Punk
O punk galego a través das súas mulleres: o influxo do machismo no underground

Aínda que o punk sempre representou un espazo de liberación, a súa historia tamén está composta por invisibilizacións e violencias machistas.
 Voces de Ultratumba. Fotografía del archivo personal de Chus Taboada
Voces de Ultratumba. Foto: arquivo persoal de Chus Taboada
29 mar 2022 09:00

Comezaba a década dos anos 80 en Vigo. O xugo da ditadura quedaba atrás, mais as políticas neoliberais comezaban a irromper. O ambiente non tardou en cargarse de escepticismo sobre o futuro económico, agravado pola crise no sector naval, o desemprego e a suspensión de pagos por parte de empresas astilleiras. O contexto sociopolítico cheo de desesperanza detonou un movemento musical e estético fundamental na historia contemporánea de Galicia.

Desta época fican varias testemuñas e o estudio da Movida está cada vez mellor documentado a través de libros, artigos e documentais. Con todo, como adoita suceder, a narrativa está feita por e sobre homes. Unha vez máis, as mulleres que estiveron presentes non figuran na lenda urbana deste período.

Maritxu Alonso, investigadora adicada desde hai un par de anos a rescatar do esquecemento ás artistas punks de identidades non normativas, alerta sobre  a falta de representación de mulleres na subcultura, o que perpetúa a idea de que non formaron parte activa dela. “É algo que persiste no noso imaxinario porque apenas vislumbramos unha representatividade en documentais, en fanzines ou en discos. Non entanto, as mulleres formamos parte da subcultura desde os seus inicios, xa sexa na formación de bandas, na formación de centros sociais ou como público”.

Aínda que a escena do punk sempre estivo protagonizada por homes, as mulleres atoparon nela un espazo seguro, liberado da presión social onde poden autodeterminar os seus modos e medios de expresión. De feito, para Maritxu Alonso, ser muller é intrinsecamente punk, porque “consiste en afrontarte día a día a un sistema que te trata de anular como un ser independente racional e autónomo”.

A escena viguesa

Aínda que testemuñas de mulleres que participaron na escena musical desde os escenarios, como a da música Coral Alonso, adxudican que a súa inmersión no mundo do punk foi produto da casualidade, en realidade develan  o carácter vertixinoso do movemento musical da época: “Eu estaba no sitio adecuado no momento adecuado. Saía cun mozo que tiña unha banda chamada Batallón Disciplinario e chamárono para tocar a batería do grupo Aerolíneas Federales. Entón eu ía mirar os ensaios xunto con Rosa Costas, quen era noiva de Silvino, outro chico do grupo, e irmá de Miguel Costas, tamén parte da banda. Eu non a coñecía pero íamos as dúas a ver os ensaios até que un día preguntáronos se queríamos facer os coros dunha canción e de alí fixemos unha canción detrás da outra.”

A historia de Chus Taboada, co fundadora e cantante do primeiro grupo de punk galego conformado unicamente por mulleres, coincide coas descricións da voráxine musical que se espallaba por diversos sectores sociais: “Ao redor do ano 83, estabamos no instituto e había moito movemento musical. Tiñamos profesores que estaban en Os Resentidos, a miña compañeira de asento era Rosa Costas, a irmá do cantante de Siniestro Total. E digamos que o ambiente foi propicio”.

Maritxu Alonso. Fotografía de Leo López
Maritxu Alonso. Foto: Leo López

Así, coas irmás Eva e Marisé Izquierdo, na guitarra e nos teclados respectivamente, e Chus Taboada nas vocais, xorde a banda de punk sinistro Voces de Ultratumba. A vocalista, con todo, tiña claro que o seu proxecto musical tiña que estar conformado na súa enteireza por mulleres con voz propia: “Naquel momento, as mulleres que tiñan contactos cos músicos da Movida eran noivas ou irmás de alguén. A min non me interesaba ser a noiva de ninguén, senón que tivésemos valor por nós mesmas. Porque, se o resto da xente da música o fai así, por que nós non?”

Ademais do proxecto musical de Voces de Ultratumba, as súas integrantes publicaron o fanzine Escupe, que se auto definía como o underground do underground, posto que as creadoras non pertencían á elite establecida e estandarizada da Movida, como si o estaban bandas como Siniestro Total ou Golpes Bajos. O fanzine das irmás Izquierdo e Chus Taboada rapidamente pasou a converterse nun proxecto trasdiciplinar que dinamizou o movemento cultural cunha perspectiva crítica a través de presentacións, exposicións de diversas artistas.

 As pexas do machismo

Para Chus Taboada, Voces de Ultratumba adicouse a reivindicar, entre outras cousas, “que as mulleres podemos facer o que nos dea a gana”. E quizabes o seu proxecto foi unha das primeiras sementes que prepararon as condicións para que, máis tarde, xorderan outros proxectos de mulleres da subcultura, como o grupo das Pussycats, unha banda de punk “enérxico, intenso e visceral”  integrada por Linda Lamarr (batería e voz), Milena (baixo e voz principal), e Anita (guitarra e voz).

 Chus Taboada cantando con su banda La Traición. Archivo personal de Chus Taboada
Chus Taboada cantando coa súa banda La Traición. Arquivo persoal de Chus Taboada

Sobre a consolidación da banda, Lamarr comenta que todo sucedeu de xeito espontáneo: “Todo foi un pouco “faino ti mesmo”, porque naquel momento non tiñamos ningunha educación musical, pero si moita mala hostia e moita enerxía” e continúa sobre o seu achegamento ao xénero do punk: “Eu sempre estiven interesada na escena do rock’n’roll, do underground e do punk. Desde os primeiros anos 80. Decidinme a formar unha banda no ano 95, “Las Pussycats” con outras dúas rapazas que decidimos botarmos ao mundo sen estar tuteladas por ninguén. Nesa época, era moi común que as integrantes dos grupos de mulleres tiveran noivos que tamén tiñan o seu propio grupo. No noso caso, nós non tiñamos ningún tipo de tutela, seguimos o noso propio criterio, fose para ben ou para mal”. 

Mais, aínda que o punk fose para as mulleres un espazo no que podían expresarse e rachar con certos tabús e estigmas con respecto ao xénero, Maritxu Alonso menciona que non era un movemento exento do machismo: “O punk sempre foi un espazo no que podemos ser nós mesmas, ademais de que un lugar onde as normas do xénero están un pouco máis fluídas. Tiña a suficiente permeabilidade para permitirnos expresarnos con maior autenticidade. É un espazo de libre exploración aínda que co paso dos anos descubrín que o heteropatriarcado tamén opera de xeito sistemático nel”.

Se ben o punk brindaba ás mulleres a liberdade de adicarse á música “só por diversión”, como no caso de Coral Alonso, sen ter que demostrar algo en particular nin dar moitas explicacións ao respecto das propostas musicais, o machismo aparece desde o principio desde a pouca presencia nos escenarios a comparación cos homes, na recepción da súa música chea de prexuízos de xénero e a insulsa representación que se lles facía a través dos medios de comunicación.

Chus Taboada: para as mulleres da escena musical desa época“estar presentes era complicado,, sufrimos o machismo desde o principio

Maritxu Alonso sinala que: “As mulleres sempre formamos parte do underground”, mais Coral Alonso lembra que era arriba dos escenarios onde había poucas mulleres: “Voces de Ultratumba era o único grupo formado só por mulleres do que me lembro. Ademais delas, había algunha outra muller que tocaba o baixo ou a guitarra noutras bandas, pero eran moi contadas excepcións”.

Chus Taboada opina que para as mulleres da escena musical desa época “estar presentes era complicado porque aínda que todo fose moi moderno, había moitas trabas no camiño. De feito, nós, como grupo de mulleres, sufrimos o machismo desde o principio. Eramos tratadas como a muller barbuda, coma fenómenos. Era moi complicado loitar contra os estereotipos. A min o que me interesaba era facerme escoitar, polo que o slogan que nos puxesen abaixo dábame o mesmo”.

Como parte da banda Aerolíneas Federales, Coral Alonso tamén era o branco de sinalamentos a raíz do seu xénero: “Había sempre os tópicos comentarios, burlábanse de min. Por exemplo, cando pintei de cor o pelo, os integrantes de Siniestro Total ríranse e dixeran que me caera pintura na cabeza e cousas dese estilo”.

As integrantes de Voces de Ultratumba percibiron como lle afectaban os prexuizos de xenero no momento no que non se escoitaban as reivindicacions da sua musica: “Ao vernos tocar, a xente dicía, ‘Que exótico’, pero, ao mesmo tempo, non nos tomaban en serio. Entón, todo o tempo espetaban cousas como “Imos ver isto. Mira que gracioso”. Pero iso pasa ao día de hoxe nas entrevistas que nos fixeron. Cando nos entrevistan homes, ningún até agora se molestou en preguntarnos pola música ou polas letras. Os comentarios sempre son na liña de: “Mirade, había un grupo de mulleres dentro da Movida viguesa”, pero pouca xente nos pregunta por referencias musicais, de que falaban as miñas letras, sobre a calidade ou sobre o contido... non ocorría antes nin ocorre agora”, sinala Chus Taboada.

Os selos discográficos prefiren grupos de xente nova e semella que teñen certo medo de arriscarse con propostas que son diferentes do se se leva, do que está de moda

No seu proceso de investigación, Maritxu Alonso atopouse  co mesmo problema nos rexistros documentais sobre Voces de Ultratumba. “As recensións de xornais e revistas só fan alusión, como se fosen extraterrestres, ao feito de que sexa unha banda composta integramente por mulleres. Facían mención á súa forma de vestir e ao seu xeito de comportarse. Non hai entrevistas que falen en profundidade do tipo de musica que fan, como compoñen nin á súa creatividade ao redor das letras. Isto é algo que se repite porque continuamos lendo nas noticias de hoxe e adoitan repetirse os temas de maternidades. Non entanto, tampouco vexo que aos homes se lles fagan preguntas sobre como concilian a súa vida artística coa súa vida familiar”.

A vida despois da Movida

A pesar das dificultades e das trabas que continúan a obstaculizar tanto o acceso á escena musical, como a difusión dos seus proxectos de música punk feita por mulleres, o espírito central de rebeldía e a necesidade de expresarse non sucumbiron ao peso do machismo. Case 40 anos máis tarde do inicio da Movida, Linda Lamarr impulsou dous novos proxectos musicais: Heroínas, que xordeu hai case sete anos e toca principalmente punk, e Anti-mums, unha banda máis recente máis inclinada ao rock.

Chus Taboada. Fotografía actual de Maritxu Alonso
Chus Taboada. Fotografía: Maritxu Alonso

Para Lamarr, Heroínas, grupo ao que tamén se integran Coral Alonso, Beatrize e Indy Tumbita, distínguese polo seu “discurso principalmente poético que emana melancolía”. Ambos proxectos reivindican que non fai falta ter 20 anos para formar parte do mundo musical da subcultura, xa que as integrantes das bandas pasan dos 50 anos. Con todo, este factor da idade volve a revelar os intereses capitais e a estreiteza do mercado musical. Lamarr destaca que os anos que leva percorridos coa banda Heroínas, foron complicados porque “os selos discográficos prefiren grupos de xente nova e semella que teñen certo medo de arriscarse con propostas que son diferentes do se se leva, do que está de moda. Entón é un pouco máis difícil. Pero nós sentimos a necesidade de expresarnos a través das nosas cancións e de darnos a coñecer”.

 Temos que valorar propostas que saquen das sombras a todas as persoas de identidades non normativas

Coral Alonso engade que, en termos xerais, a recepción da música é boa, pero que ningún selo discográfico “se atreve a poñer cartos para sacar o proxecto adiante e facer un disco. Parécelles que temos unha proposta moi interesante, pero non saben que facer con nós. Buscan grupos de xente nova. As disqueiras queren bonecas que bailen ben”. Así, a discriminación de xénero que limitaba e continúa a limitar os proxectos musicais tanto de Coral Alonso, como de Linda Lamarr, agora tamén se empalma cunha discriminación baseada na idade.

Por unha escena máis diversa

Esta aparentemente eterna falta de diversidade na escena musical é unha das causas que motivaron a Maritxu Alonso a rescatar do esquecemento ás artistas punkis de identidades non normativas a través do espazo de activismo musical e autoedición feminista, Uterzine: “Necesitamos diversidade en todos os aspectos. Xa non só falo do xénero, senón tamén de identidades sexoafectivas, de diversidade étnica. Onde está o colectivo xitano ou as persoas trans? Temos que valorar propostas que saquen das sombras a todas as persoas de identidades non normativas, porque todos os medios de comunicación ou todas as bandas famosas están coaptadas por homes brancos cisheterosexuais. Aquí hai algo que estamos a facer mal porque a sociedade non é así”.

Chus Taboada, agora retirada oficialmente do mundo musical e traballa no ambito da psicoloxía, reflexiona sobre as pegadas que deixou a súa traxectoria con Voces de Ultratumba, que posteriormente mudou a chamarse La Traición, na historia da música na época da Movida: “Daquela, eu xa sabía que estabamos a facer algo importante nalgún sentido. Fomos o primeiro grupo en Galicia composto integramente por mulleres. Só por iso é importante. Porque moitas veces se fala do punk e do gótico como se fosen cousa de homes, cando non é así. Nese sentido, penso que é importante que as novas xeración saiban o que pasou dalgunha forma máis fiable”.

Transxenéricas. Archivo de la banda compostelana
Transxenéricas. Foto: arquivo da banda.

Maritxu Alonso emprega a súas enerxías en axudar no proceso de reconstrución da historia do punk, para encher os baleiros que, até hoxe, continúan a crear unha imaxe da escena musical segada polo machismo e os intereses capitais. “O que está claro é que sempre estivemos alí e que continuamos a estalo, o caso é que non se nos recordou de igual maneira. Por iso, en Uterzine o que tento é rescatar estes testemuños como por exemplo, a través do fotolibro sobre Chus Taboada, porque a historia estase a perder e elas ten moito que dicir, ou a través do recopilatorio musical “No más punkis muertas”, un vinilo creado co obxectivo de visibilizar e facer homenaxe ás antecesoras da escena do underground non normativo.

Mentres tanto, malia as dificultades, as mulleres continúan a manter vivo o punk. Na Galiza, as integrantes de Heroínas, están a piques de gravar o seu primeiro disco.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.