Balea Cultural
‘Fariña’: ficción, realidade e calidade

"Nin Sito Miñanco, nin Laureano Oubiña, nin o resto de personaxes retratados aquí son lendas a honrar, senón unha serie de individuos que colaboraron estreitamente coa desarticulación do movemento obreiro galego durante o século pasado."

Fariña
Fotograma da serie. Imaxe: Bambú Producciones.
BALEACULTURAL.NET
24 mar 2018 09:12

Existen formas case ilimitadas de comezar unha recensión sobre Fariña. De feito, hai mil cuestións que hoxe, aquí e agora, poderiamos comentar sobre a serie de Bambú Producciones que tanto está a dar que falar. E non é para menos: a coincidencia co secuestro do libro orixinario da serie deulle un empuxón terrible, permitíndolle a unha serie que xa prometía moito pola súa temática facerse un lugar na franxa de maior audiencia cuns niveis de atención sobre as súas costas nunca antes imaxinables.

Os resultados son palpables: xa son catro semanas seguidas nas que a serie de Antena 3 lidera en espectadores no horario de máxima audiencia. A sorpresa vén cando, ao analizar o produto, vemos que ofrece algo ao que non se nos ten acostumados: unhas grandes actuacións, un coidado deseño de produción, fotografía, vestiario e son, e unha temática na que, se ben tentan limitarse moitas veces e non falan claro —conta a lenda que o disparo de Terito no primeiro episodio non foi por unha discusión sobre drogas, senón por cuestións políticas nas que estaba envolta Alianza Popular—, si que tentan reproducir co máximo realismo que se lles está permitido a realidade de moitas familias galegas no último cuarto do século pasado.

Fariña 3
'Fariña' llegó para convertirse en una de las series más destacadas del año.

A vida en Galicia non era sinxela. Os datos mandan, os datos falan: o estado español comezaba a saír da recesión petroleira dos setenta, aínda sen estar dentro da Comunidade Europea, e Galicia aparecía no mapa como unha comunidade autónoma moi dependente da economía estatal, notando os efectos desta crise con maior gravidade que o resto da economía. Galicia presentaba un PIB por habitante ao redor do 25 por cento máis baixo que os datos da media estatal, un 30 por cento máis baixo que os datos europeos.

O sector pesqueiro, pola súa banda, estaba presentando cambios verdadeiramente significativos. Tras un auxe provocado pola saída da autarquía franquista, naqueles momentos estaba presentando xa fallos: debido as ZEE (zonas económicas exclusivas), as augas territoriais aumentaban para todos os países, reducindo e limitando a zona de pesca de Galicia, ao mesmo tempo que, consecuente e paralelamente, se levaban a cabo reconversións industriais, provocando o peche en moitas empresas do sector pesqueiro e destruíndo ao seu paso moitos traballos e salarios dos que comían moitas familias galegas.

Cantas familias galegas tiveron que acudir a este mercado en negro para poder dar de comer ás súas familias? 

Nesta situación tan negativa, podemos imaxinar doutra maneira a primeira escena da serie, na que nos presentan a Sito Miñanco xunto ao seu pai na súa embarcación, pescando ilegalmente para despois vendelo no porto. Cantas familias galegas tiveron que acudir a este mercado en negro para poder dar de comer ás súas familias? É aquí onde entra o seguinte posto no que Sito Miñanco se moverá: a necesidade dunha clase obreira en decadencia económica de mellorar, sexa como sexa, a situación de pobreza á que a conxuntura a está a levar. Se a pesca ilegal era o primeiro paso, a introdución do Winston de batea era o seguinte. Estamos a falar dun Sito Miñanco aínda moi pobre, nunha situación na que se atopaban moitas galegas da época, e onde as ganancias do tráfico de tabaco eran autenticamente tesouros ao lado do que ofrecía acudir á ilegalidade no sector pesqueiro.

Dende aquí, comeza a cambiar ese perfil de Sito Miñanco, obreiro, ata convertelo nun dos capos da droga en Galicia. E é aquí cando debemos comezar a ter coidado con enxalzar de máis quen foi e é Sito Miñanco. As drogas, en xeral, supoñen un problema para a nosa clase: se ben se cae con normalidade na defensa destas, debemos ter claro unha cousa: son formas de alienación que provocan dependencia, e son utilizadas como ferramentas de control sobre a poboación e a mocidade. Véñensenos á cabeza a introdución do crack en Estados Unidos para a desarticulación das Panteiras Negras, ou a introdución da heroína en Euskal Herría, como casos claros desta cuestión. Pero, é necesario irse tan alá?

Non falar e ter en conta a Xeración Perdida é de pena capital. Aquí, os nosos, tamén tiveron que loitar coas drogas e coa dependencia que esta creaba

En Galicia, non falar e ter en conta a Xeración Perdida é de pena capital. Aquí, os nosos, tamén tiveron que loitar coas drogas e coa dependencia que esta creaba. Se ben a historia de Sito Miñanco está chea de riqueza literaria, onde contar como un ninguén foi de menos a máis até converterse nunha das persoas máis buscadas do estado español; tamén hai moitas historias dunha xeración completa que foi de máis a menos polas accións do narcotráfico galego.

Historias dunha xuventude criada baixo a depresión petrolífera dos setenta, onde o traballo era escaso e onde, se ben moitas acudiron ao narcotráfico, son demasiadas as que non se botaron á ilegalidade e acabaron esmagadas por unhas condicións materiais adversas onde as posibilidades de futuro eran inimaxinables. Á hora de contar a historia, polo tanto, estase levando na praxe unha parcialidade enorme, onde todas as cuestións máis feas e escuras da chegada ao poder de Sito Miñanco e demais narcotraficantes se están deixando a propósito de lado, propiciando a creación dunha personaxe grandilocuente e favorecendo a empatía cunha das persoas que, no longo prazo, máis dano fixo á sociedade galega do século pasado.

Cómpre destacar, un pequeno acerto que sorprende vindo dunha canle estatal: á hora de elixir os actores, levouse a cabo unha selección case total de galegos para dar vida ás personaxes da historia. Ademais disto, hai unha utilización dun castrapo ben situado, entrelazando frases feitas e cotiás en galego co castelán que, lamentablemente, debe levarse na programación estatal. Os insultos e a xerga galega comparten escenario co castelán. Vénsenos á mente a desfeita que adoita levar a cabo a Televisión de Galicia á hora de plasmar o galego nas súas series, onde ata as máis soadas e prometedoras, coma os casos de Matalobos ou Serramoura, moitas veces presentan a personaxes cunha educación baixa como verdadeiros académicos da nosa lingua, soltando de vez en cando algunha palabra máis coloquial, aínda que moi mal engadida nos diálogos.

Fotograma de la serie 'Fariña'
Fotograma de la serie 'Fariña'.

Obviamente, a intención e necesidade dunha canle coma a galega debería ser coidar, fomentar e sustentar a nosa lingua, mais o erro é claro: o afastamento da linguaxe coloquial e material fai que nos desvencellemos tamén da nosa clase. Se ben o galego é unha lingua cuxas normas son relativamente novas, o uso destas de maneira tan concreta e perfeccionista resulta negativo para ela ao non conseguir a conexión necesaria coas masas. E ou moi bo é o argumento da serie, ou é un erro demasiado grave para deixalo de lado. Non é defendible, tampouco, o uso que se lle dá á lingua en programacións da TVG o Luar ou o Land Rober, onde dita corrección lingüística directamente non existe, sendo o idioma presentado aquí unha auténtica caricatura del. Entón o quid da cuestión é, simplemente, ser consecuentes coa realidade.

Esta corrección política xoga unha clara mala pasada á calidade das producións nacionais, o que moitas veces se suma á baixa calidade de fotografía e mestura de son que sofren as nosas creacións. En xeral, por isto, dá a sensación dun traballo pouco coidado e moi lonxe da calidade que premia no resto de producións que se fan noutros países. Que provoca todo isto? Que a maioría de consumidores novos, máis acostumados a unha linguaxe máis real e a unha calidade máis rotunda, se afasten das producións galegas e, como non, do galego.

Nin Sito Miñanco nin Laureano Oubiña son lendas a honrar, senón unha serie de individuos que colaboraron estreitamente coa desarticulación do movemento obreiro galego

Fariña chegou para converterse nunha das series máis destacadas do ano, e posiblemente da historia do Estado Español. A calidade das actuacións, dos diálogos, da fotografía, da dirección e do son fan que esta frase non soe escandalosa. Puxéronse moitos cartos sobre a mesa, claramente, para que todo saia ben, e é sorprendente que nunha canle como Antena 3 haxa toques tan bravos como os que estamos a ver semanalmente nas pantallas dos nosos salóns.

Con todo, non hai que dar ao esquecemento a realidade na creación dun mito. Nin Sito Miñanco, nin Laureano Oubiña, nin o resto de personaxes retratados aquí son lendas a honrar, senón unha serie de individuos que colaboraron estreitamente coa desarticulación do movemento obreiro galego durante o século pasado. Se ben Fariña é unha forma de achegarnos ás súas historias, cómpren dúas cousas: ver cara onde irá a serie a partir de agora e se os seus estragos se verán en pantalla, ou se debemos continuar analizándoa entre pinzas para que a realidade que causaron non se perda baixo a ficción.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Galicia
Galicia La Xunta del PP ejecuta su última maniobra para hacerse con el control total de la TVG
El PP lleva al Parlamento la nueva ley de medios que otorga al Gobierno gallego la capacidad de elegir al director de la cadena sin mayoría cualificada, elimina la fiscalización de contenidos por profesionales y abre la puerta al castellano.
Rusia
Guerra en Ucrania Kagarlitsky, desde la cárcel, sobre las negociaciones de alto el fuego: “Sin liberación de presos no hay paz”
Borís Kagarlitsky es una de las figuras más reputadas de la izquierda rusa. Desde 2023 escribe desde la cárcel. El Salto publica dos cartas recientes ante la perspectiva de un alto el fuego en la guerra que Rusia sostiene con Ucrania.
Opinión
Opinión El belicismo de Europa
Los gobernantes europeos hablan de que ese rearme está destinado a proporcionar paz a Europa. Pero hay que recordarles que armarse hasta los dientes es paz negativa.

Últimas

Música
Vivir Quintana “Desde la alegría resignificamos la tristeza y la violencia que nos ha estado machacando”
La artista mexicana se encuentra en Madrid, donde marchó junto a miles en la manifestación del sábado 8 de marzo por la mañana. El martes 11 ofrece un concierto en la Sala Villanos presentando canciones de un álbum que estrena en abril.
Análisis
Análisis La izquierda y la política de rearme de la Unión Europea
El aumento en defensa pondrá en marcha una nueva carrera armamentística que no puede resultar más que en un mayor empobrecimiento de las clases populares.
Más noticias
Opinión
Opinión Vox y la paradoja del soberanismo subordinado
Mientras denuncian el 'globalismo' abrazan sin fisuras el patrocinio del mayor supermillonario planetario, que no parece tener más patria que el aumento de los dividendos de sus empresas
Opinión
Opinión Sean Baker y el realismo social
En sus películas, Sean Baker enseña que aún podemos observar los lazos históricos, mirar aquellas identidades estigmatizadas, humanizarlas, comprenderlas y entender que el enemigo real no está en esa figura extraña que siempre ha sido odiada.
Análisis
Análisis De geografías viables o de cómo habitar el territorio
La destrucción que trajo la barrancada es directamente proporcional a la ocupación del territorio y a los metros cuadrados de asfalto que nos dejaron los sucesivos booms inmobiliarios.

Recomendadas

Galicia
Galicia La Xunta entorpece el acceso a más de 8.500 contratos que suman 57 millones de gasto
La Axencia de Doazón de Órganos e Sangue indexa miles de pagos sin concepto e imposibilita su fiscalización. La Xunta de Alfonso Rueda aduce que la opacidad es causada por “un fallo de codificación”. Sin embargo, esa práctica se repite desde 2018.
Islamofobia
Religión El aumento de vetos al hiyab en escuelas reaviva el debate sobre la islamofobia en España
Cada vez son más los centros educativos que están vetando estas prendas propias de la cultura musulmana a través de disposiciones en sus protocolos internos.
Fronteras
Fronteras Sombras en el acuerdo de cesión de competencias pactado por el PSOE y Junts
El acuerdo sobre transferencia de las competencias en materia de migración entre PSOE y Junts encuentra el 'no' de Podemos y de organizaciones de migrantes y el 'sí' con matices de la izquierda independentista y de Sumar.
República del Sudán
Belkis Wille “En Sudán hay milicias practicando violaciones a gran escala contra mujeres y niñas”
Belkis Wille, investigadora de Human Rights Watch, denuncia los abusos de grupos armados como las Fuerzas de Apoyo Rápido en el conflicto sudanés, donde se registran crímenes tanto de esclavitud sexual como de sometimiento mediante violaciones.