Elecciones
Así foi como che contamos a maioría absoluta do PP, o fracaso do PSOE e o fito histórico do BNG

A campaña máis axustada desde 2005 non foi tal, o PP revalida a súa maioría absoluta, aínda que o BNG obtén o seu mellor resultado histórico. O PSdG cae ao seu mínimo, perde ata 5 deputados e na provincia de Ourense entra a DO de Jácome.
ana ponton vota
La líder y candidata del BNG, Ana Pontón, votando este domingo en su colegio electoral en Santiago de Compostela.
18 feb 2024 09:00

Galiza decide hoxe o seu futuro: pór un punto e seguido aos 15 anos do binomio Feijóo-Rueda ou dar o salto cara a un novo camiño co primeiro Goberno liderado polo soberanismo galego da historia do país. Arredor de 2,7 millóns de galegos e galegas están chamados a votar este domingo tras a campaña máis axustada desde 2005. Aínda que o groso das enquisas publicadas nas últimas semanas outorgan a maioría dos votos ao Partido Popular de Alfonso Rueda, o denominador común dunhas e outras é que o máis probable é que non sexa folgada. De feito, algúns dos barómetros, como o do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), pechaba o seu último estudo colocando á líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG) como potencial presidenta galega. Apoiada, iso si, por un socio de goberno como José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) e pode que algún deputado de Sumar.

Outro conto será a repercusión que teña o partido do alcalde populista de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, Democracia Ourensana. As enquisas máis beneficiosas para a súa organización de programa neoliberal outorgábanlles até dous deputados. Malia o seu posicionamento público aberto a negociar con calquera partido “para defender a Ourense”, a hemeroteca non engana e os feitos son os feitos: Jácome soamente pactou co Partido Popular. Tanto para concederlles a Deputación de Ourense a José Luís Baltar e os seus sucesores como para facerse el mesmo coa alcaldía da cidade termal pese ser terceira forza en 2019.

Mentres todo o espectro soberanista e a inmensa maioría da esquerda de base foron pechando filas co liderado de Ana Pontón no BNG, o PP está tratando de conter unha sangría inesperada de apoios desde que Feijóo marchou cara a Madrid e, logo, a xestión do desastre dos pellets revolvera a sociedade galega. O PSdeG confórmase con que haxa cambio e tentará non baixar máis aínda do chan electoral no que se atopa desde hai máis dunha década. Sumar e Podemos, sempre segundo as enquisas, terán sorte se hoxe non pechan un ciclo que comezou fai agora dez anos coa calor das mareas.

Sexa como for, o dato clave nesta xornada electoral é un e probablemente revelará unha tendencia moito antes de que saian á luz os primeiros datos sólidos do escrutinio: a participación. Nos ríos das máis altas mobilizacións de voto pescou a esquerda galega os seus mellores resultados. En calquera dos comicios dos últimos 20 anos. Non hai excepción e, polo tanto, este domingo, non hai motivos, a priori, para que a haxa.

09:30, Santiago de Compostela

A líder do BNG, Ana Pontón, a primeira das candidatas en votar

A totalidade das mesas electorais de Galiza foron constituídas, segundo informa a Xunta e a primeira candidata en achegarse a votar ao seu colexio electoral foi Ana Pontón, a líder do Bloque Nacionalista Galego. “Hoxe Galiza pode facer historia”, defendeu a candidata á Presidencia ás portas do seu colexio en Santiago de Compostela. 

ana ponton vota
La líder y candidata del BNG, Ana Pontón, votando este domingo en su colegio electoral en Santiago de Compostela.

“Estou moi tranquila, moi contenta, moi ilusionada e moi orgullosa” de toda campaña electoral que levaron a cabo o seu partido e a súa militancia: “Unha campaña en positivo, de ideas, que creo que ilusionou a moitas persoas e que as reconciliou coa política”. Ana Pontón chamou a “esa mobilización masiva” necesaria para que “haxa cambio”: “Hoxe é o día no que a cidadanía ten o poder de decidir o futuro deste país nas súas mans”.

10:53, Vigo

Galiza decide o seu futuro: a esquerda soña mentres a dereita mira o reloxo

Todas as miradas están postas sobre Galiza este domingo. Probablemente, máis do que estivesen nos últimos 15 anos. Non só as que observan atentas desde o Estado español, senón tamén as dos case 2,7 millóns de electores e electoras que hoxe deciden, en parte, o seu futuro. Sempre o decidiron, non é que non houbese outras eleccións nos anteriores tres lustros.

Elecciones
Eleccións Galiza decide o seu futuro: a esquerda soña mentres a dereita mira o reloxo
Preto de 2,7 millóns de galegos e galegas están chamados a votar este domingo tras a campaña máis rifada dos últimos 15 anos. O soberanismo e a esquerda pechan filas co BNG de Ana Pontón e o PP trata de conter unha sangría inesperada.

Pero iso cambiou a unha velocidade inalcanzable ata para o máis ávido dos spin doctors, sobre todo, para os que facturan nas rúas Ferraz e Génova. Unha nova pulsión social estalou tras o desastre ambiental dos pellets que axitou a memoria emocional dun pobo, na última década, asentado na desidia da imposibilidade de cambio, aínda que a dicir verdade o taboleiro xa pegara unha boa viraxe en abril de 2022.

Ler artigo completo aquí.

11:51, Vigo

Cazan monxas dun asilo en Vigo levando anciáns a votar coa papeleta na man

Varias monxas de procedencia relixiosa aínda non identificada foron pilladas por veciños de Vigo colocándolles a papeleta na man ás aforas do colexio electoral do barrio de San Roque a persoas maiores con apenas mobilidade. A imaxe foi capturada por veciños e veciñas que denunciaron publicamente os feitos.

Elecciones
Eleccións Cazan monxas dun asilo en Vigo levando anciáns a votar coa papeleta na man
Varias monxas foron pilladas por veciños de Vigo no barrio de San Roque colocándolles a papeleta na man ás aforas do colexio electoral do Couto de San Honorato a persoas maiores con apenas mobilidade.

12:16

A participación baixa dous puntos con respecto ás últimas eleccións

O primeiro avance de participación nas eleccións galegas deste 18F amosa dous puntos menos ca no ano 2020 ás mesmas horas. Arredor do 17% do censo electoral acudira xa aos colexios electorais ás 12h, cando na anterior ocasión a porcentaxe superaba o 19%. A participación a este hora é mellor, porén, ca a dos comicios do 2016.

Nas últimas eleccións, realizadas en plena pandemia, a participación acadou o 50%.

13:00

O candidato socialista votou en Lugo

Besteiro, candidato do PSdeG sinalou: “Animo aos galegos e galegas a participar nun día histórico para o noso país. Teño moi boas vibracións. Participade, votade, que se escoite a vosa voz para que Galicia avance.”

13:05

Marta Lois exerceu o seu dereito ao voto

A candidata de Sumar Galicia salientou no momento da votación que: “Temos que encher as urnas de ilusión e alegría para abrir unha nova etapa transformadora e valente.”

13:10

Isabel Faraldo vota na Coruña

A candidata de Podemos Galicia declarou:“Hoxe é un deses días fermosos da democracia onde a cidadanía decide co seu voto o futuro, facemos un chamado a participar para decir que o cambio en Galiza é posible.”

13:30

Rueda vota en Pontevedra e agradece a participación


O candidato do Partido Popular e presidente en funcións da Xunta de Galicia declarou no momento da votación: “Agradecer o traballo de todas as persoas que están nas mesas e dos interventores de tódolos partidos, pido que todo discurra con normalidade e as 20 da tarde agardaremos os resultados do que decidan os galegos e galegas”

14:00

Ojeda e Jácome agardan ser decisivos na Xunta


Armando Ojeda de Democracia Ourensana declarou logo de votar: “Agardamos ser determinantes no Parlamento de Galicia para revertir a situación de discriminación da provincia de Ourense que vimos denunciando dende hai anos.”

14:05

O candidato de Vox votou en Vigo


Díaz-Mella logo de votar declarou en perfecto castelán: “Damos las gracias a todos los apoderados por velar por unas elecciones limpias y transparentes, y a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado por su labor”.

15:43, Cambados e Lugo

Cachan a monxas e persoas sen identificar levando anciáns internos a votar en Cambados e Lugo

Durante a xornada electoral deste domingo, varias monxas e persoas sen identificar foron capturadas polas cámaras levando a votar a anciáns e anciás internas en dous asilos das localidades de Cambados (Pontevedra) e Lugo.

Elecciones
Eleccións Cachan a monxas e persoas sen identificar levando anciáns internos a votar en Cambados e Lugo
As dúas situacións de posible 'carretaxe' foron documentadas no asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Lugo, que xa foi noticia polo mesmo nas pasadas eleccións xerais, e nun asilo de Cambados (Pontevedra).

Segundo relatan as persoas que documentaron graficamente esta escena, no asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Lugo, na céntrica rúa San Roque, o tránsito de monxas e outras personas non identificadas levando anciáns e anciás a votar non parou durante as primeiras horas da xornada electoral.

Ademais de en Lugo foi documentado un caso semellante nun asilo de Cambados, nas Rías Baixas. Alí, segundo o relato das persoas que tiraron as fotografías, un par de coches estiveron realizando viaxes de ida e volta entre o asilo e os colexios electorais durante toda a mañá.

Desde O Salto Galiza documentamos os feitos cunha fotorreportaxe que pode consultarse aquí.

17:00, Santiago de Compostela

A participación ás 17h dispárase máis de seis puntos con respecto ás eleccións de 2020

A participación ás 17h nas urnas galegas disparouse en 6,29 puntos con respecto ás eleccións de 2020, situándoa a esta hora nun 49,26% dos electores ou, o que é o mesmo, un total de 1.000.795 votos xa foron depositados en toda Galiza.

Se se toman de referencia as últimas tres convocatorias electorais tamén houbo cambios. Por exemplo, en 2020 acadou o 43%, mentres que en 2016 e 2012 se situou nun 42,5% en ambas ocasións. En contraste, nas eleccións de 2009, que foron as máis axustadas ata estas, a participación chegou ao 49,3%. Así mesmo, en 2005, ano en que se produciu a vitoria do bipartito conformado por PSdeG e BNG, a participación a este hora foi do 46,7%.

18:25

A participación medra máis en Lugo e Ourense

A participación ás 17h é a máis alta das últimas cinco eleccións galegas. Se atendemos aos datos por provincias aumenta máis en Lugo (7,86%) e Ourense (7,50%). Mentres que nas provincias atlánticas sobe de xeito máis moderado, na Coruña un 5,73% e un 5,74% en Pontevedra.

19:07

Diferenza da participación nos concellos máis poboados ás 17 horas

Segundo os datos das 17 horas medra a participación con respecto ás eleccións de 2016 e 2020. Lembremos que as de 2020 foron con pandemia, polo que colleremos os datos de 2016 para facer a comparación. Deste xeito en Vigo medrou con respecto a 2016 un 6,1%, mesma porcentaxe que na Coruña cidade. Pontevedra aumentou un 6,6%. Pola súa banda en Ourense é onde máis medra cun 8,1% respecto de 2016 e 10% respecto de 2020. En Lugo cidade a suba é do 7,8% e en Compostela un 7,3% respecto a 2016. En Oleiros (A Coruña) a subida é dun 8,5% respecto a 2016 e Narón un 6,7%; sendo menos acusada a subida en Vilagarcia e Ferrol cun 5,6% e 3,5% respectivamente.

19:56, Santiago de Compostela

O resultado desta noite non será definitivo: así afectou o voto desde o estranxeiro no pasado

As eleccións galegas do 18 de febreiro non conclúen completamente nesta noite electoral, xa que os votos dos cidadáns que sufragaron desde o estranxeiro se contarán a partir do 26 de febreiro, o que podería influír na distribución de escanos en xogo, e se alongará como máximo ata o día 29 do mesmo mes. É dicir, o resultado definitivo podería non saberse ata dentro de 11 días.

A eliminación do voto rogado, a diferenza de citas electorais anteriores, pode aumentar a participación dos electores exteriores, que representan aproximadamente o 18% do censo electoral de Galiza, con case medio millón de persoas. Isto marca unha diferenza significativa en comparación cos últimos comicios, onde o voto exterior diminuíra debido ás restricións do voto rogado impostas desde 2009.

20:01, Santiago de Compostela

O PP aguantaría no Goberno galego, segundo a enquisa de GAD3

O Partido Popular de Alfonso Rueda sería capaz de aguantar a maioría absoluta no Goberno galego, segundo a sondaxe a pé de urna realizada por GAD3 para a Televisión de Galicia. A enquisa, realizada durante a última semana, predí que o PP obtería entre 39 e 40 escanos, o Bloque Nacionalista Galego entre 25 e 26 deputados, o PSdeG caería ata 9 ou 10 e Democracia Ourensana podería entrar no Parlamento de Galicia.

Pola súa banda, Sondaxe outorga ao PP 39 escanos; ao BNG 25 e ao PSOE 11. Non outorga representación a ningunha outra forza política. O PP perdería, segundo esta enquisa, os tres deputados en Pontevedra, A Coruña e Lugo e o BNG gañaría dúas prazas na Coruña e outras dúas en Pontevedra, así como unha en Lugo e outra en Ourense, mentres que o PSOE perdería un escano pola Coruña, Ourense e Pontevedra.

20:27

Sumar denuncia a agresión dunha apoderada do PP a un dos seus

Sumar Galicia denunciou a agresión dunha apoderada do Partido Popular a un apoderado da súa formación. O agredido xa presentou denuncia ante as autoridades pertinentes e está sendo atendido polo persoal do Álvaro Cunqueiro en Vigo.

apoderado sumar

Arredor das 12:45 deste domingo 18 de febreiro, unha apoderada do Partido Popular agrediu a un apoderado de Sumar Galicia na mesa de Balaídos, no distrito 4 de Vigo, segundo o partido de Marta Lois. Segundo testemuñas, a membro do PP atopábase dentro dunha das cabinas de votación, ocultando as papeletas doutros partidos. Foi entón cando Juan Valverde, o apoderado de Sumar, lle chamou a atención e a urxiu a abandonar a cabina. A apoderada do Partido Popular saíu finalmente da cabina e empurrou ao apoderado de Sumar Galicia, provocando que caese golpeando a súa cabeza contra unha mesa. Permaneceu inconsciente uns minutos.

20:56

O PP conserva a maioría absoluta con máis do 10% escrutado

Co 10% dos votos escrutados, o Partido Popular de Alfonso Rueda mantería a maioría absoluta no Goberno galego e 45 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rompería o seu teito electoral con 20 deputados e o PSdeG derrubaríase ata os 10 escanos. Aínda queda moita noite, moito voto por contar, especialmente nas cidades, historicamente progresistas, pero a tendencia apunta a que a dereita podería aguantar outros catro anos en San Caetano.

21:13

O PP perde tres deputados máis, aínda que segue conservando a maioría absoluta co 30% escrutado

Co 30% dos votos escrutados, o PP revalidaría o Goberno en Galiza, aínda que o BNG vai gañando terreo a medida que avanza o conteo. Cos votos contados ata o momento, o PP obtería 42 escanos, o BNG 22, tres máis ca no 2020, e o PSOE 10, catro menos ca nas eleccións pasadas. Democracia Ourensana entra cun deputado.

Sumar, Podemos e Vox quedan lonxe polo de agora de obter representación.

21:29

Sumar e Podemos quedan fóra do Parlamento galego

Con máis do 50% do voto escrutado as malas noticias para Sumar e Podemos nas eleccións galegas son inocultables. A candidatura de Marta Lois obtén o 1,7% dos votos. E o partido de Isabel Faraldo apenas un 0,23%.

21:34

O BNG gaña un deputado ao PP na Coruña

Co 60% do voto escrutado, o BNG segue avanzando posicións fronte ao PP, gañando un escano máis, neste caso pola Coruña. O BNG obtería 23 asentos no Parlamento galego, catro máis ca no 2020, e o PP baixa a 41, un menos ca nas anteriores eleccións, pero aínda con suficientes escanos para gobernar en solitario. O PSOE segue perdendo catro escanos con respecto a 2020, e quedaría con 10.

21:47

O BNG arrebata outro escano ao PP en Lugo

Co 71% de voto escrutado, o BNG arrebata outro escano ao PP, desta volta en Lugo, e queda con 24, cinco máis ca nas eleccións previas. O PP perde dous escanos con respecto a 2020 e queda en 40, dous por riba da maioría absoluta. A debacle do PSOE, que segue perdendo catro asentos, afastan as posibilidades de formar un goberno alternativo.

22:07

Sumar naufraga e Podemos desaparece nas eleccións galegas

Os de Marta Lois quedan arredor do 2% do voto no conxunto de Galiza e Podemos non chega ao 0,5%. A esquerda estatal desaparece do mapa político galego.

22:27

O PSOE loita voto a voto en Ourense

O PSOE galego está a 107 votos de quitarlle un escano ao PP en Ourense co 97% escrutado.

O PSdeG protagonizou a súa peor elección en décadas cunha porcentaxe de voto do 14% e apenas 9 escanos, cinco menos ca no 2020.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Poesía e activismo Luz Fandiño, a poeta rebelde que loitaba cantando
Patricia González e Alejandro Balbuena, músicas e amigas de Luz Fandiño, foron as últimas persoas que a poeta recoñeceu antes un do seu desnacemento. Na mesma cociña na que estiveron con ela tantas veces, lembrámola.
O Teleclube
O teleclube 'O Teleclube' reflexiona sobre a procura de aquilo que desexamos coa película 'La Chimera'
A arqueoloxía, a reflexión sobre a propiedade, o amor, a morte e a maxia son algunhas das cousas sobre as que xira este filme italiano dirixido por Alice Rohrwacher que bebe da comunidade que rodea á directora.
Tribunal Constitucional
Lei do Litoral O Constitucional avala a lei galega coa que a Xunta fixo súas as competencias na costa
O tribunal rexeitou por unanimidade o recurso do Goberno español contra 69 preceptos do texto, pero anula o que permite que os sistemas de vertedura de augas residuais poidan ocupar o dominio público marítimo-terrestre.
Lawfare
CLOACAS DEL ESTADO Manos Limpias: génesis de la querella como arma política de la ultraderecha
Ruiz-Mateos fue pionero en presentar demandas y personarse como acusación particular en causas judiciales sobre la corrupción del PSOE. Miguel Ángel Rodríguez y Manos Limpias sofisticaron este ‘modus operandi’ con bulos desde “pseudomedios”.
Educación pública
Julio Rogero “La dignidad docente está secuestrada por el poder para que el docente haga lo que el poder quiere”
Desde sus inicios como profesional de la educación Julio Rogero encontró en los Movimientos de Renovación Pedagógica su ‘leitmotiv’ en la enseñanza. Aunque jubilado, continúa su labor de innovación pedagógica.
Green European Journal
Green European Journal ¿Qué une al activismo climático con la guerra en Gaza?
La guerra de Israel contra Gaza ha dado mucho de qué hablar entre los movimientos por el medio ambiente.
Tauromaquia
Federico García Lorca Usar el nombre de Federico García Lorca en vano
El alcalde de Madrid genera controversia al usar una cita de Lorca para defender la tauromaquia. Una apropiación paradójica de un símbolo de izquierdas y de la memoria histórica.

Últimas

Catalunya
Catalunya Pere Aragonès, de presidente a segundo plato de Illa o Puigdemont
Las encuestas y el tirón de Pedro Sánchez acompañan a Salvador Illa, quien probablemente volverá a ganar las elecciones catalanas, como ya ocurrió en 2021. Esta vez, tiene más probabilidades de gobernar.
El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Memoria histórica
Memoria Olvidadas por la historia: las mujeres del Patronato
Durante más de cuarenta años, la libertad de miles de mujeres fue arrebatada por el Patronato de Protección a la Mujer. Siguen invisibilizadas por una Ley de Memoria Democrática
Genocidio
Genocidio La ONU advierte de que un ataque sobre Rafah colapsaría la distribución de ayuda en Gaza
Turquía suspende todo el comercio con Israel. El fiscal del Tribunal Penal Internacional advierte de que no admitirá “amenazas” después de que trascendiera que imputará a Netanyahu y los suyos.
La vida y ya
La vida y ya Futuros laborales
Lo que está claro es que para mí pensar en mi futuro laboral tiene que ir acompañado de pensar qué puedo hacer para que el mundo sea un poco diferente.
Más noticias
Religión
Opinión Semana Santa y Ramadán
En el Sindicato de Vivienda de la Red de Apoyo Mutuo se celebró un desayuno con motivo del Ramadán, lo cual generó un debate interno interesante por ser una organización laica
Palestina
Palestina Bicicletada contra el genocidio palestino en Alicante
El núcleo local del BDS País Valencià ha realizado un recorrido reivindicativo para exigir el fin del genocidio contra Palestina por las principales calles de las tres capitales valencianas.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: Una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Comunidad El Salto
Palestina La campaña de apoyo a Gaza de El Salto recauda más de diez mil euros para la UNRWA
El pasado 26 de febrero, tras más de cuatro meses de ofensiva militar de castigo por parte Israel sobre la Franja de Gaza, desde El Salto decidimos ir más allá del periodismo ante la gravedad de los hechos.

Recomendadas

Pueblo gitano
Pueblo gitano Silvia Agüero y Nicolás Jiménez: “Hay que gitanizar a los anarquistas que se han burocratizado”
Son pareja en la vida, en la divulgación y en la tarea de gitanizar el mundo. Silvia Agüero y Nicolás Jiménez acaban de publicar '¿Anarquismo gitano?' para romper estereotipos y profundizar en la realidad de su pueblo.
Migración
Migración Maternidades migrantes: criar entre la precariedad laboral y la ley de extranjería
Sin redes familiares en las que sostenerse y en un contexto laboral enfrentado con la conciliación, las madres migrantes se ven especialmente expuestas a la precariedad.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo Chikuru quiere para la República Democrática del Congo esa paz que nunca ha conocido
La vida de Chikuru ha transcurrido en una República Democrática del Congo siempre en guerra, desde su organización FoBeWorld, aspira a ayudar a la infancia y juventud a construir un futuro mejor, frente al expolio que devora su presente.
Literatura
Literatura Mallorca, el refugi de Vicent Andrés Estellés
El poeta trobà a l’illa la serenitat necessària per enfrontar-se a l’entorn sempre tens de València, a la vegada que publicà diversos volums i travà sòlides amistats.