Opinión
UDC. Desfeita. Abolicionismo?

Desde unha defensa firme da liberdade de cátedra e da autonomía universitaria, o autor sinala algúns intereses que poden ocultarse detrás da campaña pola supresión das Xornadas sobre traballo sexual que se ían celebrar na Universidade da Coruña (UDC).

8M Coruña
Folga feminista na Coruña
Profesor de Dereito da UDC, foi organizador de actividades académicas sobre traballo sexual na mesma universidade.
16 sep 2019 12:00

UDC. Universidade da Coruña. Este é o nome da comunidade universitaria á cal pertenzo, que esta semana viu como se censuraba un seminario académico sobre traballo sexual, con importante presenza de mulleres dedicadas a esa actividade. Desafortunadamente, un bo número das persoas que demandaron a prohibición dese seminario nin sequera lograron escribir correctamente o nome da institución universitaria na que se ía celebrar (Universidad de Galicia foi seguramente a denominación máis divertida). Esa é a mellor mostra de que os membros da UDC vivimos unha pugna de poder que se xogaba en casa allea. Por desgraza, tampouco as promotoras do oportuno manifesto Por el derecho a debatir en la Universidad lograron ter en conta as voces da nosa comunidade académica, o que —dito sexa de paso— non contribuíu ao esforzo de quen estábamos intentando evitar a prohibición desde aquí ao lado.

Sentaron un precedente moi grave de desconsideración da liberdade de expresión e das liberdades académicas coas que teñen que estar comprometidas

Desfeita. A palabra máis escoitada estes dias a pé de rúa entre as persoas da UDC. Non é difícil fundamentar, como o teñen dito activistas moito máis acreditadas, que todo isto foi unha grande desfeita para os feminismos. Xunto a iso foi, sen dúbida, unha grande desfeita para a UDC, en particular para as súas institucións, incluídas aquelas que, como o CEXEF ou a Oficina para a Igualdade de Xénero, deben estar chamadas a loitar pola superación das brechas de xénero. Estas institucións non foron quen de atopar unha solución ante a agresiva campaña lanzada contra as xornadas sobre o traballo sexual que non fose unha decisión sancionadora, materialmente de censura, que afecta á parte máis débil, ás organizadoras. Non conseguiron evitar a incómoda imaxe de rexeitar unha actividade académica cando, nas mesmas semanas, se prestaban altofalantes para charlas de signo contrario, financiando a participación de persoas que estaban impulsando a campaña prohibicionista. Sentaron un precedente moi grave de desconsideración da liberdade de expresión e das liberdades académicas coas que teñen que estar comprometidas. Con todo, isto non é só un problema institucional. É unha desfeita para o conxunto da comunidade da UDC. Agás excepcións —a máis importante, o milleiro longo de persoas que asinaron unha petición pública contra a suspensión das xornadas—, non soubemos, non puidemos ou non quixemos evitar este grave menoscabo da condición da universidade como espazo de protección do debate libre de ideas.

Vivimos tempos convulsos, nos que é doado constatar que as riquezas dos pensamentos abolicionistas están sendo cada vez máis sometidas a unha metonimia

Abolicionismo? Como todo nos feminismos, o abolicionismo non ten sentido en singular. Os abolicionismos son, afortunadamente, plurais. Non obstante, vivimos tempos convulsos, nos que é doado constatar que as riquezas dos pensamentos abolicionistas están sendo cada vez máis sometidas a unha metonimia, á construción dun abolicionismo hexemónico ou realmente existente. O resultado, sinceiramente, ten pouco interese, pola vontade de pecharse nas cadeas do simulacro, sen maior conexión co real. O resultado non ten capacidade —nin, aparentemente, disposición— para responder ás preguntas que verdadeiramente importan, cuestións como por que ducias de mulleres nixerianas son encerradas anualmente nos CIE ou ducias de mulleres paraguaias son deportadas por ser traballadoras sexuais? Ou, por que despois de anos e anos de políticas de loita contra a trata envasadas en racionalidades abolicionistas os resultados —como amosa a recente memoria da Fiscalía Xeral do Estado— non superan o estadio da insignificancia?

A fase da crise política que habitamos desde entón está caracterizada por unha aposta do Partido Socialista de amosar que ten máis capacidade que os seus contendentes para levar a cabo a restauración

En realidade, o que vivimos na UDC nestes últimos días semella ter pouco que ver cos diferentes programas dos feminismos sobre a xestión das consecuencias, para as mulleres e para a sociedade, do traballo sexual/prostitución. Parece máis conectado con cuestións que desbordan por completo á comunidade da UDC e incluso aos propios feminismos. En xuño de 2018, cando Pedro Sánchez presentou a súa equipa de goberno, caeu o pano para a narrativa que describía o actual presidente do goberno central como unha sorte de Maverick en rebeldía contra diversos segmentos das elites. A fase da crise política que habitamos desde entón está caracterizada por unha aposta do Partido Socialista de amosar que ten máis capacidade que os seus contendentes —esencialmente, o PP e Ciudadanos— para levar a cabo a restauración, como programa soberano de solución desa crise. En substancia, as súas credenciais son dúas. Unha, evidenciar que está en mellor situación que os demais para encarnar o Estado e os seus aparatos. Dúas, probar que ten condicións para cooptar e desactivar os disensos que consolidaron a crise política, desde hai xa sete ou oito anos (sobre os perigos dunha estratexia destas características, vid. o recente The Courage of Hopelessness, de Slavoj Žižek).

A síntese de ambas credenciais consiste en facer o mesmo que faría calquera outro partido do extremo centro (ou, mesmo, das dereitas), pero con maior mesura e, sobre todo, con narrativas diferentes. Isto último require acumular capital político abondo para resignificar demandas de xustiza social (de xénero, racial, etc.) que xorden desde a rúa. Sen prexuízo de que o abolicionismo realmente existente cotiza á alza en todos os partidos estatais, este programa gobernativo está afectando notablemente ao debate público sobre como enfrontar o traballo sexual/prostitución. A discusión estase empobrecendo e, sobre todo, estase declinando nunha dirección preocupante. Non é de estrañar, porque o autoritarismo é a tendencia dunha tempada que xa está durando de máis. Se as políticas e demandas de xénero nos por tantos motivos felices anos ’00 orientáronse cara á ampliación de dereitos, no período actual están adquirindo un ton máis autoritario, pensado desde a prohibición e o anatema. O que ten pasado na UDC nestas semanas ten que ver, antes que nada, con estes xogos de poder e de acumulación de capital político. Por desgraza, nin é o primeiro caso nin vai ser o último da vaga anti-dereitos que estamos vivindo.

A discusión estase empobrecendo e, sobre todo, estase declinando nunha dirección preocupante

Desde esa perspectiva, vese con claridade un último aspecto da desfeita. A campaña prohibicionista estivo impulsada —tamén— por declaracións institucionais, como o tuit gobernativo no que se afirmaba, erroneamente, que o traballo sexual/prostitución é unha actividade “ILÍCITA” (sic, en maiúsculas). A UDC, en particular as súas autoridades, non lograron —tampouco— parapetar a autonomía universitaria. A suspensión das xornadas sobre traballo sexual ten sido un fito maior de erosión das liberdades académicas nos vinte nove anos de historia da nosa Universidade. Do mesmo xeito, lembrarémolo tamén como un momento de escasa saúde da nosa autonomía.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Trabajo sexual
Anneke Necro “Es imposible hablar de porno sin analizar cómo hemos llegado hasta aquí en materia de placer”
Hablar de cómo se ha construido el deseo en nuestra cultura occidental es una de las motivaciones que Anneke Necro persigue en su primer texto, ‘Deseo disidente: las políticas del placer’.
València
València ¿Qué ha pasado con las mujeres que ejercían la prostitución en la Pista de Silla?
La entrada sur a la ciudad de València se convirtió el 29 de octubre, la noche de la dana, en la autovía del terror. Médicos del Mundo asegura que no hubo medidas para las mujeres que ejercían la prostitución en esta zona.
#39525
19/9/2019 8:15

Se este é o nivel da universidade e os seus profesores, vamos ter que dicirlle ós fillos que vaian marchando. Un artigo que só recolle a visión sesgada e parcial dun adoctrinador. Unha mágoa.

4
4
#39411
17/9/2019 11:44

O carallo, angelito. Se queredes montar un debate de "esclavitud ¿sí o no?" facédelo na vosa casa, no teu tempo e non nunha institución pública.

E se tanto vas de defensor da autonomía da universidade, deberías saber que o "apupo, loba e mantea" é unha atribución da propia comunidade estudantil. Se cadra na Coruña aínda non o sabedes, mais non é o primeiro acto boicotado (que foi o que aconteceu, chames como lle queiras chamar e chafulles o que queiras chafullar).

Patético o de "sensura, prohibisión, maio del sesentayocho, denunsien denunsien" . A chorar a Cangas. Boicotado quedou e ben boicotado estivo. parabéns ás feministas.

10
7
#39424
17/9/2019 13:05

Pero dos temas que se van a tratar nas xornadas, cales son os que falan de escravitude?? : "Mulleres inmigrantes e traballo sexual; Violencias cara as persoas que exercen a prostitución; Violencias e sindicación; Dereito a ter dereitos; exerciendo na rúa en condiciones de traballo; Inmigración e prostitución; Mitos sobre a prostitución e a psicopatología; Traballadoras sexuais nixerianas, un enfoque de dereitos e desmontando mitos" ¿¿Ou é que as prostitutas non son mulleres, non poden debater e analisar os seus temas dende unha perspectiva feminista??

4
11
#39426
17/9/2019 14:07

Pero como é posíbel que non vexas que a trata de persoas é, por si própria, escravitude? Se non entendes iso, obvio que veñas retrucando xa cun termo coma o de "trabajo sexual". Pero quen pensades que sodes? Que se vos non nomeades a "escravitude" esta automáticamente vai desaparecer? Ou, peor, usando un efemismo asqueroso? Que un "mito" queda anulado por dar un testemuño de parte? É así coma se investiga na universidade da Coruña, dando voz a unha parte e tomando o seu punto de vista?

Se a maioría de casos de mulleres traídas de países africanos, do leste e América é baixo falsos pretextos, cando non ameazas e adquirindo unha débeda impagábel?

Que dereitos vas ter cando o q exerces non é un traballo, senón que alugas o corpo orque o privilexio masculino de acceder ó sexo está por diante da seguridade? Se estás dada de alta no réxime dos traballadores coma protituta, estarías obrigada a aceitar eses traballos se foses o paro? Dos dereitos de quen se está a falar?

As mulleres falarán do que queiran; é un feito que moitas mulleres falaron, chamaron ó boicote e triunfaron. Ben por elas.

Por certo, eu nesta choromicada só lin a un home a dicir "ai ai me sensuran mi libertá, autoritarismo me oprimen a mimimi".

7
2
comochoconto
16/9/2019 13:07

https://ogajeironagavea.wordpress.com/2019/09/16/a-prostituicom-nas-universidades-publicas-ou-de-como-chegar-a-ser-professora-universitaria/

5
3
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Madrid
Alerta antifascista Un historiador negacionista del Holocausto dará una charla en la Universidad Autónoma de Madrid
CGT alerta a las autoridades de esta universidad pública sobre la convocatoria de una charla en la Facultad de Derecho a cargo de Fernando Paz, pseudohistoriador conocido por negar el Holocausto y por su abierta homofobia.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Comunidad de Madrid
Movilización por la educación 23F: el día que una veintena de colectivos llenarán de verde Madrid para defender la educación pública
La comunidad educativa de todos los niveles en la enseñanza se prepara para una movilización que arrancará a las 12:00 horas desde Atocha hasta Sol, en la región que menos invierte en educación por estudiante.
Política
El Salto Radio Podcast | ¿Cancelar la cancelación?
Hablamos con Antonio Gómez Villar, a partir de su libro “Cancelar no es transformar” sobre malos entendidos y límites de esta acción política
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.