Ence
Rueda coloca como Directora de Calidade Ambiental á muller dun alto cargo de Ence en Galiza

Grupos ecoloxistas e veciñais denuncian “un conflito de intereses e unha trama familiar” entre María José Echevarría Moreno e o seu marido Antonio Casal Lago, Director Territorial da empresa produtora de celulosa.

O presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, acaba de nomear como Directora Xeral de Calidade Ambiental a María José Echevarría Moreno, muller de Antonio Casal Lago, Director Territorial da pasteira Ence en Galiza. A decisión do Goberno galego do Partido Popular chega apenas uns días despois de que a multinacional de celulosa arrincase o seu plan de greenwashing anual, onde reparte, desde 2017, tres millóns de euros a actores sociais de todo tipo nuns cuantos quilómetros á redonda da súa fábrica de pasta de papel, situada desde os anos cincuenta na ría de Pontevedra.

Greenwashing
Greenwashing O ‘biomanual’ de Ence para lavar a súa imaxe en Galiza
Charlas sobre medio ambiente en colexios, escolas de xornalismo, barcos para confrarías, proxectos con universidades e publicidade para os medios. O xigante da celulosa empeza o curso financiando un imaxinario ficticio sobre a súa sustentabilidade.

O Consello da Xunta ratificou este luns o nomeamento de Echevarría Moreno en substitución de Ramón Martínez Boga, que dimitiu, segundo fontes próximas, logo de apenas catro meses no posto, aínda que o presidente Alfonso Rueda preferiu chamalo cesamento “a petición propia”. Echevarría, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria do corpo superior da Administración Xeral de Galiza, desempeñábase previamente como directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Pontevedra. En só uns días deu un salto quilométrico en responsabilidades e en temas dos que agora será máxima responsable, só por detrás da conselleira do ramo, Ángeles Vázquez.

Para a Asociación pola Defensa da Ría este nomeamento é un novo capítulo dunha “trama política e familiar” que se remonta aos gobernos de Manuel Fraga

Para a Asociación pola Defensa da Ría, o movemento social que leva plantando cara a Ence desde fai máis de tres décadas, xa denunciaron esta “trama política e familiar” no ano 2014 cando a agora Directora Xeral era técnica na Xunta de Galiza “e tiña rango de acción” no armazón burocrático do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, “especialmente na Autorización Ambiental Integrada (AAI) lograda por Ence naquel momento”, lembra o portavoz da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa.

A nova directora xeral ten unha extensa traxectoria na Administración autonómica, ocupando cargos en distintos departamentos, entre eles o de subdirectora de Calidade Ambiental e de Coordinación Ambiental. Desde Manuel Fraga até Núñez Feijóo e, agora, tamén con Rueda.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Luís Bará, saíu a tachar a decisión do Goberno galego como “escandaloso e reprobable”: “Parécenos que estamos ante un claro caso de conflito de intereses porque esta Dirección Xeral ten que intervir en asuntos industriais e ambientais que afectan directamente ás actividades da pasteira e do seu marido, que foi director da fábrica de Lourizán e que actualmente é xefe territorial de Ence en Galiza”.

En 2014, Ence recoñecía veladamente os vínculos familiares con altos cargos da Xunta, pero sinalaba á Asociación pola Defensa da Ría como responsable dunha estratexia política

De feito, xa en 2014, xusto agora fai dez anos, Ence manifestouse respecto diso quitando ferro á relación familiar destes dous altos cargos dicindo que a nova Directora Xeral de Calidade Ambiental “ocupou postos técnicos de primeiro nivel en todos os gobernos galegos, independentemente da súa cor política, nos últimos 19 anos” e que, sinalar os seus vínculos e potenciais intereses, é unha estratexia política.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Política
CIS PP y PSOE, en situación de empate técnico mientras Vox crece al calor de Trump
Durante el último mes, la llegada de Trump a la Casa Blanca, en el plano internacional, y la caída del Real Decreto-ley ómnibus del Gobierno, en el plano nacional, han acabado con la estabilidad que dominaba la situación política en España.
València
Lawfare Mónica Oltra es absuelta de calumnias contra el presidente de Ribera Salud
Alberto de Rosa, responsable de la empresa que gestiona las concesiones de sanidad pública de gestión privada, retiró su demanda un día antes del juicio, por lo que ha sido condenado a costas.
Madrid
Acusaciones de violencia sexual Monedero, bajo investigación de la Universidad Complutense por la denuncia de acoso sexual de una alumna
La confidencialidad del expediente no permite saber cuándo se presentó la denuncia ante la Unidad de Igualdad o cuánto se demorará la resolución. La Complutense afirma que la Inspección de Servicios está tramitando la acusación.
Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.

Últimas

València
València Suspendida “sin explicación jurídica” la primera declaración por desaparición forzosa del franquismo
La abogada remarca que no hay motivo jurídico por el que suspender la declaración que Carolina Martínez iba a realizar sobre la desaparición forzada y asesinato de su abuelo en 1939.
Airbnb
Pisos turísticos Consumo abre expedientes sancionadores a gestoras de pisos turísticos
El ministerio de Pablo Bustinduy incoa expedientes sancionadores a empresas que administran muchos pisos por prácticas comerciales desleales.

Recomendadas

América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?
Crónica
Crónica Locura y papeletas. Berlín, una semana antes de las elecciones federales
Un paseo nocturno por la capital alemana nos permite acercarnos al ambiente que late una semana antes de que la ultraderecha consiga sus mejores resultados desde el hundimiento del nazismo.
Dana
València El 98% de los más de 120.000 coches afectados por la dana tendrán que ser desguazados
La reconstrucción de infraestructuras afectadas abre una ventana de oportunidad para repensar el modelo de movilidad metropolitana de València.