Psiquiatría
Os suicidios da xente tola non son distintos dos do resto da xente

O sistema de atención sanitario e social —resumindo moito— é un grande encoro que contén o produto da miseria e sufrimento sociais sen darlle saída nin solución.

Salud mental
Saúde mental
3 oct 2019 11:30

Pois si, señoras e señores, pode ser que boa parte da culpa estea ao noso redor e non dentro do noso cerebro cheo de neuroniñas conectadas unhas coas outras. Pero isto é unha boa nova porque significa que se pode traballar polo benestar e recuperación das persoas con trastornos mentais. Seino porque eu mesmo pasei por procesos de crise e sufrimento mental, estiven rumiando durante anos a morte pola miña propia man e, posteriormente, tiven a má idea de escoitar o que dicía a xente que coñecín que sufría trastornos mentais e trataba de buscar axuda máis aló do sistema de atención sanitario e social.

O sistema de atención, resumindo moito, é un grande encoro que contén o produto da miseria e sufrimento sociais sen darlle saída nin solución. Máis perturbadoras aínda que a situación actual son as medidas que se contemplan para o futuro próximo en canto a prevención do suicidio. Non só teremos que aturar unha sociedade cada vez máis tóxica e o control a través dos esixentes dispositivos socio-sanitarios, senón que se nos bota enriba unha maraña de aplicacións para móbil, pastillas con microchip e plugins de navegador, para controlar até o detalle calquera expresión de calquera síntoma psicótico ou signo de querer marchar ao outro barrio. En prisión tamén se vixían os suicidios para que non poidas escapar da túa condena (salvo a do pederasta Epstein, máis iso é outra historia).

Tortura
Las correas cortas

No hay datos, no se informa, y no escuchamos a los afectados porque aún nos acecha en las costumbres la sombra de la psiquiatría decimonónica. No es la falta de protocolo lo que impide el control sobre la práctica de las correas de contención. Es la falta de voluntad para evitarlo, de un tomarse en serio a los pacientes. 


Mais non nos precipitemos. Este texto entra dentro da categoría de opinión, aínda que inicialmente ía ser un artigo en plan serio con datos, referencias, evidencia científica, citas e todo iso que precisan o corpo profesional, as políticas institucionais, o sector asociativo e as súas fundacións para poder traballar no obvio. Vou falar do suicidio tomando como fío o making off deste texto… moi metanarrativo todo.

Fai un par de días decateime de que xa chegaba o 10 de outubro co seu inevitábel Día Mundial da Saúde Mental. Fun botar un ollo a ver que se lles ocorrera este ano para facer balbordo nos medios e xustificar empregos e orzamentos. O suicidio… Este ano veñen fortes. Anda, o 10 de setembro foi o Día do Suicidio, fan combo. Comezo a buscar algo de información en internet para ver como pulsaban os algoritmos o tema. Mirando información en distintas fontes, dunhas partes e outras, decateime de algo. Cando se fala do suicidio en relación cos trastornos mentais, estes son mencionados como “factores que favorecen a súa probabilidade”. Tal e como se len os textos, semella que fora un sinónimo de “causas”. Busquei a definición do termo:

FACTOR 4. s. m. Causa, lo que contribuye a producir un determinado efecto o resultado hay que analizar los factores de la catástrofe. Agente (Gran Diccionario de la Lengua Española © 2016 Larousse Editorial, S.L.)

Até onde calquera pode saber, cando alguén se suicida faino porque sofre, e o sufrimento ten causas. Do mesmo xeito, un trastorno mental non aparece da nada en plan, “ola, son a túa esquizofrenia”… Vaia, igual si que se dá esta presentación pero... Ben, sigamos... No caso da esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, a procura da orixe e causa do trastorno pode levarnos a eventos traumáticos na vida da persoa, polo xeral na infancia. Os traumas inclúen cousas como acoso escolar, maltrato dentro da familia e abusos sexuais. Tamén o tipo de relacións intrafamiliares poden afectar e moito na aparición de futuros trastornos; lembremos que a infancia é un período de extrema vulnerabilidade no cal hai unha dependencia total da familia e coidadores. Medrar con algúns modelos e referencias de persoas e relacións pode ser demoledor para a forma e posibilidades posteriores coas que a persoa pode afrontar a vida. Pasar por situacións como estas pode marcar para sempre.

40 anos de corrupta hexemonía bioloxicista sen resultados xa son abondo

Antes de que comece a berrar o sector escepticón: si, a xenética existe (#GeneticMatters) pero o asunto da saúde mental precisa máis investigación, coñecementos e traballo psicosocial, non biolóxico. 40 anos de corrupta hexemonía bioloxicista sen resultados xa son abondo. Hai quen fala dunha presenza de abusos na infancia no 75% dos casos diagnosticados como esquizofrenia. Aínda que fosen moitos menos, seguirían a ser demasiado relevantes para ignoralos.

As familias estarán xa berrando: “non é culpa de ninguén, cada un fai as cousas o mellor que pode e sabe". A crianza vén determinada pola cultura e o contexto social. Non se trata de culpabilizar ás familias senón de que asuman que elas tamén teñen responsabilidade e traballo terapéutico que facer. Ese traballo non depende só delas, senón do traballo que tamén deberan facer as administracións do estado. Será bo para as familias como tamén o será para quen caeu baixo a etiqueta de “enferme”.

Voltemos aos textos e o discurso oficiais. O concepto “trastorno mental”, entón, pode tomarse de dúas formas: síntese patolóxica dunha rede de elementos e variables psicosociais interconectadas ou –como é o caso habitual– unha pantalla que oculta todos eses problemas que o sistema nin pode nin semella querer abordar. Esta última e vixente interpretación ten un reforzo engadido. Aos enfoques bioloxicistas promovidos polo negocio farmacéutico convenlles moito que a análise se deteña aquí porque é o momento no que meten as súas argumentacións dos diagnósticos como ente patolóxico real e os tratamentos de psicofármacos correspondentes. “Es el mercado, amigo”, nin conspiracións nin acordos secretos, só unha barbaridade de cartos en marketing, medios de comunicación e financiación socio-sanitaria durante 40 anos.

Sadismo é o que máis detecto nesa obsesión por evitar o suicidio a calquera custo, mediante control e vixilancia, tratamentos forzosos, encerros psiquiátricos, electroshocks, contencións mecánicas, aplicacións móbiles, pastillas con microchips para comprobar a inxestión...

Sigo buscando cales son os discursos sobre o suicidio e a súa relación cos trastornos mentais. Dá practicamente igual o medio de comunicación ou a súa suposta ideoloxía. A existencia dun trastorno mental xustifica por si mesmo un suicidio. Lembro que vira unha curta documental, xa fai uns anos, en plena crise económica, que falaba dos suicidios ligados á vaga de desafiuzamentos da época. Nun momento dado, saía un “experto” médico psiquiátrico que deseguida separou os suicidios por desafiuzamento dos suicidios por trastorno mental. E xa. Debe ser que a xente tola non ten casa, problemas laborais, familia e parella, etc... Bueno, en realidade non temos casa porque temos 40 anos e vivimos coa nosa nai, non temos traballo porque o noso colectivo ten perto dun 80% de paro con empregos de moi baixa cualificación e non temos familia ou parella porque a sedación dos fármacos nos dificulta ter relacións sociais, de parella ou sexuais.

Neste punto ocórreseme facer unha especie de enquisa preguntando a toda a xente “normal” que estea a ler. Pensade nas condicións psicosociais que se listan a continuación:

• As amizades ou persoas non diagnosticadas que son a túa referencia social (compas de clase, amizades da infancia, veciñxs,...) están emancipadas.
• Estás no paro ou desemprego desde hai anos.
• Tes unha pensión inferior ao prezo dun aluguer ou non tes pensión.
• Vives coa túa familia e tes 40 anos.
• Dependes economicamente da túa familia e non ves posibilidade de que iso cambie nun futuro próximo.
• A túa relación coa familia e mala.
• Non tes relacións significativas de amizade.
• As túas relacións sociais fora da familia se limitan a xente que coñeces a través dunha asociación, centro de día ou hospital.
• Consideras que a relación coa túa familia é tóxica ou problemática.
• Vives nunha cidade grande dun alto nivel adquisitivo.
• Tes dificultades para manter relacións sexuais.
• Tes dificultades para comunicarte con outras persoas e sentes dificultade para pensar ou expresarte.
• O teu traballo non se corresponde coas expectativas de cando eras estudante.
• A túa familia obrígate a acudir a algún recurso asociativo ao que ti non desexas ir.
• A túa familia son persoas maiores e tes que coidar dun ou varios membros.
• Sentes esixencia por parte doutras persoas do teu contexto.
• Tes un grao alto de autoesixencia e dificultade para responder a el.
• Tes baixa autoestima.
• Mentes sobre o teu estado emocional para que non che suban a medicación.
• Contas os teus problemas e inquedanzas sen obter resposta ou lograr ningún efecto.
• Cando te atopas mal e o expresas, lévante a un ingreso psiquiátrico.
• Sufriches agresións e violencia durante ingresos psiquiátricos en forma de medicación forzosa, encerro involuntario, contencións mecánicas ou semellantes.
• Non tes aceso a psicoterapia a través do sistema de saúde.
• Tes aceso a psicoterapia polo sistema de saúde pero non estás satisfeito con ela.

Non pretendo facer un cuestionario formal pero, collendo a totalidade das condicións ou só algunhas delas, podedes puntuar entre o 1 e o 10 como de suicida estarías ti. Hai que ter en conta que a maioría son situacións que se dan durante anos e anos e que a sensación xeral de estar atrapado sen saída é moi grande e opresiva.

Philip k. Dick é “un dos nosos”, manifesta e desenvolve os seus delirios e paranoias nos seus relatos

Continuei a buscar información e novas sobre o suicidio e as formas de afrontalo. Sen moita convicción e con moita preguiza de escribir nada, sobre todo polo malestar que me dá seguir os ritmos inhumanos e antinaturais dos medios e as institucións. Nun descanso, e sen ter falado do tema coa persoa, envíanme por teléfono unha ligazón a unha nova sobre unha aplicación de móbil que controla publicacións e procuras en internet das persoas con trastorno mental. Envíamo unha profesional crítica coa que teño contacto habitual. “Que chaladura”, di ela na mensaxe. Entro na web da nova. Trátase do Hospital 12 de Octubre, onde non deberon ver a serie Black Mirror, pero polo menos teñen o detalle e consideración de dicir que: “Hay pacientes cuya ideación delirante tiene que ver con que les espían. A esos no se lo proponemos de primeras”. Con estas cousas sempre me dá por lembrar a Philip K. Dick, o escritor de ciencia ficción que sufría unha dúbida constante sobre a realidade e o que se agocha tras ela.

Tamén me dá por pensar que todas as temáticas delirantes de microchips implantados nos dentes e os micrófonos de axencias de seguridade do estado en teléfonos e lámpadas non foron soamente un produto da época e a sociedade da Guerra Fría, senón tamén un anticipo da sociedade dixital, a mercantilización da nosa privacidade e o “internet das cousas”. No colectivo tamén temos Memoria Histórica e grandes persoeiros que reivindicar. Dick é “un dos nosos”, manifesta e desenvolve os seus delirios e paranoias nos seus relatos. Porén, “O fabricante de carapuchas” (1955) ou “A campaña publicitaria” (1954) son de angustiante vixencia e actualidade. Pregúntome quen pode pensar que un dos terrores máis habituais nas persoas con síntomas de esquizofrenia paranoide sexa ao mesmo tempo unha boa idea para empregar como terapia. Semella un pouco sádico, cando menos.

O suicidio é produto do sufrimento. É unha saída desesperada fronte a unhas situacións comúns a todo o mundo que se perciben insalvábeis

Sadismo é o que máis detecto nesa obsesión por evitar o suicidio a calquera custo, mediante control e vixilancia, tratamentos forzosos, encerros psiquiátricos, electroshocks, contencións mecánicas, aplicacións móbiles, pastillas con microchips para comprobar a inxestión... Todas estas medidas para evitar pola forza unha morte e nin unha mención ao tipo de sociedade definitivamente tóxica na que nos toca vivir. Unha sociedade que non supera ningunha análise medianamente seria que avalíe os determinantes sociais de benestar e as súas variacións. Nin unha mención ao traballo e condicións precisas para que as nosas vidas merezan a pena ser vividas. Porén, cada vez atopo máis artigos científicos que falan desta toxicidade. Falan da necesidade de natureza que temos como mamíferos, na vivencia do tempo e os ritmos dunha forma saudábel e marcada polo día e a noite e as estacións, da redución de hiperestímulos salvaxes e antinaturais en plena explosión da “economía da atención”, da redución da esixencia cognitiva, laboral, de consumo que padecemos cada vez con máis custo para a nosa saúde.

O suicidio é produto do sufrimento. É unha saída desesperada fronte a unhas situacións comúns a todo o mundo que se perciben insalvábeis. Os chamados trastornos mentais e os seus síntomas son unha característica temporal ou máis ou menos permanente das persoas que reflicten dunha forma particular e variábel as situacións de dificultade. O concepto de trastorno mental non debería servir para ocultar estas situacións de abusos, maltrato, precariedade, capacitismo ou estigma. O coidado do social implica benestar para todes.

Cada vez gaña máis vixencia a famosa cita de Jiddu Krishnamurti: “Non é saudábel estar perfectamente adaptado a unha sociedade profundamente enferma”. Tanta vixencia que dá medo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Salud mental
Salud mental Sanidad consigue que se apruebe el plan de salud mental que apuesta por la deprescripción de algunos fármacos
Ministerio y comunidades autónomas acuerdan el plan que incluye la disminución en el consumo de psicofármacos, un aumento en las plantillas y una mejora en las garantías de los derechos de las personas con sufrimiento psíquico.
Salud mental
Sesgos en medicina Mujeres y consumo de psicofármacos: la medicalización de sus vidas
Las mujeres consumen el doble de psicofármacos que los hombres. Además de una mayor prevalencia de depresión o ansiedad, las especialistas avisan de sesgos de género en los diagnósticos.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.