Ciclismo
Classics Wars: O Imperio Contraataca

CAPÍTULO 2. Hai moito tempo, nunha galaxia lonxana, moi lonxana... Hai itinerarios sagrados no mundo do ciclismo. Son poucos. A maioría de percorridos terminan sucumbindo co paso do tempo, modernizando e reasfaltando os seus quilómetros. Perdendo a súa esencia. Hai algúns que, sen embargo, seguen fieis a súa orixe e conservan o encanto de épocas anteriores. Son os monumentos do ciclismo, pola súa orde no calendario ciclista actual: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.

classics wars 2 foto 1
Rik Van Looy, o emperador de Herentals. Imaxe de arquivo
7 may 2019 12:04

Rik Van Looy, tamén coñecido como o Emperador de Herentals ou Rik II por considerarse o sucesor de Rik Van Steenbergen, foi un corredor belga, flamenco para ser máis exactos. Clasicómano e sprinter, o máis semellante hoxe en día sería Peter Sagan, palabras maiores. Mal humorado e ambicioso, Rik Van Looy trascendeu como o primeiro ciclista en gañar os cinco monumentos. Ciclista profesional desde 1953, Rik abriu a súa conta de vitorias na Milano-Sanremo de 1958. A Classicissima acostumaba decidirse nun sprint masivo, e o de Herentals impuxo a súa punta de velocidade nun pelotón con 70 corredores. Torriani, o capo da proba, abraiado por tanto ciclista prometeu endurecer o percorrido. Así, en 1960 foi incluido o Poggio di Sanremo, unha cota sen maior complicación situada perto da meta e con 290 quilómetros nas pernas. Normalmente desde 1960 o Poggio é decisivo, aínda que a súa pouca dureza fai que seleccione o pelotón pero non evita que a vitoria sexa disputada por un numeroso grupo.

Ao ano seguinte da súa vitoria en San Remo, en 1959 Rik gañaba De Ronde Van Vlaanderen por primeira vez. Non dubidou en reventar a proba no Muur-Kapelmuur a 40 quilómetros da meta. O Muur, un deses bergs con lastras e pendentes prohibidas, foi incluido por primeira vez na edición de 1950, gañada por Fiorenzo Magni. Nun principio Rik foi seguido só por De Bruyne, e despois viña un grupo con outros vinte ciclistas. Entre os que estaba Desmets, o mellor gregario da garda vermella de Van Looy, que levaba viva a carreira para que Rik dera conta da competencia no sprint. Tres anos despois, en 1962, o papel de De Bruyne foi para Tom Simpson, roto polo acoso da garda imperial vermella de Rik II.

Ciclismo
Classics Wars: A Guerra das Clásicas
Son os monumentos do ciclismo: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.

Van Looy foi gañador en Lombardía tamén en 1959. En 1960 o patrone Torriani, farto dun palmarés cheo de sprinters (Van Looy, Defilippis, Darrigade...) e coñecedor que a emblemática subida ao Ghisallo xa non era o camiño embarrado que desperdigaba ciclistas. Era unha estrada ben asfaltada e pensou en procurar algunha outra subida, perto do Ghisallo. E atoparon unha, un camiño de terra en Sormano que foi ampliado e asfaltado. Aquela nova estrada subía 297 metros de desnivel en 1,7 quilómetros: unha pendente do 17,5% con rampas máximas do 25%, unha barbaridade. Tan dura que só foi transitado durante tres anos (1960, 1961 e 1962) ata que volveu en 2006. Pero esa é outra historia.

Porque Rik Van Looy sempre tivo unha obsesión chamada Roubaix. Cando gañou por primeira vez O Inferno do Norte, Rik vestía o maillot arco da vella, preguntado polos xornalistas o de Herentals baixou á categoría de anécdota a vitoria mundialista comparada coa Roubaix que acababa de gañar. Era o ano 1961 e a garda vermella do Faema meteu un forte ritmo durante toda a ruta para que Rik sacara unha bicicleta de vantaxe no sprint aos seus opoñentes. Gañaría dúas veces máis Roubaix, con lembranza especial para a vitoria de 1965, o seu mellor triunfo de sempre, despois de tres anos sen gañar nas súas clásicas e coa inestimábel axuda do seu fiel escudeiro Gilbert Desmets. En 1961, no mes seguinte a gañar a súa primeira Roubaix, sumaba a Liège-Bastogne-Liège no seu palmarés, feito que facía del o primeiro ciclista da historia en gañar os cinco monumentos. Trala “belle époque” do ciclismo italiano, o poder das clásicas movera o seu epicentro cara o norte belga e Rik Van Looy foi un dos pilares do movemento.

Trala “belle époque” do ciclismo italiano, o poder das clásicas movera o seu epicentro cara o norte belga e Rik Van Looy foi un dos pilares do movemento
Despois de correr co equipo Faema, Rik Van Looy competiu cos equipos GBC Libertas (1963), Solo Superia (1964-1966) e no Willem II – Gezelle para retirarse en 1970. No equipo Solo Superia, durante o ano 1965, coincidiu cun mozo; Rik pronto viu no rapaz ao corredor que podería acabar eclipsando á súa gloria. Por iso o Emperador de Herentals dedicou esforzos e tempo a ningunear ao novo, a chamalo aldeán, a rirse do seu xeito de falar. Cal era o nome do rapaz? Eddy Merckx, o mozo que buscaba devorar aos seus rivais. O Caníval que empezou sendo un paisano que non sabía falar ben.

Eddy Merckx, O Caníval.

Eddy Merckx naceu en 1945. Brabazón. Flamenco pois, xa que é dun Estado (Bélxica) que en realidade son dúas comunidades lingüísticas, estas comunidades en ocasións viven dándose as costas, comunidades onde a pronunciación dun nome é toda unha declaración de intencións. E acontece que os pais de Eddy trasladaron a súa residencia desde Meensel - Kiezegen ata Woluwe - Saint Pierre, cando Merckx era unha crianza para abrir unha tenda de ultramarinos. Apenas uns poucos quilómetros cara o oeste en calquera outro sitio, pero un paso fundamental para Eddy, un salto maior que calquera fronteira. Porque antes vivía nun espazo flamenco e despois nun espazo onde todos falaban en francés. Eddy, claro, acabou falando de xeito incorrecto ambos idiomas. O despego coa metade dos que consideraba os seus comezou desde mozo, e a decisión de pronunciar os votos matrimoniais en galo só agravou a situación.

Mais iso foi despois. Cando Eddy pasou ao profesionalismo en 1965 só era unha gran promesa no peor equipo posíbel, o Solo Superia. Rodeado de corredores flamencos que facían bricadeiras do seu xeito de falar, Merckx calaba e curtía a súa pel nun ambiente hostil. En decembro de 1965 marchou daquel reduto flamenco ata o Peugeot, un equipo francés. De aí en adiante sempre será o Xudas, o traidor, o flandrien do lado escuro da forza.

De aí en adiante sempre será o Xudas, o traidor, o flandrien do lado escuro da forza
En 1966, Eddy Merkx todavía non era o Caníval. O de Brabante vivía no anonimato. E a Milano-Sanremo do citado ano 1966, xa no Peugeot, supoñía a presentación co equipo galo nun escenario de importante repercusión. Tralo Paso do Turchino, unha escapada desafiaba a un pelotón que lles daría caza pouco antes de comezar a subida ao Poggio, momento onde normalmente fai a selección definitiva a carreira. Aí mesmo, o francés Raymond Poulidor lanzou un ataque na procura do seu segundo triunfo en San Remo. O ídolo de Francia foi atrapado pouco antes da chegada, onde apareceu un mozo Merckx para levarse ao sprint o seu primeiro gran triunfo como profesional. Xa non era un descoñecido, con tan só 20 anos era unha realidade que comezaba a dar medo. Conta a lenda que aquel día a súa nai caiu ao chan da emoción. Rik Van Looy, pola súa banda, din que cando viu a Eddy no alto do podio, do enfado que tiña botaba espuma pola boca.

Porque no Peugeot Merckx comezou a súa estratexia de dominación. Primeiro coas grandes clásicas. Gañou dúas Milano-Sanremo (1966 e 1967) e o Mundial en ruta de 1967. Maís tarde, xa en equipos italianos, pasa a ser invencíbel. Chega as sete vitorias en San Remo (récord). Conquista Roubaix (tres en total, récord na súa época). Gaña en Liège (cinco, récord). Tamén Lombardía (dúas veces) e tres Campionatos do Mundo (récord). É o ciclista con máis vitorias en monumentos. Con máis vitorias en grandes clásicas, tamén nas Ardenas. O Monstro. O Caníval.

classics wars 2 foto 2
Merckx vestido co maillot amarelo.
Pero no bastaba con gañar, tiña que facelo a seu xeito. Estilo Merckx. Atacando máis lonxe que ninguén, destrozando aos seus rivais. Como en 1969, cando atacou en solitario a máis de 70 quilómetros da meta para gañar por primeira vez De Ronde Van Vlaanderen. Con forte vento de cara. O seu director, Guilleume Driessens, dille que desista. Merckx nin o mira. Driessens insiste, berra, peta na porta con medio corpo por fóra do coche. E entón Eddy mírao e di: “vai rañala”, case cuspindo. E segue pedaleando, con forza, en silencio. Gañara por máis de cinco minutos sobre o segundo. Repite o número na Lombardía de 1971, Liège de 1972, novamente De Ronde en 1975. Era o seu xeito de actuar, de gañar.

Din que todo gran campión ten un gran inimigo. O inimigo de Merckx era tan grande como un país, a súa propia nación: Flandes. E tódolos corredores flamencos foron contra el. Os irmáns De Vlaeminck, Monseré, Maertens, Godefroot, Verbeeck, Leman, Dierick, Planckaert. Todos. Darth Vader contra os flandrien. Flandes contra Merckx. O termo flandrien, no mundo do ciclismo, significa algo máis que flamenco en francés. O xornalista Karel Van Wijnendele definiu o concepto flandrien a comezos do século XX; para el un flandrien non era duro, senón que era aceiro puro; xente cun corazón que dobra e dobra, pero non rompe. Na actualidade, o folleto informativo do museo nacional do ciclismo, en Bélxica, explica que o alcume flandrien era típico para os ciclistas de pista flamencos nos anos 1910 e 1920. Coñecidos durante esa época polo dominio nas carreiras dos Seis Días; cando os flandrien colleron o barco cara os Estados Unidos para competir nos velódromos de Nova York e Chicago, eran presentados polos speakers como “tipos que comen carne crúa”. Tipos que almorzan nappalm polas mañás que diría o outro. Ciclistas cun instinto de ataque sen precedentes. Que nunca baixan os brazos, nin a cabeza, que loitan en tódalas circunstancias posíbeis. Así son os flandrien.

Ciclistas cun instinto de ataque sen precedentes. Que nunca baixan os brazos, nin a cabeza, que loitan en tódalas circunstancias posíbeis. Así son os flandrien
E contra un exercito de clones flandrien loitaba Merckx. Flandriens como Roger De Vlaeminck, alcumado “O Xitano” polas viaxes da súa familia a causa dun negocio de venta ambulante de roupa. En 1972, con 25 anos, Roger gañaba a primeira das súas catro Paris-Roubaix. Esa edición é lembrada pola selección que fixo o Bosque de Arenberg, aí enterrou as súas opcións Eddy Merckx. Quedaban o resto, cando Van Malderguem saltou do grupo de favoritos. A por el foi De Vlaeminck, quen a dez quilómetros de meta xa rodaba en solitario cara á vitoria. Repitiría en Roubaix en 1974, 1975 e, a última, 1977. Catro vitorias que aínda hoxe é o récord de vitorias no Inferno do Norte, empatado con Tom Boonen na actualidade. Monsieur Paris-Roubaix. Cifras que uniu aos outros catro monumentos, porque Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia tamén están no seu palmarés; como só está no palmarés de Van Looy e Merckx.

De Ronde, 1977, última xogada do Xitano.

En 1977 Eddy Merckx era unha sombra dunha lenda, os músculos dixeran abonda xa. Eran tres anos sen gañar unha Gran Volta, e as súas aparicións en cabeza durante as clásicas eran cada vez menos frecuentes. Merckx era, o 3 de abril de 1977, unha lenda, si. Pero unha lenda do pasado. Con todo, Eddy Merckx seguía sendo o mellor ciclista da historia. Xa non gañaba, pero seguía sendo O Caníval. E por iso, cando saltou a falta de 100 quilómetros do final na De Ronde Van Vlaanderen de 1977, todos os capos miraron entre si. Un rumor comezou a percorrer o pelotón. Eddy Merckx rodaba só, e os favoritos pasaron ás primeiras posicións. Entre eles, Freedy Maertens.

En 1977, Freddy Maertens era icónico. Loiro, alto, forte. Flandes convertido en carne e osos. Vestía o maillot de Campión do Mundo dentro do equipo Flandria. Un equipo que era, para que entendan os futboleiros, un Athletic de Bilbao que gañaba as finais da Champions. Un conxunto que era máis que un equipo ciclista. E, Maertens, odiaba a Merckx. E odiaba como un flandrien, sen medida, sen mesura. Ambas estrelas tiñan un enfrontamento desde o mundial de 1973 en Montjuic. O que debeu gañar Merckx ou Maertens, pero gañou Felice Gimondi. Por iso, ninguén quedou sorprendido cando Maertens saltou na procura de Merckx. E a súa roda O Xitano, Roger De Vlaeminck.
Freddy Maertens era icónico. Loiro, alto, forte. Flandes convertido en carne e osos. E, Maertens, odiaba a Merckx. E odiaba como un flandrien, sen medida, sen mesura
Ambos recuperaron terreo sobre Merckx, ampliando diferenzas sobre os demais, mentres avanzaban cara o gran muro: o Koppenberg. A organización fora clara, non estaba permitido o cambio de bicicleta antes ou durante o Koppenberg. Pero Freddy cambiou a súa montura. Foi por unha avaría mecánica, ou iso dixo el. Os xuizes foron ao coche do director do Flandria e viron que a bici está perfecta. Maertens descalificado. Nese mesmo intre, os ollos do Xitano De Vlaeminck abríronse, consciente de estar fronte a unha oportunidade única.

Porque Roger De Vlaeminck, en 1977, estaba buscando completar os Cinco Monumentos, dos que só lle faltaba De Ronde. Entón Roger falou con Maertens: “Ti xa non contas. Axúdame, tira de min e conseguiremos que Merckx non gañe. Ademais recompensareite xenerosamente”. E Maertens aceptou, non polos cartos, máis ben por perseguir a Merckx. Os dous, claro, alcanzaron ao vello campión, que foi superado na segunda subida ao Koppenberg. Seguiron tirando ata a meta, o mozo Maertens diante sempre, o vello raposo De Vlaeminck á roda. Na meta non houbo sprint final. De Vlaeminck entrou vencedor, Maertens despois, sen dar pedais. O Xitano tiña o seu quinto monumento. No público existía división de opinións, unha metade lembrábase do pai de Roger, a outra metade lembrábase da nai. Houbo tentativas de agresión a De Vlaemninck. Houbo berros de fraude, Roger negaba coa cabeza mentres subía ao podio, non esqueceu o momento nunca.

classics wars 2 foto 3
Roger De Vlaeminck, imaxe de arquivo.
No museo da proba, en Oudenaarde, hai unha exposición de kinderkopje cos nomes dos gañadores de cada unha das edicións na De Ronde Van Vlaanderen, a edición de 1977 ten dúas lastras. Na primeira aparece o nome do gañador: Roger De Vlaeminck. Na segunda está escrito: Freedy Maertens, gañador moral. De Ronde, 1977. A máis polémica da historia.

Continuará...

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Boicot
Boicot a Israel Banderas palestinas denuncian que el genocidio continúa durante toda La Vuelta ciclista a España
Cada uno de los 21 días de recorrido de La Vuelta, organizaciones y colectivos pro-Palestina realizaron acciones en ciudades, pueblos y pequeñas localidades para seguir recordando que el genocidio contra el pueblo palestino no se ha detenido.
Perfiles con tiempo
Perfiles con tiempo Sandra Alonso, ciclista: “El miedo te da mucha fuerza”
Como ciclista que disputa las principales pruebas del calendario internacional, Sandra Alonso resume con una palabra su vinculación con el ciclismo: “compromiso”.
Deportes
Deportes El gasto oculto de las tres etapas del Tour en Euskadi eleva la inversión pública a 14,2 millones
La empresa de comunicación de la esposa del director de Deporte del Gobierno Vasco, una agencia de publicidad cercana al PNV o una consultora sancionada por prácticas colusorias con la competencia son algunas de las beneficiarias de los contratos para la ‘grande boucle’. Además de los 12 millones de euros de fondos comprometidos, Hordago-El Salto ha localizado otros 2,2 millones para el evento privado que se celebrará en julio.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Violencia obstétrica
Violencia obstétrica Helena Eyimi, matrona: “El parto es un misterio y queremos controlarlo todo, pero no podemos”
Consentimiento informado, trato personalizado y libertad de elección. Para Helena Eyimi (Madrid, 1975) , matrona asesora de Naciones Unidas, es fundamental que las mujeres se sitúen en el centro de las decisiones durante el parto y esos tres conceptos son clave.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Análisis
Análisis Algunas preguntas incómodas sobre el rearme europeo
Si la UE ha de librar un conflicto con Rusia o China, no sería convencional y en teatro europeo, sino con más seguridad en África, donde se desplazarán con toda probabilidad gradualmente buena parte de las contradicciones del sistema.

Últimas

Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.