Crónica
O 15 de agosto foi o día máis triste da miña vida

Hai un ano, o 15 de agosto, propagouse a noticia da chegada dos talibán ás portas de Kabul. Ese día eu estaba na cidade coa miña familia e lémbroo perfectamente.
Refugiados Afganistan Talibanes
Unos 400.000 afganos se han visto obligados a abandonar sus hogares desde principios de año. © ACNUR/Edris Lutfi
Tradución: Elena Martin
15 ago 2022 12:12

Agora que escribo este texto, vivo nunha cidade chamada Ourense. Vai unha calor extrema. Abro o meu portátil nunha esquina da habitación e rememoro eses días escuros da chegada dos talibán a Kabul, así como os días difíciles no aeroporto da cidade.

Algunhas veces, pensar neses días pertúrbame moito e, en ocasións, mesmo o son dunha ambulancia pasando pola cidade tráeme recordos das explosións. Outras veces, cando escoito os fogos de artificio, recordo os disparos e a guerra.

Nas últimas décadas, Afganistán estivo en guerra repetidamente. O motivo de máis relevancia para esta realidade é a presenza do grupo terrorista talibán.

O movemento talibán foi fundado no ano 1994 na cidade de Kandahar, en Afganistán. Está organización terrorista tomou pola forza Kabul en 1996, e mantivo o seu poder ata o 2001, ano no que foron derrotados polas forzas da OTAN, dirixidas polos Estados Unidos.

Coa derrota dos talibán, formouse un novo goberno en Afganistán, e moitas persoas refuxiadas afganas regresaron ao seu país. Pero os talibán retomaron as súas agresións de novo uns anos despois, sobre todo mediante ataques suicidas cos que mataron a miles de cidadáns afganos nos últimos 20 anos.

Agora, eses mesmos terroristas que cometeron tantos crimes, formaron goberno en Afganistán. Entraron en Kabul o 15 de agosto do ano pasado. Ese día todo o mundo tiña medo. Todo o mundo buscaba unha ruta de escape. Todo o mundo sabía que os talibán eran brutais*.

Eu, en realidade, nunca imaxinei que os talibán puidesen entrar en Kabul, pero Afganistán fora vendida nun acordo político entre os Estados Unidos e a organización terrorista talibán. De feito, venderon a todas as persoas afganas.

O 15 de agosto do ano pasado foi o día máis amargo da miña vida e o de moitos afganos e afganas. Mentres pasan os días, as semanas e os meses, aínda non podo crer que Kabul estea en mans de terroristas.

Despois da chegada dos talibán, todo o mundo buscada un xeito de escapar. Moitas persoas fuxiron a Irán e Pakistán. Tras a presenza dos talibán, EE.UU tiña o control do aeroporto de Kabul a través dun acordo co cal podían salvar os seus amigos afganos.

Despois de moitos días difíciles, eu e a miña familia puidemos entrar no aeroporto de Kabul, pero como non cooperara coas forzas internacionais no pasado, non tiñamos posibilidade de marchar de Afganistán ata que un reporteiro de Chile me chamou. Preguntoume se lle podía conceder unha entrevista e veu á miña casa para facela. Tras a entrevista, recibín unha chamada do Estado español e enviaron, a min e á miña familia, unha invitación.

Neses días, era difícil entrar no aeroporto, mesmo con pasaporte, visado ou invitación. Miles de persoas esperaban fóra e as forzas estranxeiras só tiñan control do interior e non podían saír. Eu estaba en contacto co capitán español a través de WhatsApp. El sabía que o bebé recén nacido do meu irmán non podía soportar estar baixo o sol abrasador e intentaba axudarnos.

A situación fóra do aeroporto era terrible. Os talibán disparaban e golpeaban coas súas armas a calquera persoa que se achegase. Finalmente, despois de 48 horas, coa axuda das forzas do Estado español, puidemos entrar no aeroporto de Kabul. A diferenza dos talibán, o capitán e os soldados foron amables connosco e fixéronnos sentir benvidos. O capitán abrazoume e dixo: “Es un home forte e salvaches a túa familia. Queres axudarnos a salvar os teus compatriotas?”

Eu dixen que si por vontade propia.

Cooperei con eles no aeroporto durante tres días nos que axudamos a moitas persoas afganas. Foi unha situación moi difícil. Tivemos que atopar entre toda a xente a aquelas persoas que tiñan invitacións do Estado español.

Fun testemuña da axuda e rescate dos meus compatriotas. Fun o único civil que estivo cerca das portas do aeroporto cos soldados. Utilizaba o meu móbil para chamar a calquera persoa que tivese unha invitación do Estado español, buscábaos entre a multitude e púñaos en contacto cos soldados para que os axudaran.

O proceso continuou ata que me sobrepasei, debido á calor extrema e ás escenas desagradables que presenciei. Cando me volvín sentir mellor, quería seguir axudando, pero o capitán non me deixou. Pediume que fora xunto á miña familia, bebese auga e comese ata que me atopase mellor.

Fun coa miña familia, baixo o sol abrasador e esperamos un voo para marchar do país, instalándonos no espazo máis próximo á aeronave militar. Por fin, chegou o momento de marchar . Nese intre, mentres me dirixía ao avión militar, tiña unha sensación agridoce. Estaba feliz por salvar a miña familia, pero triste polo meu país.

Cando chegamos a Madrid, non podía deixar de pensar na miña irmá, á que deixaramos atrás, nas portas do aeroporto. Cando vin un post de Facebook no que se falaba dunha explosión no aeroporto de Kabul, entrei en choque. Pero finalmente, despois dun tempo, conseguín falar con ela. Estaba ben e fora capaz de escapar á súa casa tras a explosión. A mesma na que centos de persoas foron feridas e asasinadas, entre elas dous xornalistas amigos meus.

Dende cativo, son fan do Real Madrid e quería viaxar a Madrid, pero nunca imaxinei que viaxaría a esta cidade deste xeito: con roupa sucia, pelo descoidado e mesmo sen equipaxe. Estaba tan canso que esquecín que chegara a unha cidade que sempre quixera visitar.Este é o resumo da miña historia de migración.

Agora, un ano despois, quero dicir que son feliz de estar no Estado español. Un país con persoas amables e unha historia ancestral. Gústame a xente e quero empezar unha nova vida.

Estou aprendendo español. Pregúntome se un día poderei continuar o meu traballo xornalístico desde este país.

Perdino todo e quero recuperalo aquí. Fareino o mellor que poida para lograr os meus obxectivos.

Espero que un día a paz volva a Afganistán e as guerras rematen en todo o mundo.

Grazas á xente deste país. Que a paz continúe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Afganistán
Afganistán Mujeres afganas: vetadas de la vida pública, expuestas a la violencia sexual
La extensión de los matrimonios forzados por razones económicas, la disolución del Ministerio de la Mujer y el desmantelamiento de los albergues para víctimas han propiciado que estos crímenes se cometan cada día con mayor impunidad.
Análisis
Análisis Afganistán: el país de las prohibiciones
El régimen talibán aprobó una nueva ley que recorta todavía más los derechos de los pobladores, en especial las mujeres. Desde Occidente, las reacciones apenas tocan la tibieza.
Personas refugiadas
Personas refugiadas Entre dos mundos: voces afganas en Barcelona
Tres años después del retorno de los talibanes al poder, tres refugiados afganos comparten el relato de cómo consiguieron salir y cómo viven en la distancia el callejón histórico en el que parece inmerso Afganistán, después de 20 años de ocupación.
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Palestina
Palestina Egipto abre la puerta a un nuevo alto el fuego en Gaza con el visto bueno de Hamás y EEUU
A cambio de la retirada gradual de la tropas de Israel en la Franja, serían liberados cinco rehenes cada semana. El Gobierno de Netanyahu no se ha pronunciado y siguen los ataques contra población civil.
Residencias de mayores
Residencias de mayores Naces, creces, te reproduces, envejeces y sigues generando beneficios
El capitalismo extractivista emplea un ‘fracking’ similar sobre la última etapa de nuestras vidas: exprimir nuestra capacidad de producir beneficios hasta el último aliento.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
Ni hablar
Ni hablar La clase obrera no va al paraíso
La explotación se aligera con el relato torticero de la explotación y de los héroes del capital, y con la asunción íntima de que capitalismo y democracia son conceptos sinonímicos.
Comunidad de Madrid
Represión La Policía cita a seis activistas que participaron en el escrache a Espinosa de los Monteros en la Complutense
Acusan de delito de odio a activistas que participaron en una protesta en la Facultad de Políticas contra el exportavoz parlamentario de Vox. Fueron citados por la Policía el pasado 21 de marzo, más de un mes después del escrache.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo reclama al Ayuntamiento de Madrid que cierre y sancione los 15.200 pisos turísticos ilegales
El Ministerio de Derechos Sociales y Consumo, que dirige Pablo Bustinduy, entrega un listado de los 15.200 pisos turísticos sin licencia que operan en Madrid y pide a Martínez-Almeida que actúe contra ellos y sus propietarios.
Sanidad pública
Aragón La Atención Primaria de Zaragoza, en huelga
Los sindicatos convocantes denuncian el ‘decretazo’ autonómico, por ofrecer más servicios a la ciudadanía sin aumentar el personal contratado. Hay convocado un segundo día de paros el próximo 31 de marzo.

Últimas

Comunidad de Madrid
Fin a la privatización Un tsunami marcha por Madrid por la gestión totalmente pública de los servicios a la ciudadanía
La plataforma Tsunami por los Servicios Públicos nace este domingo para aglutinar a decenas de organizaciones sociales que quieren hacer frente al “modelo neoliberal de destrucción masiva de los derechos humanos y sociales”.
Opinión
Opinión Los eufemismos y el gasto militar
Los profesionales en la confección de los mensajes políticos y manipulación de la opinión pública han debido apreciar que el termino “rearme” era demasiado explícito y contundente y que podría provocar cierto rechazo.
Gobierno de coalición
Consejo de Ministros Ángel Víctor Torres anuncia que tiene cáncer, pero seguirá al frente del Ministerio de Política Territorial
Reducirá su agenda como titular de Política Territorial en las semanas previas a una operación a finales de abril. Fuentes ministeriales dicen que la enfermedad “va bien” y “tiene solución”.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Opinión
Opinión El último capítulo del genocidio
Israel ha comenzado la fase final de su genocidio. Los palestinos se ven obligados a elegir entre la muerte o la deportación. Lo que estamos presenciando eclipsa todos los ataques históricos contra los palestinos.
Más noticias

Recomendadas

México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huida del dictador.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.