Migración
De América Latina a Galiza: historias da migración

A arribada do buque Aquarius a València puxo o foco sobre a migración marítima. Este verán viramos a vista cara ao Mediterráneo lamentando a terríbel crise humanitaria que estamos a padecer. A presión social levou ao Goberno de Pedro Sánchez a axilizar a acollida destas persoas —decisión que non se repetiría ao longo do verán— e, unha vez máis, todas e todos fomos Afganistán, Somalia ou Sudán.

Migración en Galicia dos
Asentado en Compostela, Adrián Antonio axuda migrantes a atoparen o seu lugar. Miguel González

A meirande parte das persoas migrantes que elixen Galiza como destino chegan por vía aérea. Salienta un importante fluxo migratorio dende América Latina, a través da ruta inversa á que empregaron milleiros de galegos e galegas o século pasado. Á súa chegada, estas persoas atopan unha trama burocrática que lles nega o dereito a residir de xeito regular no Estado español. Persoas con escaseza de recursos e sen documentación, en ocasións mesmo sen carné de identidade, que chegan a aceptar con resignación o papel que as autoridades lles impoñen: cidadáns “de segunda”. A súa loita diaria é, a ollos da cidadanía, invisíbel.

“Ti non pasas”

Unha fronteira burocrática impediu en 2010 que, froito do azar, Adrián Antonio entrase no Estado español. Tiña o pasaporte en vigor e toda a documentación en regra, pero a mensaxe dun axente policial do aeroporto de Madrid-Barajas foi clara: “Colleu o meu pasaporte, miroume e dixo: ‘Ti non pasas, acompáñame a esta sala’”, relata Adrián. Este mozo arxentino, que viaxaba a España por vez primeira en compaña da súa parella, permaneceu máis de doce horas nunha sala “reservada ao terceiro mundo” na que coincidiu con persoas procedentes de Paraguai, República Dominicana ou Senegal. Alí, respondeu a unha morea de preguntas a respecto da súa procedencia, motivos da viaxe e acompañantes. Adrián sufriu tamén unha fonda revisión do seu teléfono móbil, procedemento ilegal segundo a normativa vixente.

Personas refugiadas
Refuxiados, benvidos?
VV.AA.
Tras o ‘boom dos refuxiados’, xorden críticas ao procedemento de acollida das solicitantes de asilo. Galiza ía ser refuxio, non unha nova incertidume.

Ningunha persoa daquela sala puido cruzar a fronteira por mor daquel dedo inquisidor que repetiu até nunha vintena de ocasións ‘ti non pasas’. As súas valixas e, no caso de Adrián, a súa compañeira, quedaban á outra beira da estancia. Pasadas unhas horas, un avogado presentouse na sala para informar da situación: “Dixo que isto era aleatorio, iamos ser deportados porque decidiran que non podiamos entrar en España”, apunta Adrián. Tiña todo o necesario en regra; só unha cousa o ataba a aquela sala: a súa “aparencia sudaca”.

Adrián Antonio foi deportado á Arxentina en menos de 24 horas e, malia o noxo e frustración inicial, decidiu volver intentalo apenas tres meses despois.

Os axentes tiñan ordes de non deixar pasar a máis dun número determinado de persoas de certas nacionalidades, polo que, dun xeito practicamente aleatorio, facían unha ‘purga’ excluíndo a un grupo de persoas que non chegaría a pisar Madrid. A decisión fica en mans da persoa encargada dos controis en cada intre. Quen atende, decide. “Tiña claro que non me deixaron entrar pola miña cara”, salienta Adrián, quen lembra tamén o caso dos tres activistas arxentinos convidados por Podemos para intervir no Parlamento, retidos en marzo durante catro horas pese a ter un convite oficial. Con todo, este non é o único perfil rexeitado dun xeito sistemático: “Se es dominicana, exuberante, coas unllas pintadas e zapatos de taco alto, non pasas, porque consideran que vés traballar de prostituta”, afirma.

Adrián Antonio foi deportado á Arxentina en menos de 24 horas e, malia o noxo e frustración inicial, decidiu volver intentalo apenas tres meses despois. Desta volta, aterrou en Barajas cun cartafol que rebordaba documentación para se protexer. Aínda así, estaba inquedo por saber se podería entrar ou non en Europa: “Entreguei o pasaporte e o primeiro que viu o policía do control foi un Deportado en grande, mais non lle importou. ‘Bienvenido a España’, dixo”. Aí foi cando confirmou que se trataba dun “procedemento aleatorio” baseado en prexuízos raciais. Desta volta, tivo sorte.

A necesidade de ser

Adrián asentouse en 2015 no barrio compostelán de San Lourenzo, onde abriu coa súa compañeira unha tenda de ultramarinos. Porén, os comezos non foron doados: “Hai xente que está sempre esperando que te trabuques para dicir ‘Ves como ao final es un sudaca’?”, expón. Na actualidade, a tenda é probabelmente o núcleo do que emana o “sentimento comunal” do barrio. Ó redor dela orbitan diversos proxectos comunitarios como unha “biblioteca popular” ou a “compra pendente”, da que se benefician familias da contorna.

Adrián loita día a día por axudarlles ás persoas que caen ás marxes dunha sociedade que pecha os ollos para os que veñen alén dos muros. O seu labor na tenda, forxado a partir das conversas diarias coa veciñanza, opera como boa ferramenta para combater o racismo e axudar á integración das persoas foráneas: “No plano local decátaste de que todos somos iguais”. Cando a socialización fica no marco barrial, a idea do ben común é máis tanxíbel e cobra a forma dun obxectivo que nos pon a todas e todos nun mesmo eixo de colaboración.

Non hai nada novo na leria xenófoba que ouvimos hoxe, e menos para os galegos.

Con todo, mesmo nos ámbitos de maior proximidade, segue a existir unha tendencia á invisibilización e á discriminación. Unha das eivas máis claras é a falta de comprensión das causas. A figura da persoa migrante condensa unha historia ateigada de circunstancias complexas que a levaron a fuxir do seu país por necesidade. A catedrática en Historia e Institucións Económicas, María Xosé Rodríguez Galdo, fai fincapé na importancia de lembrar o pasado para entender o presente, mesmo o que nos é alleo. “Cando estudamos o exilio republicano debemos entendelo como unha forma de migración. E neste caso, volvendo á actualidade, tamén”, apunta a académica.

Fronteras
La Europa fortaleza ya ha levantado el equivalente a seis muros de Berlín

En tres décadas los países de la UE y la zona Schengen han erigido 1.000 kilómetros de vallas. El aumento de la paranoia de la securitización ha levantado además “muros virtuales” en forma de programas de control y vigilancia de circulación de personas y “muros mentales” cristalizados en el auge de una extrema derecha racista.

Non hai nada novo na leria xenófoba que ouvimos hoxe, e menos para os galegos. “Nós, en Galicia, fomos un país de migrantes. Ese foi un discurso que xa escoitaron os galegos na emigración”, recorda Rodríguez Galdo. Son discursos reiterativos que volven agora porque palpamos máis que nunca o fenómeno da mundialización. “Os medios contan esta traxedia a tempo real e iso xera unha sensibilización distinta”, engade.

En Galiza vese claramente como as vicisitudes económicas e políticas condicionan pequenos éxodos que veñen do outro lado do Atlántico. Non son casuais os aumentos migratorios dende Arxentina a comezos dos 2000, concentrándose no 2002 e 2003, anos do Corralito. Tamén é evidente como o notorio incremento de venezolanos que chegaron a partir de 2014 —sendo a nacionalidade americana que máis arribou a Galiza nos últimos tres anos— está condicionado pola recrudescencia do conflito e a falta de alternativas para se desenvolveren alá.

Armas políticas

Pese a este factor de necesidade, os discursos xenófobos seguen a escalar vertixinosamente e a cargar contra os colectivos migrantes empregando falacias enchoupadas en odio visceral. O Estado español, polo seu emprazamento xeográfico e a súa lingua, é un destino de interese para latinoamericanos e africanos; emporiso, a dereita española non teme abrazar a retórica racista baseada en mentiras. As persoas en situacións de maior vulnerabilidade destas orixes pasan a ser armas políticas en contra de medidas progresistas, como a sanidade pública universal. A migración latinoamericana fica estigmatizada e invisibilizada, mesmo quedando fóra das cifras que guindan actores da dereita do taboleiro, como Pablo Casado.

O psicólogo e migrante arxentino José Martínez-Romero Gandos destaca que o ‘efecto chamada’ é unha “invención dos políticos” para xustificar a ausencia de políticas de acollida das persoas que “foxen da guerra ou do inferno da fame”. Os inmigrantes son persoas e, cando abandonan os seus fogares, diríxense a un lugar concreto. Nesta idea afonda Miguel Fernández, voceiro do Foro Galego de Inmigración: “Se alguén quere ir a Alemaña porque ten familia alá, por exemplo, non vai vir a España por moito que se poida aprobar a sanidade pública universal”, argúe.

“A inmigración significa enriquecemento cultural mutuo”, afirma o doutor e amigo do exiliado Luís Seoane.

Ademais dos problemas na chegada, sofren grandes dificultades na súa integración e regulación. Martínez-Romero avoga por realizar “diagnoses temperás” para detectar posíbeis situacións problemáticas, traumáticas ou de risco. Salienta os “atrancos administrativos” que dificultan unha acollida máis doada, e propón empregar as ferramentas dispoñíbeis para renovar a “utopía da convivencia democrática” formulada o século pasado: “Temos que ofertar aos inmigrantes a oportunidade de integración nunha sociedade ampla, tolerante, solidaria e xusta”, salienta.

A migración é un proceso cíclico, e Martínez-Romero é a viva expresión deste concepto. Os seus pais, galegos de nacemento, emigraron á Arxentina mediado o século XX por mor da súa precaria situación na Galiza da posguerra. Con todo, a balanza tornouse en 2002: os efectos do Corralito levaron ao psicólogo a emprender a viaxe oposta para procurar un futuro máis próspero na Coruña. “A inmigración significa enriquecemento cultural mutuo”, afirma o doutor e amigo do exiliado Luís Seoane.

Alén da cultura, a migración funciona como un mecanismo útil para o rexuvenecemento demográfico. Coa problemática das pensións enriba da mesa, unha incorporación da poboación migrante ó mercado laboral pode significar un pulo nas cotizacións. Así e todo, a economista Rodríguez Galdo matiza: “Non é solución, pero xogan un papel importante. O proceso inmigratorio que viviu España no ano 99 axudou a medrar á poboación española. Creceron máis as comunidades que contaron con máis poboación migrante”.

Coa morte ás costas

Juan José —nome ficticio— era até hai pouco tempo adestrador de tenis na universidade. A súa muller traballaba nun supermercado e os seus fillos menores, escolarizados en centros diferentes, intentaban adaptarse á vida en Compostela. Agora, prescrito o seu permiso provisional de residencia, agardan con incerteza a resolución de Estranxeiría.

Todo comezou en Colombia, o seu país natal. En pouco tempo, pasaron de ser unha familia acomodada, “cunha boa casa e cobrando un salario sete veces superior ao soldo mínimo do país”, a unha diana na mirada do narcotráfico. Polo medio, sete meses dunha amizade mal resolta da súa filla maior. “Era adestrador nacional, técnico oficial da Federación, e agora non podo volver á miña terra”. Están baixo ameaza de morte.

“O das pateras é un conto dos medios, a maioría da inmigración que chega a este país faino polo aire, en avións comerciais”, subliña.

Os Estados Unidos foron o seu primeiro destino. Unha petición internacional de asilo político levounos ata alí, onde se atoparon cunha avogada que xa sabía do seu caso antes de llo contar. “Fuximos”. Foi entón cando decidiron voar a España, para que o Atlántico cortase ese fío de ameaza que os perseguía no seu continente. Remataron en Zamora, onde viviron seis meses ao tempo que tramitaban os seus papeis. “O responsable non o fixo ben, resumiu a nosa historia, de páxinas e páxinas, nun só folio”. A iso se agarran agora, en Galiza, para evitar a volta atrás despois de tanto camiñado.

No Foro Galego de Inmigración, onde acoden para buscar unha saída, recoñecen que o seu caso é difícil, coma tantos outros. “Moitos acaban subsistindo de maneira irregular ata que o tempo de residencia lles permite solicitar os papeis por outra vía”, explica Miguel Fernández, un dos responsábeis da plataforma pertencente a Cáritas. “O das pateras é un conto dos medios, a maioría da inmigración que chega a este país faino polo aire, en avións comerciais”, subliña.

Juan José emprega un ton tranquilo e prudente cando fala. A súa filla, que xoga ao seu carón, non coñece a maior parte da historia, da súa historia. “Prefiro que non o saiban, son nenos”, replica el. Por eles marcharon, “por protexelos”. Por eles intentarano até o final, por moito que pese o seu macuto. Aínda que vaian sempre coa morte ás costas.

Sen ‘papeis’, sen saída

Os atrancos burocráticos para obter o permiso de residencia son habituais. Existen dúas vías: o asilo político e o arraigamento social. A primeira adoita reservarse a países en situacións de “extrema gravidade” coma Siria, esquecendo moitos outros casos. Por outra banda, a opción do arraigamento social é igualmente complicada, xa que se esixe unha estadía de 3 anos en España e, asemade, un contrato laboral a xornada completa con duración dun ano. Ao tempo, son as persoas ‘sen papeis’ as que maior dificultade teñen para atopar un emprego.

A avogada viguesa Claudia Pérez Galovart, experta en cuestións de migración, salienta a complexidade e as trabas da Lei de Estranxeiría, e insta ás institucións a fomentar políticas de integración que faciliten a obtención dos ‘papeis’ para as persoas estranxeiras. “Se unha persoa non logra abandonar a súa situación irregular, non haberá integración real”, matiza. Adrián conta o caso dunha familia paraguaia con fillos nados en España; o ano pasado foron deportados: “Imaxina que mañá te mandan a ti a un país do que non coñeces nin a lingua [en Paraguai fálase, alén do castelán, o guaraní]”, salienta.

Moitas e moitos migrantes asentados en Galiza padecen a diario as actitudes xenófobas dunha sociedade que non facilita como debera a súa integración

Acontece tamén, segundo apunta o activista arxentino, que nalgúns casos as persoas migrantes descoñecen os seus dereitos por falta de asesoramento, e chegan a interiorizar que son cidadáns “de segunda” fronte a quen posúe a nacionalidade española. “Perciben a súa situación como algo normal; non lles sorprende que se lles denegue algo tan sinxelo coma o DNI”, explica. En ocasións, as persoas migrantes aceptan con medo e resignación os ataques xenófobos. Khaled —nome ficticio—, refuxiado sirio, rexeitou o convite d’O Salto Galiza para contar a súa historia: “Preferimos non saír máis nos medios”. Non é sen motivos, xa que os comentarios racistas que sufriu logo dunha aparición pública previa éncheno hoxe de medo. “Non nos queren aquí”, sentenza.

Personas refugiadas
De Siria a Galiza: "A única solución era fuxir"
VV.AA.
Tras fuxir da guerra, pasar polo cárcere e polos campos gregos, a única esperanza de Khaled é que lle concedan a Risga para seguir a súa nova vida.

Igual ca Khaled e Adrián, moitas e moitos migrantes asentados en Galiza padecen a diario as actitudes xenófobas dunha sociedade que non facilita como debera a súa integración perante as autoridades e a lexislación. A comunidade latinoamericana do noso país fica no esquecemento, non existe. Porén, camiñando amodo pódese chegar moi lonxe. Nunca debemos esquecer que sempre o amor venceu ao odio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cádiz
Derechos Humanos Algeciras se moviliza contra la apertura inminente de un nuevo CIE
La Coordinadora CIEs No Cádiz ha convocado una manifestación este sábado 14 de diciembre contra la apertura de un nuevo centro de internamiento para extranjeros en la localidad
Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Migración
Fronteras El futuro no cuenta con las personas africanas o, ¿por qué migran?
Mientras en Europa se insiste en la narrativa de que vienen demasiadas personas de África, sin proponer más respuesta que la externalización de las fronteras y la criminalización, los factores de expulsión se multiplican en el continente.
Sanidad
Sanidad Óscar López desoye a Mónica García y concede más dinero a las aseguradoras de Muface
El Consejo de Gobierno aprueba una nueva licitación que incluye un aumento de las primas para las aseguradoras privadas del 33,5%, empujados por las protestas de sindicatos como CC OO y UGT, y en contra de la propuesta del Ministerio de Sanidad.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Junts permite que la proposición de ley que pretende regular el alquiler de temporada entre en el Congreso
El partido de Carles Puigdemont cambia de opinión y permite que la ley propuesta por los sindicatos de inquilinos y presentada por los socios de izquierda del ejecutivo comience su trámite parlamentario.
Crisis climática
Crisis climática El Constitucional admite a trámite la demanda que reactiva el Juicio por el Clima
El Tribunal acepta el recurso de Ecologistas en Acción, Greenpeace, Oxfam Intermón, Fridays For Future y la Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo por el que se demanda al Estado español por inacción climática.
Sanidad
Sanidad Denuncian que Defensa cede a Quirón el antiguo Hospital del Generalísimo Franco por una cantidad “irrisoria”
La Fundación Jiménez Díaz pagará ocho euros por metro cuadrado por la cesión de un edificio público, mientras la media del precio del alquiler en Madrid es de 20 euros por metro cuadrado.
Siria
Jiyan Malla “Los kurdos tienen que formar una parte importante de la transición en Siria”
Integrante del Departamento de Relaciones Exteriores de la Región de la Administración Autónoma Democrática, Jiyan Malla analiza la situación de Rojava tras el derrocamiento del régimen sirio, y el rol de Turquía e Israel en este nuevo escenario.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Alquiler
Huelga de alquileres Cuando Barcelona se levantó contra la patronal inmobiliaria y declaró la huelga de alquileres
Recién entrada la República española, 100.000 familias dejaron de pagar durante cuatro meses los precios abusivos que ya entonces se reclamaban por las viviendas.

Últimas

Que no te cuenten películas
Que no te cuenten películas En estas fiestas, que todo quede en casa: regala libros de la Tienda de El Salto
Aprovecha los regalos de estas fiestas para respaldar proyectos alternativos. En El Salto te lo ponemos muy fácil: desde hoy y hasta el cinco de enero, si eres socia tienes un 5% de descuento en todos los libros y te los enviamos gratis.
Trabajo sexual
PROPUESTA No, el SEPE no te va a obligar a ser prostituta: la propuesta de despenalización del trabajo sexual al detalle
El sindicato de trabajadoras sexuales OTRAS está iniciando una ronda de consultas con los partidos políticos para pedir que apoyen la propuesta de ley despenalizadora que presentaron en verano, pero ¿qué implicaría esta norma?
Más noticias
Universidad pública
Universidades La universidad pública madrileña sale a la calle para defender su futuro
Estudiantes, profesores y sindicatos hacen un llamamiento para acudir el día 19 a la Asamblea de Madrid para denunciar la “asfixia económica” que sufren los centros privados con un presupuesto insuficiente.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Viajante
Solo en el último catálogo surgía la esperada sorpresa, el objeto de edición limitada que ofrecía a personas de confianza, a quienes le unía un nexo, decía, más allá del mero vínculo comercial.

Recomendadas

Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.