Ecologismo
Gaianismo, a emerxencia dunha relixión sen deuses

Desde o activismo e a ciencia vai callando a necesidade dunha resposta espiritual ao colapso ecosocial.
Cycles of Gaia
Ilustración do póster dos ciclos de Gaia, copyright Gaian Way / Jon Schroth. Reproducida con permiso. (©)

Coordinador do Instituto Resiliencia

27 jun 2024 05:30

No corredor da Escola Forestal de Enxeñería de Pontevedra onde a pasada semana se exhibían os pósters académicos do Congreso Internacional de Decrecemento e do encontro simultáneo de Economía Ecolóxica, había un que chamaba poderosamente a atención entre os demais. Sobre un fondo negro debuxábase un círculo de cor formado por elementos vexetais cambiantes representando os “ciclos de Gaia“, os ciclos naturais na biorrexión do sur de Nova Inglaterra en forma de calendario ecolóxico. Un dos seus autores é Bart Everson, artista multimedia de Nova Orleáns, e membro do Gaian Way, un movemento relixioso xordido nos EUA da man de Erik Assadourian (o outro coautor do póster), e que se ten incorporado tanto á Rede Internacional de Decrecemento creada en 2023, coma ás reflexións académicas que teñen lugar nos congresos anuais en torno á proposta sociopolítica do Decrecemento/Poscrecemento.

O obxectivo deste calendario, segundo os seus autores, é ser distribuído en centros educativos do norleste dos EUA para reenfocar a idea do tempo propia da Modernidade (liñal) cara ao concepto preindustrial baseado nas estacións (circular), representado nesta obra polas etapas do bosque caducifolio, as floracións, os froitos, a variación da luz solar e das precipitacións: isto é, os ritmos da Biosfera. Súmanse así Assadourian e Everson ás numerosas voces cada vez máis numerosas que defenden que a arte pode ser empregada para modificar o imaxinario acerca do rol do ser humano no mundo, para mudar o paradigma antropocéntrico dominante.

No Congreso Internacional de Decrecemento celebrado en Pontevedra estivo presente a espiritualidade en torno a Gaia.

Mais esta organización estadounidense que mestura arte, educación, activismo e investigación ecolóxica cunha espiritualidade sen deuses (Gaia, para eles é apenas unha metáfora da Biosfera) non é a única fonte desde a que está a xordir, a nivel planetario e de maneira sincrónica, a idea dun movemento espiritual que sacralice a vida como resposta ao desastre ecolóxico. Baseándose na obra intelectual de James Lovelock e Lynn Margulis sobre a Hipótese (despois Teoría) Gaia, e sendo moi consciente das derivas New Age que fixeron recuar estes autores nalgúns dos seus postulados máis atrevidos, o científico español Carlos de Castro ten levantado unha teoría científica coñecida coma a Teoría de Gaia Orgánica, que liga a Teoría Gaia clásica, cara atrás coa Teoría da Evolución (Darwin, Lamarck, etc.) e cara adiante cunha visión que trascende a ciencia e entra dentro da arte (velaí están varios relatos seus e as novelas de fición El Oráculo de Gaia e Iv) e dun activismo ecoespiritual, como xermolo dun Movemento Gaiano mundial de resposta á destrución en curso. A diferencia é que para este profesor da Universidade de Valladolid Gaia non é só unha metáfora: é real, un ser vivo de tamaño planetario, un holobionte de holobiontes. O enxeñeiro e divulgador Ferran Puig Vilar tamén ten proposto, na estela de De Castro e incorporando ideas tanto de científicos coma de filósofos como Riechmann, Panikkar, Naess, Tafalla ou Piget, a idea dunha mesorrelixión (algo que ten parte do que se entende habitualmente coma relixión, mais non aquilo que normalmente resulta problemático e incompatible coa ciencia e a razón), como achega a esta construción colectiva e simultánea. Nos vindeiros meses sairá do prelo a súa opus magna, provisionalmente titulada Derrumbe y regeneración, que liga a historia da ciencia coa manipulación mercadotécnica que blinda o pensamento único na economía convencional e que remata cunhas páxinas centradas nas propostas gaianas. E tamén desde os països catalans, o historiador e sociólogo Gil-Manuel Hernández está a facer interesantes achegas nesta construción intelectual do gaianismo apartir de elementos culturais coma o papel antropolóxico da festa ou as ideas jungianas dos arquetipos.

Porén, aínda quedan barreiras que superar, e malia o diálogo entre algunhas destas personas que están a defender (ou xa practicar) a espiritualidade gaiana, aínda fica moito por coordinar, sinerxias por trazar e prexuízos que aínda constitúen barreiras sobre todo en persoas de ciencia, e activistas de tradición antirrelixiosa ou cando menos escéptica e refractaria a calquera idea situada máis alá do materialismo. Porén, outros comezan comprender que cando a esquerda e os movementos emancipatorios comezan a tomar forma relixiosa (algo que xa sucedeu no pasado, como explicaba Silvia Federici en Calibán e a bruxa), iso é indicativo da extrema gravidade da situación. Aseguraba hai tempo o ferrolán Emilio Santiago Muíño que precisabamos “o equivalente funcional dunha relixión”, e o ser humano, práctico como é, sabe que o mellor equivalente dunha relixión é precisamente unha relixión. Tamén na mesma liña dicía máis recentemente Jorge Riechmann nun breve poema, que “pensar que poderiamos saír desta sen relixión é ignoralo todo sobre o ánthropos”. E esa saída relixiosa apuntada por Santiago ou Riechmann parece estarse a configurar xa en diversos lugares baixo o ancestral mito da Nai Terra, da Deusa Nai, renovado polas ciencias físicas entorno á idea moderna de Biosfera, se cadra dun xeito achegado ao que algúns denominan espiritualidade metamoderna moi vencellada co concepto do ritual coma forma de arte, ou da arte coma forma ritual.

Está xurdindo un gaianismo en todo o planeta, desde a filosofía, a arte e o activismo, mais tamén desde a ciencia de vangarda.

Dentro deste emerxente gaianismo non faltan experiencias curiosas como a da relixión Vita posta en marcha polo científico Guy Lane, filosóficas coma o Fluminismo de Ginny Battson, o proselitismo para a conservación e difusión de saberes baseado na espiritualidade céltica dos Green Wizards de John Michael Greer, unha miríada de grupos neopagáns cun forte compromiso en defensa da Biosfera (como o Paganismo Naturalista), e tampouco conexións con certas pólas das relixións maioritarias, como o catolicismo representado polo Papa Francisco (especialmente a súa famosa encíclica Laudato si') ou os pensadores da ecoteoloxía, sensibilidade tamén presente no budismo, no taoísmo ou no protestantismo, como as propostas biorrexionalistas do pastor Ched Myers. Esta sintonía gaiana tamén a atopamos, por suposto, na práctica totalidade das relixións indíxenas do mundo, cos seus elementos animistas e panteístas, ancestral mostra do holismo co que as máis modernas teorías científicas coma a Teoría de Gaia Orgánica e a Dinámica de Sistemas nos están agora a religar, coa axuda de intelectuais indíxenas coma Ailton Krenak ou Robin Wall Kimmerer. Porque relixión significa etimoloxicamente religar, e o ecoloxismo, a filosofía e a arte máis ecoconscientes non se cansan de berrar que a única vía para evitar o desastre é religármonos urxentemente a tres niveis: con nós mesmos, cos demais seres humanos, e co conxunto da Biosfera da que somos parte inseparable. E é a isto ao que apunta o Gaianismo que está a xordir, e non a ningunha trascendencia baseada en etéreos e todopoderosos deuses. En realidade os que si que cren cunha fe delirante en deuses máxicos son os que levan tempo dominando o noso mundo agachados tras máscaras de ciencia e técnica económica. Agora a loita contra eles comeza a trasladarse a ese oculto terreo de xogo, o do mito, cun novo contramito que se levanta, con fundamento de ciencia ecolóxica e con vontade de contrapoder, disposto a pararlles os pés aos falsos deuses apocalípticos da criptorrelixión capitalista.

Con todo, cómpre estar atentos a certas derivas potencialmente perigosas, certas areas movedizas presentes neste terreo, coma a volta a un fundamentalismo relixioso, mesmo con conexións con ideas políticas reaccionarias, que se enxerga nas marxes desta efervescencia ecoespiritual, ou aos habituais problemas de dogmatismo e verticalidade propios de moitas relixións institucionalizadas. Xa Isaac Asimov ou Frank Herbert nos advertían nas sús obras sobre este carácter potencialmente estratéxico mais tamén perigoso das relixións, nunhas poderosas narrativas de fición científica que poden servirnos de parábola do noso propio e moi real colapso.

Aínda así, semella necesario na evolución deste emerxente gaianismo pasar por unha fase de articulación en colectividades autoorganizadas máis ou menos institucionalizadas para facilitar a interlocución co poder (estatal, económico, cultural) e a súa participación nas alianzas interrelixiosas e ecosociais que tentan evitar o suicidio colectivo da nosa especie, ao tempo que inspiran prácticas comunitarias poscapitalistas, xa que a relixión sempre foi un catalizador de modos de vida diferentes, como demostran centos de comunidades intencionais por todo o mundo ou tradicións culturais resilientes como as dos famosos amish. O Gaian Way xa deu un paso moi importante neste camiño integrándose no movemento decrecentista internacional, que así conta desde agora cunha póla espiritual non-teísta baseada na sacralización da vida, unha póla da que a bo seguro nacerán outras enraizadas nas tradicións culturais e espirituais de cada recuncho do mundo onde se loite pola vida como algo sagrado que defender.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sevilla
Medio ambiente Diez Ayuntamientos, agricultores y colectivos sociales exigen el cese de los vertidos mineros al Guadalquivir
Ayuntamientos y colectivos han enviado una carta al presidente de la Junta exigiendo que haya una moratoria a las minas de Aznalcóllar y la Mina Las Cruces y a los vertidos que pretender realizar al Guadalquivir
Ecologismo
Ecotopías El guardián del páramo
“El guardián del páramo” ha sido uno de los relatos finalistas del II Certamen de relatos ecotópicos de Ecologistas en Acción
Almería
Medio ambiente La demolición del Algarrobico será “este mismo año”
El Gobierno ha publicado en el BOE el proceso de expropiación de la parcela. La ministra de Hacienda asegura que el derribo será “con o sin la colaboración de la Junta de Andalucía”.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.