Bosque Galicia

Medio rural
A longa resistencia das comunidades de montes veciñais contra o espolio

En plena ditadura, as comunidades de montes veciñais conseguiron recobrar a titularidade sobre os montes que o plan da autarquía lles arrebatara. Case 80 anos despois, continúan na loita contra os resaibos da política franquista que hoxe se traducen no espolio e na desarticulación da vida organizada no rural.
22 nov 2022 11:41

O oito de novembro de 1939, Franco aprobou o Plan Extraordinario de Traballos Forestais co obxectivo de crear a masa forestal precisa para garantir a subministración de materia prima no proxecto da autarquía nacional. Daquela, era indispensable manter os prezos máis baixos posibles para que, co tempo, puidesen competir no mercado exterior.  

Se ben o primeiro obstáculo conseguiron sortealo a través da precarización da man de obra para levar a cabo a repoboación forestal, había un obstáculo maior: o número e a extensión de montes en propiedade do Estado era escasa para a tarefa. A solución chegou en 1941 cos consorcios de repoboación forestal nos que figuraban o Patrimonio Forestal do Estado, as deputacións provinciais e os concellos. En todos os casos, o monte inscribíase no Rexistro da Propiedade a nome do Estado, desvirtuando os terreos veciñais e os dereitos de xestión que as comunidades tiñan sobre eles.  

Xa que logo, entre 1940 e 1956, centos de miles de hectáreas de montes galegos foron repoboadas coa única intención da obtención de materia prima. Para Lara Barros Alfaro, historiadora e responsable de Mulime, proxecto de pesquisa histórica e documental para as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, a instauración deste novo paradigma produtivista na xestión dos montes, non só tivo repercusións na participación da poboación, senón que representou a expulsión das mulleres dos montes.  

“Rompeuse co modelo produtivo anterior, que era un modelo máis reprodutivo no que o monte estaba máis integrado na economía campesiña, na economía local e, polo tanto, na vida da comunidade. O novo modelo ten unha visión moi masculinizada na que o valor está na acumulación de capital e, ao entrar as empresas forestais, estas gañaron protagonismo desde unha perspectiva máis técnica e científica. Nese proceso, como efecto colateral, houbo unha segregación de xénero: ao sacar o monte do que é a economía familiar e comunitaria, as mulleres deixaron de ter un lugar nese uso”, explica Barros. 

Os consorcios non só impediron a xestión da veciñanza, senón que alteraron o agroecosistema de toda a rexión, onde se fixo traballo de repoboación. Foi até finais da década dos anos 60 cando a veciñanza comezou a se organizar para reclamar a devolución da titularidade dos montes veciñais. 

“Houbo tanta resistencia social, que a propia institución franquista deuse de conta que para seguir co proceso forestal tiña que haber unha devolución da propiedade. Recoñeceron a propiedade veciñal, integraron as comunidades no proceso, fixéronas partícipes dos beneficios, pero os consorcios seguiron en pé na maior parte dos casos, porque o modelo económico importaba aínda máis que a titularidade”, relata Lara Barros.  

Así, aínda que os consorcios seguiron en pé, para os primeiros anos da década dos 80, devolveuse a titularidade dos montes veciñais ás comunidades e apareceron as primeiras comunidades de montes.  

Plantado ben plantado: os resaibos do franquismo 

Hoxe, os montes veciñais en mancomún abarcan o 25% do territorio galego, extensión xestionada por cerca de 3,500 comunidades de montes. Todas elas toman as decisións  de xeito asembleario sobre a xestión da terra. Con todo, Lara Barros non deixa de apuntar que, malia o seu carácter inclusivo e democrático, as comunidades de montes non escapan do machismo estrutural da sociedade: “A ferramenta de participación colectiva para a xestión do territorio é estupenda. Pero é un sistema en que a participación recae na cabeza da familia, que normalmente por relación de poder patriarcal, é home.

Porén, que as mulleres non retornaran ao centro da xestión do seu territorio non é o único lastre da ditadura franquista. Os consorcios que cedían o uso e a explotación do monte a empresas por 50 anos, chegaron até o presente século e continúan a renovarse.

Ao día de hoxe, a empresa Energía y Celulosa, S. A. (ENCE) xestiona directamente case 10.500 hectáreas de cultivos forestais en Galicia. En Toutón, Mondariz, xestiona o 45% da superficie do monte veciñal. Sobre a cesión, o presidente da Comunidade de Montes de Toutón, Jesús Fernández, expón: “Foi un convenio que herdamos do ano 73, asinado polo concello, cando ENCE era unha empresa nacional de celulosa. O maior problema foi que no 2004, a xunta reitora que había naquel momento renovoulle o contrato por 30 anos máis nunhas condicións bastante desfavorables para a comunidade de montes”. 

Este tipo de concesións de longa duración con retribucións “desfavorables” para as comunidades de montes veciñais non son excepcionais. Cristobal López, voceiro da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), remarca que as empresas, alén das facilidades legais e administrativas, sacan proveito da poboación. “Adoitan ir a sitios afastados onde hai pouca xente ou onde hai catro persoas maiores ás que lles dan catro cousas e quedan contentas. Moitas das ofertas van acompañadas do relato de que vai haber traballo, que van pagar moito diñeiro”, engade. 

O descoñecemento que algunhas das comunidades de montes poden ter en termos legais, económicos e ecolóxicos, parece ser un paradoxo en canto á xestión do territorio. Por iso, Lara Barros sinala que é fundamental que o traballo das comunidades de montes estea acompañado por un proceso de transformación social. “As comunidades teñen a soberanía sobre os seus montes e poden decidir rescindir contratos, pero para iso ten que haber un proceso de concienciación, de empoderamento das propias comunidades. E que haxa mulleres nese proceso sería moi interesante porque van ter outra mirada, pois a relación que teñen co territorio é outra

As ameazas 

Suso Fernández é bombeiro e desde hai tres anos, ocupa o seu tempo libre para presidir a mesa directiva da Comunidade de Montes de Toutón. Para el, a decisión de involucrarse na xestión do territorio xorde do desequilibrio ecosistémico no sector do monte que é xestionado por Ence: “Ao adicarme á extinción de incendios, preocupoume bastante a situación en que se atopa o noso monte. Involucreime movido polas malas prácticas que fai Ence na xestión do noso monte: non seguen ningún tipo de modelo silvícola e carecen de plan de ordenación”. 

Ao decatarse do incumprimento por parte de Ence das cláusulas establecidas no contrato de dereito de superficie para a transformación e plantación de eucalipto e outras especies, Fernández tentou manter un diálogo coa empresa, mais comezou a sufrir ameazas.  

“Empregados da empresa recoñeceron publicamente que me estaban ‘a preparar unha boa’. Chegaron a dicir que a traída da auga xa estaba a sufrir as consecuencias. Ence véndese como empresa con implicación social, pero é todo o contrario. Eles van estar aquí mentres sexa un negocio rendible para eles. O día que se vaian, o desastre ecolóxico ímolo pagar quen vivimos nos montes, comparte Fernández. 

Hoxe, debido ás malas prácticas de Ence sobre o territorio que xestiona, a poboación de Toutón comeza a experimentar problemas de abastecemento da auga por esmagamento de tubaxes e pola plantación de eucaliptos a escasos metros dos nacentes de auga.  

Sobre as ameazas que as empresas dirixen ás persoas involucradas nas comunidades de montes e activistas ecoloxistas, López recoñece que é un modus operandi habitual: “Estamos moi lonxe de desaparicións e asasinatos, pero as ameazas son recorrentes. Eu e outros veciños fomos denunciados varias veces polo Concello de Mos por manifestarnos en contra da expropiación do monte comunal para facer unha cidade deportiva e o centro comercial do Celta. Fomos ao xulgado e até a xuíza decatouse que se estaba a usar a xustiza para amedrentarnos. É o seu xeito de operar. Primeiro intentan convencerte, logo comprarte e despois comezan a amedrentarte con ameazas”. 

O factor do abandono 

O Artigo 61 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, co que se aproba a regulamentación para a execución da Lei 13/1989, de 10 de outubro, de montes veciñais en man común, especifica que as comunidades de montes teñen o deber e a obriga de presentar un informe anual ao rexistro xeral de montes veciñais en man común. Do contrario, “poderá ser causa do inicio do expediente de grave abandono conforme ao procedemento establecido na lei”. 

Cristóbal López expresa a súa preocupación sobre este artigo e o que implicaría para a comunidade que un monte veciñal se declarase en estado de abandono. “Se a Xunta declara que o monte está en estado de abandono –cuns avaliadores moi laxos como que non se entregou a tempo certa documentación ou non estaren ao día en certo pago-, pérdese o réxime de xestión durante 50 anos e pode pasar á xestión dunha empresa ou de quen queira. Pero se lle quitas á veciñanza o monte durante 50 anos, despois xa nin se lembran do que era o monte veciñal. A autoxestión precisa un saber e unha tradición”. 

O presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG), Xosé Covelo, sinala que é o despoboamento nas zonas interiores de Galicia e a falta de relevo xeracional o que dificulta que as comunidades poidan cumprir cos deberes e obrigas expresadas na lei. “Isto é unha cuestión importante porque hai que moverse no ámbito dixital, ter certificado electrónico, atender a burocracia e tratar con empresas... temos comunidades cunha media de idade de 80 anos, e pouca xente quere asumir as responsabilidades da xestión”. 

Para Lara Barros, este problema é estrutural: “Desde o punto de vista político é algo que non interesa. Hai moitos intereses no extractivismo, nos parques eólicos, nas mineiras e megaproxectos. Os intereses arredor do territorio non queren un territorio vivo, ocupado, xestionado polas comunidades de forma colectiva; prefiren un territorio abandonado que non teña quen o defenda, afirma.  

Movementos colectivos 

Se algo demostra a historia das comunidades de montes veciñais é que o modelo exercita a autoxestión da veciñanza e, polo tanto, dálles a capacidade de se enfrontar ao espolio. O problema do despoboamento desarticula os procesos de organización e defensa do territorio, deixando o paso libre aos proxectos privados de explotación.  

Neste contexto, en febreiro de 2022, a ORGACCMM fixo pública a Iniciativa lexislativa popular para protexer os montes veciñais. Segundo a páxina oficial da ORGACCMM, “a iniciativa lexislativa ten por obxectivo preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas”. 

Entre os puntos máis importantes na loita contra a expropiación dos montes veciñais, proponse que o tempo de cesión a entidades particulares para a xestión aproveitamento dos montes sexa dun máximo de 30 anos, e revisable cada 10 anos, e en ningún caso a cesión levaría á perda da titularidade de monte veciñal. 

De xeito paralelo, o conselleiro de Medio Rural, José González, anunciou en maio o proceso participativo para actualizar a Lei de Montes Veciñais en mancomún. A Xunta pediu a colaboración das distintas entidades que integran o Consello Forestal de Galicia, así como das comunidades interesadas, para que achegasen aportacións de cara á redacción da futura norma.  

Desde a AFG, presentáronse unha serie de propostas de modificación á lei a partir das conclusións obtidas nas reunións de comunidades de montes veciñais celebradas no mes de maio nas parroquias de Valadouro, Dodro e Xinzo.

“Durante a nosa traxectoria de 30 anos, recompilamos distintos problemas recorrentes. Hai temas do réxime xurídico das comunidades ou sobre o período de cesión dos terreos… Nós mandamos as propostas para que se cree unha mesa de traballo e a administración non actúe de forma unilateral, senón que esteamos representadas comunidades de montes a través das mancomunidades e as diferentes organizacións e asociacións que o presentan”, informa Xosé Covelo. 

Entre as propostas feitas desde a AFG, está a articulación de medidas para evitar utilizar a expropiación como ameaza para rebaixar os prezos nos acordos de ocupación. “Convén que a nova lei contemple a obriga por parte da Administración de informar á comunidade afectada desde o primeiro momento, apertura de expediente, de calquera pretensión de ocupación de terreo en monte veciñal en man común”, estipula a proposta de reforma da AFG. 

Aínda que a iniciativa lexislativa popular da ORGACCMM foi feita de xeito independente ao proceso de modificación da Lei de Montes Veciñais da Xunta, en seis meses xuntaron 12.000 sinaturas, as cales foron entregadas na xunta electoral central de Compostela a finais dese mesmo mes e están agora á espera da súa validación.   

Os esforzos impulsados pola ORGACCMM e a AFG son só dous exemplos dos impulsos que comezan a xurdir desde un rural que, malia en ruínas, mantén a tradición dunha loita colectiva que, por experiencia sabe que o único xeito de manter a súa autonomía, é a través da organización e a autodefensa. 

Con todo, Xosé Covelo sabe que, alén da reforma da lei, hai outros factores fundamentais que precisan ser atendidos para frear a desarticulación da vida no rural: “Hai que facer políticas para fixar a poboación. Os incendios están relacionados con que non haxa veciñanza no territorio. Para iso, ten que haber centros de saúde, escolas unitarias cerca, transporte público para que a xente se poida mover polo territorio, ocio... Cada vez que se fale da problemática do abandono do medio rural, hai que falar da calidade de vida”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Cambiar el mundo desde lo pequeño
Una jornada en la que se comparte la comida, la música y las esperanzas del mundo. Entre tortillas y paellas se habla de la realidad Palestina o las jornaleras de Huelva.
Ferrocarril
Tren y despoblación Con el Movimiento Tren Ruta de la Plata, contra el cambio climático y la despoblación
La recuperación del tren Ruta de la Plata y la articulación del llamado Corredor Oeste son esenciales en un contexto de lucha contra el cambio climático y la despoblación.
Ocupación israelí
Ocupación israelí El Congreso de EE UU vota la “ley más peligrosa para las libertades” desde la Patriot Act
En Gaza, Cisjordania y Líbano, nuevos ataques israelíes dejan más de un centenar de muertos. En Washington, el Congreso vota una ley que permite quitar fondos a ONG, universidades y colectivos sin pruebas ni un proceso transparente.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Turismo
Opinión Abolir el turismo
VV.AA.
Lleguemos a donde lleguemos, no puede ser que sea más fácil imaginar el fin del capitalismo que el fin del turismo.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el CAED de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el Estado español.

Últimas

Unión Europea
Unión Europea La ultraderecha europea, ante la victoria de Trump
El triunfo de Donald Trump da alas a todas las formaciones ultraderechistas de Europa y del resto del mundo, que han visto cómo el millonario republicano ha conseguido volver a ganar las elecciones sin moderar un ápice su discurso.
Comunidad de Madrid
Paro del profesorado Nueva jornada de huelga en la educación pública madrileña
Este jueves 21 de noviembre el profesorado se vuelve a levantar contra las políticas del gobierno de Díaz Ayuso, que mantiene paralizadas las negociaciones para mejorar sus condiciones laborales.
Más noticias
Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
València
dana A las 20:11, era tarde
Todavía conservamos el horror de cientos de coches amontonados y arrastrados por la riada. Es por esos millones de turismos y sus emisiones ─aunque no solo─ que vivimos en un planeta que se está calentando demasiado rápido.
Dana
Encuesta Tres de cada cuatro personas en España ligan la virulencia de la dana con el cambio climático
Una encuesta realizada por More in Common señala que una amplia mayoría de la población considera que el país está mal preparado para adaptarse a los fenómenos extremos que trae la crisis climática y debe hacer más esfuerzos al respecto.

Recomendadas

València
Dana y vivienda “La crisis de vivienda multiplicada por mil”: la dana evidencia el fracaso de las políticas del PP en València
La dana ha dejado a miles de familias sin hogar. Ante la inacción de las instituciones, han sido las redes familiares las que han asumido el peso de la ayuda. La Generalitat, tras décadas de mala gestión, solo ha podido ofrecer 314 pisos públicos.
Redes sociales
Redes sociales Bluesky, la red social donde se libra la batalla por el futuro de internet
Ni es descentralizada ni está fuera de la influencia de los ‘criptobros’ que han aupado a Trump a la Casa Blanca, pero ofrece funcionalidades útiles para recuperar el interés por participar en redes sociales.