Feminismos
“En calquera ámbito do audiovisual hai mulleres especialistas”

Eire García, Miriam Carril e Mariña López, creadoras de Corentena Producións, presentan o 6 de xullo a súa nova webserie Monstras na súa canle de Youtube.

monstras webserie I
Corentena Producións. Ivana Pardal
3 jun 2020 13:00

Corentena Producións é unha produtora feminista, composta só por mulleres e en galego. Eire García, Miriam Carril e Mariña López son as tres creadoras deste proxecto, que nace coa intención de recordar que as mulleres forman parte de toda a cadea de produción no ámbito audiovisual, e non só de onde o patriarcado as quere colocar. O próximo día 6 de xullo estrean na súa canle de Youtube o seu novo proxecto, MONSTRAS, unha webserie feminista e en galego de cinco episodios que prometen “que vai estar xenial”. Ampliamos a entrevista que lles fixemos hai uns meses para que falen deste novo proxecto.

Que é Corentena Producións e como empezou?
Somos tres mulleres que nos coñecemos militando no feminismo. Aí fixémonos amigas e decatámonos de que todas tiñamos inquedanzas artísticas: Eire viña do mundo audiovisual, Miriam de Historia da Arte e Mariña da Arte Dramática. De aquí xurdiu a idea de facer unha curtametraxe experimental, Azul Eléctrico. Con esta curta decatámonos de que, sen ter un proxecto e nome detrás que fiara todo, era moi difícil presentarse a festivais e facernos visibles. Tras esta curta, creamos a Triloxía da Rabia, da que fixemos o primeiro volume, A dor. Despois, As Mulleres Salvaxes, coa que tomamos máis peso. Esta última curta, máis profesional, sacámola xa co selo de Corentena Producións, polo que se pode dicir que aí naceu oficialmente, no 2018.

Por que o nome de Corentena e as máscaras da peste?
Falando xurdiu a idea da peste como heteropatriarcado e da máscara como protección fronte a el. Queriamos facer a analoxía dunha sociedade que está enferma, co símbolo da máscara como a marca das mulleres que resisten, moi na liña do noso discurso.

En As mulleres salvaxes escollestes o baño porque é un refuxio. Pódese dicir que Corentena é un refuxio tamén?
Si. Ao final cando queres traballar en algo deste tipo, o que queres é estar cómoda e buscas ese refuxio, xa que hai determinados temas que non poderiamos abordar igual habendo homes. Pero tamén é unha cuestión política. Demostrar que en calquera ámbito do audiovisual hai mulleres especialistas, e non só na produción ou na maquillaxe. Tamén está o feito de formar rede, crear conexións con outras mulleres que fan audiovisual.

Queriamos facer a analoxía dunha sociedade que está enferma, co símbolo da máscara como a marca das mulleres que resisten, moi na liña do noso discurso.

Como é a resposta social?
Recibimos moito apoio polo xeral, hai moitas mulleres con ganas de que isto se leve ao cabo. Pero, ao mesmo tempo hai resistencias. Cando sacas un discurso deste tipo, sempre vas atopar persoas ás que non lles parece ben. Con todo, pretendemos que cree debate.

E as vosas temáticas?
Ata agora as temáticas xiraron en torno a temas persoais: cousas que nos pasaron a nós ou a mulleres que coñecemos. Estas temáticas son do que máis nos interesa falar a nivel político porque normalmente a nosa voz non se escoita, ou non do xeito que se debería. A violencia é, por exemplo, un tema moi transversal nos nosos proxectos, pero está tratado dunha forma diferente: non é a violencia que reciben as mulleres, senón a forma en que as mulleres poden facer uso desa violencia, como as ve a sociedade e como se senten elas ao facelo. As mulleres salvaxes, por exemplo, é unha curta que fala da violación, pero ti non ves o que pasa antes ou despois, só ves a conclusión, como as amigas reaccionan á información que dá a protagonista.

E en galego.
É outro piar, outra postura política. Entendemos que o galego é a nosa lingua, conforma o noso imaxinario. Queremos amosar que se pode facer cultura en galego de calidade, con todas as súas particularidades. No audiovisual faltan moitas historias por contar na nosa lingua, queremos contribuír a crealas.

Cartel Monstras Webserie
Cartaz da webserie MONSTRAS

Podedes falar de MONSTRAS, o voso último proxecto?
Este é un proxecto no que levamos traballando infinito tempo ou esa e a sensación que temos. O proceso de escrita do guión comezou cando se estaba rematando o proxecto anterior, a curta As Mulleres Salvaxes no 2017. No 2018 nace Corentena e comezamos coa preprodución de MONSTRAS, e finalmente imos estrear a mediados de 2020, así que imaxínate...Ao ser esta unha produtora pequena e as nosas vidas precarias, non podemos dedicar o 100% do noso tempo porque temos que comer, e Corentena por agora non cubre isto. Ademais diso, a dificultade de atoparnos as tres vivindo en distintos lugares. Loucura absoluta e grande aprendizaxe, sabemos optimizar os tempos ao máximo, ao comezo embarrabamos moito, como agora respostando a esta pregunta.

Volvendo ao fío do que falabamos este proxecto leva xestándose moitísimo tempo, xa que son moitas as cousas que tivemos que facer antes de gravar, e con tan poucos medios o labor vólvese máis arduo se cabe. Non é unha queixa, somos conscientes de que non ser ninguén permítenos facer o que nos dá a gana. Facer o que nos dá a gana é o que nos gusta. Quen pode facer o que lle dá a gana? Quen pode soñar unha historia sen que ninguén a censure? Facer real algo que está na túa cabeza, darlle forma? Pouca xente. Estamos agotadas a tódolos niveis pero somos afortunadas.

E a nivel técnico, en que consiste a serie?
MONSTRAS é unha webserie de cinco capítulos, a primeira webserie feminista en galego feita por unha equipa integramente formada por mulleres. Non é peccata minuta. Cada capítulo leva por título unha emoción, a que predomina nesa parte da historia. Se contamos de que vai destripámola así que, coma sempre dicimos sobre o argumento de MONSTRAS,  pouco podemos dicir máis que: catro mozas chegan de madrugada á casa da amiga dunha delas. Aconteceu algo do que non poden falar.

A temática de MONSTRAS?
Os temas sobre os que xira a historia son, principalmente, a sororidade e a violencia exercida polas mulleres como autodefensa nun sistema heteropatriarcal que nos afoga. Estes son os temas que centran sempre os nosos traballos aínda que poidan estar salpicados de outros. Poderíamos seguir toda a vida falando sobre isto e aínda nos quedarían puntos de vista e reflexións novas que tirar destes dous temas. Parécenos necesario crear referentes audivisuais galegos nos que estes temas sexan centrais. Do mesmo xeito que nos parece necesario facer ver que montar un proxecto audiovisual cunha equipa formada só por mulleres é posible. Nós o vivimos tamén como unha necesidade propia, estamos máis cómodas traballando así. Non quere dicir que non vaian existir conflitos pero o clima que se crea na gravación é ben distinto. Aínda que esta sexa unha motivación de peso suficiente para facelo, a outra é demostrar con feitos que se pode, e que se se decide non incluír a máis mulleres nas equipas e porque non se quere. Fin, non hai máis, non serven escusas. Parece mentira que, a  estas alturas, teñamos que andar dicindo obviedades como que hai profesionais mulleres en tódolos postos do audiovisual que están máis que preparadas. Enton? Cal é problema? Por que hai profesións no audiovisual tan masculinizadas? A resposta a nós parécenos evidente.

Os temas sobre os que xira a historia son, principalmente, a sororidade e a violencia exercida polas mulleres como autodefensa nun sistema heteropatriarcal que nos afoga. Estes son os temas que centran sempre os nosos traballos aínda que poidan estar salpicados de outros

Despois de tanto traballo, como vos sentides ante a estrea?
A estrea fainos sentir de moitas maneiras: felices por ver que isto que levamos proxectando tanto tempo vai pasar, nerviosas por ver que acollida ten e aliviadas por poder pechar unha parte importante deste proxecto, xa que, unha vez que o lancemos ao mundo, o proxecto vai ter algo así como vida propia. Nós estamos orgullosas do resultado, pensamos que é un traballo de calidade, sobre todo tendo en conta os medios que eran moi limitados, cremos ademais que un proxecto novidoso tanto no contido como na forma. Agardamos que remova, que cree debate, que non deixe indiferente.  A webserie estréase online na canle de YouTube de Corentena Producións o luns 6 de xullo e cada día desa semana estréase un capítulo: de luns 6 a venres 10 tódolos días ás 20:00 h. Máis adiante, proxetarémola en distintos espazos. Polo de agora esta segunda fase preséntase incerta con isto da pandemia.

 E falando de pandemia, que pensades de que durante o peche se considerase a cultura como actividade 'non esencial'?
Unha merda, que nos vai parecer. A merda de sempre. A cultura na cola, e así estamos. Até que non comprendamos como sociedade o valor da cultura nada vai mudar. A cultura non é un gasto, é unha inversión. A vida non debería ser só traballar, comer, cagar, durmir, traballar, comer, cagar, durmir....como autómatas nun terrible bucle que só nos leva a producir para outros, deixando a nosa saúde e o noso tempo en... que? O motivo de aceptar este modelo é a falta dunha educación diversa que nos permita ser críticas con todo e construtivas na mesma dose. Crear outros mundos posibles, un no que sexamos felices. Para nós ter a posibilidade de consumir cousas non é ser felices. É un placebo que nos adormece, a nós ás primeiras. Como mudamos isto? Coa educación, invertindo en educación e a cultura tamén o é ou o debería ser. Non podemos ter só un cultura que se fabrica en serie. A cultura ten que ser tamén diversa, mostrar distintos puntos de vista, ser accesible a todas tanto para disfrutala como para facela.

E sobre a crise?
Facer cultura neste sistema é unha carreira de obstáculos. E o obstáculos están moi ben colocadiños, non apareceron aí por casualidade. Esta crise non é nova, ben de lonxe. Ollo con pensar que isto ben co tema do coronavirus, non sexamos inxenuas. A crise estivo sempre só que agora comeza tocarlle tamén as élites da cultura e entón dáselle máis voz a esta situación que a meirande parte das artistas xa estabamos vivir. Da igual os parches que se poñan pola pandemia, a reforma ten que ser estrutural ou non facemos nada. Somos optimitas? Non. Como o imos ser neste sistema capitalista e heteropatriarcal? Estaríamos cegas se o fósemos.

Da igual os parches que se poñan pola pandemia, a reforma ten que ser estrutural ou non facemos nada. Somos optimitas? Non. Como o imos ser neste sistema capitalista e heteropatriarcal? Estaríamos cegas se o fósemos

Agora ben, que teñan que cambiar moitas cousas non quere dicir que non vaiamos traballar na dirección de que as cousas muden para a cultura galega e para tódalas artistas que merecen vivir dignamente da súa profesion. Solución? Seguramente haxa moitas e así debe ser. Son moitas as que estan facendo crítica e pedindo que as cousas sexan doutro xeito. Cada unha dende o lugar dende o que se sinte cómoda e, cada unha, habitualmente, dende a súa disciplina. Humildemente pensamos que para sumar máis, para conseguir obxectivos verdadeiramente transformadores, habería que unirse e facelo de forma sostida no tempo. Entender que loitar por unha cultura diversa, de calidade, con condicións dignas para as traballadoras é algo que nos beneficia a todas. Non podemos loitar polas migallas que deixan catro por medo a non ter nin iso. É dificil, da medo, pero isto non nos debería paralizar. Por tanto, a solución é a de sempre.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Feminismos
Archivo audiovisual Precursoras en una genealogía insumisa: cuando las feministas tomaron las cámaras y salieron a las calles
Una exposición en la Filmoteca de Catalunya recupera el legado vivo del primer archivo audiovisual feminista de la historia, el Centre Audiovisuel Simone de Beauvoir, fundado en París en 1982.
Violencia machista
Servicio gratuito Urtasun estrena la unidad de prevención y atención contra las violencias machistas en la cultura
El Ministerio de Cultura y la Academia de Cine inauguran un servicio de primera atención para casos de violencias machistas en el ámbito laboral del sector audiovisual y cultural.
Inteligencia artificial
Inteligencia Artificial Un manifiesto denuncia la desprotección de artistas y trabajadores culturales frente a la IA generativa
Asociaciones de autores, artistas y trabajadores del sector audiovisual, del libro y las artes escénicas presentan un manifiesto que pide al Gobierno protección ante “los abusos de las empresas de Inteligencia Artificial”.
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel esta madrugada
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Comunidad de Madrid
Fin a la privatización Un tsunami marcha por Madrid por la gestión totalmente pública de los servicios a la ciudadanía
La plataforma Tsunami por los Servicios Públicos nace este domingo para aglutinar a decenas de organizaciones sociales que quieren hacer frente al “modelo neoliberal de destrucción masiva de los derechos humanos y sociales”.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huida del dictador.
Gobierno de coalición
Consejo de Ministros Ángel Víctor Torres anuncia que tiene cáncer, pero seguirá al frente del Ministerio de Política Territorial
Reducirá su agenda como titular de Política Territorial en las semanas previas a una operación a finales de abril. Fuentes ministeriales dicen que la enfermedad “va bien” y “tiene solución”.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya Para vivir bien
“Para vivir bien hacen falta plantas, profe”, dijo una alumna. Esa frase es una forma de recordar que para vivir bien no es suficiente con levantarte cada mañana y meterte en el metro con los ojos pegados al sueño de estar en otra parte.
Tribuna
Tribuna La celulosa y la mina son el modelo industrial del Partido Popular
Es fundamental que tejamos una red social transversal en la sociedad capaz de unir a sectores diferentes que sean capaces de aglutinarse en un movimiento social alrededor de un denominador común: la defensa de nuestro territorio.
Turquía
Contra Erdogan Turquía en las calles: cae el muro del miedo a las movilizaciones
La detención del principal rival político de Erdogan ha provocado protestas masivas en todo el país que amenazan con convertirse en movilizaciones generales de descontento contra el gobierno.
Más noticias
Finlandia
Reducción de GEI De sumidero de carbono a emisor de gases: los bosques en Finlandia ya no capturan CO2
El 74% de la superficie del país nórdico está cubierto por árboles. Los bosques funcionaban como sumidero de carbono, pero han pasado de capturar 28 millones de toneladas de dióxido de carbono a emitir 1,2 millones de toneladas de este gas.

Recomendadas

México
EZLN Genealogía del “común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.
Galicia
Galicia Galicia vuelve a la calle contra la celulosa de Altri, Greenalia y la Xunta: el desastre natural, en datos
Cientos de barcos y decenas de miles de personas están llamadas a participar este sábado en una manifestación en A Pobra do Caramiñal, uno de los municipios de la ría de Arousa, donde desemboca el río Ulla, el más afectado por la pastera.
Literatura
Millanes rivas “El 25-M nos facilita generar una comunidad y creo que ‘Paisaje nacional’ contribuye a ello”
Un encuentro con el escritor Millanes Rivas a propósito de su novela ‘Paisaje nacional’, con Extremadura, su historia herida y el 25 de marzo de fondo conversado.