Desahucios
Impunidade urbanística na Zapateira

Falamos cunha das persoas que leva alugando dende hai 17 anos un galpón ilegal, sen condicións mínimas de habitabilidade e salubridade, construído nunha das fincas con vivendas unifamilares do barrio coruñés da Zapateira. Este residente está pendente dun proceso de desafiuzamento previsto para finais do mes de febreiro.

Zapateira 1
Imaxe área do barrio da Zapateira onde se ve o predio no que leva residindo Vicente dende hai 17 anos cos galpóns ilegais ao longo do muro rodeando á vivenda principal tamén chabolizada. Foto: Google Earth
14 ene 2020 08:00

Era outubro do ano 2008 cando grazas a un estudo da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), coordinado polos profesores Xosé Lois Martínez, José Manuel Vázquez e Plácido Lizancos da Universidade de Coruña (UDC), se coñecía unha realidade durante anos soterrada: as chamadas “infravivendas universitarias”. Trátase de galpóns de entre 12 e 18 metros cadrados de superficie útil, construídos de xeito ilegal dentro de predios con vivendas unifamiliares, situados xunto dos elevados muros medianeiros ou ocultas tras grandes tullas, para que sexan difíciles de detectar dende fóra. Nesa altura, as persoas propietarias alugaban eses espazos a estudantes da UDC ante a falta dunha residencia pública universitaria —finalmente inaugurada no ano 2019.

Un deses estudantes era o noso entrevistado, ao que chamaremos Vicente González. Chegou a esa zona de predios, da contorna das rúas Burdeos, Nueva York, Torino, Mónaco, Roma e Ana Mogas —moi perto do Campus da Zapateira—, no ano 1996 a través do seu irmán que estudaba arquitectura. “Ao inicio cheguei a unha infravivenda da rúa Ana María Mogas Fontcuberta, porque meu irmán comezara a estudar aquí uns anos antes ca min e atopara este sitio. Nós somos de Monforte. Daquela aínda non estaba construído onde estou residindo agora... Aos catro anos construíron isto todo”, comenta sinalando no plano os dous predios contiguos nos que reside agora. “Entón mudeime para onde estou agora. Todo isto xestionábao o caseiro que teño agora, que xa faleceu. Agora é a viúva, a filla e a súa parella os que o levan; ben... porque o irmán do caseiro está en Suíza. Logo chegou de Suíza a filla do irmán do caseiro, que comezou a facernos a vida imposible xa daquela. Entón marchei a onde estou agora —propiedade do mesmo caseiro— no ano 2003. Moita xente cambia comigo de predio, o meu irmán tamén. Posteriormente constrúen outras catro chabolas neste outro predio do lado que tamén é deles, da mesma familia. En total levo onde estou agora case 17 anos residindo”, conclúe.

No barrio da Zapateira é a lei da selva, non hai nada de control en palabras dun vello funcionario de urbanismo do Concello xa retirado

Convén destacar que o barrio da Zapateira é un dos de maior poder adquisitivo da cidade herculina. Con numerosas vivendas unifamiliares de varios pisos e con extensos predios, un exclusivo clube de golf é produto dunha planificación urbanística que, en palabras dun vello funcionario do Concello xa retirado, “é a lei da selva, non hai nada de control.” Pois ben, unha década despois de ser presentado o informe universitario, con bastante rebumbio na prensa, nada sucedeu. Pese a que o Concello —no momento rexido polo PSOE e sendo concelleira de urbanismo Mar Barcón— falase de sancións e do derrubamento inmediato destas precarias construcións, logo dunha disputa coa Xunta para ver que administración tiña competencias sobre esta situación, todo segue igual.

MÁIS DUNHA DÉCADA DE IMPUNIDADE URBANÍSTICA

Na investigación da ETSAC realizada en 2008 identificáronse 97 módulos de infravivenda repartidos en 10 parcelas na área da Zapateira. Na actualidade noutro estudo recente da arquitecta Cristina Botana, tamén membro da ETSAC, realizouse unha comprobación da situación daquelas 97 construcións, verificando a súa continuidade e a súa ocupación. A pesar dos expedientes abertos e a prohibición de utilizalas como residencia por non cumpriren coas condicións mínimas de habitabilidade e salubridade, conclúese que o feito de permitir a existencia desas infravivendas ten lexitimado non só a consolidación do negocio ilegal, senón a aparición de novos conxuntos noutras parcelas próximas da zona.

Deste xeito, na actualidade identificáronse 104 chabolas da mesma tipoloxía na área da Zapateira. É dicir, non só non se derrubaron os módulos como anunciara o Concello hai xa máis de 10 anos, senón que aumentaron. O que si mudou é o perfil das persoas que alugan estas infravivendas. Xa non hai universitarios. “Agora maioritariamente somos traballadores, antes eramos todos estudantes. Ben, fican dous estudantes, o demais somos traballadores pobres, camareiros, repartidores de pizza, traballadores por horas, persoas adultas solteiras que non temos ganas de compartir un piso con descoñecidos. Hai ata un policía, pero ven de cando en vez, non está sempre”, comenta Vicente.

Zapateira 2
Vista da entrada das infravivenda onde se pode observar claramente a humidade nas paredes. Foto: Vicente González.

En todos estes anos non lle fixeron un contrato. Pasan todos os meses a cobrarlle en man o que paga por mes. “Agora estou pagando 130€ (antes pagaba 120). Date conta que estas chabolas non teñen cédula de habitabilidade, nin a poden ter, polo que non poderían ser alugadas. Calquera tipo de contrato, sexa verbal ou escrito, é ilegal. Eu sempre o fixen todo verbal coa caseira actual, que é a muller do primeiro caseiro que tiven”, continúa Vicente González. “Agora manteño relación con ela pero quen leva todo é a parella da súa filla, un garda civil en excedencia que chegou no 2016. Esta familia en total ten 4 fincas con máis de 40 módulos, porque incluso algunha das vivendas unifamiliares tamén as teñen chabolizadas por dentro”, finaliza.

AS PRECARIAS CONDICIÓNS CHEGAN ATA A EXTORSIÓN

Falamos con Cristina Botana, arquitecta que está seguindo este caso e autora do último estudo realizado —financiado pola Deputación da Coruña e feito público o pasado mes de outubro—. Segundo os seus cálculos, os ingresos que obten esa familia polo aluguer dos alomenos 38 módulos repartidos nas distintas parcelas da súa propiedade, xira en torno aos 130.000€ anuais aproximadamente. Na actualidade os módulos pequenos, como nos que vive a nosa testemuña, son alugados por 220€ ao mes e os que son un pouco máis grandes —18 metros cadrados— por 320€ ao mes coa auga incluída. Nese sentido Vicente González comenta: “A luz cóbrana á parte e, ademais, revéndena a 0,2€ quilovatio-hora”. No mesmo sentido afirma que “a conexión wifi é nosa, a instalación fixémola nós antes de que morrera o caseiro, co seu permiso. Pero cando chegou a súa filla co seu marido cortounos a conexión por fibra que pagaramos nós e ofreceunos outra, gratis ao inicio. Pero faille un filtrado MAC e estou sen conexión dende hai tempo. Logo tamén me deixou sen conxelador, pois nos módulos temos soamente neveira e hai unha zona común coa lavadora e o conxelador, pero o ten pechado con chave e non o podo usar.”

Zapateira 3
Gráfico do emprazamento dos conxuntos de infravivendas (marcadas en vermello) situados en 12 parcelas elaborado por Cristina Botana para o seu estudo.

Deste xeito os propietarios o que pretenden é que este inquilino marche, pois está pagando pouco para o que na actualidade lle poden sacar a un módulo como no que el reside. Ademais disto tamén o denunciaron por unha suposta agresión pola que foi condenado. Todos os meses ten que pagar unha multa tras chegar a un acordo co xulgado, pois está case sen ingresos. “É o terceiro xuízo que teño con eles en base a mentiras, están empregando as denuncias no xulgado como unha forma de acoso para botarme. Ogallá me puidera ir, pero sen emprego non teño a onde ir. Estou bastante fodido”, afirma o inquilino.

Dende o Salto Galiza tentamos contactar coa caseira, ou ben coa súa familia, pero non quixeron facer ningún tipo de declaracións e non nos deixaron visitar as parcelas. Novamente, segundo o testemuño deste inquilino, está familia foi ampliando ao longo dos últimos 20 anos as fincas e os módulos para alugar, pouco a pouco e ao calor da necesidade dunha residencia universitaria que non chegaba.

POSIBLES SOLUCIÓNS ANTE TANTO ABUSO

En todos estes anos Vicente non viu que ninguén do Concello se achegase a realizar unha inspección, nin sequera hai 10 anos cando todo isto saíu na prensa e a Administración Local prometera tomar medidas, incluso derrubar estas construcións. Segundo nos comenta esta persoa, o resto de inquilinos que alí residen non queren falar porque “non queren que isto se saiba, pero eu levo moitos anos aquí, aturando os abusos desta xente e nunhas condicións sen salubridade, hai moita humidade na chabola, non temos servizos, nin supermercado, etc. Dende o 2016 que chega este home á familia —un garda civil en excedencia— están facendo contratos aos novos inquilinos, penso que están tentando cubrirse as costas no tema legal.”

En todos estes anos Vicente non viu que ninguén do Concello se achegase a realizar unha inspección

Na actualidade, Gónzalez ten un xuízo pendente por falta de pagamento, que o mais seguro é que remate nun desafiuzamento a finais do mes de febreiro. Segundo os arrendadores non paga dende hai 9 meses. “Eu si que lles paguei o aluguer, pero claro non teño como demostralo, porque no seu momento cando comezaron os problemas si lle pedía á caseira que me dese un recibí, pero dende xuño de 2018 non me dan nada.... Entre o meu irmán e eu poderiamos ter pagado un piso, de feito ese sería o meu soño, poder pagar o aluguer dun piso na cidade, conseguir un traballo”, comenta.

Para Cristina Botana a situación de impunidade urbanística ten que rematar na Zapateira e se ten que declarar esa zona de predios como unha máis das que existen como asentamentos precarios na cidade, pois “se ti sacas de alí a todas estas persoas que están residindo sen unha alternativa de habitabilidade e sen tomar medidas, a situación vaise reproducir como xa vimos durante os últimos anos. Esta situación persiste porque o Concello non garante o dereito a unha vivenda asequible e xorden aquelas persoas que se aproveitan. Por iso marcharon universitarios, pero apareceron traballadores precarizados”, afirma a arquitecta.

Faise cada vez máis preciso un banco de vivendas públicas que poidan garantir alugueres a prezos asequibles

Deste xeito, continúa Botana, “se conseguimos que se declare como un asentamento precario, como pasou no Portiño, nas Rañas ou na Pasaxe, as persoas afectadas poderían entrar dentro do Plan de Hábitat Digno que deixou en vigor o goberno na Marea Atlántica e que garante unha serie de dereitos despois de tantos anos que leva alí pagando un aluguer. É dicir, as políticas públicas de vivenda son bastante ineficaces e non son capaces de atender situacións coma a desta persoa, que non ten ingresos, nin traballo, etc. Por exemplo se entrara dentro dese plan, os servizos sociais poderían parar o desafiuzamento, para que esta persoa puidese organizar a súa saída, buscar unha alternativa e non quedar na rúa dun día para outro. Tamén se lle daría seguimento e entraría dentro dun programa de acompañamento que lle permitise saír desa situación de precariedade na que vive.”

Este caso está sendo investigado de xeito multidisciplinar dende diversas institucións e colectivos da cidade, entre eles Stop Desafiuzamentos, coa intención de clausurar estas infravivendas da forma menos prexudicial para as persoas que viven nelas. Trátase dun problema que podería ir a máis tendo en conta a dificultade de acceso á vivenda na cidade e a precariedade laboral dos contratos na actualidade, que fai cada vez máis preciso un banco de vivendas públicas que poidan garantir alugueres a prezos asequibles na cidade de A Coruña.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Barcelona
Derecho a la vivienda Primera conquista del 5A: acuerdo para regular los alquileres de temporada en Catalunya
El Govern junto con ERC, las CUP y Comuns pactan una ley que regulará los alquileres de temporada y por habitaciones, y creará un cuerpo de inspectores de vivienda, medidas pioneras en España.
Madrid
Derecho a la vivienda Ocupan una sede de Blackstone para pedir una solución para Virginia, obligada a vivir entre goteras
La Agencia de Vivienda Social de la Comunidad de Madrid y Blackstone “se pasan la pelota” y se niegan a dar soluciones al caso de una vecina de Tetuán con graves problemas de salud que lleva siete años viviendo en un piso público en ruinas.
#46140
21/1/2020 15:31

Eu son outro morador. E cada un sabe con quen ten problemas e con que. Eu neste caso so teño boas palabras cos donos, responden a calqueira incidencia e temos neveira conxelador, termo cociña, baños, cama, sofa de todo. A asociación de veciños, todos pouco acaudalados, claro. Din que son pocilgas, e que temos salarios precarios. Hai de todo profesores, estudiantes, deportistas, cos seus salarios dignos e non son pocilgas, pocilga serán como teña a sua casa cada quen...
Aquí o que pasa que che hai moito listo.
Vivimos dignamente e hay cousas moito peores por ahí adiante. O que vos pido é respeto, aqui ninguen nos preguntou aos demais, pero saen as nosas vivendas nas fotos e prensa e con esas afirmacións que non son. Todos temos contrato e referencia catastral.

0
0
#46042
17/1/2020 17:35

Abuso?... Seguro que ése tal "Vicente" tiene más que agradecer que criticar.

0
0
#46041
17/1/2020 17:31

Soy un morador de esto que ustedes llaman "infraviviendas". No tengo por qué acusar ni defender a nadie.
En toda mi vida llevo por norma infranqueable respetar a todo el mundo, y lo seguiré haciendo.
Pero hay cosas que no puedo dejar pasar por alto. Y son las mentiras que se vierten en este artículo, o como ustedes tengan a bien llamarle, en base a la información que les proporciona una persona que ustedes dicen
moradora también en este lugar, al cual podrían ponerle nombre, porque todos sabemos quien es; y si no lo
supiéramos, el mismo se ha presentado en éste artículo al contarles "sus cosas".
Habría mucho que decir y rebatir sobre todo lo que les cuenta éste señor (por todos conocido).
La habitabilidad y la insalubridad, no dependen solamente del lugar sino, y muy mucho, también de quien
habita en él.

0
0
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.