Medio ambiente
Galiza destingue: sete décadas de erros na xestión forestal

A lóxica capitalista na xestión forestal está mudando de cor os montes galegos, atacando á biodiversidade e condenando o seu futuro. A Galiza baleirada dificulta unha resposta social, mais hai outros xeitos de relacionarse co monte.

eucaliptos
O cultivo masivo de especies pirófilas ataca a biodiversidade dos montes Elena Martín

“Galicia nos ofrece la belleza de su paisaje [...], la sugestión de la naturaleza que entrega sus dones para que sean aprovechados y cuidados por la mano del hombre.” (extracto do NO-DORepoblación forestal, 1954).

“Gol do Deportivo! Gol galego! Gol ENCE! Dépor 1 - Cádiz 0! Tes un monte de eucalipto de máis de trinta anos? Tes eucaliptos de máis de 70 centímetros de diámetro? Chama gratis. ENCE coida o teu monte e patrocina os goles galegos!” (celebración dun gol na Radio Galega, 2019).

Sesenta e cinco anos separan estes dous discursos, mais, aínda que na forma semellen moi distintos, a mensaxe que transmiten e o target ao que van dirixidos son idénticos: o home é o que manda no monte, e o monte ten como función última a súa explotación económica. Franco era un experto no repoboamento forestal con especies de crecemento rápido, entre 1940 e 1956 centos de milleiros de hectáreas galegas serían repoboadas, centrándose unicamente na obtención de materia prima. En 2019, pouco cambiou o conto: imos polo medio millón e a lóxica segue a ser a mesma, o beneficio económico por riba da protección dun monte que leva demasiados anos sendo maltratado, e onde cada verán, os lumes devoran un cacho máis dese verde que en teoría caracteriza Galiza.

O eucalipto na Galiza

O cultivo masivo dunha especie de crecemento rápido como é o eucalipto, nos anos 50, non foi arbitraria. A empresa madeireira FINSA levaba funcionando desde 1931, e en 1957 fundaríase a Empresa Nacional de Celulosas de España, fábrica de celulosa cuxo ingrediente fundamental é tamén a madeira e que sería privatizada en 2001, converténdose en ENCE Energía y Celulosa SA.

A chegada da transición non mudaría a situación. Os presidentes galegos da ‘democracia’, como Fraga —tamén ministro no franquismo—, ou o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, continuaron coa mesma lóxica capitalista: fomento do cultivo masivo de especies pirófilas e crecemento rápido pensando só no beneficio económico.

Os presidentes galegos da ‘democracia’ continuaron coa mesma lóxica capitalista: fomento do cultivo masivo de especies pirófilas e crecemento rápido pensando só no beneficio económico.

Celsa Diéguez, exgardabosques que traballou en labores de repoboación forestal entre 1994 e 2000 para a Xunta, di que para reforestar cultivábase moito piñeiro. “O obxectivo último da reforestación é a obtención de madeira. Ademais, o piñeiro é unha especie que se adapta moi ben a terras pouco fértiles nas zonas altas de montaña”. Esta é a mesma dialéctica que se segue na actualidade, tanto para piñeiros como para eucaliptos. Pero, que fai que estas especies incrementen o número de lumes e sexan tan perigosas para o monte galego? Diéguez teno claro, “o monocultivo de piñeiro (e de eucalipto) ten provocado incendios devastadores e incontrolables. E en moitos casos a reforestación crea as condicións idóneas para un novo incendio, se cadra peor que o anterior”.

Galiza é máis combustible

Malia que representantes públicos como Feijóo defendan que o cultivo masivo é “o mellor plan de pensións dos galegos”, isto é absurdo para expertos como Xabier Vázquez Pumariño —biólogo, consultor ambiental e ecoloxista—, que explica porque estas especies foráneas, pirófilas e de crecemento rápido poñen en risco a biodiversidade e os montes galegos: “Estas especies teñen adaptacións para estender o lume e a súa superficie. Se paseas por un eucaliptal ves as cortizas dos eucaliptos desprendidas, iso bioquimicamente é celulosa, como follas de papel, que arde moi rápido e moi fácil. Ademais levanta faíscas que co vento alcanzan distancias brutais. Cando din que empeza o lume e se estende moi rápido non é maxia, son faíscas que se desprazan”.

Incendio en Baiona
Galicia, bioquímicamente, es cada vez más combustible. En la imagen, Incendio en Baiona. Foto de Noel F.

Pumariño tamén advirte que “as persoas estamos poñendo biomasa deste tipo ao bruto, pero algúns dirixen o problema cara a vexetación natural e as formacións de matogueira coma os toxos, cando son ecosistemas moi valiosos, moitos deles protexidos pola lexislación europea e que están en clara regresión. Deles dependen moitas especias animais e vexetais, fixan carbono, fertilizan a terra e son máis resilientes contra o lume”. 

Tanto para Pumariño como para outros expertos, o problema radica en que o rural está a ser baleirado e en seguir baixo unha lóxica capitalista e curtopracista para resolver un problema complexo.

A Galiza baleirada

Dun tempo a esta parte empézase a advertir dun xeito máis aberto o fenómeno do baleirado do rural, mais non é novo; o agro leva anos sufrindo o éxodo dos seus poboadores cara a cidade.

“Se vemos como funciona a demografía en Galiza, vemos que os sitios que aumentan de poboación son zonas urbanas con determinado tipo de traballos e se hai algo de xente no campo son campos dedicados a temas industriais”, apunta Vázquez Pumariño. “No campo ao que podes aspirar é a ter gandería ou agricultura. Se estas non son industriais, morren. En Galiza non temos ningunha gran zona así. A opción que queda é a forestal, que por moi rápido que vaia e medren os eucaliptos, ao final é unha colleita cada 15 anos, mentres que na agricultura é cada moito menos tempo. Con unha colleita cada 15 anos non vive ninguén”.

Vázquez Pumariño: “No campo ao que podes aspirar é a ter gandería ou agricultura. Se estas non son industriais, morren. En Galiza non temos ningunha gran zona así. A opción que queda é a forestal.
Medio rural
Tronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable
As aldeas abandonadas derrúbanse mais tamén hai persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda.

Xabier Cruces Cendón, presidente da Comunidade de Montes de Sabaxáns, coincide con esta reflexión. “Hai que cambiar a política forestal en Galiza, pero a administración non está pola labor. O mellor sería ir cambiando paulatinamente o eucalipto por especies autóctonas”. Cruces engade que, “economicamente, nunha comunidade de montes é difícil facer ese cambio de repente. Pero si que debería promover, e pouco a pouco cambiar de especies de crecemento rápido a frondosas”.

Pumariño ten claro que os montes comunais galegos teñen unhas posibilidades económicas elevadas, pero hai dous aspectos precisos: “Que os comuneiros crean niso e moito traballo. A agricultura e a gandería precisan de man de obra intensiva. Nalgúns montes comunais din que teñen gando en extensivo tradicional, como se facía antigamente... pero para nada, ese tipo de gandería ‘extensiva’ non ten máis de 15 anos”.

Por outra banda, Pumariño engade que o que se lle escapa á comunidade de montes son os mercados, onde a inmensa maioría dos produtos agrícolas que se venden son de produción industrial. “Os supermercados dominan o comercio. Un comuneiro ten máis problema coa mera existencia de Gadis, Eroski ou Mercadona que con outra cousa, porque fai que o seu traballo non valla nada. Aos gandeiros non lles queda nada máis que industrializarse, innovar e optimizar procesos”, denuncia.

“A produción industrial ten ademais moitas externalidades negativas que pagamos todos: o uso da auga, o uso do territorio, deterioro da biodiversidade, contaminación de ríos...”. Unha gran parte da fauna e flora galegas están ameazadas pola realidade forestal do país. Aínda así, romper a dinámica da gandería e agricultura industrial é moi difícil, aínda que empecen a xurdir iniciativas preocupadas polo campo e cun xeito de produción non industrial.

Biodiversidad
Brigadas para salvar os nosos montes

Decenas de voluntarias únense para defenderen a biodiversidade dos montes galegos. As brigadas  deseucaliptizadoras queren facer partícipe á toda a sociedade da defensa dos nosos bosques

Por iso as expertas coinciden en que hai que cambiar a mentalidade se de verdade se queren salvar os nosos montes. “Hai que se preguntar se queremos un futuro onde a xente non teña ningunha vinculación co territorio, ou buscamos reverter un pouco esta tendencia e buscar que a xente se implique novamente na xestión e decidir non só pensando na tala inmediata, senón en tódolos beneficios que pode haber nunha xestión máis sustentable do monte”, apuntan desde a equipa de Batefogo. Desde este proxecto, precisamente, fálase tamén da importancia da intervención social para “compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural”.

A perspectiva de xénero

Relacionado coa intervención social nos montes, unha das chaves para a prevención de incendios está en que o campo se deixe de baleirar, mais isto parece complicado na actualidade, sobre todo para as mulleres. “Nun ambiente opresivo como pode ser unha aldea, as primeiras en marchar son as mulleres porque non sempre teñen a liberdade de facer o que lles pete. E o tema do ocio, que está pensado para tíos. Quen vai a unha taberna? Quen vai cazar e pescar? Son actividades masculinizadas. Chegas o domingo a casa pola noite, xa tiveches unha vida de merda pero tiveches unha vida social. Iso unha muller non o ten. Por iso aguantan máis os homes que as mulleres no rural. Se hai unha comunidade de montes con 70 homes e 2 mulleres, ao final acabas marchando. É unha sociedade machista en xeral, e o campo é bastante opresivo”, denuncia Pumariño.

Beatriz Rodríguez Morales, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que estuda a percepción social do monte e os beneficios que aporta á comunidade, ven de organizar unha actividade no monte Xalo dirixida ás mulleres. “Fixemos unha análise sobre que significa o monte para a sociedade, desde un punto de vista participativo, e houbo poucas mulleres, por iso fixemos unha actividade dirixida exclusivamente a elas para recoller a súa visión de entender o monte. Isto confluíu con que era un monte en comunidade e algunhas delas eran usuarias do monte, veciñas... aproveitamos para falar de que as comuneiras non participasen nas asemblea tanto coma os comuneiros”.

O único que pode axudar realmente aos montes galegos é a prevención, con especies autóctonas

Miguel Pardellas, coordinador do libro en proceso Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios, pensa que para moitas mulleres no rural a posibilidade de crear novos espazos de encontro, novas actividades onde elas tamén teñan cabida, cambia a dinámica por completo das comunidades. “Asistimos a un proceso permanente de despoboamento e envellecemento do rural, que está directamente relacionado coa proliferación de lumes forestais, e atopamos que, en determinadas comunidades e iniciativas onde as mulleres teñen o liderado, hai unha tendencia a unha maior estabilidade e un maior dinamismo a moitos niveis. Tanto á hora de reclamar e esixir como á hora de introducir outro tipo de actividades, máis de tipo cultural ou simplemente de encontro”.

Morales apunta que aínda “non existen suficientes investigacións” sobre a xestión feminina nos montes, pero que engade: “É unha perspectiva moi interesante. A chave está nos roles de xénero, que están condicionados polo contexto sociocultural. Se reformulamos os roles de xénero pouco a pouco tamén irá cambiando isto. A clave de xénero ten que estar pero no sentido de estar integradas nos procesos de participación. O tema longopracista... sería o seu, pero é o de sempre: a xente mira de ter beneficios o antes posible.”

visión a longo prazo

As expertas coinciden en que o único que pode axudar realmente aos montes galegos e a prevención, con especies autóctonas, e a visión a longo prazo, deixando de lado unha visión centrada no beneficio económico curtopracista.

“O traballo que tentamos facer desde o Batefogo é precisamente ese, que as comunidades coas que traballamos non se queden coas solucións a curto prazo”, di Pardellas. “Somos conscientes que hai unha parte do traballo en chave de prevención que ten que ser inmediata, o que pasa é que moitas veces este traballo de prevención se pensa case que exclusivamente en facer rozas e cousas polo estilo, e non se están centrando noutro tipo de iniciativas como pode ser a plantación de franxas de frondosas, que son moi efectivas para cando menos retardar o incendio, ou establecer algún tipo de cultivos ao redor de núcleos urbanos que axuden tamén a amortecer. Por non falar de moitas iniciativas onde o gando ten un papel importantísimo en extensivo, porque son auténticas ‘desbrozadoras’ naturais”.

Pumariño: “Cando se fala de empresas os tempos de decisións son de horas, pero os tempos ambientais son longuísimos. (...) Dicir cousas como 'de aquí a 50 anos ao mellor hai medio centímetro máis de banquisa no Ártico, que guai!' Pois non, isto non dá votos.”

Tamén para Pumariño, o longo prazo é o único remedio realista. “Se algún día chega á Xunta un goberno de esquerdas con intención de amañar o problema e poñen ao cargo á mellor persoa de medio ambiente e forestal, non esperedes resultados en catro anos. É imposible. Cando se fala de empresas, os tempos de decisións son de horas, pero os tempos ambientais son longuísimos. Por exemplo, se neste momento pulsaramos o botón verde de todas as medidas precisas para combater o cambio climático, de aquí a 20 ou 30 anos non pasaría nada”. Ademais, Pumariño considera que é difícil crear esta conciencia na opinión pública: “Dicir cousas como 'de aquí a 50 anos ao mellor hai medio centímetro máis de banquisa no Ártico, que guai!' Pois non, isto non dá votos.”

Xa o dicía Castelao, “vale máis unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos bancos”.

Biodiversidad
Unha nova vida para o monte
O proxecto traballou ao longo do país con iniciativas de xestión forestal sustentable, demostrando que hai alternativas ao modelo de monocultivo.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Incendios
Crisis climática Los incendios de California se expanden: “Esto lo han hecho las petroleras”
La catástrofe se ha cobrado ya diez vidas, ha calcinado 14.000 hectáreas y ha provocado la evacuación de 180.000 personas. “Los incendios de Los Ángeles no son sólo una tragedia, son un crimen”, denuncia Jamie Henn, director de Fossil Free Media.
Medio ambiente
Medio ambiente Medio siglo de fuego en España: 603.581 incendios han calcinado 7,7 millones de hectáreas
Entre 1968 y 2021, en el Estado ha ardido una superficie similar a la de toda Castilla-La Mancha. Mientras, los bomberos forestales, dan un nuevo empuje a la ley que exigen para regular sus condiciones laborales.
#69924
16/9/2020 0:51

Da igual que nas 9.000 há ardidas en Ourense NON houbera nin un eucalipto, e no 80% do queimado nin Siqueira piñeiros. Pero vós ao vosso, que é "informar"....

0
0
#36236
23/6/2019 11:30

Ningún erro, todo por Finsa, Ence e o partido mais corrupto de Europa: o PP.

6
0
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Más noticias
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?