Gira zapatista
Cando dous mundos se converteron nun só

A primeira delegación zapatista desembarcou este martes nas costas da península e foi recibida por comitivas internacionais.
24 jun 2021 11:37

Os días anteriores concorreran mediados por unha mestura de tensión, ansiedade, emoción e expectativa. Logo de que o subcomandante Galeano comunicase que os tripulantes de La Montaña non desembarcarían até, polo menos, 24 horas despois da arribada ás costas galegas, os ánimos daqueles que os agardaban desde terra dividíronse. Uns días de retraso implicaban que moitas delegacións internacionais tivesen que marchar de volta ós seus países e os actos de recibimento tiveron que se arranxar unha vez máis sen estar desprovistas dunha nube da incerteza.

O domingo 21 de xuño, baixo o ceo gris de Vigo, fíxose unha curta camiñada no centro da cidade. Nun principio, a mobilización fora convocada para chegar ó porto e recibir ós zapatistas, mais, logo do comunicado do aprazamento, o evento converteuse nunha celebración do encontro internacional, unha festa de loitas e linguas que fluían no aire e concretábanse en pancartas. A xente ría e bailaba aínda que non falasen o mesmo idioma. 

A primeira vez que ouvín a alguén berrar “Zapata Vive”, sorprendeume que o cento de persoas que eramos na mobilización soubese a resposta da consigna. Non lembro hai cantos anos a escoitei por última vez nas avenidas da Cidade de México e por un instante sentinme en casa nas rúas de Vigo, abrazada por todas as persoas que respondían con viva voz: “la lucha sigue”. Nese intercambio de frases, dábase a maior e máis profunda conversa entre todas nós. Pouco importaba que toda a xente soubese ou non quen foi Emiliano Zapata e o que representa para o meu país. O que podería pasar como apropiación cultural para algúns, para min, era a mostra do acordo común; era a proba de que a política é máis que a administración dun Estado. Se o dereito á boa vida non ten lingua, tampouco ten fronteiras a organización contra a inxustiza do despoxo.

O día do desembarco do Escuadrón 421, contra todos os prognósticos climatolóxicos, o ceo escampou e na praia de Carril danzaban ó compás do vento a bandeira negra do EZLN, a bandeira galega da serea de Castelao e a da segunda república. Esa anacronía simbólica emocionaba á vista. Cantas loitas, cantos pobos, cantos soños nos unen no fondo?, son as nosas historias, con todas a súas perdas e vitorias, unha mesma? O segundo que vin cando cheguei ás inmediacións da praia foi un cartaz pegado na fiestra dun coche no que aparecía a faciana de Samir. O político aínda estaba patente en medio da festa. Quen diría, querido Samir, que o teu nome chegaría até estas coordenadas, que sobrevivirías aínda despois de asasinado, que até aquí reivindicarían a túa loita? 

Cando deron as cinco da tarde, hora prevista para o desembarco, nos achegámonos ó peirao. Os minutos comezaron a pasar e cada tanto alguén facía un xesto que activaba ás gaitas, os berros e a danza. Só para descubrir ao pouco que era unha falsa alarma. Deron as 17:30 e todas estabamos en posición para o recibimento... mais nada pasaba. Neses longos momentos de espera, de inminencia, as linguas e as nacionalidades desapareceron. Disolvéronse cando se acabaron as palabras. Non víñamos de ningún país e víñamos, ao mesmo tempo, de todas partes. Eramos só varios centenares de corpos ansiosos.

Desembarco zapatista 2

A tensión superficial do silencio estallou cando, agora si, sobre as 18 horas da tarde, puidemos distinguir ás compañeiras zapatistas coas súas gorras e vestidos multicor. Ante nós, o imposible, o inimaxinable: unha montaña que cruzou o Atlántico en case dous meses, unha comitiva indíxena recibida con aclamacións por un pobo -maioritariamente- branco. Cidadáns do mundo, recíbevos a vosa casa, a vosa casa que vai onde queira que vostedes vaidades. Os brazos abertos tédelos con certeza.

Nunha Europa en que as limitacións das lexislacións racistas nos arrebatan diariamente a dignidade, nun continente onde a nosa identidade tórnase nunha ferramenta política para criminalizar ós nosos corpos migrantes, a recibida era a visión mesma da utopía.  

O Escuadrón zapatista alzaba os ollos e saudábanos coas mans. Camiñamos ó seu carón polo peirao para chegar até a praia, nunha andaina que era ó mesmo tempo un paseo solemne e un percorrido festivo. “Zapata vive” era o único que podíamos articular e berrámolo tantas veces en tan pouco tempo, que lle quitamos o sentido. Queriamos dicirlles todo, mais sobraban as palabras. Apertabámolos coa nosa presencia, non merecían menos que ser recibidos como heroes aqueles corpos que son oprimidos e asasinados sistematicamente no meu país, aqueles que lograron manter unha organización autónoma e comunitaria ó marxe do Estado e que levan defendendo a vida por máis de 30 anos.

Desembarco zapatista 5

Detivémonos na praia ao redor de Lupita, Carolina, Marijose, Ximena, Yuli, Bernal e Felipe, quen formaron unha liña fronte a cal, representantes de distintas organizacións de toda Europa presentábanse ante os zapatistas. Alí, sobre a area, un colectivo fronte ao outro, daba a impresión de que o sentido do acto era a recreación da presentación entre dous pobos, como quizabes pasou cando Colón desembarcaron nas costas de Abya Yala hai 500 anos. Mais, para a xente que non estivemos presentes cando Marijose pisou a terra e fixo a súa proclamación (por seguridade das compañeiras, só pasaron a esa parte do peirao unhas cantas persoas), ese acto de presentación de case media hora foi un tanto desmotivante. O Escuadrón estaba no centro, rodeado por cámaras, de pé baixo o sol. Non escoitáramos deles palabra algunha e eu só quería berrar: “Deixádelos falar!”. (Baixo a miña perspectiva, a presentación dos colectivos europeos ben puido facerse nos posteriores encontros nas mesas de diálogo e traballo para non acaparar a palabra). 

A organización deu a sinal e os compañeiros zapatistas foron levados a un escenario onde os esperaban máis cámaras. Alí, fronte ós ollos do mundo, Marijose renomeu o continente: “A nombre de todas las mujeres, niños, hombres, ancianos y, claro, otroas zapatistas, declaro que el nombre de esta tierra, a la que sus naturales llaman ahora Europa, de aquí en adelante se llamará Slumil K’ajxemk’op, que quiere decir “Tierra insumisa” o “Tierra que no se resigna” y así será conocida por propios y extraños mientras haya alguien aquí que no se rinda, que no se venda y que no claudique”.

Desembarco zapatista 3
Marijose na vanguarda Miguel Núñez

Así, o continente xa non era máis terra de brancos, nin estaba definido baixo a falsa etiqueta do “primeiro mundo”, nin como o cume da civilización occidental. Agora visibilizábase esa parte que resistía a quen atentan contra a vida en común. Os zapatistas lograron nese instante o que ninguén da esquerda nos últimos anos: recoñecer as diferenzas mentres, ao mesmo tempo, sobrepasaban as beiras das identidades para amosar que a loita pola vida era a mesma en todas as latitudes sen importar o nome. Nalgúns puntos máis urxente e máis violenta, si, e é fundamental recoñecelo,  pero o encontro entre os múltiples mundos na praia de Vigo fundamentaba a esperanza doutro novo mundo posible. Era o primeiro paso contra a política de identidades que só logra separarnos e entregar as loitas á axenda neoliberal e a bolsa do capital.

Desembarco zapatista 1
Yuli saudando a quen a recibe Miguel Núñez

Esa mesma tarde, mentres o novo pobo sen nacionalidade bailaba ao carón do mar aberto, na beira do horizonte, en pleno centro de Santiago de Compostela, a policía bateu a golpes a un rapaz de 15 anos polo seu aspecto, que eles chaman “moro”. Alí, fronte os amigos do mozo, os corpos de “seguridade” non se detiveron ante os berros desesperados e desconcertados: “eu non fixen nada”. 

Non o escoitaron. Tampouco escoitaron ós aplausos e berros de benvida na praia de Carril. Mais eu e centos de persoas máis, fomos testemuñas das declaracións que inauguraban a Travesía por la vida.

Quen diría hai 27 anos que a guerrilla nas profundidades da selva Lacandona, esa loita comezada por poboacións indíxenas no sur do mundo, sería a semente dun movemento global. Tomounos todo este tempo recoñecer que tiñan razón, que o estalido do seu levantamento era o son do noso mundo derrubándose. E os berros de alegría pola chegada da Montaña foron o son do nacemento dese outro mundo máis xusto onde caberemos todas, todos e todoas. Serán os berros da unión os que predominarán e racharán cos berros do sufrimento da violencia racista, capitalista e patriarcal.  

Queda todo por facer. Toda unha nova orde que levantar. 

Dou fe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
EZLN Genealogía del “común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.
México
Análisis Relámpago y tormenta, Chiapas en vilo
De Guatemala al istmo de Tehuantepec se trazan tres corredores criminales donde el control de las plazas y territorios se disputa a punta de metralleta en retenes carreteros, calles, mercados populares.
Solo para socias
Promociones Dos títulos con los que cuestionar el actual modelo de Estado
Si el mes pasado presentamos la primera novela de Sarah Babiker, en octubre destacamos otro título del que estamos muy orgullosas en El Salto, la también ópera prima de nuestro responsable de Política, Pablo Elorduy.
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
Residencias de mayores
Residencias de mayores Naces, creces, te reproduces, envejeces y sigues generando beneficios
El capitalismo extractivista emplea un ‘fracking’ similar sobre la última etapa de nuestras vidas: exprimir nuestra capacidad de producir beneficios hasta el último aliento.
Ni hablar
Ni hablar La clase obrera no va al paraíso
La explotación se aligera con el relato torticero de la explotación y de los héroes del capital, y con la asunción íntima de que capitalismo y democracia son conceptos sinonímicos.
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel el 23 de marzo
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Opinión
Opinión Los eufemismos y el gasto militar
Los profesionales en la confección de los mensajes políticos y manipulación de la opinión pública han debido apreciar que el termino “rearme” era demasiado explícito y contundente y que podría provocar cierto rechazo.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Fin a la privatización Un tsunami marcha por Madrid por la gestión totalmente pública de los servicios a la ciudadanía
La plataforma Tsunami por los Servicios Públicos nace este domingo para aglutinar a decenas de organizaciones sociales que quieren hacer frente al “modelo neoliberal de destrucción masiva de los derechos humanos y sociales”.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.

Últimas

Gobierno de coalición
Consejo de Ministros Ángel Víctor Torres anuncia que tiene cáncer, pero seguirá al frente del Ministerio de Política Territorial
Reducirá su agenda como titular de Política Territorial en las semanas previas a una operación a finales de abril. Fuentes ministeriales dicen que la enfermedad “va bien” y “tiene solución”.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.
Más noticias
Tribuna
Tribuna Carta abierta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proyecto que Galicia ni quiere ni necesita”
Los argumentos para apoyar lo que decimos son muchos. Se situaría en un terreno en el borde de la ZEC Serra do Careón; provocaría un nuevo ciclo de plantación masiva de eucalipto o de importación desde países del Sur; y no tiene licencia social.

Recomendadas

Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huida del dictador.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
México
EZLN Genealogía del “común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.