Migración
Redes de apoio emocional para coidar a saúde das persoas migrantes

Ante as consecuencias dun racismo estrutural e as carencias da administración pública, créanse espazos colectivos de validación das experiencias da xente que migra.
5 jun 2022 07:00

Son as nove da noite e Amad acaba de saír do traballo. Fala dende Francia, onde se asentou despois de ter que fuxir das ameazas do réxime marroquí en 2019. Ao fondo, mestúranse palabras en árabe coa liña do metro indicando en francés a seguinte parada. Di botar de menos ás súas fillas, a súa muller, coas que non puido reencontrarse dende que voou a Turquía para atravesar os Balcáns ata Europa. Pediu asilo e denegáronllo. Traballa en situación irregular e vive nunha habitación dun piso compartido. A súa voz emana o cansazo dun sistema que perpetúa a súa vulnerabilidade. 

“Non se fala da saúde mental das persoas migrantes porque non se fala, en xeral, da súa saúde”, afirma Mari Fidalgo, psicóloga e activista. Conversa sentada no chan da Casa Comunitaria Aluande, un espazo autocentrado e antirracista en Compostela: “Non se fala da saúde das persoas migrantes ou racializadas porque os seus corpos son pensados para o traballo, para a produción. A única opción que existe é a de seguir saudable para continuar producindo, pero realmente non se ve a integridade destas persoas”.

A pesar das vivencias traumáticas, estresantes e de racismo que levan afectando anos ás persoas que migran, non existen moitos datos a cerca da súas situacións a nivel de saúde mental. O primeiro informe que elaborou a Organización Mundial da Saúde sobre este tema publicouse no 2019. Os datos xa eran alarmantes entón, antes da pandemia. A prevalencia informada de depresión na poboación refuxiada e migrante variou do 5% ao 44%, en comparación co 8 ao 12% da poboación xeral. Para Mari, é importante destacar que a primeira ameaza que existe de cara a saúde mental das persoas migrantes no Estado español é a propia Lei de Estranxeiría: “A presión por ter que estar constantemente renovando documentación, por non poder estar tranquilas nin un momento, ten un efecto moi grande sobre a vida das persoas. As resolucións que se derivan da Lei de Estranxeiría son moitas veces discrecionais e iso poden deixar as persoas migrantes en situación de irregularidade. Ante isto, pódente parar nunha redada racista, abrirche un proceso de expulsión, levarte a unha comisaría e derivarte a un centro de internamento”.

Migración
Efectos colaterais da política de estranxeiría
Cantas posibilidades ten unha persoa migrante de regularizar a súa situación no Estado español? Onde e como se accede á información sobre a lexislación de estranxeiría?
“Para a Administración, as vidas migrantes son vidas de segunda e non merecen que haxa pensamento sobre a súa saúde mental e emocional"

Daniela Flores atende a O Salto dende Honduras. Ela é mexicana, pero fai un tempo que vive alí. Leva máis de dez anos defendendo os dereitos das persoas migrantes en organizacións locais na rexión de Mesoamérica. “A atención a saúde psicosocial das persoas que migran tiña que ser responsabilidade dos Estados, pero estase facendo dende as organizacións sociais, que moitas veces non dan a basto.  Non existe vontade política. Para a Administración, as vidas migrantes son vidas de segunda e non merecen que haxa pensamento sobre a súa saúde mental e emocional”, explica Daniela. Ao longo de toda a conversa fai fincapé na necesidade de entender a complexidade e diversidade de todas as persoas que migran: “Hai que entender que existe unha gran diversidade de mulleres, nenas, nenes, persoas das disidencias trans, non binarias e homes que están migrando. A migración ten que verse como un proceso interseccional”. 

Cada persoa migrante ten as súas propias vivencias, pero existe un sistema que lle pon trabas a todas elas. Tanit Vázquez é psicóloga na asociación galega Arraianas. Na súa sede atenden a persoas que acaban de chegar a Santiago de Compostela, ou a outras que levan máis tempo na cidade. “Atopámonos con persoas que teñen moitos problemas de ansiedade, de insomnio… Como vas estar ben se son todo trabas? Son constantes problemas no acceso ao sistema sanitario, a un emprego, as condicións de traballo, á discriminación, ao racismo, ao medo constante de atoparte coa policía?”. Para Daniela, este sistema é “a necropolítica da ausencia total do coidado pola vida, a xerarquización das vidas das persoas. O sistema non é inxenuo, trata de romper ás persoas”. Neste punto, entran as políticas do chamado retorno voluntario, que moitos Estados ofrecen ás persoas migrantes, e que venden, en moitas ocasións, como proxectos de retorno. “Péganche física e emocionalmente. Rómpente para despois chamarlle retorno asistido, pero para nada é iso. É unha maneira de sacarse o problema de enriba”, explica Daniela. 

“Ás veces, a primeira queixa é máis física, pero o que hai detrás é de corte psicosomático, porque viven o desgaste, o racismo, o machismo, o acoso sexual, a desvalorización e a falta de perspectiva e cobertura social”

Mari Fidalgo fala de todas as capas de opresión que viven as persoas que pasan por procesos migratorios e que afectan a súa saúde, física e mental: “O desgaste emocional, físico e social que supón este proceso deriva nunha vulnerabilidade para a condición física destas persoas. Ás veces, a primeira queixa é máis física, pero o que hai detrás é de corte psicosomático, porque viven o desgaste, o racismo, o machismo, o acoso sexual neses empregos, a desvalorización e a falta de perspectiva e cobertura social”. Para ela, cando se trata o tema da saúde mental, é importante falar dun construto social que responsabiliza ás persoas do seu malestar psíquico e emocional, traendo a colación conceptos como a autoestima, a asertividade e a motivación: “Cúlpante de non estar ben nun sistema que fabrica un malestar constante”. 

Mari comezou a estudar psicoloxía no Brasil e rematou a licenciatura en Santiago. Ela non tivo que pasar por unha problemática a que se enfrontan moitas expertas en psicoloxía que migran ao Estado español. “Chegan aquí e vense coa imposibilidade de exercer, e iso xa xera unha serie de malestares de por si, ter as expectativas frustradas, ata o propio descrédito da experiencia que traen. Aquí poderían estar facendo unha labor importantísima á comunidade en xeral, pero pensando sobre todo nas comunidades migrantes e racializadas, porque acompañas dende outro lugar, porque son procesos que ti tamén pasaches”. Daniela sinala a importancia de poñer ás persoas migrantes no centro: “É importante pensar a saúde mental en termos de escoita activa, entendendo que as persoas migrantes están no centro das súas propias historias e son as súas primeiras defensoras. Elas son as que están camiñando pola vida, sostendo a súa vida e a de moita outra xente. O coidado da saúde mental non só implica atención psicosocial, senón educación antirracista e antipatriarcal”. 

 “Temos unha perspectiva de saúde comunitaria, de que os problemas non son causados por déficits individuais, senón por disfuncións dun sistema que atenta contra a vida das persoas”

A Casa Comunitaria Aluande está chea de cores, prantas, historia e reivindicacións. As paredes son políticas. Alí, ademais de outras actividades, tamén ofrecen apoio emocional. “Percibimos que había moita demanda de acompañamento en apoio emocional. Nós temos unha perspectiva de saúde comunitaria, de que os problemas non son causados por déficits individuais, senón por disfuncións dun sistema que atenta contra a vida das persoas. Sabemos que isto tería que ser responsabilidade da Administración, pero non podemos seguir vendo como a xente queda polo camiño”, explica Mari. Dende a Casa Comunitaria Aluande perciben que moitas persoas mozas migradas ou racializadas teñen unha necesidade de “espazos de pertenza” por padecer “un total desestímulo ao non verse representadas no currículo escolar, sufrir acoso… por iso este pode ser un lugar de pertenza e comunidade, para que poidan convivir con persoas máis parecidas a si que ostenten posicións de liderazgo”. 

Ante a insuficiencia do recursos públicos de asistencia á saúde mental para poboación vulnerable, Daniela fai fincapé na necesidade de tecer redes de apoio: “É esencial comprender a complexidade dos procesos migratorios. Temos que poñer no centro a solidariedade e a tenrura radical. Isto non quere dicir que todas as relacións van a ser limpas de discrepancia, senón que debemos pensar como vivir xuntas coas nosas diferenzas, porque como xa dixeron as nosas amigas zapatistas: o acordo é manternos vivas, e nese acordo as redes de solidariedade parécenme fundamentais”. Mari concorda con ela: “Hai que darlle importancia ás comunidades que rescatan comunidades, as redes de apoio que se crean por moi precarias e inestables que sexan. Sen elas, as persoas non sobrevivirían porque o sistema está facendo todo para eliminalas”. 

“Temos que poñer no centro a solidariedade e a tenrura radical”

E para poder construír estas redes de apoio, explica Daniela, “temos que facer críticas e poñernos en lugares que ás veces non nos van gustar. Unha persoa branca nunca vai sufrir racismo, e entender isto é fundamental para escoitar as persoas ás que si as están atravesando estas experiencias”. Por iso, para Mari é fundamental “intervir na base da sociedade para que se desenvolva pensamento crítico, para que as persoas brancas revisen as súas prácticas. De aí tamén ven a nosa demanda de compromiso e reparación histórica: que a xente se forme, acuda a actividades, poña o corpo”.

Migración
As mans desta terra
O traballo precario no campo galego preséntase como unha das poucas opcións de subsistencia para as persoas migrantes en situación irregular.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Salud mental
Salud mental Sanidad consigue que se apruebe el plan de salud mental que apuesta por la deprescripción de algunos fármacos
Ministerio y comunidades autónomas acuerdan el plan que incluye la disminución en el consumo de psicofármacos, un aumento en las plantillas y una mejora en las garantías de los derechos de las personas con sufrimiento psíquico.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.