Racismo
Cara a unha pedagoxía antirracista

O pasado venres 15 de setembro saíu á luz unha campaña titulada “Compostela contra o racismo”, que amosaba o que non se debe facer nas campañas que se din chamar antirracistas.
11 oct 2022 19:13

O pasado venres 15 de setembro saía á luz un spot na páxina da UAMI Compostela, a campaña titulábase “Compostela contra o racismo" e era un vídeo de algo máis dun minuto de duración. Tempo suficiente para amosar o que non se debe facer nas campañas que se din chamar antirracistas. Inmediatamente despois da publicación deste vídeo, corrían os comentarios de compas que viven na cidade de Santiago de Compostela indignadas porque tamén ían publicando cartaces coas persoas que aparecían no vídeo. Tres horas antes de que empezara a escribir este artigo, seguían subindo na páxina da UAMI anacos do vídeo da campaña, a pesar do malestar e a polémica xerada días antes.

Unha vez máis, igual que noutras campañas “antirracistas” fallidas, como no caso da Equality Stamps de Correos, as boas intencións non bastan, porque poden ser contraditorias en si mesmas e xerar todo o contrario ao que queren criticar ou combater. Pero por que? Imos por partes.

Primeiro, a receita perfecta para xerar prexuízos é poñer unha etiqueta ao lado dunha imaxe. Isto como funciona? Pois adoitamos vencellar un conxunto de características a un todo. Estas construcións sociais  lévannos a facer afirmacións xerais que poden ser  positivas, negativas ou neutras sobre un grupo de persoas, pero son xeneralizacións ao final. O que dificulta cambiar un prexuízo é que o contexto constantemente o reforza e perpetúa. Volvendo á campaña, se poño unha persoa nova racializada chea de tatuaxes, piercings e cunha pose sospeitosa ao lado dunha etiqueta onde se le a palabra MENA (acrónimo que fai referencia aos menores migrantes non acompañados), engado un país de orixe e unha idade, o que acontece é que automaticamente penso que un/ha “MENA” loce así. Se  lle sumo unha pregunta  como “confiaríaslles o coidado do teu fillo/a?", a cousa empeora porque seguramente hai xente que diga que non. Penso que xa bastante se loita por deixar de criminalizar os menores non  acompañados como para que de súpeto teñamos este tipo de campañas que perpetúan ese imaxinario, esquecendo que a migración destes é moi diversa. Non se pode xogar así por así coas súas imaxes porque estamos falando, ao final, de menores de idade que merecen o mesmo coidado ca os nacidos aquí. Ou acaso non aprendemos nada do infame cartaz que foi posto por un máis infame partido de ultra dereita hai tempo atrás?

Segundo, este tipo de uso, ao que chamaría eu instrumentalización de corpos racializados a partir dos seus fenotipos (cor de ollos, cor de pel, tipo de cabelo, etc.), ten que se facer con moito coidado, polo tema básico das representacións. Imaxinemos que un peque atopa este cartaz na rúa e ve que a persoa coa etiqueta “sudaca” ten a súa cor de pel, automaticamente supón que esta persoa representa a súa corporalidade. Da banda contraria, un peque de pel branca atopa o cartaz coa imaxe dun home ao lado da etiqueta “moro” e o pai do seu compi de clase ten esa cor de pel, polo tanto asume que é un moro.  Reducindo así grupos heteroxéneos de persoas ás súas características corporais máis visibles, a un país de orixe ou a unha relixión. Ignorando así o contexto histórico no que xorden e por que na actualidade non ten ningún senso. Para saber como afectan estos temas na toma da conciencia racial nos máis peques sería bo facer algunhas lecturas  da teoría da identidade social de Tajfel e Turner (1979) entre moitas outras.

A primeira vez que escoitei a palabra sudaca non sabía a que se refería nin a carga despectiva que conlevaba, despois entendín que é unha maneira sinxela e simplista de agrupar un conxunto tan diverso como somos as persoas que vimos ou lucimos, no seu imaxinario, como propias de Abya  Yala. Para a RAE, sería máis ben un adxectivo despectivo para falaren de alguén hispanoamericano (persoa orixinaria dalgún dos países de América que foron colonizados por España e falante da súa mesma lingua), ainda que se xerneraliza a persoas doutros países como Brasil. Unha vez máis, hai que revisar a historia desta palabra para entender que está relacionada coa historia das migracións de persoas que veñen de América. Alguns dos filtros para ser ou non sudaca na actualidade parten entón dos rasgos fenotípicos e o acento, esquecendo que en cada un dos nosos países temos moitísima diversidade. Aínda que houbese xente que se sentise cómoda ou non lle afectase que lle chamen así, haberá xente a quen non lle guste e non se sinta cómoda, polo que penso que o risco está na normalización.

Pola outra banda, a palabra “negra**” tamén está fóra de todo contexto. Esta palabra ten unha fortísima carga negativa porque é equivalente á palabra con n**** no ámbito de Estados Unidos, termo co que se referían de xeito despectivo aos escravos negros no século XIX neses territorios. Polo tanto, se vemos esta palabra tan ofensiva empapelando media cidade ou rulando polas redes sen saber o contexto histórico en que xorden, pensaremos que non é tan ofensiva, ignorando así as loitas de persoas do movemento antirracista pola súa eliminación.  Ao final as palabras si importan porque nelas xorden os imaxinarios sociais, as ideas, as relacións entre nós e danlle forma a todo o que nos rodea.

Outra cuestión importante é preguntarnos, en que poñemos o foco nas campañas antirracistas. Porque nesta seméllase que non se confronta as persoas violentas e racistas, ao contrario, ponse todo o foco nos corpos racializados, nos seus fenotipos, nomes, orixes e profesións das persoas “protagonistas” que amais parecen, polas súas expresións, estar nun estado de pasividade total, como vítimas.

O racismo non se pode combater dun xeito tan simple, porque o problema é estrutural e está  arraigado nestas sociedades, reforzado pola linguaxe, os medios de comunicación, etc. Como un simple exemplo, vou comentar un episodio da miña vida, que aconteceu hai uns 5 anos na cidade da Coruña. Camiñaba pola rúa cando un home se achegou para preguntar por un enderzo. Comezou así unha conversa que, dentro da miña inxenuidade, asumía como casual ata que despois de lle explicar onde pensaba que queda a rúa este home me fai a sempre pregunta incómoda: “Pero ti de onde es?”. Eu respóndolle que de Bolivia e despois continúa preguntando sobre onde traballo ou que fago.  Coméntolle que son psicóloga pero que estudo por agora un mestrado nesta cidade, ao que el ri e responde: “Psicóloga? Pero se tes cara de esteticista”. Daquela eu non sabía que era unha esteticista, porque no meu país esa palabra non se usa, e despois descubro que é aquela persoa que traballa nos salóns de beleza. Así asumín que, para o imaxinario de moitas persoas, alguén coa miña aparencia e orixe debe ser posta nestes espazos, e nunca será vista como unha profesional da saúde mental. Por iso, se nunha campaña aparece unha muller racializada ao lado dunha etiqueta que di “perruqueira”, non o fai mellor que este home. Por iso a pedagoxía antirracista ten que ser crítica e radical, ten que ir directo a cuestionar a persoa agresora e incomodarlle.

Finalmente, unha campaña, que instrumentaliza e descoñece o marco históricos das palabras que usa, perpetúa estereotipos e menospreza a quen pretende defender. Para evitar isto sería bo ler teoría crítica da raza (de Kimberlé Crenshaw, W.E.B. Du Bois, Fannie Lou Hamer e Pauli Murra). É dicir, ser conscientes dos privilexios da branquitude e das opresións que sofren otras persoas por parámetros étnico-raciais, entender por que o racismo é estrutural e o abarca todo, a existencia da interseccionalide e como os procesos históricos sociais son causantes destes. Se non  temos coñecimentos destos temas, non pasa nada, pero fórmate antes ou polo menos consulta as persoas que loitan todo o tempo contra o racismo. O ideal sería dialogar coas persoas racializadas que son parte de colectivos ou entidades antirracistas e decoloniais no contexto galego. Por exemplo, na Oficina de Información e Denuncias (OID) de SOS Racismo Galicia, traballamos pola eliminación destas etiquetas, prexuízos e estereotipos que son a base de conductas máis violentas, a discriminación e o racismo (revisar a pirámide do odio de a Anti-Defamation League ). Desafortunadamente, estas palabras úsanse habitualmente, nos coles, nos supermercados, nos traballos, etc. Dende as formacións que facemos as confrontamos e nos sorprede a normalidade coa que as persoas afirman que aquí hai racismo. Polo tanto, o  desafío é crear ferramentas de prevención para combater o problema, pero para iso hai que estar disposto/a a recibir pedagoxía antirracista e a desenvolver a conciencia de raza, se non seguiremos cometendo erros, reforzando estereotipos e prexuízos. Por que non basta con dicir que “as persoas somos só persoas”, frase que me lembra a outra: “Eu non vexo cores, eu vexo persoas”. Xa que logo, non preciso saber se son ou non son persoa, eu, como persoa racializada, preciso ser tratada como calquera outra sen que se me poñan ningunha etiqueta.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública La ONU incluye las quejas de vecinos y vecinas por el estado de la sanidad pública en Madrid
Un informe del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Derechos Humanos se hace eco de la preocupación por la falta de accesibilidad al sistema sanitario público y por las deficiencias que presenta, en particular la Comunidad de Madrid.
Fascismo
Fascismo La líder de Bastión Frontal, Isabel Peralta, condenada a un año de cárcel por delito de odio
La Audiencia Provincial de Madrid confirma que clamar “les vamos a plantar cara, muerte al invasor” atenta contra la “dignidad del colectivo de inmigrantes marroquíes".
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.
Fiscalidad
Elusión Fiscal 23 multinacionales españolas pagaron un 1,34% de media sobre sus beneficios globales en 2022
Los datos del Informe País por País vuelven a mostrar el escaso tipo efectivo que las grandes empresas pagan sobre sus beneficios a nivel global en todos los territorios donde tienen filiales.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Laboral
Huelga Segunda jornada de huelga en Bridgestone con contactos del Gobierno Vasco y empresa pero sin negociación
Los trabajadores piden a la compañía a nivel europeo que valore las plantas españolas y asegure un futuro en ellas ante el ERE que dejaría sin empleo a 546 personas.
Laboral
Laboral Los trabajadores de la construcción piden la jubilación anticipada por la alta siniestralidad
CCOO y UGT piden a la Seguridad Social que les apliquen los coeficientes reductores como ya se ha hecho en otros sectores como los bomberos o los mineros. La patronal lo rechaza.
El Salto Radio
El Salto Radio Blanquitud, colonialismo y Trump
Un podcast para indagar en las bases del sistema racista colonial y patriarcal que ha hecho que normalicemos genocidios televisados como el de Gaza.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Alerces
¿Perder me ha gustado siempre? ¿Obligar al adversario a ganar? Se lo pregunta porque intuye que quizá el lugar en el que vive no es en su caso fruto de un deseo, sino consecuencia de circunstancias sobrevenidas.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Viva Nicaragua Libre!
Se cumplen 7 años de la Rebelión de abril, la insurrección cívica que puso en jaque a la dictadura Ortega-Murillo y estableció un antes y un después en la historia de Nicaragua.
Economía
Tormenta financiera Trump rebaja al 10% los aranceles a los países que “no han tomado represalias”, pero aumenta el ataque a China
El Gobierno de Estados Unidos reduce una marcha la política arancelaria y da 90 días de margen a la batería anunciada la pasada semana. Los mercados registran la noticia con subidas.
Ayuntamiento de Madrid
Violencia institucional Una mujer con dos hijas a punto de ser desahuciadas por segunda vez en un mes
Primero, Sareb expulsó a la familias del bloque de El Yesero 10, y ahora, el recurso municipal que le asignaron, “Las Caracolas”, le ha dado un ultimátum para salir este viernes 11 de abril.

Recomendadas

Pueblo gitano
Día del Pueblo Gitano La Última Roma: resistencia y legado del Pueblo Gitano entre las ruinas de la era soviética
En Soroca, Moldavia, resiste la comunidad gitana más numerosa del país. Entre construcciones fastuosas y cúpulas doradas, la identidad romaní lucha por su supervivencia.
Filosofía
Carolina Meloni “Nunca será cómodo ser una filósofa”
‘La instancia subversiva’, su último libro, analiza las bases patriarcales de la tradición filosófica nacida en la Grecia clásica y muestra lo femenino como germen de un nuevo modo de pensamiento.