Fútbol
Mavuba. No nome do pai

15 de xuño de 2014. Minuto 65 do partido que Francia xoga contra Honduras na Copa do Mundo de Brasil 2014. O adestrador galo, Didier Deschamps, fala co centrocampista Rio Mavuba na banda do terreo de xogo. Dille que deixe que quentar porque vai saír ao terreo de xogo e, así, debutar nun mundial. Rio Mavuba, sorrindo, mira ao ceo.

Ocean viking julio
Nunha destas precarias embarcacións naceu o noso protagonista, Rio Mavuba. Foto: Flavio Gasperini - SOS MEDITERRANEE
9 jul 2020 12:00

Ricky Mavuba foi un futbolista que xogou na selección de Zaire. Con 15-17 anos, Mavuba xogou nas divisións inferiores municipais. Naquela época (1964-1968), era alcumado pola xente como Larousse, igual que a enciclopedia, tratado como se fose un gran coñecedor do fútbol. En 1968, con 19 anos, debutou co AS Vita Club de Kinshasa na primeira división congolesa como centrocampista atacante. Ricky Mavuba era especialista en tirar a gol, un virtuoso do contraataque, destacando polos seus regates, os seus pases e os seus saques esquinas, que ás veces remataban nas redes da portería contraria. Pola facilidade que tiña de golear desde o córner, gañou o alcume de Ndoki ya Ndombe —O Feiticeiro Negro— por parte dos afeccionados. En Maio de 1971, Mavuba e o AS Vita Club xogaron por primeira vez a Champions League africana fronte ao Canon Sportif de Yaounde (2-0, 1-3). O equipo foi eliminado por penaltis en Yaoundé. O 26 de decembro de 1971 en Kananga (provincia de Kasai), Mavuba e o As Vita Club gañaron o Campionato Nacional do Congo contra os locais de Renaissance Tshipepele por 2-0.

En 1973, Ricky Mavuba debutou coa selección nacional, os Leopardos de Zaire, o 27 de febreiro de 1973 nunha eliminatoria para a clasificación para a Copa do Mundo de 1974 contra Camerún (1-0 en Yaoundé, 0-1 en Kinshasa). Polo tanto, Mavuba (23 anos) e os Leopardos superaron aos Leóns de Camerún nesa decisiva rolda de clasificación. Ese mesmo ano, Zaire acabou clasificando para a Copa do Mundo de Alemaña 74. Xogando co AS Vita Club, equipo co que Ricky Mavuba gañou a Champions League de clubs de África. Un ano despois, en 1974, formou parte do equipo de Zaire que xogou a Copa África. A Copa africana de Nacións de 1974 foi a novena edición do torneo máis importante de fútbol do continente. Foi organizada en Exipto, onde xogaron 8 equipos distribuídos en dous grupos nos que clasificaban os dous primeiros de cada grupo. A selección de Zaire gañou o seu segundo campionato africano da historia vencendo a Zambia na final por 2-0 nun partido de desempate e Ricky Mavuba foi campión africano.

No mesmo 1974, Ricky viaxou co equipo de Zaire para o mundial de Alemaña 74, un fito na historia da África negra que clasificaba por primeira vez a unha selección subsahariana para unha Copa do Mundo. Aínda que antes do mundial Ricky fora un home importante para o adestrador Bladoje Vidinic, durante o torneo non conseguiu disputar nin un só minuto. Así, o soño de debutar nun mundial quedou posposto.

Fútbol
Zaire, 1974

14 de xuño de 1974, once futbolistas están fronte a tribuna do Westfalenstadion de Dortmund. Sobre o peito, a estampa dun leopardo circundado pola lenda “Léopards Zaïre” que ocupa a práctica totalidade das súas camisetas amarelas. Un deseño rompedor para un acontecemento histórico: por vez primeira unha selección da África subsahariana chegaba á fase final dun mundial.

Durante o mundial o papel de Zaire foi un estrondoso fracaso, perdeu os 3 partidos da liguilla de grupos e quedou eliminado. Incluso, houbo unha revolta dos xogadores motivada por non cobrar as primas e agasallos prometidos, un dos líderes desa revolta foi Ricky Mavuba. As ameazas de non xogar o segundo partido contra Iugoslavia, acabaron cun 7-0, a maior goleada na historia dos mundiais. Unha humillación que o rebautizado ditador Mobutu Sese Seko non estaba disposto a esquecer, Mobutu nunca perdoou a Ricky liderar o motín. O silencio e o esquecemento presidiron o retorno dos Leopardos a Kinshasa. A vida dos futbolistas africanos nos 70 era moi diferente á actualidade, o salto a Europa era algo impensábel. Con sorte abrían as fronteiras dalgún outro país de África que ofrecía unha vida modesta. Foi o que aconteceu con Mavuba que, ante o risco para a súa integridade que supoñía seguir en Zaire, en canto puido, marchou a Angola para rematar a súa carreira deportiva. Alí coñeceu a Teresa e planificou a súa vida xunto a ela, naquel, ata entón, aparentemente tranquilo país. As cousas pronto mudaron.

Unha humillación que o rebautizado ditador Mobutu Sese Seko non estaba disposto a esquecer, Mobutu nunca perdoou a Ricky liderar o motín. O silencio e o esquecemento presidiron o retorno dos Leopardos a Kinshasa

Angola, agosto de 1975. Ryszard Kapuściński acababa de aterrar en Luanda, xusto no momento no que os últimos cidadáns portugueses abandonaban a toda presa os distritos con máis glamour da cidade; mentres a guerra polo poder en Angola aumentaba por momentos, sementando o caos, a desolación e a morte. Muita confução em Luanda. A Revolución dos Cravos do 25 de abril de 1974 supuxera a restauración da democracia en Portugal e marcara a fin do colonialismo luso. Despois de Corea e Vietnam, pero antes de Afganistán, Angola foi un campo de batalla alternativo na chamada guerra fría. Tanto os americanos como os soviéticos estiveron activamente involucrados nas hostilidades. Incluso países como Cuba enviaron un continxente de tropas; mentres as forzas armadas surafricanas, apoiadas por Estados Unidos, permanecían na fronteira sur dispostos a invadir Angola no momento menos pensado. No caso de Angola a independencia chegou o 11 de novembro de 1975. Nos últimos meses antes da declaración de independencia, diferentes faccións do movemento de liberación angolano estiveron encerelladas nunha loita para decidir quen ía apoderarse do poder na república que estaba ao caer. Nese convulso intre foi cando Kapuściński decidiu saír de Luanda e ir máis alá, ata as liñas da fronte de guerra.

Para Kapuściński, a guerra en Angola pronto deixou de ser un conflito máis e colleu rostro humano: o de Carlota, unha orgullosa loitadora, e o rostro do comandante Farrusco, dúas persoas que coñeceu naquel 1975. De súpeto, o Exército surafricano atacou polo sur e os cubanos foron os únicos que apoiaron con tropas aos insurxentes. Foi neste contexto onde o xornalista tivo que negociar cun conflito interno: ser un observador pasivo ou implicarse. E Kapuściński tomou partido, ocultou información co obxectivo de salvar vidas, como era a presencia das tropas cubanas enviadas. Para el que Estados Unidos e as tropas surafricanas tomaran o control de Angola era a fin dun soño e da loita dun pobo, achaba tamén que iso podía supoñer a expansión do apartheid. Quebrantou o código deontolóxico dun xornalista nun conflito, para tomar partido. Supoño que ti, no seu lugar, terías actuado de xeito semellante. Para contar a verdadeira historia de Angola, Ricardo —como era chamado Kapuściński pola xente de Angola— sufriu unha transformación e volveu nacer como escritor. Kapuściński foi un dos reporteiros máis famosos do mundo, testemuña de numerosos golpes armados, escapou á morte por execución nun par de ocasións, como mínimo. Cando era preguntado pola súa profesión, dicía: “son tradutor de culturas”. Quizais non estaba errado. Gabriel García Márquez chamábao “mestre de xornalistas”.

Pola súa banda, os Mavuba non atoparon mellor saída para fuxir de Angola que subir nunha embarcación precaria, unha pequena barca, hoxe poderíamos chamala unha patera ou un cayuco, e botáronse ao mar. Nese intre, os éxitos deportivos de Ricky semellaban ter caído pola borda da precaria embarcación, o seu ánimo tamén. Ao seu carón estaba Teresa, chorando. Quizais foron as ondas, quizais foron os nervios ou que tiña que pasar. As bágoas de Teresa mesturábanse co auga salgada do mar, acababa de ter un neno, nun lugar indeterminado do Oceáno. O seu percorrido semella saído dunha epopea grega, dentro da embarcación precaria percorreron a costa de África occidental, cruzaron o estreito de Xibraltar, continuaron pola costa da Península Ibérica. De milagre, os Mavuba chegaron sans e salvos ao porto de Marsella. Corría o ano 1984 e Teresa tíñao claro, chamaría Rio ao neno, pois o auga corría polas súas venas.

O seu percorrido semella saído dunha epopea grega, dentro da embarcación precaria percorreron a costa de África occidental, cruzaron o estreito de Xibraltar, continuaron pola costa da Península Ibérica. De milagre, os Mavuba chegaron sans e salvos ao porto de Marsella

O 1 de novembro de 1988 un forte temporal provocou o naufraxio dunha barca marroquí con 23 ocupantes, o naufraxio deixara un morto. 18 desaparecidos e catro detidos. Foi a primeira morte documentada no Estreito de Xibraltar dun migrante tentando chegar ás costas do Estado español na praia gaditana dos Lances. Aínda que, por esas datas, a migración ilegal no Estreito xa era algo común era un fenómeno apenas coñecido pola xente, quizais en Alxeciras ou Barbate e pouco máis. En Europa a xente non prestaba atención a este lutuoso fenómeno migratorio. A partir deste momento, algo mudou e a xente foi consciente de que algo estaba acontecendo. Desde entón, como mínimo, morreron máis de 6.700 persoas no paso do Estreito segundo diversas estimacións. O falecido ese 1 de novembro, un mozo marroquí de Nador, pagara 35.000 das antigas pesetas para poder cruzar o estreito e chegar a Europa co único obxectivo de atopar un futuro mellor. Ese 1 de novembro, o fotógrafo Ildefonso Sena inmortalizou a primeira imaxe do corpo sen vida dun migrante na area dunha praia do Estado español. “Estabamos a uns cantos metros da terra, eles deberon pensar que xa podían saltar ao auga, que farían pé, pero non foi así. Escoitabamos os seus berros, desesperados, ás veces apagados porque estaban afogando”, relataba o fotografo nun artigo de prensa hai uns anos. Días despois foron aparecendo máis cadáveres na praia. O fenómeno da migración ilegal e a súa traxedia comezaba ser visíbel para a xente. Tras ese 1 de novembro, por desgraza e durante moitos anos, quizais demasiados, pouco fixeron as autoridades para impedir que estas mortes no Mediterráneo sigan acontecendo.

Rio Mavuba
Rio Mavuba con nenos que viven en Kinshasa, no orfanato da súa fundación. Foto de Arquivo: Diario AS

“Nacido no mar”, en francés. Así de simple, iso era o que poñía no pasaporte de Rio Mavuba de mozo. Non importaba a ninguén, nin en Francia, nin en Ángola, nin no Congo. Aínda hoxe, Rio Mavuba non sabe onde naceu máis alá que a bordo dunha embarcación. A súa nai Teresa morreu cando tiña dous anos, o seu pai Ricky cando tiña doce. “Era moi pequeno para falar deses temas con eles, aínda que é posíbel que nin eles o soubesen”, lembra o propio Rio. Da súa nai non lembra nada, do seu pai demasiado pouco. “Na miña casa, como non tiñamos Canal+, cando era neno, o meu pai e eu víamos os partidos de fútbol codificados”. Quizais por iso estaban unidos, polo fútbol. Adolescente, Rio Mavuba conseguiu entrar na prestixiosa escola do Girondins de Burdeos. Alí rompería tódolos moldes, o “novo Makelele”. Con apenas 18 anos debutou na Ligue 1. Entón empezou importar, no Congo, en Francia, en Angola, que pelexaban por aquel mozo para a súa selección. Finalmente, en verán do 2004, Rio Mavuba debutou coa selección absoluta de Francia. Un pequeno detalle, cando foi convocado non tiña nin a nacionalidade francesa no seu pasaporte, seguía sendo nacido no mar, algo que arranxaría co seu novo status.

O 23 de abril de 2009 Rio Mavuba inaugurou a Fundación Rio Mavuba, “Orfos de Makala”, cuxo principal traballo é un orfanato no que viven 31 nenos nun barrio de Kinshasa. O edificio actual do orfanato é o mesmo inmóbel onde vivía o seu pai, Ricky Mavuba. Un día de maio de 2014, o adestrador da selección francesa Didier Deschamps abriu o informativo principal de TF1 anunciando os 23 nomes que acudirían coa selección francesa ao mundial de Brasil 2014. Nese intre, houbo un berro na casa dos Mavuba, Rio estaba na convocatoria. Un mes despois, o 15 de xuño de 2014, Francia xogaba contra Honduras en Porto Alegre. Ao centrocampista, por esas datas do Lille, tocoulle agardar no banquillo. No minuto 65 do encontro, tras uns minutos quecendo, Rio foi chamado polo adestrador que lle dixo que ía saír ao campo. E así, Rio Mavuba debutaba nun mundial e 40 anos despois do seu pai pechaba un círculo. Tralos primeiros pasos no terreo de xogo, Rio Mavuba, sinalando cara arriba co dedo índice da man dereita, mirou ao ceo. Quizais fose unha casualidade pero esa xornada en Francia era a celebración do Día do Pai. Ese día, eu estou seguro que, desde o ceo e cheo de ledicia, Ricky Mavuba conseguiu ver como o seu fillo debutaba nun mundial sen necesidade de descodificar a imaxe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Fronteras
Fronteras 24 horas en un albergue de Tijuana: “Que no se olviden de nosotros”
Unos 80 migrantes siguen con preocupación la política de cerrojazo y militarización de la frontera de Donald Trump desde sus casas de nylon.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.
Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Religión
Iglesia Católica El viaje de Jorge Bergoglio, el papa que intentó reformar la Iglesia y no lo consiguió
De ser acusado de cómplice con la dictadura argentina, Jorge Bergoglio, ya ungido como papa Francisco, se convirtió en una de las principales voces de denuncia de la ultraderecha, del neoliberalismo y las violaciones de los derechos humanos.
Culturas
Cultura Tiphaine Rivière y la necesidad de entender a Bourdieu
La francesa Tiphaine Rivière se enfrenta en ‘La distinción’ (Garbuix, 2025) a la obra de Bourdieu para entender el diálogo entre los diferentes estratos sociales.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.
Opinión
Opinión Defender la Tierra significa desmilitarizar
Buscamos vida en otros planetas mientras despreciamos la vida en la Tierra, ignorando la dignidad de las personas, maltratando su biosfera, y tratando sus recursos como si fueran ilimitados.
Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Más noticias
Humor
Humor Reacciones a la muerte del papa
La viñeta de Mauro Entrialgo sobre las reacciones a la muerte del Papa Francisco
China
Pulsos bajo el cielo Taiwán, la isla hermosa en la encrucijada
En este episodio recorremos la isla de Taiwan para explicar su relación geopolítica con China continental desde la perspectiva de los movimientos indígenas y su música
Poesía
Poesía Poética de un temblor disidente
Frente al mandato de la sobreproducción, Txetxu González propone una poética de la lentitud en ‘Si te preguntas por qué un poco (Orígenes de la hiperestesia)’, una obra híbrida que se mueve entre la poesía, el ensayo y el archivo afectivo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.