We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
A poesía e o entusiasmo como unha constante
Desde a publicación do seu primeiro poemario en 2009, Rosalía F. Rial non se detivo. A autora conta cunha dilatada e variada obra poética, un libro de relatos, premiadas obras de teatro, ensaios que combinan a súa vocación didáctica co seu fervor creativo e numerosas videocreacións e accións performativas. Por se fose pouco, tamén desenvolve a súa faceta musical na banda Chicharrón, aínda que, como ela afirma, en todo o feito ao longo da súa carreira “o poético sempre estivo por riba de todo”.
O programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París recibe á escritora muxiá para revisar a súa obra, conversar sobre os seus métodos de traballo e reflexionar sobre a súa rizomática visión do mundo da creación.
Todos os episodios do programa poden escoitarse en Ivoox e Spotify en formato podcast.
A Catapulta volverá con novas conversas ao redor da poesía e da creación literaria en 2025.