Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Star Wars Balea Cultural
Fotograma de Star Wars: O espertar da Forza (J. J. Abrams, 2015)
18 may 2019 12:30

Cando o xigante estadounidense Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars semellaba que nada podía saír mal. Se ben a algunhas persoas non lles apaixoaba a idea de que algunhas das súas películas favoritas pasarían agora a ser propiedade da compañía de Mickey Mouse, o que si que ninguén agardaba é que os novos filmes que ía a realizar Disney non conseguirían chegar a case a totalidade do público mainstream como si acontece con Marvel.

Balea Cultural
David Fincher, a ovella negra de Hollywood
É sorprendente, mais a industria cinematográfica norteamericana non confía en David Fincher.
Unha proba disto era a tremenda espectación que había polo Episodio VII da saga. Ficaba claro que entre o público había ganas de novos filmes de Star Wars e as salas de todo o mundo enchéronse para ver O espertar da Forza en 2015. Mais tras a euforia inicial, a xente comezouse a dar conta de que a película que acababan de ver era en boa medida unha copia do primeiro filme de Star Wars, estreada en 1977.

Despois das precuelas estreadas por George Lucas entre finais dos 90 e os primeiros anos do novo século, sentíanse no público unhas ganas de retomar o espírito da triloxía orixinal, de traer de volta a aventura e deixar de lado as tramas políticas e de manter o humor mais integrándoo na trama, no canto de centralo ao redor de personaxes como Jar Jar Binks. Disney era consciente disto e fichou ao J. J. Abrams, creador da serie Perdidos e director de filmes de grandes franquicias como Mision Imposible ou Star Trek, así como de películas de corte nostálxico como Super 8.

Entre o público había ganas de novos filmes de Star Wars e as salas de todo o mundo enchéronse para ver ‘O espertar da Forza’

O propio J. J. Abrams identificábase como unha desas persoas que querían buscar traer de volta ese espírito dos primeiros filmes da saga. Tanto foi así que todo nos avances de O espertar da Forza semellaba querer remarcar que se voltaría a esa estética e a ese ton que tanto se botaba en falta. Durante a película apenas atopamos o menor rastro da visión que Lucas propuxera nas precuelas, e en certa medida o filme de Abrams semellaba unha resposta directa ao creador da saga.

Con todo a estética ou a ambientación dunha película non son máis que o envoltorio da historia que se está a contar, e no caso de O espertar da Forza ésta non era máis que un corta e pega. O filme era entretido, visualmente moi atractivo e tivo un éxito enorme na taquilla, mais ao mesmo tempo comezaron a aparecer as primeiras críticas entre os fans máis incondicionais da saga.

A pesares de todo, non se perdera aínda a esperanza. Se algo caracterizaba a O espertar da Forza era a grande cantidade de posibilidades que habería, de preguntas sen respostas que se plantexaban para seren resoltas nos filmes que o sucederían. En certa xeito este filme cumpría a función dun bo piloto para unha serie, presentaba a unha serie de personaxes e de premisas para os próximos capítulos. Mais o verdadeiro drama comezou tras a estrea de Os últmos jedi.

Star Wars Balea Cultural 2
Fotograma de Star Wars: Os últimos jedi (Rian Johnson, 2017)
O Episodio VIII de Star Wars, dirixido desta volta por Rian Johnson, é probablemente a película máis divisiva de toda a saga. Johnson tiña unha visión de como se debe retomar unha historia xa clásica como é Star Wars radicalmente distinta á de Abrams, e en lugar de rendir unha homenaxe constante aos filmes orixinais, non ten ningún medo a plantexar cousas novas e diferentes, aínda que eso supuxese romper con ideas ou mesmo comportamentos de personaxes da triloxía orixinal.

Se en O espertar da Forza J. J. Abrams facía numerosos guiños directos a estas tres películas que crearon todo o mito que hoxe é Star Wars, en Os últimos jedi, Rian Johnson semella facer varias referencias visuais ao episodio anterior, e en concreto á visión nostálxica de Abrams. Imaxes como Luke Skywalker tirando seu sabre de luz, o vilán Kylo Ren rompendo seu casco que lembraba ao do icónico Darth Vader, a morte do líder supremo Snoke, unha figura coa que Abrams fixera un claro paralelismo co Emperador, ou o camiño que seguiu a revelación dos pais da protagonista Rey foron algunhas das decisións cinematográficas coas que semellaba que Johnson estaba a recriminar a excesiva nostalxia de Abrams no filme anterior.

Disney comezou a producir estes filmes sen ter unha idea clara de a onde ía conducir a historia que contaban

De primeiras pode semellar que a aposta de Rian Johnson é moito máis creativa e atrevida, mais tampouco se debe ignorar que hai varias escenas en Os últimos jedi que son demasiado similares a varios momentos de películas como O Imperio contraataca ou O retorno do jedi, así como as numerosas incongruencias narrativas internas e en relación á súa predecesora.

A película de Rian Johnson ten problemas, e a pesares de que moitas das críticas que recibiu nas redes, especialmente relativas ao papel das personaxes femininas na película, eran completamente inxustificadas, isto non quere dicir que sexa unha película con claros erros dende un punto de vista cinematográfico.

Revivir os vellos mitos do cinema é unha tarefa máis complicada do que podería semellar

Estas cuestións, ademáis de xerar esta enorme división entre o público da saga, tamén amosaron algo que ninguén daba por posible, que Disney comezou a producir estes filmes sen ter unha idea clara de a onde ía conducir a historia que contaban. J. J. Abrams dirixiu o seu piloto cargado de nostalxia e Rian Johnson recriminoulle estas decisións a seu predecesor. A coherencia interna destes filmes saltou polos aires, e aínda ficaría por diante o terceiro episodio, dirixido por Colin Trevorrow que debería poñer fin a esta historia e, dalgunha maneira unificala.

Sen embargo Trevorrow abandoou o proxecto antes de comezar a filmalo e o posto de director caeu de novo nas mans de J. J. Abrams. Recentemente xa puidemos ver as primeiras imaxes deste novo filme, titulado O ascenso de Skywalker. Mediante un teaser trailer de soamente dous minutos, Abrams deixa claro que esta película tamén romperá coa súa predecesora, reafirmándose na súa visión inicial. Planos como o do casco de Kylo Ren sendo reconstruído semellan unha clara resposta a Johnson, e a suposta inclusión de novo da personaxe do Emperador, que todo o mundo daba por morto, non sería máis que un recurso co que tratar de recuperar esa nostalxia perdida.

Con todo, haberá que ver o resultado final do filme para poder xulgalo. Mentres tanto quedámonos coa idea de que revivir os vellos mitos do cinema é unha tarefa máis complicada do que podería semellar, incluso cando hai orzamentos millonarios detrás. Ata certo punto resulta interesante ver os distintos plantexamentos que se lle deron a esta saga tras a triloxía orixinal, tanto polo propio George Lucas como por J. J. Abrams e Rian Johnson. Propostas máis próximas e máis alonxadas dos filmes que deron comezo a esta historia e que nunca semellan rematar de contentar de todo aos fans.

A sombra de filmes como Unha nova esperanza, O Imperio contraataca ou O retorno do jedi segue a ser demasiado alongada e resulta complicado escapar dela. Sempre é un pracer voltar de novo a esa galaxia moi lonxana na que tiveron lugar xa tantas historias que namoraron a varias xeracións, mais se de algo se debería aprender desta accidentada nova triloxía é que antes de retomar unha saga coma esta sería boa idea ter unha idea clara de que se quere facer con ela.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Cine
Cine Del taxi en Cádiz, a la alfombra roja en EEUU: la vida de película de Antonio González Guerrero
El gaditano es el único actor español del elenco de ‘Mobland’, serie de Paramount Plus que se acaba de estrenar en Reino Unido, EEUU y Canadá, y que estará disponible en España a partir del 9 de junio.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.