Elecciones
Marta Lois: “A clave destas eleccións non é agrupar o voto, é mobilizar ao electorado progresista”

A líder de Sumar en Galiza defende que os escanos que consigan quitaranllos ao PP e que o electorado que potencialmente votará á súa forza política quedaría na casa se non se presentasen: “Son necesarias a tres forzas políticas”.
Entrevista Marta Lois 18F 2024 - 6
A candidata de Sumar Galicia á Xunta Marta Lois. Elena Martín

A diferenza dalgún dos seus predecesores, Marta Lois (Vigo, 1969) deixou de ser voceira de Sumar e o seu escano no Congreso dos Deputados para lanzarse á carreira por acceder á Presidencia da Xunta de Galiza. Nin é ilusa nin vende un relato de presidenciable. Sabe que se a súa formación entra no Parlamento galego, será como “chave de Goberno”: “Faremos o mesmo que no Congreso. Obrigar ao BNG e ao PSdeG a avanzar con políticas progresistas”.

Non teñen á demoscopia do seu lado, pero confían en que “esas décimas” polas que están a loitar nos últimos escanos das provincias de Pontevedra e A Coruña non só lles permitan entrar no Pazo do Hórreo, senón que, ademais, serán os deputados decisivos que saquen ao Partido Popular da Xunta tras 15 anos de gobernos de dereitas.

Atendendo ás enquisas e ao CIS en particular, Sumar está ao límite de entrar no Parlamento e cunha tendencia á baixa. Se entran, é probable que sexa cun resultado modesto. Que papel pretende xogar Sumar nun potencial goberno progresista?
Temos claro que, neste momento, pode haber forzas progresistas que teñan unha subida grande. Refírome claramente ao BNG. Pero a pregunta de fondo é: Queremos grandes subidas dalgunha forza política en particular ou queremos que haxa cambio político en Galiza? Os datos o que nos din é que para que haxa ese cambio e para que o Partido Popular perda os escanos que lle dan a maioría absoluta, necesítase que as tres forzas políticas estean a empurrar forte e que Sumar Galicia sexa motor de cambio. Nós insistimos porque vemos que hai xente dividida que pensa que o voto útil é ampliar o número de votos dun partido e non a ampliación do voto progresista. Se as mulleres, a xente nova e todo ese marco que se mobilizou o 23 de xullo volve votar, haberá cambio. E precisamos esperanza e ilusión para conseguilo.

“Queremos un goberno de mulleres a tres con forzas progresistas. Iso é algo que permitiría que a esperanza se converta finalmente nunha festa da ilusión”

Moitos analistas sosteñen que mobilizar esa porcentaxe de electorado progresista que vota nas xerais, pero que non o fai nas autonómicas, pode ser a clave para un cambio de goberno na Xunta. Coincide esa porcentaxe co electorado que vostedes sosteñen que ou vota o espazo que hoxe quere representar Sumar, ou non vota?
Agora mesmo, hai unha porcentaxe de xente indecisa que está a dubidar. Nós imos interpelar a ese electorado indeciso e especialmente ás mulleres, ás que nos votaron xa o 23 de xullo e ás que non nos votaron. Interpelar a un voto que identifica unhas políticas moi concretas no Goberno do Estado. Políticas útiles como a subida do salario mínimo ou a reforma laboral. Cremos que o que ten que callar na opinión pública é que isto non vai de concentrar o voto en dúas forzas políticas. Co BNG e PSdeG sós non vai haber cambio. Eu lánzolle a pregunta á xente: Queremos que haxa un BNG forte e que non haxa cambio político ou un cambio político no país? Hai que mobilizar o voto progresista, que ninguén quede na casa e que o PSdeG tamén empuxe.

Cales van ser as claves estratéxicas para apelar a ese voto da esquerda e conseguir a mobilización da que falan nesta última semana?
As enquisas din que estamos a unhas décimas de arrebatar os escanos ao PP na Coruña e en Pontevedra. Por tanto, aínda que nos centramos en todo o territorio, nestas dúas provincias traballaremos máis especificamente. Cando o 23 de xullo houbo ese cambio para parar Abascal e Feijóo, foron as mulleres, e quen para á extrema dereita en Europa tamén son as mulleres. Sumar Galicia é a forza política dos dereitos LGTBI, do goberno verde, do goberno feminista. Nós queremos un goberno de mulleres con forzas progresistas. Un goberno a tres. Creo que iso é algo que permitiría que esa esperanza se converta finalmente nunha festa da ilusión.

Entrevista Marta Lois 18F 2024 - 14

Imaxina máis un goberno a tres que un goberno de BNG e PSdeG apoiado por vostedes nun pacto de lexislatura?
Eu teño experiencia de goberno. Se miras un pouco os candidatos e as candidatas neste sentido, creo que é interesante. Teño experiencia en xestionar os orzamentos e en gobernar a capital do país durante catro anos. Tamén experiencia parlamentaria e de políticas que teñen un gran compoñente feminista e social. Creo que é posible un acordo programático entre as tres forzas políticas. Temos o exemplo claro de políticas que indiscutiblemente melloran a vida da xente. Acabamos de subir o Salario Mínimo Interprofesional. Pois hai 136.000 galegas que a día de hoxe viron melloradas as súas condicións de traballo. En contraste coas outras forzas progresistas, creo que facemos políticas da vida cotiá: a revisión da temporalidade, a reforma laboral, o tope ao prezo dos alugueres e conseguimos pór na axenda a saúde mental.

“Eu preguntaríalle a Anova en que cambiou o BNG para o camiño que escolleron”

Se hai cambio, parece que non hai moitas dúbidas de que o Goberno estará liderado polo BNG. Que lectura fan sobre a reconciliación con Anova e por tanto o afastamento de Sumar?
Agora estamos a ver unha reafirmación dunha forza política, especificamente Martiño [Noriega] e [Xosé Manuel] Beiras lideraron un proceso de cambio, de gobernar cun grao de innovación política moi grande e, a día de hoxe, pois hai como unha especie de retorno. A miña lectura é que non comparto esa decisión, co máximo respecto a Martiño. Foron 12 anos de loitas conxuntas transformadoras, pero en calquera caso son camiños que se escollen. Non creo que o BNG cambiase. Sería a pregunta que eu lle faría a Anova. En que cambiaron?

É un fracaso para o espazo político das mareas do que vostede, ademais, foi parte activa?
Eu son partidaria sempre de mirar ao futuro. Sumar é unha forza política nova. Sabes que estamos a levantar un proceso tamén de articulación das forzas de esquerda no conxunto do Estado. O Grupo Plurinacional de Sumar é iso. Temos a experiencia e o aval dunhas políticas que custaron unha chea. O BNG por exemplo, non votou a favor da reforma laboral.

“Sumar é unha fronte ampla de moitas forzas políticas a nivel de todo o Estado que fixo posible un Goberno de coalición onde o PSOE non faría nin a metade das cousas se nós non estivésemos”

Pregúntollo porque unha das ideas fortes de Sumar a nivel estatal era a construción dunha fronte ampla. Pero sen Anova e coa ruptura con Podemos, parece desfacerse. Que erros cre que se cometeron, desde o seu espazo, para non logralo?
Non me poría no pasado para ver os erros que fixemos conxuntamente naquel proceso. Está claro que non soubemos manter todo aquel gran apoio que tiñamos porque a xente o que máis castiga na esquerda son as loitas internas. Creo que hai que corresponsabilizarse en conxunto, pero a partir de aí creo que temos que conectar coa política da vida cotiá. Nós somos unha forza política laborista. Somos unha forza política verde, indiscutiblemente. Tamén é unha das nosas marcas de identidade. Apostamos por unha transición ecolóxica e somos feministas. Sumar agora mesmo é unha fronte ampla de moitas forzas políticas a nivel de todo o Estado que fixo posible que haxa un Goberno de coalición onde o Partido Socialista non faría nin a metade das cousas se nós non estivésemos. Queremos facer isto mesmo aquí. Son o BNG e o PSdeG esas forzas de empuxe, de valentía, que aposten pola igualdade de xénero, a igualdade de rendas e de igualdade territorial? A min nalgunhas cuestións paréceme que non.

Como afectará á implantación territorial de Sumar se non conseguen entrar no Parlamento?
A min non me gusta moito facer política ficción. Estou convencida de que hai un clima de cambio, de esperanza, de ilusión e ademais confío moito nas mulleres e na xente nova. Sumar Galiza ten esa potencialidade de ser un catalizador de cambio e creo que esa posibilidade non existe. A única posibilidade é estar.

Pregúntollo doutro xeito. A construción do partido en Galiza dependerá de se conseguen entrar no Parlamento ou seguirá a desenvolverse pase o que pase?
Sabemos que o señor Rueda adiantou as eleccións para tratar de desmobilizar ao electorado. Ante ese escenario, nós fixemos un órgano de impulso político que chamamos promotora. Ao longo deste proceso político teremos que seguir no proceso fundacional, non cabe dúbida. Pero os resultados electorais os validaremos a partir do 18 de febreiro.

“Queremos un modelo de micro-residencias que estean vinculadas ao territorio, que sexan espazos de coidados para cada 10.000 habitantes e que non segreguen”

Que feridas cre que ten Galiza tras 15 anos de gobernos do Partido Popular?
Galiza é un país cunha sociedade civil viva que avanza malia a parálise e da desidia do Partido Popular. Digo que avanza porque o Partido Popular sempre foi a remolque da sociedade civil. Estas últimas semanas volveu demostrar o que son. Vímolo coa crise ambiental dos pellets. Independentemente da escala, o que dixo a xente foi: sodes uns mentireiros, uns manipuladores e non fostes capaces, outra vez, de actuar con dilixencia, cuns protocolos que son competencia galega. E fai dous domingos, pois volvemos á rúa para defender unha sanidade pública que está completamente desmantelada. O Partido Popular converteuna nun negocio privado: está en coma. Teñen a un ente público como é a Corporación de Radio e Televisión de Galiza totalmente instrumentalizada como un ente de propaganda política, fronte a Defende a Galega, cuxos traballadores e traballadoras levan cinco anos e nove meses loitando por unhas condicións dignas. Cando Sumar Galicia estea nese goberno a tres, faremos que sexa un ente independente, plural e que garanta o dereito á información e o dereito de opinión.

“Quen usa o AVE? Hai que apostar por unhas infraestruturas ferroviarias de proximidade con boas frecuencias”

Cales son as liñas de traballo prioritarias a seguir dun Goberno galego do que Sumar forme parte?
Non falamos moito diso, pero Galiza é experta en montar dos coidados un sistema de negocio, por exemplo coas residencias. Quen se pode permitir 2.000 euros para pagar unha residencia? Pois unha minoría. O que non pode ser é que teñamos un dos cocientes máis baixos de residencias públicas. Nós queremos un modelo de micro-residencias que estean moi vinculadas ao territorio, que sexan como unha especie de espazos de coidados para cada 10.000 habitantes e que moitos deses espazos de coidados non segreguen entre as persoas anciás e nenos e nenas. Queremos que haxa un sistema galego de coidados e elaborar un plan de choque para a Atención Primaria. E por suposto conseguir o dereito ao coidado da saúde mental. Hai moita xente que necesita atención e que ten que ver co tipo de vida que se ve na obriga de levar. Moita xente vese forzada a vivir soa, xente que ten unhas condicións laborais tremendas. Por iso, tamén queremos ser vangarda na redución da xornada laboral en Galiza.

Entrevista Marta Lois 18F 2024 - 1

A nivel ambiental, o programa de Sumar caracterízase por unha aposta diferente pola mobilidade. Pode desenvolvelo?
Faríame unhas cantas preguntas. Quen utiliza a AVE? Como está o tren de proximidade? Como pode haber esta diferenza tan grande para moverse entre determinadas zonas de Galiza? Hai que apostar por unhas infraestruturas ferroviarias de proximidade con frecuencias. É unha vía extraordinaria de conexión. Nós levamos no programa a necesidade de crear unha Consellería de Mobilidade. Ten que haber un metro lixeiro en Vigo e na Coruña. Moitas forzas progresistas táchannos de electoralistas, pero temos o exemplo da baía de Cádiz e do País Vasco. Nun só día, por Alfonso Molina, na entrada da Coruña, pasan arredor de 120.000 vehículos que entran e saen. Se tivésemos un metro lixeiro, para o que xa hai infraestrutura e para o que temos unha universidade pública que nos pode facer un estudo de viabilidade.

Que Galiza imaxina despois do 18 de febreiro?
Pois se vai a adiantar a primavera do 2024. Vai vir a Galiza das mulleres. Un Goberno de avance en dereitos e liberdades. Non é certo que sexamos unha sociedade conservadora. Somos unha sociedade progresista, que avanza. Vén unha Galiza do cambio. Verde, feminista e laborista. Esa é a miña esperanza e a que debería levarnos a votar a todas o 18 de febreiro.

O Salto medra contigo
O Salto medra contigo Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais
Depois das eleccións do 18 de febreiro, a deriva conservadora e neoliberal do país continúa. Por iso, ofrecémosche seguir traballando en contidos críticos que fiscalicen o poder político e económico. Para iso, precisámoste. Subscríbete ao Salto.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Reducción de jornada
Jornada laboral La reducción de horas se tramitará por la vía de urgencia para llegar al Congreso “en abril o mayo”
Los ministerios de Trabajo y Economía acuerdan en la CDGAE que el pacto para bajar las horas trabajadas, tal cual se firmó con sindicatos, se aprobará en el Consejo de Ministros de la semana que viene para su tramitación urgente.
Sumar
Sumar Yolanda Díaz, entre el ‘pacta sunt servanda’ y el juego de Junts
Sumar ha tenido su premio tras pasar del tono bajo al ‘ruido’ que antes rechazaba y consigue torcer el brazo del PSOE en la tramitación de la reducción de la jornada.
Reducción de jornada
Conflicto en la coalición El PSOE maniobra en el Gobierno para retrasar la tramitación de la reducción de jornada laboral
Economía retrasa el debate de la contracción de las horas de trabajo en la CDGAE, el organismo por el que las posibles futuras leyes deben pasar antes de ir a la mesa del Consejo de Ministros; Díaz señala al PSOE y Pedro Sánchez.
Desahucios
Escudo social Sanitarios y sanitarias de atención primaria se unen contra los desahucios, “un problema de salud pública”
Depresión, ansiedad, empeoramiento de enfermedades crónicas o surgimiento de nuevas afecciones acompañan a los problemas habitacionales. Lo denuncian médicos de Vallecas (Madrid) y lo refrendan los estudios.
Sareb
Madrid Una rentista planea desahuciar a una pareja con tres niños en Tetuán
Su vivienda pertenecía al parque de pisos de la Sareb, que puso a subasta pública en 2023. Hoy, la nueva propietaria pretende echar a la calle a Alam y a su mujer “para arrendar la casa a un precio mucho más alto”
Argentina
Argentina “Existen solo dos géneros: fascistas y antifascistas”: las luchas LGTBIQ+ aglutinan el rechazo a Milei
Una gran movilización recorrerá centenares de localidades en Argentina y en grandes ciudades del mundo este 1 de febrero en respuesta al discurso de odio del líder ultra.
Periodismo
Premio libertad de expresión Las periodistas de El Salto Aurora Báez y Susana Sarrión, premiadas por su trabajo sobre violencia sexual
La investigación que recoge la denuncia de nueve alumnas contra el director de una escuela de teatro por violencia sexual ha merecido el reconocimiento en los Premios de Periodismo de la Asociación de Periodistas de Granada.
Palencia
Agresión El Sindicato de Estudiantes denuncia una agresión fascista en Palencia: “Rojo de mierda”
Los hechos ocurrieron delante del profesor del aula, que no actuó para evitarlos. El estudiante ya ha denunciado lo sucedido ante la Policía y exige la expulsión inmediata de los agresores y una investigación a la directora del centro y al docente.

Últimas

Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Huelga indefinida de ambulancias en Madrid ante un nuevo concurso que consideran “fraude de ley”
Sindicatos denuncia que la empresa Santa Sofía ha impuesto sus condiciones para que ninguna otra empresa pueda presentarse al pliego. Temen que peligren la subrogaciones de parte de la plantilla.
Educación
Educación La escucha activa en la propaganda de Educación del Gobierno Vasco
El Departamento, que nunca se pone en contacto con el profesorado, nos escribió una carta tratándonos como “compañeras y compañeros” a raíz de la convocatoria de huelga
Hidrógeno
Descarbonización Los planes de expansión del hidrógeno en Europa chocan con la falta de energía verde para producirlo
La escasez de hidrógeno producido con renovables y el exiguo desarrollo del aluvión de proyectos anunciados ponen en entredicho la estrategia de descarbonización en Europa, según un informe de Global Energy Monitor.
El Salto Radio
El Salto Radio Árboles contra el desierto
Las señales de hoy no sólo quieren hablar de árboles y bosques, de reforestación, de recuperar nuestros entornos maltratados. También pretenden sembrar un poquito de esperanza ante tanta desolación, porque hay muchas cosas que podemos hacer, que ya s
Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.

Recomendadas

Siria
Kurdistán Entre las bombas turcas y las negociaciones con el Gobierno: Rojava ante la construcción de la nueva Siria
La Administración Autónoma del Norte y Este de Siria presiona al nuevo Gobierno para crear un Estado que respete los derechos de las mujeres, descentralizado, tolerante y multiétnico.
Dana
Tres meses de la dana “Aquí no llovió casi nada”
VV.AA.
Un vecino de Benetússer explica cómo la riada arrasó y cambió para siempre las vidas de miles de personas.
Crímenes del franquismo
Isabel Alonso Dávila “El franquismo fue una máquina de fabricar miedo y dolor hasta el final”
Detenida en Granada en 1974 y 1975 por su vinculación con el movimiento estudiantil antifascista de la época ha presentado la primera querella en Andalucía por Crímenes contra la Humanidad en la dictadura franquista
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.