Migración
Por unha (outra) regularización migratoria

A discusión sobre as políticas migratorias, no marco da crise sanitaria, esixe imaxinar estratexias de protección máis xustas para as persoas en situación irregular.

A estrutura económica global sustentase nas desigualdades sociais e a pandemia actual non só ten feito aínda máis visibles os estragos da precarización da vida, senón que está a agrandar a fenda social. Vulnera tamén dun xeito sen precedentes a aquelas persoas que non poden acceder aos servizos públicos, a un fogar digno ou que non contan cun ingreso económico estable: as migrantes.

O peche das fronteiras e o control policial tradúcese na inmobilización forzada da poboación migrante, que agrava desde a raíz a crise económica. Os líderes mundiais, aínda os que teñen impulsado políticas que privan de dereitos fundamentais aos migrantes, teñen recoñecido que o seu traballo no sector primario, ese que invisibilizan ao criminalizar a migración, é unha das bases da economía.

Tan só no territorio de California, Estados Unidos, calcúlase que o 60% das persoas que traballan na industria agrícola dese estado son indocumentados. En Italia, a falta de 370.000 traballadores estranxeiros estacionais, dos cales unha terceira parte provén de Romanía, provocaría que se botase a perder un 40 % da produción de froitas e verduras. No territorio español, en Huelva, estímase que as limitacións do tránsito migratorio están a impedir a chegada de ata 50.000 traballadoras precisadas para recolecta dos froitos vermellos.

Os Estados recoñecen aos estranxeiros só como unha forza de traballo que lles es útil, mais da que non queren facerse responsables.

Do mesmo xeito, o desborde do persoal de sanidade provocou que os gobernos fixeran un chamado á poboación migrante irregular con estudos en medicina a integrarse á loita contra o virus. Ante tal panorama, os gobernos están a discutir sobre unha flexibilización dos trámites migratorios para permitir que os traballos do sector primario e sanitario queden cubertos polos inmigrantes.

Como se xesta a exixencia pública dunha regularización masificada?

No Estado español, o proceso de homologación de títulos pode chegar a tardar ata 24 meses. Como parte das medidas de emerxencia que se están a tomar, o trámite se axilizou de tal xeito que, só durante o estado de alarma, 400 títulos médicos xa foron convalidados; da mesma maneira que 390 autorizacións de traballo profesionais foron concedidas.

Pola outra banda, o sector agrícola non correu con tanta sorte. Nas medidas excepcionais en materia de migración propostas para este sector, estipúlase que as persoas estranxeiras de 18 a 21 anos con permiso de residencia non lucrativa agora poderán traballar. Tamén foron prolongados os permisos de traballo ata que remate a tempada de recollida. Mais o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones explicitou que “en ningún caso trátase dunha regularización”.

Varios colectivos de migrantes e sindicatos sinalaron que estas medidas que nun principio foron ofertadas como un beneficio para a poboación migrante, na realidade, non son accesíbeis para a maioría ao estar dirixidas a sectores laborais tan específicos. Ao final, ditas medidas resultaron un exemplo da maneira na que os Estados recoñecen aos estranxeiros só como unha forza de traballo que lles es útil, mais da que non queren facerse responsables.

Migración
De América Latina a Galiza: historias da migración
VV.AA.

A arribada do buque Aquarius a València puxo o foco sobre a migración marítima. Este verán viramos a vista cara ao Mediterráneo lamentando a terríbel crise humanitaria que estamos a padecer. A presión social levou ao Goberno de Pedro Sánchez a axilizar a acollida destas persoas —decisión que non se repetiría ao longo do verán— e, unha vez máis, todas e todos fomos Afganistán, Somalia ou Sudán.

O sindicato CC OO de Catalunya reclamou “medidas excepcionais” para que “as persoas afectadas podan encarar a crise económica e social con máis seguridade y máis recursos“. Entre as medidas propostas está unha prórroga dun ano a todas as autorizacións de traballo e residencia, así coma a aprobación de todas as autorizacións en trámite e a regularización dos que non teñen autorización administrativa.

Do mesmo xeito, un centenar de activistas e colectivos antirracistas tamén pediron ao Goberno de Sánchez a regularización permanente e sen condicións de todas as persoas migrantes que viven no territorio español. A través dunha carta, as organizacións de migrantes estipularon: “O Estado español pídenos que este virus o paremos todas as persoas unidas, mais nós non podemos loitar partindo desde unha posición tan desigual. Para saír todas desta crises sanitaria temos que facelo todas xuntas, en igualdade de condicións. Non podemos seguir neste limbo vital e administrativo no que nos somerxe e condena o racismo institucional”.

Ás petición tamén sumouse o Concello Municipal de Inmigración de Barcelona, o cal está composto voluntariamente por entidades e asociacións de inmigrantes, o cal pediu ao Goberno central que fixesen unha regularización exprés, ao estilo de Portugal. Reclamaron que se oferten os postos de traballo en residencias ás traballadoras do fogar “preparadas mais en situación irregular”. Tamén pediron detectar aos migrantes maiores que viven sós para brindarlles axudas económicas.

Mentres que algúns políticos propoñen negar a sanidade gratuíta aos estranxeiros, outros tantos mostráronse a favor de flexibilizar os procedementos migratorios. O conselleiro de Políticas Migratorias y Justicia de Navarra, por exemplo, explicitou que “sería moi positivo unha regularización de persoas inmigrantes que xa de facto están aquí e que están a ofrecer o seu esforzo e o seu traballo. Se precisamos deles, loxicamente o corolario ten que ser que sexa con plenos dereitos de cidadanía. Ese é o debate honesto e a resposta adecuada que ten que dar a sociedade".

Os problemas dunha regularización como a propoñen

Se ben o proceso de regularización masiva é unha responsabilidade política de protección social, tamén debe ser importante pensar no horizonte de posibilidades que nos ofrece esa opción. Asumir que a regularización só ten un carácter instrumentalizador non garante un camiño máis xusto e digno para os migrantes.

Non existe ningunha estratexia que ampare aos migrantes despois de accederen aos empregos temporais que a crise lles ofreceu.

Unha regularización deste tipo estigmatiza (unha vez máis) a identidade migrante: convérteo nun suxeito que carece de aspiracións, sen outra capacidade máis que a de someterse ás tarefas que a empregabilidade máis precaria lle ofrece. Esquece a nosa dimensión máis humana e fundamenta a “historia única” do migrante. ¿Será que para eles o estranxeiro sigue carecendo de humanidade e so ten lexitimidade pola súa forza de traballo?

Temporeros
Serigne Mamadou: “Trabajamos doce horas por 25 euros”

Serigne Mamadou trabaja como temporero y ha recorrido durante años multitud de campos de diferentes provincias españolas. Es uno de los portavoces de la campaña #RegularizaciónYa.

Un proxecto de regularización que só responde á demanda de emprego que o mercado exixe en período de recesión terá resultados claros: non posibilitará ningún tipo de mobilidade social e beneficiará aos grupos empresariais máis afectados polo déficit de empregabilidade no sector primario. Non existe ningunha estratexia que ampare aos migrantes despois de accederen aos empregos temporais que a crise lles ofreceu.

Todo isto forma parte do discurso público que lexitima os tránsitos migratorios só cando se integran as necesidades do mercado, aínda que isto signifique a precarización da vida dos migrantes. Non esquezamos que, mesmo antes da crise, os migrantes xa eramos a vangarda da man de obra non cualificada.

Esta perspectiva, recoñecería que todos os migrantes son suxeitos de dereito tanto na crise sanitaria como na económica. É dicir, que todas e todos merecemos protección e coidado.

Podería ser o momento de xestar unha regularización que tamén tome en consideración outro tipo de necesidades. É dicir, unha política que non se fundamente no aproveitamento da forza de traballo do migrante e, máis ben, sexa capaz de protexelo da crise que chega. Non hai que perder de vista que as clases máis vulnerables serán ás primeiras en percibir os efectos da emerxencia económica e que o acceso a un emprego temporal e mal pagado non é un apoio real.

Unha política migratoria fundamentada na protección e na atención aos migrantes debería elaborar un plan de integración social e lingüística que facilite as condicións para que o estranxeiro goce dunha vida digna. Isto debería permitirlle ao migrante vivir en circunstancias sanitarias adecuadas e ter unha verdadeira posibilidade de desenvolvemento persoal.

Esta perspectiva, recoñecería que todos os migrantes son suxeitos de dereito tanto na crise sanitaria como na económica. É dicir, que todas e todos merecemos protección e coidado. Un esforzo desta natureza sometería a dialogo a idea de que o Estado só ten a responsabilidade de comprometerse coa vulnerabilidade dos seus nacionais. Este tipo de orde política reduce a gobernabilidade a un nacionalismo monolítico e ruín, que sigue considerando o Estado nación como un todo puro e acabado. Mais pensar na outra posibilidade, permítenos mesmo imaxinar o político no seu sentido máis primitivo: organizámonos para vivir mellor.

Migración
A Soneira alén dos Alpes
Suíza foi o destino de moitas migrantes da Terra de Soneira ás que por fin se lles deu voz nun libro escrito por Carmen V. Valiña.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
O Teleclube
O teleclube 'O Teleclube' viaxa á preciosa aldea de 'Vermiglio' a finais da Segunda Guerra Mundial
A película de Maura Delpero, seleccionada para representar a Italia nos Oscar, retrata a vida dunha familia de Vermiglio, unha aldea nevada nos Alpes italianos.
Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?