We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
Silvia Penas, a creatividade na procura
En 2005, a viguesa Silvia Penas foi galardoada co Premio de Poesía da Universidade de Vigo. Desde entón, a súa numerosa e variada obra non parou de medrar, sempre coa intención de procura coa que ela mesma, destaca, comprende o feito poético. Na súa carreira hai oco para obra escrita, performances escénicas (como a que estrea esta semana canda Samuel Merino, De rota raposa), proposta musical a través de proxectos como Cintaadhesiva ou proxectos audiovisuais, mantendo en todo momento unha visión colectiva da arte.
A creadora visitou A Catapulta, o programa dirixido e conducido por Samuel L. París, para conversar ao redor da poesía, a relación coa súa obra e compartir os seus métodos de traballo.
O episodio tamén se pode escoitar en formato podcast.
A Catapulta volverá no mes de abril cunha nova conversa.