We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Pensiones
Galería: milleiros de persoas saen ás rúas esixindo unhas pensións dignas
O 17M converteuse nunha xornada de protesta contra a política económica do goberno español. Os milleiros de pensionistas galegos que saíron á rúa protestaron contra a ridícula suba do 0,25%.
As mobilizacións do 17 de marzo viñan precedidas dun debate social e político en torno á problemática das pensións públicas. Na xornada de onte, os pensionistas e os milleiros de persoas mobilizadas esixiron unha maior suba e protestaron contra a política económica do goberno do Partido Popular. Foron abundantes os berros contra o "rescate" aos bancos e ás autopistas e recordando os numerosos casos de corrupción dentro do PP: "menos corrupción e máis pensións".