Decrecimiento
'A Substancia': unha lectura decrecentista

'The Substance', de Coralie Fargeat, unha das películas merecidamente de moda, ten entre outras moitas unha lectura moi necesaria a prol da solidariedade interxeracional como única ferramenta para a supervivencia da nosa especie.
Remember you are one
Fotograma da película 'The Substance'

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

30 oct 2024 05:30

A substancia, o marabilloso conto de terror que Coralie Fargeat acaba de estrear no cinema, ten varias interpretacións interesantes dende as reivindicacións igualitarias (feminismos e idadismo, mormente) mais tamén algunhas desde a supervivencia da nosa especie e o camiño do decrecemento.

Intentarei facer un breve resumen do argumento, destripando o menos posíbel a película (unha obra que recomendo ver só a aquelas persoas que teñan un estómago forte e unha certa resistencia ao noxo): Elisabeth, unha presentadora de éxito dun deses programas de porno suave disfrazados de ximnasia que botan nalgunhas televisións, é despedida do seu posto tras cumprir 50 anos, porque o seu corpo xa non atrae o público e non sirve o mercado. Sen traballo, sempre viviu de vender a súa imaxe normativa, e cunha vida baleira de sentido pretende recuperar o seu espazo grazas a un produto innovador (a substancia do título) que lle permitirá recuperar “a mellor versión dela propia” e volver ao reinado da televisión. Nace así Sue, a quintaesencia da mocidade de Elisabeth, que ocupa o oco que deixou a súa “matriz” nos desexos dos telespectadores. Pero a substancia, como todos os feitizos dos contos, ten as súas regras que non se poden quebrantar sen castigo. Trátase dun produto limitado: pode utilizarse unha soa vez. Cada unha das faces da protagonista só pode vivir 7 días seguidos, mentres a outra se alimenta e descansa para a seguinte quenda semanal, e cada minuto que calquera das versións supera ese prazo págao a outra face en saúde porque, outra das normas é clara: “Vos sodes unha”. Por suposto, a que incumpre é a moza Sue que apura, xoga e quebra os prazos para vivir na súa vida de éxito materialista á costa da saúde de Elisabeth que axiña comprende que a súa supervivencia vai ser imposíbel, aínda que entende que o seu sufrimento é un prezo que paga a pena para que Sue poida manter unha vida “epicúrea”.

A metáfora para o decrecentismo é clara: coma Elisabeth e Sue, todos os seres vivos “somos un” e os nosos recursos ao noso dispor son limitados polo que calquera abuso ou malversación dos materiais finitos pagarémolo (pagarano) os seres vivos do futuro. Os seres humanos do norte global do presente, as Sues, somos futurívoros: estamos a alimentar as nosas vidas excesivas cos bens precisos para a mera supervivencia das nosas fillas e de gran parte da vida futura do planeta.

Non podemos repetir máis dende este blog que os recursos do planeta son finitos. Xa en 1980, William Catton armou para describir a situación na que nos atopamos o concepto “extralimitación” e estabeleceu que os seres humanos somos unha especie que sobrepasou os límites que o ecosistema ten para nos albergar, o que está provocando que o planeta se degrade, co cal estamos a cavar a tumba da especie. Isto é, que se a civilización humana está consumindo recursos e producindo lixo coma se tivese 1,7 planetas, está a provocar que o único planeta que en realidade temos perda capacidade para nos albergar pasadomañá.

Os seres humanos do norte global do presente, as Sues, somos futurívoros pois estamos a alimentar as nosas vidas excesivas cos bens precisos para a mera supervivencia das nosas fillas e de gran parte da vida futura do planeta.

Polo tanto, de seguir co actual sistema económico devoto do dogma do crecemento sen fin estamos a condenar o noso futuro. A vida hedonista de Sue é a nosa vida: unha existencia de voos comerciais baratos, comida rápida, obsolescencia programada, moda de usar e tirar, dixitalizacións absurdas, etc. Nos nosos 7 días estamos zugando os recursos das nosas fillas e netas, as Elisabeths que han de vir.

As Sues malgastamos a enerxía e os materiais cunha vida rexida por un epicureísmo malentendido (unha procura do pracer materialista e consumista fomentado polo sistema socioeconómico hexemónico) pero Epicuro de Samos dicía cousas tan pouco aceptábeis polo statu quo como “[r]evento de satisfacción no meu pequeno corpo cando vivo de auga e pan, rexeito os praceres luxosos [...] Mándame queixo envasado para que, cando eu queira, poida darme un festín”. Ese hedonismo en sentido estrito pode ser o que precisamos para lograr a supervivencia das Elisabeths. Porque, coma n'A substancia, temos que lembrar que “somos unha” e é preciso ter en conta as xeracións do futuro: a frugalidade, a contención, a austeridade son as únicas saídas desta trampa que nos puxemos a nós mesmas.

En 1987, cando as Nacións Unidas formalizaron o concepto “desenvolvemento sustentábel” no chamado relatorio Brundtland, definírono como “o desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades”. En 2013, o secretario xeral da ONU presentou o seu informe A solidariedade interxeracional e as necesidades das xeracións futuras, no que lembra: “En todo o mundo e en todas as culturas observamos unha dedicación ás xeracións futuras. Trátase dun valor partillado de xeito universal por toda a humanidade. É un valor que se atopa na base de todas as constitucións e os tratados internacionais; é unha forza motriz da economía; e maniféstase nas crenzas relixiosas, nas tradicións e na cultura. Os membros vivos dunha comunidade benefícianse dos sacrificios e as inversións que as xeracións anteriores fixeron. Poucos cuestionarán a responsabilidade que o mundo ten para cos seus fillos e netos [...]”. Ban Ki-Moon defendía as ideas máis asentadas nas “sociedades tradicionais”, certamente esquecidas polos modos de vida creados polo industrialismo. Estas tradicións semella que son as que quixo recuperar o Cumio Mundial sobre o Desenvolvemento Social de 1995: no seu documento final os países comprometéronse a crear un marco de acción que lles permitira cumprir as súas obrigas coa xeración presente mais tamén coas futuras, garantindo a equidade entre xeracións e protexendo a integridade do medio ambiente e a posibilidade de usalo de xeito sustentábel. Ban Ki-Moon conclúe, en 2013, que, de acordo con estes principios, a humanidade toda “forma unha comunidade interxeracional na que todos os membros se respectan mutuamente e coidan os uns dos outros, para alcanzar o obxectivo da supervivencia da especie humana”. Unha filosofía moi real, necesaria pero que bate de fronte coas nosas sociedades, gobernadas por Sues.

En 1987, cando as Nacións Unidas formalizaron o concepto “desenvolvemento sustentábel” no chamado relatorio Brundtlant, o definiron como “o desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades”.

Destes cumios e documentos xorden os tan cacarexados Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel (ODS) que a Asemblea Xeral da ONU aprobou no 2015 e que os Estados non rematan de asumir en serio apostando na práctica por políticas cosméticas (de “verdeo” dos sistemas socioeconómicos) que en moitas ocasións aceleran máis que frean o colapso.

Pero algúns países fixeron esforzos por levar estes principios aos seus ordenamentos xurídicos. Gales aprobou en 2015 unha Lei para o benestar das xeracións futuras que, seguindo as recomendacións das Nacións Unidas, crea a figura dunha Comisaria para as xeracións futuras con facultades para supervisar que as políticas públicas de Gales teñen en conta as súas consecuencias ao longo prazo e evitar o “curtopracismo electoralista” que sempre criticamos os nosos mandatarios. No Reino de España e grazas a unha iniciativa lexislativa popular, as Illes Balears aprobaron en 2023 a Lei para o benestar das xeracións presentes e futuras que crea unha Comisión dun máximo de 15 membros que serán os encargados de avaliar o impacto nas xeracións futuras da actividade normativa e as políticas públicas da administración autonómica. Polo momento a aplicación da lei mediterránea está paralizada aínda que as súas impulsoras seguen a loitar para que os seus tímidos logros (quizais os únicos que pode asumir o sistema) comecen a se aplicar.

As Sues, así o marca o guión, estamos a ser creativas e moi hipócritas e mentres proclamamos a nosa absoluta defensa das Elisabeths que virán, seguimos a incumprir as regras da substancia con unhas consecuencias que Fargeat vén de plasmar dun xeito nauseabundo e lúcido na súa última película.

Archivado en: Decrecimiento
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.