O Salto Galiza
Avoa, o feo e o malo. Arxentina 1978. O outro mundial

Estela de Carlotto é a figura máis recoñecida das Avoas da Praza de Maio, un movemento que loita por atopar aos centenares de fillos e netos que foron secuestrados durante a ditadura militar arxentina de finais dos anos 70 e comezos dos 80. Apelan a un dos dereitos básicos do ser humano: o dereito á identidade.

Avóas maio 1
5 abr 2020 12:45

O 6 de xullo de 1966, Arxentina foi escollida sede para organizar o mundial de fútbol de 1978. Naquela Arxentina de 1966 habitaban: Laura unha nena de 11 anos de idade; René, un pibe que vivía na villa de Baixo Belgrano; tamén estaba “El Flaco”, un xogador na etapa final da súa carreira e que militaba no Boca Juniors; Jorge Rafael, un home que apenas uns meses antes ascendeu a Coronel no Exercito; e Emilio, outro militar en ascenso, neste caso na Marina. Non estaban Juan Domingo, ni María Estela, 11 anos no exilio separábaos no seu país. Finalmente, estaba unha muller de 35 anos de idade co nome de Estela de Carlotto, nai de Laura.

Estela era unha mestra arxentina que un día viu como era sorprendida pola vida. Acostumada a unha tranquila cotiandade, de súpeto, converteuse nunha incansábel activista política; á cabeza dun movemento que tenta reverter o dano causado por unha ditadura arxentina que sementou o terror en todo o país suramericano. Estela naceu o 22 de outubro de 1930, en Buenos Aires. Sempre quixo ser mestra. Os seus primeiros pasos como docente deunos como suplente nunha escola situada perto de La Plata, onde ela residía. Así transcorreron 17 anos; tempo no que pasou de ser suplente a interna, logo titular e, finalmente directora da escola.

Polo camiño, casou con Guido Carlotto, tiveron catro fillos (Laura, Claudia, Guido e Remo). Vivía os seus días tranquila, lonxe de calquera actividade política. O plan era simple: estar coa súa familia, ver medrar aos seus netos, desfrutar dos seus netos. Pero o 24 de marzo de 1976, unha Xunta Militar destituíu á presidenta María Estela Martínez de Perón e, con Jorge Rafael Videla á fronte, botou andar un plan coñecido como Proceso de Reorganización Nacional, que sementou o terror coas súas constantes violacións aos dereitos humanos, a desaparición, o asasinato, e o roubo sistemático dos fillos dos seus opositores. Segundo diversos cálculos, durante os máis de 7 anos que durou a ditadura militar (1976-1983), desapareceron 30.000 persoas na Arxentina.

O 24 de marzo de 1976, unha Xunta Militar destituíu á presidenta e, con Jorge Rafael Videla á fronte, botou andar un plan coñecido como Proceso de Reorganización Nacional

Por ese tempo, Laura, a filla maior da familia Carlotto cursaba profesorado de Historia na Universidade Nacional de La Plata e comezara a participar en política, sen o consentimento dos seus pais. Estaba participando na Juventud Universitaria Peronista. Hoxe Estela de Carlotto recorda como, pouco a pouco, foron decatándose que cada día desaparecían máis mozos e mozas, que eran levados en en autos sen placas, conducidos sempre por persoas armadas. Con esta situación Estela e Guido, tentaron sacar a Laura do país. A negativa da filla foi rotunda. Pero a pregunta que comezaba a facerse todo o mundo en Arxentina era: Cando nos vai tocar a nós?

Contan as crónicas que o xoves 30 de abril de 1977 un pequeno grupo de nais fixeron unha concentración na porteña Praza de Maio. A intención era pedir audiencia co presidente de facto, Jorge Rafael Videla, e esixir a aparición dos seus fillos con vida. Ante os ouvidos xordos, a indiferenza e a orde dun dos oficiais de que circulasen; as nais comezaron dar voltas en redor do obelisco situado no centro da Praza. Armadas cun pano branco na cabeza, co nome dos seus fillos bordados, as mulleres regresaron o xoves seguinte á Praza de Maio, e o seguinte, e o seguinte, e o seguinte... Acababa de nacer o movemento coñecido como Nais da Praza de Maio.

A familia Carlotto, pola súa banda, tivo unha primeira advertencia en agosto de 1977. Laura ía mudar de casa e pediulle unha camioneta ao seu pai, que estivo agardando polo seu regreso até as oito da noite. Como non regresaba Laura, Guido saíu buscala, entón foi el quen non regresou. Guido foi liberado 25 días despois. Perdera 15 quilos. Cando regresou, conta Estela, pasou horas contando as torturas das que foi obxecto. Desde ese momento, Laura viviu agochada, de casa en casa. De cando en vez, chamaba a escola onde traballaba a súa nai, facíao aparentando ser outra persoa.

- Sabe, Estela, ultimamente non estou nada ben.

- Ai, por favor, Silvia. Cóidese moito (pedía Estela á súa filla, pensando que quizais estivese doente).

- Creo que debo ir ao xinecólogo. Respondeu Laura.

O xoves 30 de abril de 1977 un pequeno grupo de nais fixeron unha concentración na porteña Praza de Maio. Acababa de nacer o movemento coñecido como Nais da Praza de Maio

O golpe definitivo para a familia Carlotto chegou o 26 de novembro de 1977. Ese día secuestraron a Laura, ninguén sabe onde, tiña 22 anos. Non existían testemuñas da súa detención, nin do seu paso polos centros clandestinos de detención. Foi entón que Estela comezou coas pescudas. “Comezamos buscar sen saber onde ir, en que porta petar, sempre atopábamos as portas pechadas e ningunha resposta”, conta De Carlotto. Laura estaba, aproximadamente, de dous meses e medio embarazada. O pai do feto era Wladimir Montoya, un dos seus compañeiros activistas. Nesas datas apareceron sobreviventes que situaban a Laura De Carlotto no centro clandestino de detención e tortura La Cacha, moi perto de La Plata. María Laura Bretal foi unha das poucas sobreviventes que estiveron secuestradas alí durante 1978. Tamén estaba embarazada, de catro meses.

Por eses días, un dos represores contaba que La Cacha era chamada así en honor a Cachavacha, unha serie de banda deseñada moi popular na Arxentina de finais dos 70. Cachavacha era unha bruxa que tiña unha vasoira máxica: facía desaparecer todo o que varría. María Laura Bretal sorprendeuse que, no centro de detención non era a única embarazada. Tamén estaba Rita, de sete meses, e Rosita, de oito. Coñecéronse cando pasou unha semana con elas. Nos centros de detención, os secuestrados, chamábanse entre eles con alcumes. Era un xeito de resistencia á despersonalización que impuxo o terrorismo de Estado. María Laura Bretal foi alcumada “La Panzona” por motivos evidentes; Rita era Laura Carlotto, pero María sabería iso despois, moitos anos despois. En abril de 1978 apareceu pola fábrica de pintura de Guido Carlotto unha muller que fora liberada de La Cacha. Tiña noticias de Rita, Laura Carlotto. Contou que Laura estaba ben, que o embarazo ía ben e que o neno nacería en xuño. Contou, tamén, que os secuestradores dixeran que entregarían o bebé na Casa Cuna de La Plata para que o recollesen os seus avós cando nacese. Era mentira.

O golpe definitivo para a familia Carlotto chegou o 26 de novembro de 1977. Ese día secuestraron a Laura, ninguén sabe onde, tiña 22 anos. Foi entón que Estela comezou coas pescudas

“Non din que temos un Mundial en paz?”, dicíalle ao xornalista holandés unha das mulleres en plena Praza de Maio, mentres un policía amagaba con taparlle o micro. A dez quilómetros Alemaña Federal - Polonia inauguraban o Mundial 78 no Estadio Monumental. Jan van Der Putten facía, adrede, preguntas provocadoras. “O Goberno di que vostedes menten”, apunta. Outra muller amosaba á cámara: “Esta é unha carta que lle mandamos a tódolos futbolistas arxentinos para que saiban da nosa angustia. Non sabemos se chegarían ás súas mans”. Por favor, axuda. Ese xoves 1 de xuño de 1978 o mundo soubo dos horrores da ditadura militar arxentina. A entrevista de van Der Putten saíu na televisión pública holandesa. Ese día, mentres Jorge Rafael Videla inauguraba “o Mundial da paz”, como dixo no seu discurso, outro xornalista holandés, Frit Barend acudía á Praza de Maio. “Puidemos escribir que había unha ditadura na Arxentina, unha ditadura fascista. Puidemos sentila, falamos coa xente, e eu acredito nas palabras desa xente, crin que había desaparecidos”, recorda Frit Barend.

Aínda non está claro a que hora nin onde naceu o fillo de Laura Carlotto. O único coñecido é que foi trasladada a outro lugar para parir. O 2 de xuño de 1978 era venres. Ás 19:15, Arxentina xogou o seu primeiro partido do Mundial contra Hungría, no Monumental, a cancha de River. As testemuñas que compartiron cativerio con Laura contaron o que relatou esta cando regresou a La Cacha. Levárona a un hospital militar, lonxe, onde pariu soa cos grillóns postos e encapuchada. Tivera un neno, varón. Co que estivo apenas unhas horas, até que ordenaron que llo entregase. Resistiuse. Puxéronlle unha inxección. Espertou, e preguntou onde estaba o bebé. Dixéronlle que fora entregado á súa nai, Estela de Carlotto; coa condición de non vela nin buscala. Á súa filla. Claro, desde que pariu, Laura Carlotto viviu angustiada. Ese día, o 2 de xuño de 1978, Arxentina gañou a Hungría por 2-0.

Existen universos paralelos? As Avoas da Praza de Maio din que si. Que, durante o Mundial de Fútbol de 1978, elas estiveron vivindo nun mentres millóns de arxentinos o fixeron noutro. “Ese Mundial foi, para nós, unha afronta”, define Estela de Carlotto que lembra ao ditador Jorge Rafael Videla festexar e ser ovacionado. “Esa contradición coa xente foi terríbel. Co tempo comprendemos, entendemos, desculpamos”, completa. Silencio, terror, ignorancia, indiferenza e en máis dun caso complicidade, uníronse para que unha sociedade hipnotizada convivise co horror. Coa memoria nese período de tempo, Estela conta que mentres a súa familia choraba de tristura, os seus veciños facíano de alegría. Con todo, esa dor non foi quen de inmobilizalas. E aproveitaron a chegada de medios de comunicación estranxeiros polo torneo futbolístico. Algúns non, pero outros coñecían que Arxentina sucumbía baixo unha ditadura militar; escoitaran as denuncias de secuestros, torturas, desaparicións e roubo de crianzas. Tamén coñecían o reclamo persistente das “madres locas”, como eran chamadas popularmente as Nais da Praza de Maio eses días en Arxentina, que seguían dando voltas ao redor do obelisco da Praza de Maio.

Existen universos paralelos? As Avoas da Praza de Maio din que si. Que, durante o Mundial de Fútbol de 1978, elas estiveron vivindo nun mentres millóns de arxentinos fixérono noutro

Para Mirta Baravalle o tempo que durou o Mundial foi terríbel. Ela e o seu marido, Ricardo, detestaban o ambiente de festa que reinaba nas rúas do país. Desde agosto de 1976 non tiña novas de Ana María, a súa filla, que fora secuestrada o 26 do nomeado mes. O secuestro de Ana María, que estaba embarazada, converteu a Mirta nunha das 12 fundadoras das Nais da Praza de Maio e, tamén, nunha Avoa. Sufriron todo o Mundial, pero Mirta recorda especialmente o día da final, Arxentina – Holanda. Convencera ao seu marido, Ricardo, de que aceptase o convite do seu veciño e fose á súa casa a ver o encontro. Ela ficou soa na cociña. Arxentina gañou a Holanda, e comezaron os festexos polas rúas. Niso Ricardo volveu a casa, quedou na entrada, sen pasar. “Era raro que non entrase na cociña. Sempre viña, entón fun eu a por el”, relata Mirta. Achou ao seu marido coa man no peito. Preguntou que lle acontecía, e el contou que lle pedira a unha veciña unha desas pílulas que hai que poñer debaixo da lingua. Axudouno a deitarse, e saíu correndo a por axuda. Chamou a berros polos veciños. Aínda hoxe lembra que tentaron comunicarse cun médico, cunha ambulancia pero ninguén respondeu, todos estaban celebrando. Cando regresou, Ricardo xa non tiña consciencia. Conseguiron, entón, unha camioneta para o traslado ao hospital. Demasiado tarde. “No medio da algarabía, dos subiotes, das carracas, no medio da festa faleceu o meu marido”, revive a Nai fundadora.

Despois do Mundial, dos festexos, das ovacións, dos aplausos a Jorge Rafael Videla; a vida continuou na Arxentina. O 25 de agosto de 1978 Estela recibiu unha chamada de teléfono: convocárona nunha comisaría de policía onde notificaron que Laura, a súa filla, morrera nun enfrontamento coas forzas de orden. Tamén concretaron o xeito de entregarlles o cadáver para o enterramento. Estela nunca creu a versión que lle deron, e sempre pensou que Laura fora asasinada.

Hai quen di que non hai mal que cen anos dure. O mal da ditadura militar arxentina durou máis de 7 anos. Até o 10 de decembro de 1983 que ocupou a presidencia Raúl Alfonsín. Por entón, e ante as dúbidas, as mentiras e as confusións sementadas polas Xunta Militar durante eses anos, as Avoas da Praza de Maio viron na ciencia a ferramenta para continuar coa busca dos seus netos. Estela de Carlotto conta que en 1982 viaxaron a Nova York e foron recibidas pola Asociación Americana para o Avance da Ciencia. “Deixamos as nosas inquedanzas e prometeron dar algunha resposta”. Esa resposta, atopárona en 1983, cando determinaron que era posíbel establecer a filiación entre os familiares e un presunto neto. Encabezado pola xenetista Mary Claire King, un grupo de científicos comezou facer probas e en 1984 acadaron o seu primeiro triunfo: Paula Eva Logares converteuse na primeira nena coa identidade restituída grazas á ciencia e á xenética.

Avóas maio 2

Porén, aínda que fiábel, o exame de histocompatibilidade non era suficiente preciso. Pero a ciencia non parou o seu avance: a aparición das probas de ADN mitocondrial (liña materna) e ADN cromosómico (liña paterna) permitiu establecer a filiación dos avós cos presuntos netos cunha porcentaxe do 99,99 de certeza. Outro fito que destaca foi a creación, en 1987, do Banco Nacional de Datos Xenéticos, que garda as mostras dos familiares que buscan os seus netos, e aportan as probas necesarias para a restitución da identidade. Así, o labor das Avoas continuou, non parou. Seguiron buscando, sen renderse. Despois de Eva Logares comezaron a aparecer máis netos. Moitos xa non eran nenos, senón adultos. Hai un tango que di que 20 anos non son nada; máis do dobre, máis de 40 levan as Avoas buscando os nenos roubados pola ditadura.

Cada neto recuperado é motivo de ledicia para todas as Avoas da Praza de Maio; aínda así a felicidade non era completa para Estela de Carlotto: o seu neto non aparecía. En outubro de 2011 morreu o seu esposo, Guido Carlotto, sen coñecer ao seu neto. Estela sempre escribía unha carta ao seu neto, tamén chamado Guido, polo seu aniversario. Cando cumpriu 18 anos escribiu unha moi especial. Todos os anos, e non aparecía, até que chegou 2014. Pero esa, esa é outra historia.

Coa axuda dos equipos colaboradores de avogados, científicos e psicólogos, o número de persoas recuperadas polas Avoas aumentou. Superando o número de 100 en 2014, pero aínda faltan 300 por recuperar. Elas, as Avoas da Praza de Maio, continúan buscando os nenos roubados pola ditadura, quizais xa nunca vaian parar. E na fronte de toda esta maquinaría contra o esquecemento, co seu gran sorriso e os seus cabelos brancos. Coñecedora de que a súa loita pagou a pena: Estela de Carlotto, a esta muller a humanidade debémoslle posibelmente un Premio Nobel da Paz.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Religión
Iglesia Católica El viaje de Jorge Bergoglio, el papa que intentó reformar la Iglesia y no lo consiguió
De ser acusado de cómplice con la dictadura argentina, Jorge Bergoglio, ya ungido como papa Francisco, se convirtió en una de las principales voces de denuncia de la ultraderecha, del neoliberalismo y las violaciones de los derechos humanos.
Argentina
Huelga general El movimiento obrero retoma la iniciativa en Argentina
Este 10 de abril los sindicatos llevan a cabo la tercera huelga general contra el Gobierno de Javier Milei. Se trata del sector que más capacidad ha tenido para nuclear a quienes se oponen a la extrema derecha en el país.
Argentina
Análisis Argentina vuelve a entrar en crisis: el nuevo rescate financiero del FMI
A pesar del brutal recorte realizado por el Gobierno de Javier Milei, Argentina ha vuelto a recurrir al FMI para hacer viable su plan económico ultraliberal. La crisis social y económica está servida.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.
Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Religión
Iglesia Católica El viaje de Jorge Bergoglio, el papa que intentó reformar la Iglesia y no lo consiguió
De ser acusado de cómplice con la dictadura argentina, Jorge Bergoglio, ya ungido como papa Francisco, se convirtió en una de las principales voces de denuncia de la ultraderecha, del neoliberalismo y las violaciones de los derechos humanos.
Culturas
Cultura Tiphaine Rivière y la necesidad de entender a Bourdieu
La francesa Tiphaine Rivière se enfrenta en ‘La distinción’ (Garbuix, 2025) a la obra de Bourdieu para entender el diálogo entre los diferentes estratos sociales.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.
Opinión
Opinión Defender la Tierra significa desmilitarizar
Buscamos vida en otros planetas mientras despreciamos la vida en la Tierra, ignorando la dignidad de las personas, maltratando su biosfera, y tratando sus recursos como si fueran ilimitados.
Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Más noticias
Humor
Humor Reacciones a la muerte del papa
La viñeta de Mauro Entrialgo sobre las reacciones a la muerte del Papa Francisco
China
Pulsos bajo el cielo Taiwán, la isla hermosa en la encrucijada
En este episodio recorremos la isla de Taiwan para explicar su relación geopolítica con China continental desde la perspectiva de los movimientos indígenas y su música
Poesía
Poesía Poética de un temblor disidente
Frente al mandato de la sobreproducción, Txetxu González propone una poética de la lentitud en ‘Si te preguntas por qué un poco (Orígenes de la hiperestesia)’, una obra híbrida que se mueve entre la poesía, el ensayo y el archivo afectivo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.