Xeral de UXT na provincia de Lugo. Antes diso, Ángel ocupou o cargo de secretario comarcal en Lugo, sendo elixido no 2011 en substitución de Manuel Chaín, que dimitiu daquela ao transcender que Chaín formaba parte da candidatura do PSdeG para as eleccións municipais. Naquel momento, José Tomé Roca, que ocupara cargos en UXT, xa era parlamentario autonómico do PSdeG. Actualmente compaxina o cargo de Presidente da Deputación co de alcalde de Monforte de Lemos onde, explican desde CCOO, o partido adoita favorecer a UXT.

Nunha nota de prensa deste mes de agosto, CCOO ofreceu detalles sobre a maneira na que se lles impediu formalizar a candidatura: “Durante a xornada deste xoves día 12 (último día para a presentación de candidaturas), con nocturnidade, aleivosía e ameazas, fixeron renunciar a 5 candidatos/as (os suficientes para non acadar os 9 necesarios para concorrer ao proceso electoral)”, dos 11 que se anotaran para conformala.

José Luis López (CCOO) relata que “con cada traballador que falamos, e a maioría non sabía para nada o que era un sindicato, en dous minutos dicíannos que iso lles interesaba e anotábanse encantadísimos. De feito, fixérono máis dos que precisabamos, e non puidemos conseguir máis porque ao vernos con eles viña o encargado e xa se diluían todos. Non querían que os visen con nós. Como a empresa ten infiltrados en todos os grupos, parece que alguén deu o aviso e deberon interrogalos”.

“Segundo CCOO, o día que concluía o prazo para presentar as candidaturas os capataces fixeron asinar baixo ameazas un papel de renuncia a cinco dos seus candidatos”

O secretario de CCOO afirma que o 12 de agosto ás 12 da mañá concluía o prazo para presentar as candidaturas e, ese día ás 7 e media, os capataces fixeron asinar, baixo ameaza de despedimento e devolución ao seu país, un papel de renuncia a cinco dos candidatos. “Dixéronnos que non nos puideron avisar. No traballo non lles permiten usar o móbil”. Desde O Salto Galiza conseguimos contactar cun deles e, segundo di, fíxoselles asinar o documento sen informalos sobre o seu contido. Néganse a conceder máis declaracións ao respecto incluso de forma anónima por temor a represalias.

Malia os impedimentos, CCOO conseguiu constatar algúns dos abusos laborais que tiñan lugar nas plantacións. “Mira que no sindicato vemos animaladas, e levo 20 anos e nunca vin tal”, conta José Luis. “Isto é explotación pura e dura. O 95% é xente estranxeira: polacos, magrebís, subsaharianos, do leste de Europa... Ameázanos, din eles, con mandalos para o seu país. Ante a mínima déixanos sen traballar e sen pagar”. “Cando lles explicamos que a empresa tiña a obriga de pagar unha parte proporcional ás horas extra nas vacacións responderon: ‘Vacacións? Aquí, vacacións, nada. Nin nolas dan nin nolas pagan’”.

Mihai e Vasile (nomes ficticios) coinciden en que aos poucos traballadores con contrato fixo tampouco se lles pagan: “Na nómina aparecen días de vacacións, pero son días que estamos traballando”. Os empregados no Arneiro denuncian que se lles pagan as horas extra como as normais. Mihai ten acadado as 40 horas extra semanais para conseguir un salario que lle permita vivir. Responsables da empresa aceptan que poidan existir irregularidades das que non teñen coñecemento debido á cantidade de empregados que teñen, pero aseguran que serían solucionadas se fosen informados delas.

“Na nómina aparecen días de vacacións, pero son días que estamos traballando”

Mahfouz, empregado en Pacios, declara non sentirse cohibido pola empresa de falar coa prensa ou os sindicatos, aínda que os traballadores do Arneiro non debuxan o mesmo panorama. Segundo Mihai e Vasile, facelo supón o despedimento inmediato.

Ás dificultades que denuncian os sindicatos, engádese outro factor que “dificulta levar adiante procesos dentro da empresa”, en termos da CIG: a rotación do cadro de persoal. “Temos denuncias de persoal que non conforma actualmente a empresa”. A maioría, explica Vasile, teñen contratos por unha serie de meses e despois abandonan a empresa, de maneira que non se implican en loitar por mellorar as condicións de traballo, xa que eses procedementos levan máis tempo.

Unha cuestión de modelo

Nunha visita da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez (PP), ás instalacións da empresa, incidía en que a “produción alternativa” era “unha aposta segura para dinamizar o medio rural” e en que a Xunta estaba destinando axudas nesa dirección. En Galiza, a compañía nega ter recibido ningunha. Surexport, fundada por Andrés Morales no 1994, xestiona máis de 2.000 hectáreas de terreo e almacéns en España, Portugal, Marrocos, Kenya e Países Baixos, e recibe subvencións millonarias enmarcadas na liña de axudas do Programa de Desenvolvemento Rural de Andalucía. Tan só en Huelva, nos momentos de máxima actividade traballan ata 4.000 persoas.

O seu negocio en expansión factura 190 millóns de euros anuais e entre os seus accionistas atópanse fondos de investimento, como Alantra Private Equity Fund III. Surexport é un dos catro provedores de froitos silvestres de Mercadona, pero tamén se atopa entre os principais provedores de cadeas de supermercados europeas como a británica Tesco, a terceira máis importante do mundo, e é que arredor do 80% da produción de berries se comercializa fóra de España.

“O SLG teme que estas empresas que se nutren dunha man de obra transitoria aceleren o despoboamento do rural”

O que ocorre de portas para dentro en Surexport é unha incógnita para a veciñanza chairega. Desde o Sindicato Labrego Galego consideran que existe desconfianza sobre o modelo da multinacional, que valoran como depredador. “As veciñas son coñecedoras da situación. Surexport está intentando comprar toda a terra que pode para producir a uns prezos de miseria. A agroindustria ten unhas prácticas abusivas e ás pequenas explotacións fáiselles imposible competir en cantidade e prezo. Isto forza o peche de pequenas producións, que son as que manteñen vivo o rural e fixan a poboación”. O SLG teme que estas empresas que se nutren dunha man de obra transitoria aceleren o despoboamento do rural.

Desde os anos 80, Huelva sufriu unha transformación drástica do modelo de produción agrario. Actualmente, o 97% do amorodo que se produce en España, principal exportador mundial, recóllese en Huelva: 341.000 toneladas anuais en 6.843 hectáreas de invernadoiros, segundo o Observatorio de Prezos da Consellaría de Agricultura da Xunta de Andalucía.

De acordo co portal de investigación danés Danwatch, desde 2004 a UE destina axudas millonarias a políticas de migración circular en Huelva para cubrir a falta de man de obra disposta a traballar nas condicións que fixan as empresas exportadoras de froitos vermellos. Desde o ano 2007, un acordo entre España e Marrocos fai recaer sobre os empresarios a responsabilidade de que os migrantes retornen ao seu país de orixe unha vez rematada a temporada, para o que adoitan seleccionar mulleres casadas e con fillos. O 80% das 50.000 temporeiras que exercen en Huelva cada ano son mulleres e preto de 20.000 braceiros teñen nacionalidade marroquí. No 2020, 7.200 empregadas quedaron atrapadas en territorio español durante meses por mor da pandemia ata que se lles habilitaron voos especiais.

No 2016, UGT-A denunciou en Andalucía que en Surexport se facían xornadas de 11 horas con só media hora de descanso, coaccionando aos traballadores a facer horas extra e sancionándoos por tomar un día libre á semana. Desde o 2018, unha serie de investigacións internacionais sobre abusos laborais e sexuais, incluídas numerosas denuncias de violación, puxeron o foco sobre as condicións de traballo no campo onubense en empresas como Doñana 1998 ou Tierras del Condado. Ao transcender as denuncias, o encargado de Doñana 1998 ameazou as temporeiras e tratou de devolvelas á forza a Marrocos. As solicitudes de aborto en Palos de la Frontera e Moguer dispáranse durante a temporada e o 90% proveñen de xornaleiras migrantes.

Existen denuncias de denegación de asistencia médica en casos de hemorraxias vaxinais e de ictus, así como de despedimentos sen prestación por desemprego nin posibilidade de retorno ao país de orixe tras un diagnóstico de cancro de cérvix terminal. O Relator Especial das Nacións Unidas sobre extrema pobreza e Dereitos Humanos, Philip Alston, visitou as plantacións no 2020 e concluíu que as condicións “rivalizan coas peores que teña visto en calquera parte do mundo. Están a quilómetros de distancia de auga potable e viven sen electricidade nin saneamento adecuado”. Nos asentamentos, nos que se estima que viven unhas 2.500 persoas, sucédense os incendios polos que os migrantes lamentan a perda da súa documentación. Desde o 2019 polo menos 4 xornaleiros faleceron a causa deles. O Relator Especial da ONU Olivier de Schutter esixiu ás autoridades españolas “mellorar inmediatamente as deplorables condicións” destes asentamentos para evitar máis mortes.

As indagacións de Danwatch en Huelva presentan coincidencias con algúns dos abusos denunciados polos xornaleiros na Terra Chá, como as ameazas de despedimento por contactar con organizacións sindicais ou a ausencia de billas de auga operativas nas instalacións. Empresas como Bionest controlan cun brazalete os froitos que recolle cada xornaleiro, castigan con varios días sen traballar aos máis atrasados, e someten a unha “presión extrema” aos empregados. Este sistema de sancións tamén o denuncian traballadores de Tierras del Condado. Nesta liña, Danwatch recolleu testemuños de Bionest, Tierras del Condado e Surexport que afirmaban que se lles poñían impedimentos para ir ao baño.

“As indagacións de Danwatch en Huelva presentan coincidencias cos abusos denunciados polos xornaleiros na Terra Chá, como as ameazas de despedimento por contactar con organizacións sindicais”

A danesa Salling Group, propietaria de grandes cadeas de supermercados como Føtex e Netto que ten como principal provedora de bagas e amorodos a Surexport, comunicou que suspendería a compra de froitos silvestres ata investigar as condicións nas que se producen. Con todo, a importación de berries españolas en Dinamarca aumenta exponencialmente, das menos de 100.000 toneladas ata o 2011, ás 500.000 sostidas entre 2012 e 2016 a, actualmente, cantidades moi superiores ao millón de toneladas anuais.

O pasado 18 de agosto o Sindicato Labrego Galego, a Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras, a Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras e ata sete colectivos máis, realizaron un acto conxunto “contra a explotación, o racismo e o espolio” fronte á nave da empresa en Castro de Rei, e depositaron unha denuncia na Subdelegación do Goberno. O SLG solicitou que se practicasen inspeccións de traballo e desde os sindicatos obreiros preparan accións legais. O Goberno e a Xunta informaron da apertura dunha investigación ao respecto.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Almería
Almería Un desalojo en Níjar deja sin alternativa habitacional a setenta trabajadores del campo
El próximo martes en la localidad almeriense, epicentro de la producción agrícola, se ejecutará el desalojo del Cortijo El Uno, en San Isidro donde habitan sesenta trabajadores del sector y familiares, sin otra alternativa habitacional
Huelva
Derechos Humanos Fuego y Agua: Kullu Konay murió calcinado en un asentamiento inundado en Huelva
Al drama humano que es malvivir en los asentamientos de la provincia de Huelva se suman los efectos de las riadas y los incendios, sucesos que se suman a la larga lista de desastres que las administraciones son incapaces de solucionar.
Migración
Derechos Humanos 2.465 personas han muerto o desaparecido intentando llegar a territorio español en 2024
El informe ‘Derechos humanos en la Frontera Sur’ de la Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía pone el foco este año en la situación de los asentamientos en Huelva y Almería donde viven más de 12.000 personas.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.

Últimas

Ley de dependencia
Derechos sociales Reclaman más financiación para la ley de dependencia ante el nuevo anteproyecto
Bustinduy garantiza como universales servicios como la teleasistencia o recibir sanidad se resida donde se resida, en referencia a los protocolos del covid en las residencias.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.
Sanidad pública
Barómetro sanitario La mitad de las personas que piden cita en el centro de salud esperan más de seis días para ser atendidas
De media, la población espera 8,7 días para ser atendida por su médico o médica de Atención Primaria, cuando hace diez años la espera media era de 3,5 días.
Más noticias
Ecuador
América Latina El final abierto de las elecciones en Ecuador
El 13 de abril, la correísta Luisa González y el multimillonario y actual presidente Daniel Noboa se disputan la presidencia de Ecuador en la segunda vuelta. Todas las miradas están en la posición del poderoso movimiento indígena.

Recomendadas

Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.
Represión
Represión Javitxu, desde la cárcel de Zuera: “Lo que peor llevo es estar lejos de la gente que más quiero”
Francisco Javier Aijón, Javitxu, es uno de ‘los seis de Zaragoza’. Entró en la cárcel el pasado mayo con una condena de casi cinco años basada en las declaraciones policiales durante el juicio.
Racismo
Fatima Ouassak “Las madres tenemos un papel estratégico dentro del feminismo”
En Francia hay una organización antirracista que lucha por una infancia sin violencia. Es el Frente de Madres y Fatima Ouassak es su fundadora. En ‘El poder de las madres’ (Capitán Swing, 2025) defiende la maternidad como sujeto político.