Ciclismo
Classic Wars: O Retorno do Flandrien

CAPÍTULO 3. Hai moito tempo, nunha galaxia afastada, moi afastada... Hai itinerarios sagrados no mundo do ciclismo. Son poucos. A maioría dos percorridos terminan sucumbindo co paso do tempo, modernizando e reasfaltando os seus quilómetros. Perdendo a súa esencia. Hai algúns que, non obstante, seguen fieis a súa orixe e conservan o encanto de épocas anteriores. Son os monumentos do ciclismo, pola súa orde no calendario ciclista actual: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.

Classics wars 3 foto 1
Franceso Moser nunha imaxe de arquivo.
6 may 2019 16:00

A imaxe máis coñecida de Francesco Moser é a dun ciclista sobre a innovadora bicicleta coa que esnaquizou o récord da hora en Cidade de México. Unha faceta, só iso. E a pesar da nosa memoria Moser tamén gañou un Giro, o de 1984, marcado polas influenzas para que gañase un italiano ante Laurent Fignon, o gañador moral daquela edición. Público, helicópteros que empurraban o vento durante as cronos; Moser debía gañar polo civil ou polo penal. E así o fixo. Pero ten unha terceira faceta: as clásicas; porque ese ciclista elegante, de rodar agresivo e tremenda ambición, ten no seu palmarés seis monumentos: tres Roubaix, dúas Lombardías e unha San Remo. Moser é o terceiro mellor ciclista da historia sobre as lastras do Inferno do Norte, onde só é superado por De Vlaeminck e Boonen, nun tempo onde grandes nomes competían polas clásicas. Especialmente un, Roger de Vlaeminck, ese chamado o Xitano, corredor que nunca tivo amigos nin no seu propio equipo.

Francesco Moser ten no seu palmarés seis monumentos: tres Roubaix, dúas Lombardías e unha San Remo

Na Roubaix de 1978, Moser, arco da vella nas costas, presentouse ante Monsieur Roubaix, Roger De Vlaeminck. Ambos no mesmo equipo. Moser, listo como un allo, xogou as súas bazas. Realizou dous ataques, primeiro a 23 quilómetros da meta e despois a 18, para romper a resistencia de Maertens e Raas, mentres a influenza de De Vlaeminck facíase notar entre o resto de favoritos. Moser chegou só ao Velódromo máis famoso do ciclismo. Din que cando De Vlaeminck chegou á meta botaba fume. “Este tipo é un desagradecido”, cuspía pola boca. Froito do enfado, O Xitano mudou de equipo e marchou cara o GIS. No 1979 Moser gañou pola man outra Roubaix. E na edición de 1980 renovaría a coroa no Inferno do Norte despois de reaccionar a un ataque de lonxe protagonizado por Thurau. Moser arrastrou a De Vlaeminck e Duelos Lasalle. Acabarían cedendo ambos. Foi a terceira Roubaix (1978, 1979 e 1980). Moser, Signore Roubaix, tamén gañou dúas Lombardías e unha San Remo entrando só en Vía Roma, tras un arriscado descenso no Poggio.

Ciclismo
Classics Wars: O Imperio Contraataca

CAPÍTULO 2. Hai moito tempo, nunha galaxia lonxana, moi lonxana... Hai itinerarios sagrados no mundo do ciclismo. Son poucos. A maioría de percorridos terminan sucumbindo co paso do tempo, modernizando e reasfaltando os seus quilómetros. Perdendo a súa esencia. Hai algúns que, sen embargo, seguen fieis a súa orixe e conservan o encanto de épocas anteriores. Son os monumentos do ciclismo, pola súa orde no calendario ciclista actual: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.

Hai quen di que para gañar en Roubaix son necesarias experiencia, forza e sorte, boa sorte. Até 1983 Hennie Kuiper fora nove veces top ten nas dez participacións que tivera na Roubaix. Entón estaba disposto a mudar a historia. Chegaba mellor que nunca, despois dun inverno con chuvia e frío, con xornadas que lle custaron anos de vida normal e deportiva. O pelotón saíu a mil por hora e ata Arenberg o desgaste foi tal que as pernas dos corredores comezaban a pesar. Do bosque de Arenberg sairon escapados 16 unidades. Entre outros, Francesco Moser, Gilbert Duclos-Lasalle, Yvon Madiot, Alain Bondue, Stephen Roche e o propio Kuiper que achou necesario romper aquelo canto antes á vista do seu pobre sprint. Dito e feito, no Carrefour L'Abre Kuiper puxo toda a carne no asador, era un todo o nada. Marchou só e colleu uns metros sobre os perseguidores. O holandés voaba cara a meta. Semellaba que o triunfo que precisaba o seu palmarés estaba a piques de chegar. Porén, a seis quilómetros de meta un fotógrafo na cuneta saiu á calzada. Kuiper tratou de esquivalo e, na tentativa, rebentou o tubular nun buraco entre lastras. Outra vez, as pantasmas do pasado apareceron, pero nesta ocasión os coches apareceron rápido e arranxaron a avaría con tempo suficiente para chegar só, cheo de pó, coa boca seca, ao Velódromo máis querido do mundo.

Hennie Kuiper, un ciclista que poderíamos chamar de culto: gañador de 4 dos 5 monumentos

Con Hennie Kuiper estamos falando dun corredor gañador de 4 dos 5 monumentos. Por detrás de Van Looy, Merckx e De Vlaeminck; só Sean Kelly e el poden presumir de estar un chanzo por debaixo. E a última destas vitorias, a máis inesperada, foi en marzo de 1985 cando tiña 36 anos. Na saída de San Remo ninguén contaba con Kuiper; os favoritos eran Kelly, Vanderaerden e Franceso Moser. Os corredores cun poderoso sprint tiñan un pouco máis complicada a vitoria pola introdución da Cipressa no ano 82, que facía máis duro o percorrido. Ningunha das tentativas de escapada deu froitos ese día ata o terreo entre a Cipressa e o Poggio; entón atacaron Kuiper, o seu compañeiro Van Vliet e Silvano Riccó. Chegaron aos pés do Poggio cuns segundos de vantaxe. Nos primeiros metros da subida, Kuiper quedou descolgado. O pelotón ía a máis de medio minuto. Van Vliet a pesar de ter ao seu compañeiro Kuiper detrás, tirou toda a subida ao Poggio e dirixiu o descenso que conduce á meta. As diferenzas semellaban suficientes, pero nos tornanti apareceu Kuiper lanzado na persecución. E xusto no momento onde remata o descenso ao Poggio, Kuiper enganchou coa cabeza da carreira. Nin un segundo de dúbida. Continuou cara adiante. Riccó quixo reaccionar, pero xa era demasiado tarde. Xa non podía alcanzalo. No paso da pancarta do último quilómetro, a carreira estaba decidida. Kuiper tivo tempo de celebralo na recta final. Emocionado, gañou o seu último monumento, o cuarto. Quedando a un paso de gañar os cinco, só fallou en Liège, curiosamente o monumento que din que era máis afín ao seu estilo. Hennie Kuiper, un ciclista que poderíamos chamar de culto.

Só Sean Kelly e el poden presumir de estar un chanzo por detrás dos Van Looy, Merckx e De Vlaeminck

No 1985, na cita coa De Ronde Van Vlaanderen, ceo e clima pactaron contra os insensatos que puxeron un pé na praza de San Nicolás para tomar a saída. Dos 173 que saíron, só chegaron 24. No pelotón sempre houbo rebeldes e Hennie Kuiper quería evitar unha chegada en grupo como fose. Lonxe, incluso antes do Muur, Kuiper marchou por diante tomando distancia ata que o equipo Panasonic reaccionou. Phil Anderson e Eric Vanderberden marcharon na procura de Hennie, colléndoo antes do Muur. Subindo este, sen solución de continuidade, Vanderaerden marchou por diante e aproveitou o lastre de Anderson sobre Kuiper para gañar en solitario a súa De Ronde. Aos dous anos, en Roubaix, todos ollaban a Sean Kelly e a Eric Vanderaerden. Aquela carreira foi un lameiro insufríbel. As caídas apareceron cando menos eran agardadas. Kelly, de amarelo KAS, caeu ao chan porque Thierry Marie esvarara diante. Xusto nese intre, Vanderaerden marchou en solitario do grupo principal, pensando que os fuxidos escapaban do seu alcance. Vandearden fixo cálculos para cumprir con precisión o guión: a vinte de meta saltou, colleu aos fuxidos cinco quilómetros despois e gañou na recta de meta, que ese ano non foi no Velódromo. Tan sinxelo de dicir como imposíbel de facer para a maioría.

Sean Kelly, o derradeiro flandrien

Se houbo un ciclista que mellor dominase a arte das clásicas nos anos 80, ese foi Sean Kelly. Discreto, adusto, traballador, solitario, un flandrien nacido en Irlanda. King Kelly bebeu dun tempo pasado, amosando as marcas dun deporte chegado desde lonxe, heroico, sen luvas, sen artificios. Quizais por iso tardou en lograr o seu primeiro triunfo importante. Foi no Giro di Lombardia de 1983, con 27 anos. Sean deu conta de Greg Lemond, un americano que era a antítese de Kelly.

Kelly bebeu dun tempo pasado, amosando as marcas dun deporte chegado desde lonxe, heroico, sen luvas, sen artificios
No 1984, abriu a súa conta en Roubaix, amosando un control total da situación, saltando a 45 quilómetros de meta xunto a Rudy Rossiers, a súa sombra ata o velódromo onde foi abatido. No 1986 impúxose en Roubaix a Van der Poel e Dhaenens no medio do malestar do público, que viu a meta fóra do Velódromo por intereses comerciais e publicitarios. Aos poucos días de gañar a súa primeira Roubaix acuñaba o seu nome na decana, en Liège. Claude Criquelion, o ídolo local, non puido con Kelly porque este era, sinxelamente, mellor. Ciclista total, as pernas de Kelly deron para gañar dúas Lombardías, aínda que foi a Milano-Sanremo a carreira que mellor axustaba nas súas costuras. A Classicissima caeu no seu casilleiro dúas veces. A primeira no 1986, desgastando aos rivais na Cipressa e rematando no Poggio. Sean impúxose a Greg Lemond e Mario Beccia. Lemond semellaba un modelo aeroespacial: óculos enormes que cubrían toda a cara, pedais automáticos; inventos que acabaron estendendo o seu uso en todo o pelotón. Pero o americano rematou segundo. O primeiro foi Sean Kelly, que non levaba óculos, tampouco casco, nin calapés, non. Porque Kelly usaba escarpíns, sempre negros, suxeitados con correas. Como Coppi, Merckx ou De Vlaeminck. No 1986 Kelly comezaba a ser unha "rara avis" no pelotón.
Classics wars 3 foto 2
Sean Kelly co maillot do equipo KAS.

O 21 de marzo de 1992 foi a Milano-Sanremo. Nada menos que a Primavera, a Classicissima. Kelly tiña, aquel 1992, 35 anos. Un campión maduro, representante do pasado. Un corredor poderoso no sprint, nas lastras ou nas costas. Innaccesíbel, esquivo, arisco, tan só fallaba fronte as cámaras de televisión. Levaba posto o maillot do PDM, equipo con aires modernos e demasiado cientificismo. Aquel non era o ciclismo de Kelly. El sempre foi de forza, de canto peor mellor, de carreiras con chuvia, lama e resistencia medida en toneladas de paixón. Para un flandrien de pura raza, con pedigree como el, demasiados avances técnicos e, tamén, médicos.

Greg Lemond, un americano que era a antítese de Kelly
A comezos dos 90 a Milano-Sanremo adoitaba decidirse no Poggio, atacando e marchando en solitario ou conformando un pequeno grupo para resolver no sprint. E a edición de 1992 seguiu o guión; no Poggio saltou o máximo favorito, Moreno Argentin, que chegou á cima do Poggio con 10 segundos de vantaxe. Quedaban 3 quilómetros e a recta de meta. Suficiente, pensou Argentin. Pero Sean Kelly non estaba de acordo. Saltou nun descenso suicida, apurando cada curva, mordendo metro a metro a diferenza, como se cada pedalada fose unha dentellada ao futuro. Kelly capturou a Argentin no final da baixada e xa na Via Roma foi quen de impoñer a súa punta de velocidade. O flandrien nacido en Irlanda, calado, bruto, fora capaz de facelo outra vez. A que sería a súa última gran vitoria.

Se hoxe ollamos a táboa de resultados da Milano-Saremo de 1992 podemos ver anotada unha diferenza duns segundos entre Kelly e Argentin. Non é certo, Kelly gañou ese día por varios anos de vantaxe. Mentres Argentin entrou en meta o 21 de marzo de 1992. O derradeiro flandrien, Sean Kelly, entrou como gañador un indeterminado día da década dos 80. A Milano-Sanremo de 1992, a última clásica dos 80.

Ciclismo
Classics Wars: A Guerra das Clásicas
Son os monumentos do ciclismo: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Justicia
Por agresión sexual Jenni Hermoso declara en el juicio a Rubiales: “No pude reaccionar en ningún momento”
La Fiscalía ha preguntado si Rubiales le cogió la cabeza con fuerza, a lo que Hermoso ha respondido que sí: “No busqué el acto ni mucho menos me lo esperé, a mi persona se le faltó el respeto”.
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Deportes
Liga F Nuevo convenio para las futbolistas: escuelas infantiles, ayudas al estudio o subida salarial
Hace firme los aumentos salariales del acuerdo de salida de huelga de 2023 e incluye todos los puntos que quedaron pendientes entonces. Dos de los sindicatos del banco social se descuelgan de la firma por considerar insuficiente el convenio.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Ecuador
Hacia el 13 de abril Acuerdo histórico de la izquierda y el movimiento indígena para la segunda vuelta de las elecciones en Ecuador
La alianza entre la Revolución Ciudadana y Pachakutik, el brazo político del movimiento indígena, no se producía desde 2006 y podría ser determinante para la victoria de la candidata correísta, Luisa González, en las elecciones del 13 de abril.
Violencia obstétrica
Violencia obstétrica Helena Eyimi, matrona: “El parto es un misterio y queremos controlarlo todo, pero no podemos”
Consentimiento informado, trato personalizado y libertad de elección. Para Helena Eyimi (Madrid, 1975) , matrona asesora de Naciones Unidas, es fundamental que las mujeres se sitúen en el centro de las decisiones durante el parto y esos tres conceptos son clave.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Análisis
Análisis Algunas preguntas incómodas sobre el rearme europeo
Si la UE ha de librar un conflicto con Rusia o China, no sería convencional y en teatro europeo, sino con más seguridad en África, donde se desplazarán con toda probabilidad gradualmente buena parte de las contradicciones del sistema.

Últimas

Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Más noticias
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.