as mans desta terra web - 4

Migración
As mans desta terra

O traballo precario no campo galego preséntase como unha das poucas opcións de subsistencia para as persoas migrantes en situación irregular.

A Ousmane dóenlle as costas. Aínda así, vai traballar tódolos días: érguese as sete da mañá, camiña unha hora baixo o sol ou a choiva ata unha granxa da parroquia veciña, desfai o camiño ata a casa ao mediodía, come nunha hora, anda outra de volta ao traballo e remata a súa xornada laboral ben entrada a noite. Ousmane chegou a unha vila da Costa da Morte desde Senegal fai dous anos e medio. Dende ese momento, sobrevive a base de traballos precarios no campo agardando a que, cando cumpra tres anos de estancia aquí, poida solicitar o arraigo social. Para conseguilo, precisa que alguén lle faga un contrato laboral. Por iso, repite unha e outra vez, continúa traballando aínda que lle doian as costas.

Para Ahmed, de orixe marroquí, o máis importante é obter a residencia e o permiso de traballo. De aí que, en canto viu un anuncio nunha páxina da internet o pasado verán no que prometían un contrato de traballo a través do que regularizar a súa situación, non dubidou en contactar co anunciante. “A oferta era para traballar como peón agrícola e especificábase que podían facer un contrato para conseguir a residencia”, conta Ahmed. O empresario pediulle 2.400 euros para costear os “trámites da xestoría”. Estivo traballando durante 15 días nunha finca en Tordoia. Nunca percibiu ningún tipo de salario, non volveu saber dos trámites para regularizar a súa situación nin dos seus 2.400 euros. Ahmed e outras nove compañeiras e compañeiros atópanse agora nun proceso xudicial tras denunciar a este empresario que acusan de trata con fins de explotación laboral. “Este caso sae á luz porque a un dos traballadores migrantes o atan, o meten nunha furgoneta e o levan a un monte próximo para ameazalo cunha pistola co obxectivo de que borrase do seu teléfono unhas probas que tiña do sitio no que traballaban”, explica Brais González, avogado da Central Unitaria de Traballadoras (CUT) que leva o caso.

Todas as persoas denunciantes narran unha historia similar: conseguen o traballo a través dunha plataforma web e pagan cantidades que oscilan entre os 400 e os 2.400 euros para, supostamente, regularizar a súa situación. “A min díxome que o traballo consistía en recoller e empaquetar hortalizas, pero cando cheguei alí púxome a cortar árbores e facer outros tipos de traballos máis duros e sen ningunha medida de seguridade”, explica María, procedente de Venezuela. A moitas das persoas migrantes ás que lles ofreceu traballo recollíaas na estación de autobuses de Carballo e levábaas, sempre por camiños diferentes, ata unha finca en Tordoia, onde traballaban en réxime pechado. “Tivemos que firmar un precontrato no que se especificaba que tiñamos 15 días de proba e que, se non os superabamos, non nos devolvería os cartos”, explica María. Segundo ela, o que o empresario intentaba era que se cansaran e renunciaran ao traballo por vontade propia. A xornada laboral comezaba ás nove da mañá e alongábase ata as catro da tarde, con 15 minutos de descanso ao medio día para comer. “Cando entrabamos na finca botaban o peche, quedabamos encerrados e non podiamos saír”, explica Juan, colombiano que tamén denunciou a súa situación.

“Cando entrabamos na finca botaban o peche, quedabamos encerrados e non podiamos saír”

Catro das persoas denunciantes conversan fóra do xulgado de Ordes mentres algúns dos acusados declaran no interior do edificio. Rememoran as súas vivencias, comparten sensacións e medos. “Non nos deixaba falar entre nós. Dicíanos que non podiamos ir tomar algo sen el”, conta Martina, natural de Uruguai que leva algo menos dun ano en Galiza. O resto asenten. “O suposto empresario case sempre buscaba xente que se desprazara ata un lugar máis ou menos inmediato e, cando xa levaban dous ou tres días, ofrecíalles aloxamentos próximos á finca”, explica o avogado Brais González. Algo semellante lle ocorreu a Martina. Ela vivía na Coruña e, cando aceptou este traballo, el díxolle que non podía estar indo e vindo todos os días, que tiña que mudarse a Santa Comba, onde lle ensinou un piso. “No piso firmei o precontrato e, a partir de aí, empezou a preguntarme cousas raras como se me parecía lindo, se me iría con el de telo coñecido nunha discoteca... Eu sentinme incómoda e comecei a apurar para marchar”, conta Martina. Ela foi a traballar un día e, tras percibir incongruencias e situacións das que non se fiaba, decidiu deixar o traballo. O socio do seu empresario seguiu a escribirlle un tempo, insistíndolle para que volvera traballar con eles: “A min el dábame medo. Fun contalo á Policía Nacional e só me dixeron que o bloqueara no teléfono”.

as mans desta terra web - 6
As persoas enganadas no caso de Tordoia seguen aínda á espera de regularizar a súa situación. Sofía Caamaño Pablo Santiago

Antonio, de El Salvador, non conta a súa historia, a diferenza dos seus compañeiros e compañeiras, desde Ordes. El fálanos desde Madrid, onde tamén estaba cando descubriu a oferta de traballo na que prometían un contrato a través do que regularizar a súa situación. Veu dende alí para comezar a traballar nesta finca de Tordoia. Foi a el a quen o empresario lle pediu que o axudaran a “castigar” a un compañeiro seu de orixe marroquí. Antonio negouse e, ao día seguinte, denunciou o que acontecera ante a Garda Civil. Tralas denuncias, o principal responsable entra en prisión provisional para volver quedar el liberdade vinte días despois. “É absolutamente extraordinario que levanten a medida de prisión provisional en calquera delito, non só de trata, senón de detención ilegal”, explica Brais González. “Cando o liberaron ninguén me avisou, nin a Policía Nacional nin a Garda Civil”, asegura Martina. 

“Ao calificar a este grupo de compañeiros como vítimas de trata con fins de explotación laboral ábrese un interrogante: o da explotación laboral no traballo migrante, que case sempre é escravo”

Dende a CUT explican que na actualidade existe un conflito de protección porque “tanto a policía xudicial, que neste caso foi a Garda Civil, como a Subdelegación do Goberno e Estranxeiría están obrigadas, cando se identifica un caso de trata, a establecer determinados mecanismos de protección que acabarían nunha autorización de residencia e traballo temporal para as persoas que colaboran coa xustiza”. Agora, nove meses depois de que as persoas afectadas denunciaran, están a iniciarse os trámites para regularizar a súa situación, ao confirmarse a acusación por trata. Para Brais González, unha das claves do caso é que “ao calificar a este grupo de compañeiros como vítimas de trata con fins de explotación laboral ábrese un interrogante: o da explotación laboral no traballo migrante, que case sempre é escravo”. Por outra banda, Carlos Villar, do servizo xurídico da ONG Ecos do Sur, asegura que eles xa presentaran outra denuncia contra ese mesmo empresario en 2019: “Pedían o mesmo perfil para traballar a través dun portal de internet e, cando a xente lle dicía que estaban en situación irregular, el comentaba que non era un problema, que se podía solucionar previo pago de 2.500 euros. Xa de aquelas nos chegaron varios casos de xente que nunca percibira o seu salario”.

as mans desta terra web - 5
Concentración en Ordes durante a toma de declaración dos acusados no caso de Tordoia. Sofía Caamaño Pablo Santiago

María, de Venezuela, di que leva un tempo con depresión pola difícil situación na que se atopa. Martina está traballando de interna coidando a unha señora por moi poucos cartos e asegura que as veces aínda sinte culpa “por confiar, por regalar a miña plata, pero nese momento, primeira vez soa nun país, vino como unha oportunidade”. “Tamén era o momento da pandemia e empezábase a dicir que o Goberno ía regularizar as persoas que traballaban no campo, e el (o empresario) utilizou isto na nosa contra”, engade. A Juan saíulle un traballo por uns días soltos como carpinteiro e vai “pouco a pouco”. Ahmed, que xa leva tres anos aquí, está agardando por unha oportunidade para poder obter a residencia.

Todos continúan en situación irregular. Cando se tomou a declaración das vítimas, Fiscalía non compareceu. “É impensable que Fiscalía non estea nun caso de detención ilegal —mesmo obviando a cuestión da trata— cunha persoa sometida a tortura, retida contra a súa vontade, atada, etc. Non é unha causa atractiva porque son migrantes”, asegura González.

Baixo a actual normativa, unha persoa migrante que chega ao país e non pode acceder ao sistema de asilo queda desprotexida durante, polo menos, tres anos

O caso de Tordoia é particular en tanto aos abusos e malos tratos aos que foron sometidas as persoas que traballaban para ese empresario. Non obstante, a precariedade do traballo migrante no campo galego é unha realidade. Moussa é de Senegal, pero xa leva 10 anos vivindo na Costa da Morte. Fai tempo que puido regularizar a súa situación mais, desde que chegou, estivo varios anos vivindo sen documentación. “Se che digo que os primeiros anos foron fáciles, estaríache mentindo. Cada día traballas para unha persoa diferente e algúns días tócache cun que te trata ben, e outros non. As veces a xente aproveitábase de min pero tiña que aguantalo, non quedaba outra”, explica.

Baixo a actual normativa, unha persoa migrante que chega ao país e non pode acceder ao sistema de asilo queda desprotexida e en risco de expulsión durante, polo menos, tres anos. “As persoas migrantes non poden optar a un posto de traballo ata que demostren, mediante o padrón ou a tarxeta sanitaria, que levan tres anos vivindo aquí”, explica Esther Lora, avogada da organización Sos Racismo. Sen embargo, para poder solicitar o arraigo social precísase un contrato de traballo: “Aínda que alguén leve tres anos aquí, non pode solicitar o permiso de traballo á Subdelegación de forma xenérica, é necesario un contrato indefinido ou dun ano de, polo menos, 30 horas semanais e asinado por un empresario ou empresaria”.

Moussa coñece a moita xente dos arredores. As veces, cando alguén precisa man de obra, pregúntanlle a el se sabe de persoas que necesiten traballar: “Para que eu recomende a alguén teñen que pagarlle, mínimo, sete euros”. Non obstante, é consciente de que algunhas persoas se aproveitan da situación de vulnerabilidade na que viven moitas das migrantes que chegan aos nosos campos. “No verán vin compañeiros que traballaban en invernadoiros durante dez horas, sen que lles deran auga fresca nin comida e marchaban de alí con 50 euros. Hai xente que non ten outra opción e se ve obrigada a aceptar ese tipo de condicións: traballan todos os días, de luns a venres e se cadra tamén os sábados pola mañá e ganan ao mes 600 euros”, conta Moussa. Por outra banda, tamén é moi complicado que estas persoas poidan acceder a axudas ou subvencións da administración. “Normalmente as prestacións e as axudas esixen residencia legal. Esta é unha maneira premeditada de condenar a xente á miseria”, afirma Lora. 

Moussa, migrante senegalés
“Eu coñezo xente que leva aquí máis de 10 anos e segue sen ter papeis. Para ter papeis precisas dun contrato de traballo e se non tes contrato non che poden dar papeis”
Esther Lora, Sos Racismo
“Non existen estatísticas oficiais sobre canto tempo lles pode levar estas persoas conseguir a residencia”
Mónica Branco, Sindicato Labrego Galego
“O ano pasado houbera un brote de covid nunha finca de Castro de Rei onde traballaban temporeiros. Fora moi sonado porque o alcalde dixera que como eles non se relacionaban co resto da xente da vila, non había problema”

Carlos Villar, de Ecos do Sur, explica que moitas persoas migrantes, na tempada da aceituna ou da fresa no sur, se desprazan ata eses lugares para traballar. “Aquí polo inverno é máis complicado, por iso cando chega o verán vas a traballar independentemente do que che paguen, porque necesitas vivir o resto do ano”, asegura Moussa. Villar explica que “na tempada da pataca, si que chegan ofertas que moitas veces rexeitamos directamente por ofrecer salarios irrisorios. Non se debe xeralizar, porque as veces si nos atopamos con boas condicións, mais é habitual que o traballo sexa precario, que se aproveiten das persoas en situación irregular para ofertar traballos en condicións próximas a explotación”.

Para Esther Lora, a Lei de Estranxeiría é “a peor mostra de racismo institucional”. Segundo Brais González o mecanismo desta lei é de “disciplinamento” e actúa “dependendo das necesidades de traballo que teña unha determinada comunidade”. Carlos Villar subliña que “se trata dunha lei do ano 2000 e que está alonxada da realidade e vai sendo hora de darlle unha volta”. Por outra banda, Mónica Branco, do Sindicato Labrego Galego, afirma que o principal problema na administración é a burocracia: “Non hai maneira nin para facer unha consulta nin xeito de amañar as situacións que se dan. A única resposta é que mandes un correo electrónico. É unha situación de indefensión total“.

as mans desta terra web - 1

Moussa asegura que, ao longo de todos os anos que leva vivindo aquí, atopouse con moitas persoas que traballaban no campo ás que se lles facían promesas de contrato: “De todas as persoas que coñezo que estiveron nesa situación, tan só a unha delas lle acabaron dando os papeis”. A Ousmane tamén lle prometeron un contrato na granxa na que leva traballando desde fai varios meses. Cando teña os papeis, di, poderá sacarse o permiso de pesca submarina, que é unha das cousas que máis lle gustaba facer en Senegal. Este verán cumpriranse tres anos desde que chegou e poderá obter a residencia se finalmente ese contrato se materializa. Mentres tanto, continúa camiñando e traballando porque non ten outra opción.

* Os nomes das persoas migrantes que aparecen nesta reportaxe non son reais. Preservamos, deste xeito, as súas identidades pola situación de vulnerabilidade na que se atopan.

Explotación laboral
Mundo rural Más de 12 millones de euros en multas por infracciones laborales en el campo
La cuestionada campaña agrícola impulsada por el Ministerio de Trabajo desde mayo lleva detectadas 2.012 infracciones por situaciones de economía irregular y trabajo de personas de origen extranjero. 480 personas han sido dadas de alta.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.