Energía
Galiza potencia enerxética? Vai ser que non

O falso carácter excedentario en materia enerxética do país é un dos mitos máis arraigados, especialmente dentro do nacionalismo.

Homenaxe a minaría en Cerceda
Mural en homenaxe a minaría en Cerceda.

Coordinador do Instituto Resiliencia

9 dic 2019 14:59

Na recente feira Culturgal presentouse o número 0 do xornal Nós diario, un novo intento de ofrecer unha publicación impresa diaria integramente na nosa lingua. Malia ser unha iniciativa que cómpre parabenizar e desexarlle unha longa vida, resulta lamentable que o titular principal co que se estreou incumpra o lema desta nova publicación ("a información precisa"). Así, en grandes letras, podiamos ler na súa primeira capa: "Galiza, unha potencia enerxética sen apenas retorno económico". Polo de agora deixaremos de lado a cuestión do "retorno económico" e a súa relación co retorno enerxético, por moi interesante que for esta cuestión, e dedicaremos estas liñas a explicar por que esa caracterización do noso país como unha "potencia enerxética", por moi cara que sexa a certos sectores políticos (non soamente nacionalistas), económicos, sindicais (un exemplo moi recente: Paulo Carril, secretario xeral da CIG, en Radio5: minuto 3:10), mediáticos e sociais, está lonxe de ser unha "información precisa".

Segundo o dicionario da RAG, unha potencia é un "Estado con soberanía propia, en especial o que está dotado de gran poder económico, militar etc.". Se obviamos o tema da soberanía, neste caso entenderíase que Galiza ten un gran "poder" enerxético. No contexto internacional da enerxía adóitase utilizar o termo potencia (ou superpotencia) para aquelas que adoitan dispor de tantos recursos enerxéticos que resultan "significantes para outros países, sendo capaz de projetar este poder para influenciar decisões internacionais de seu interesse" (Wikipedia). Ben é certo que entre nós a fachenda non chegou ao punto de autocualificarnos como superpotencia enerxética mais, en calquera caso, un país deficitario en enerxía parece lonxe de poder encaixar nin tan sequera no segundo nivel de simple "potencia". E Galiza é deficitaria en enerxía.

Galiza non pode ser unha "potencia enerxética" cando é deficitaria en enerxía: non damos producido nin a que consumimos internamente.

Este é precisamente o erro de concepto (ou de cálculo) que está na base desa consideración de "potencia enerxética" que ten para algúns Galiza: o mito da excedencia enerxética. E é que, por moito que unha mentira se repita, a realidade é teimuda e as cifras que a reflicten, tamén. Abonda consultar o Balance Enerxético de Galiza, publicado polo INEGA (o máis recente, de 2017), ou as "Dez preguntas sobre a enerxía en Galiza" de Galiza non se vende (2005). Ou escoitar a Xoán Ramón Doldán, unha das persoas que máis sabe sobre o modelo enerxético do noso país, ex-director precisamente do INEGA (2005-2008) e profesor de Economía Aplicada na USC, onde tamén ostenta o cargo de Decano, explicaba nun artigo publicado en 2015: "Galiza dispón dunha considerábel riqueza en recursos enerxéticos: en particular hidráulicos, eólicos, solares ou da biomasa; potencialmente poderían considerarse outros, como os provenientes do mar. A pesar disto, non deberiamos deixarnos levar por unha euforia va, facendo énfase no suposto carácter de potencia enerxética dentro do Estado español que, se algunha vez o tivo Galiza, hai moitos anos que o perdeu." E aclaraba: "hoxe os recursos enerxéticos explotados —ou enerxía primaria— en Galiza non son suficientes para atender a demanda interna." Isto é: se non temos enerxía de noso nin para nós mesmos, como imos poder ser unha potencia excedentaria en enerxía ou poder ter independencia enerxética, como se ten afirmado repetidamente? (...tantas veces que esta falsidade xa fai parte, como se laia Doldán, do "imaxinario colectivo galego").

A realidade é que Galiza, mesmo que deixase de exportar enerxía, non se daría autoabastecido, e precisaría seguir importando enerxía. Isto é debido, segundo o profesor Doldán, a que se está a confundir "a existencia de exportacións de enerxía transformada cuns supostos, mais irreais, excedentes de enerxía primaria propia" (a cursiva é miña). É dicir, o que é Galiza é unha gran transformadora de enerxía (carbón e gas natural importados para transformar en electricidade, e petróleo importado para transformar en gasolina e outros derivados, principalmente). Pero un país transformador de enerxía non é unha "potencia enerxética", é un mero intermediario nos fluxos de enerxía mundiais. E, aínda por riba, a meirande parte da enerxía que importamos non é para exportar senón para consumo interno, un consumo que non damos abastecido coas fontes propias, especialmente no caso da enerxía fósil, que é a que move case na súa totalidade un sector coma o transporte, vital para o funcionamento das economías modernas. Os datos do INEGA (Balance 2017) son contundentes: importamos once millóns de Tep (unidade que representa a enerxía equivalente a unha tonelada de petróleo), aos que sumamos algo menos de dous millóns propios, para consumir algo máis de seis millóns e exportar algo menos de catro (6+4 son menos que 11+2 porque hai perdas; é o que ten transformar enerxía!). Unha auténtica potencia enerxética (Rusia, por exemplo) produce moito máis do que importa, e dispón de tanta enerxía que pode autoabastecerse e aínda lle sobra para exportar; algo moi lonxe do caso galego, cuxo nivel de autosuficiencia é mesmo peor (15%) có do conxunto do Estado Español (29%).

O noso país é un gran transformador de enerxía que importa para consumo interno e para poder exportar, cun grao de autosuficiencia moi pequeno: o 15%.
Doldán apóiase nesta realidade para pór en cuestión as demandas de tarifas eléctricas especiais, pois crean un "efecto reclamo para que as grandes empresas intensivas no uso de enerxía se instalen aquí, é dicir, para pór os recursos enerxéticos galegos, máis unha vez, a disposición de intereses alleos ou para favorecer usos ineficientes da enerxía". E marca o camiño, nun contexto de chegada ao seu teito máximo de extracción dos combustibles fósiles, cara á única posibilidade de autosuficiencia enerxética no país: "Cos recursos propios, recuperando o seu control, sen unha orientación ao exterior, sen usos intensivos en enerxía, racionalizando os usos á dispoñibilidade real, a soberanía enerxética podería chegar a ser factíbel". E detalla algúns criterios para acadalo: "a autosuficiencia pasa por garantir solucións de acceso democrático á enerxía, a partir de renovábeis, para o conxunto da sociedade." Isto incluiría relegar a primacía dos beneficios privados así como o aproveitamento dos recursos enerxéticos a prol duns poucos, e promover o "descenso no volume de enerxía utilizada" como un camiño inevitable (isto é: Decrecemento). Pero namentres, o que temos é un modelo enerxético caracterizado pola "non renovabilidade, a dependencia do exterior e a súa capacidade de polución".

Outro factor que favorece a persistencia deste mito da Galiza como potencia excedentaria é a confusión (tremendamente común, mesmo en ámbitos públicos importantes) entre electricidade e enerxía. Así, como Galiza produce moita electricidade concluímos ser unha potencia, pero trabucámonos ao identificar potencia en xeración eléctrica como potencia enerxética, pois a electricidade non é senón unha das formas en que se pode consumir a enerxía, que aínda que pode ser xerada a partir de fontes propias e de orixe renovable, non é o caso de toda a electricidade que se produce no noso país (aproximadamente é o 50% na actualidade), e iso marca unha diferenza fundamental que fica agachada co discurso simplista e confundido da sobreabundancia enerxética. Neste sentido, fixeron moito dano unhas rechamantes gráficas que veñen circulando profusamente, a partir de datos de Red Eléctrica de España do 2008, que amosan Madrid como un gran burato negro consumidor de enerxía (eléctrica) e Galiza como un dos lugares que máis fornece desa electricidade; o problema é que para comprender ben ese gráfico faría falta outro que mostrase Galiza como outro burato negro de produtos enerxéticos importados para xerar a metade de toda a súa electricidade. Doldán conclúe que "exportamos electricidade porque antes importamos carbón e gas natural para manter esa capacidade exportadora. Ergo, non hai excedente enerxético senón dependencia".

Confundir electricidade con enerxía e pensar que a tecnoloxía é a que produce enerxía agravan aínda máis os mitos sobre a enerxía en Galiza.

E é que Galiza precisa importar moito carbón e gas natural para poder convertelo (cunhas importantes perdas, como xa apuntamos, debidas á ineludible termodinámica: saen menos MWh eléctricos cós MWh fósiles que entran nas nosas centrais) nunha electricidade que rematamos consumindo en boa medida no propio país. A confusión entre tecnoloxía e enerxía trabuca aínda máis a moita xente, pois non falta quen pensa que é a maxia (tecnolóxica, claro) das centrais a que crea a enerxía a partir de materias primas que, segundo esta opinión, non serían enerxía, contravindo así non só a contabilidade enerxética usada por administracións e científicos, senón tamén a Primeira Lei da Termodinámica (a enerxía non se crea nin se destrúe, só se transforma).

Decrecimiento
Tecnoloxía non é enerxía

A confusión entre estes dous conceptos dificulta a construción de horizontes realistas de transición enerxética.

En definitiva: dado o papel literalmente vital da cuestión enerxética no noso presente, e máis aínda no noso futuro (por mor da mudanza climática e do esgotamento das enerxías fósiles das que depende o noso modo de vida), é perentorio que comecemos a entender con rigor e racionalidade todo o que ten que ver co noso uso da enerxía e desbotemos mitos e espellismos que nos levan por camiños errados, comezando por este peculiar mito nacional de Galiza como potencia enerxética.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Inteligencia artificial
IA Las otras víctimas de DeepSeek: energéticas y constructoras de centros de datos
El nuevo modelo de Inteligencia Artificial necesita menos consumo energético. Energéticas y gestoras de centros de datos también han sufrido caídas en bolsa.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
#44510
11/12/2019 18:10

O artigo de Manuel Casal está ben fundamentado e non ignora as aburridas e dispensables estatísticas enerxéticas (incluída as eléctricas). Pero o señor Casal non ten en conta que, unha vez que cruzan as nosas fronteiras e chegan aos nosos portos, sendo o noso país tan acolledor como é, o petróleo, o carbón e o gas natural importados galeguízanse (ou españolízanse, ou as dúas cousas). E é así como somos unha potencia enerxética. E quen non o entende é que non o quere entender.

1
2
#45337
1/1/2020 23:44

O que ignora o asunto é precisamente o que di unha barbaridade coma esa... que só se pode dicir se quen o di verdadeiramente non entende absolutamente nada de recursos enerxéticos en termos netos ou prefire non entender nada para seguir cabalgando sobre as súas mentiras... madriña... ata onde pode chegar a teimosía

0
0
#44420
10/12/2019 13:05

Interesante artigo polo debate que xera pero máis interesante polos datos que cala. Debemos separar enerxía de enerxía eléctrica, porque é certo que en Galiza como no resto da península non hai petróleo e polo tanto temos que compralo fóra para o transporte. Enerxéticamente, aínda así (e falo de intuición) se consideramos a fotosíntese e a biomasa que se produce no noso país somos arrogantemente exceditarios en enerxía. Segundo: En galiza producese un 55% de enerxía electrica de fontes renovábeis (e aumentará polas novas e absurdas plantas de biomasa para electricidade). Certo que se produce o resto da electricidade con derivados do petróleo pero son decisión políticas en Madrid as que así o dictan. Porque o 30% do consumo eléctrico total galego débese á transformación siderúrxica (o consumo doméstico non chega ao 20%). É dicir, media ducia de empresas, cun PIB relativo minúsculo, que colocaron en Galiza do mesmo xeito que temos eucaliptos (por decisión no franquismo) Se excluímos estás media ducia de empresas GALIZA É SOSTIBEL ELÉCTRICAMENTE, algo que non poden dicir en ningunha outra comunidade. Tercerio: O nacionalismo galego (porque o español comparte a túa diagnose, bastante) reclama que esa visión colonial de Galiza como terra de transformación electrica mude. A metropoli madrileña penalízanos coa contaminación (a mais alta do estado) localizando as electrointensivas na periferia do estado. Fainos pagar máis cara esa produción e os impostos coma sempre van para Madrid. CUARTO: Enerxía tamén son as horas extra que os galegos temos que facer por pagar mais caro o combustíbel e electricidade para que a metrópoli poida seguir de rositas. Ningúen que saiba algo de termodinámica pode xustificar que os galegos paguemos máis caro, en contaminación, abuso de recursos, encoros, en diñeiro sen asumir que somos unha colonia enerxética.

22
8
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Hidrógeno
Descarbonización Los planes de expansión del hidrógeno en Europa chocan con la falta de energía verde para producirlo
La escasez de hidrógeno producido con renovables y el exiguo desarrollo del aluvión de proyectos anunciados ponen en entredicho la estrategia de descarbonización en Europa, según un informe de Global Energy Monitor.
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
Coespe convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.
Cine
El Salto recomienda Diez películas y series en Filmin para acercarse a la diversidad de Andalucía
Una selección realizada por la periodista de El Salto Aurora Báez Boza sobre las mejores películas y series para descubrir las diversidades que habitan dentro de Andalucía
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente
Crímenes del franquismo
Víctimas de la dictadura Admitida a trámite otra querella por los crímenes del franquismo en Madrid
Carlos Serrano Suarez denuncia que fue sometido a torturas por parte de cinco policías de la Brigada Político Social. El juzgado número 41 ha decidido abrir el caso, algo que desde CEAQUA califican como “excepcional”.
Más noticias
Dana
Tres meses de la dana “Aquí no llovió casi nada”
VV.AA.
Un vecino de Benetússer explica cómo la riada arrasó y cambió para siempre las vidas de miles de personas.
Opinión
Opinión Monetizadores de la estupidez
Ser un chalado anticiencia puede llevar a pasearte por radios, televisiones y streamings porque eres rentable para gente sin un mínimo de ética periodística.

Recomendadas

Crímenes del franquismo
Isabel Alonso Dávila “El franquismo fue una máquina de fabricar miedo y dolor hasta el final”
Detenida en Granada en 1974 y 1975 por su vinculación con el movimiento estudiantil antifascista de la época ha presentado la primera querella en Andalucía por Crímenes contra la Humanidad en la dictadura franquista
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
Redes sociales
Nuevas normas Meta abraza el discurso de odio y desafía la normativa anti discriminación
La plataforma de Mark Zuckerberg anunció cambios en sus normas: cuando empiecen a aplicarse, los comentarios misóginos y LGTBIAQ+fobos no violarán su política, pero existen herramientas para denunciar el discurso de odio.
Cómic
Cómic Cómo la gentrificación del webcómic explica el estado de internet y de la cultura actual
Las nuevas generaciones leen viñeta a viñeta en la pantalla del móvil y las plataformas rentabilizan la parte del león de las visitas e influyen en el tipo de historias y estilos que se leen o no.