Medio rural
A gabanza do traballo e a condena do pracer: Vestixios do franquismo no rural

O franquismo rematou, mais aínda hai comunidades rurais que se rexen baixo as ideas da ditadura, que exaltan irracionalmente o traballo e condenan o pracer. 

Xornalista feminista
17 ene 2020 12:37

A comunidade no rural cruza, atravesa e enlaza. As relacións entre a veciñanza non se dan polo mero feito de morar ao carón, son vínculos que se remontan a xeracións. E os que non son parentes de sangue, son familia política. Se pasa unha muller pola estrada, é moi posíbel que alguén diga algo como: “Esa muller foi a madriña do meu irmán” ou “ela estaba casada cun primo meu”.

Para integrarse nunha comunidade tan forxada é importante empezar a recoñecer a todas as persoas que forman parte dela. Mais acaso comezar polos nomes non sexa o mellor. É lóxico perderse entre Diamantinas, Hermosindas, Delmiros, cincuenta Manolos, trinta Marías, Consuelos, Luz Divinas, Argentinas, Erminios, Iginios, Laurianos ou Casianos.

Quizás o mellor método sexa escoitar anécdotas. É case imposíbel morar no rural e non saber os acontecementos recentes na vida das persoas coñecidas. Falar dos demais é tan común como para que a opinión pública pese abondo á hora da toma de decisións persoais. Calquera persoa é susceptíbel a que se fale dela.

Mais hai unha soa cousa que elimina calquera posibilidade de que se teña un mal xuizo sobre alguén: o traballo arduo. “Miña nai, esa rapaza non para. Moito traballa”, adóitase dicir —cun ton de aprobación e admiración que fecha posíbels comentarios negativos—, dunha muller que todos os días atende as súas dúas vacas, ovellas, porcos e galiñas; atende a súa casa e familia; entre semana é xornaleira no campo, e aínda traballa as fins de semana na cociña dun restaurante sen contrato, cunha paga que non lle fai xustiza ás máis de 8 horas que inverte no lugar. Non ten unha retribución digna. Tampouco tempo de lecer nin para ela mesma. Mais “que traballadora é! Si señor”.

O TRABALLO COMO FIN 

En 1942 Franco declaraba: “No hemos venido a regalarnos con la vida ni a disfrutar de esa paz que muchos burgueses aman”.

Cun país enteiro sumido na precariedade, a ditadura franquista optou por propagar unha política de austeridade. A propaganda oficial encargouse de difundir a idea de que o máis importante era o aforro, tanto dos cartos, como das enerxías. Carmen Martín Gaite, no seu estudo Usos amorosos de la postguerra española, anota que o Estado buscaba que a xente racionara as enerxías que puideran desembocar na consecución dun pracer inmediato.

Eran tempos nos que a felicidade se consideraba un propósito abominábel. Carmen Bueu, unha icona feminina do rexime, escribía: “Los falangistas no sentimos hoy nostalgia de bienestar material, ni mucho menos de aquella triste época de la vida fácil”.

Desta maneira comezou a exaltación do traballo. Canto máis se producía, máis valía tiña unha persoa. A paga indigna, as condicións laborais paupérrimas, o desgaste físico e mental, convertéronse nunha mostra de fortaleza; un acto heroico digno de admiración.

45 años despois da morte de Franco, cando a veciñanza da aldea recorda os vellos tempos, aínda se poden escoitar comentarios como: “Os rapaces de hoxe xa non saben o que é traballar, eu fun traballar aos xornais como un escravo aos 13 anos”, exclamados cun deixe de orgullo.

*** 
Por causa do espolio en Galicia e á exclusión territorial que se vive no rural, a dificultade para atopar un traballo digno é unha realidade que atravesou xeracións. De aí que calquera traballo que se obteña, por máis precario que sexa, sexa visto como bon. Excepto aqueles curros non remunerados como pode ser o traballo doméstico.

Este xeito particular de valorar o traballo remunerado acentúa a invisibilización da faena das mulleres que quedan na casa. As tarefas domésticas están tan naturalizadas que chegan a ser esixidas. É corrente escoitar que os homes que regresan das súas xornadas laborais, agardan que a muller os reciba coa comida quente e a roupa limpa —incluso cando a muller tamén traballe fóra de casa—. Non facelo sería sinal de preguiza e egoísmo.

Así mesmo, para a opinión pública, calquera traballo que no sexa práctico non é un traballo real. Os traballos ligados ao estudo, á investigación ou á academia non son recoñecidos; adoitan existir comentarios que demeritan ese tipo de oficios, como se o feito de non pór o corpo nin ter resultados tanxíbeis inmediatos evidenciara que non é un traballo “de verdade”.

Mais fóra desas dúas categorías, xorde a impresión de que dá o mesmo traballar oito horas de pé revisando latas de sardiñas nunha fábrica, que ter un contrato de dúas horas aínda que na realidade se traballen dez. Non importa a vocación, o desexo, a saúde nin a comodidade das persoas, “calquera traballo é bon”.

No entanto, traballar ”como escravos” ten unha recompensa que remata por se tornar un obxectivo vital: a xubilación. Mais cando chega... Dá a impresión de non ser o que se esperaba. É frecuente mirar nas aldeas a mulleres maiores sentadas soas na cociña mirando a través da fiestra, e a homes xubilados sentados todo o día nos bancos das prazas públicas.

Agora que, na realidade, a maioría da poboación rural xa xubilada, continúa a traballar no campo, mesmo ás veces sobre-esixindo ao seu corpo. No verán non é raro ver a mulleres e homes alén dos sesenta anos sachando terra, podando viñas, atendendo gando...

A idea prevalecente de que a lonxevidade particular das persoas de campo se debe ao estilo de vida activo ao que están acostumados, non sempre fai visíbel a coerción social existente, que impide que varias persoas maiores tomen a decisión de deixar de traballar en actividades que poñen en risco a sua saúde.

Tanto estas xornadas no campo post-xubilación, coma o súbito aburrimento ou encerramento na casa, son sinais da precarización da vida, de que hai unha carencia que non foi atendida por ningunha instancia institucional.

Que opcións pode ofrecer o merecido estado de xubilación despois dunha vida que foi adicada ao traballo de tal xeito que as satisfaccións e desexos persoais ficaron eclipsados nun segundo termo? 

O PRACER COMO CONFLICTO

Ao longo da ditadura, cantas xeracións non se educaron baixo discursos que satanizaban a vida fácil e o descanso? Canto tempo pode tardar unha sociedade en desarraigarse de valores que rexeron décadas? De que xeito a opresión económica e cultural ás que aínda son sometidas as zonas rurais poden perpetuar un ensimesmamento que sempre toma como referente ideal o pasado?

Non hai que esquecer que, ao fin de todo, detrás de todas estas cuestions, estamos a falar de vidas. Como dicirlle á muller que perdeu o seu marido cando ela tiña trinta anos, que tiña o dereito de volver namorarse? Ou a outra muller cunha enfermidade crónica, que cada ano se ocupa de máis de cinco fincas cheas de videiras, que está ben deixar de traballalas se iso compromete a súa saúde? Que dicir de meu veciño de setenta anos que cando lle suxiro tomarse un día de descanso ou saír de casa me responde cun ton irónico e despectivo: “Si, si, vou a ir eu a pasear con todo o que teño que facer. Iso é para a xente que non fai nada”.

Para que se esperou tanto pola xubilación se descansar é algo do cal moitos poderían avergoñarse? Para que se aforrou desa maneira se gastalo nunha mesma é un acto que pode ser sinalado como egoísta e frívolo?

Claro, é importante remarcar que o pracer é subxectivo. Cada persoa deposita os seus desexos en cousas diferentes. Non sería sensato facer comparacións omitindo os contextos. Son consciente que observo como unha muller que creceu nunha metrópole. Non se pode supor que alguén que non le ou non sae de viaxe, é infeliz ollando a televisión en casa todos os días.

Mais o que si creo é que os resaibos da educación franquista separaron ás persoas do seu corpo. Condenaron o desexo e, a través dunha serie de normativas sociais, atentaron contra a curiosidade polo estraño, polo que estaba fora da cotiandade.

Nun panorama de posibilidades tan acoutado, como é que se podería descubrir sequera aquilo que podería causar pracer de forma individual. Como fomentar oficios, pasatempos e intereses nun mundo prohibitivo social e economicamente?

Aínda despois de xa case cinco décadas do fin da ditadura, a maioría da xente nova que está a saír da ESO cos que teño contacto na aldea, optarán por cursar ciclos en lugar de cursar un grao para incorporárense máis rapidamente ao mercado laboral. “A ninguén lle gusta o seu traballo”, observaba un rapaz que, desesperanzado, estaba por comezar un ciclo medio nunha granxa.

Desta maneira indirecta, as xeracións máis novas son afectadas por todo un sistema de pensamento que pensábamos erradicado coa morte do ditador, e que clamaba que primeiro era o traballo e a produción antes que o corpo e o espírito.

***

Pese a que poida ser unha situación xeralizada na península, sen dúbida pódese ver con máis claridade nas periferias.

O enaltecemento irracional do traballo mide a valía da existencia segundo o grao de produtividade. Esta alienación, como teño desenvolvido, non só pode causar danos físicos e sociolóxicos interxeracionais, senón que supón unha desconexión das persoas consigo mesmas. E o feito de que a coerción social sexa un dos factores que máis arraigan este tipo de condutas, axuda a perpetuar un estilo de vida alleo do pracer persoal —e colectivo— que é reforzado como “a maneira correcta de vivir” a través de enunciados como o “aquí sempre se fixo así”, que cancelan o diferente; un abstracto, “primeiro hai que resolver a vida, xa logo fas o que queiras”, ou un sentenciador,  “viaxar é un desperdicio de cartos e para a xente que non ten nada que facer”.

Tras meses na aldea, vendo esta maneira xeneralizada de cancelar o pracer, pregunteime: como facer non só que non se lle persiga, senón que se recoñeza sen vergoña o que xa está alí, na vida cotiá? Como deixar de terlle medo?

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
Memoria histórica
Opinión Mi abuelo fue ejecutado sin juicio en 1936
Mi abuelo Ricardo Herreros Pérez fue ejecutado sin juicio el 27 de Agosto de 1936. Los crímenes de guerra no prescriben.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.