ASalta
Bárbara Penas: “Coñecer o ciclo é importante para ser máis comprensivas e ter máis compaixón cunhas mesmas”

A menstruación continúa a ser un tabú e, en moitos países, afecta de xeito grave a que as nenas poidan acceder a unha educación de calidade.
1 sep 2021 07:00

Bárbara Penas aprendeu a poñer un tampón a primeira vez que lle baixou a regra ela soa, escoitando as indicacións que súa irmá lle daba dende o outro lado da porta do baño dos vestiarios dunha piscina na que practicaba natación. Bárbara non sabía como facelo, tiña medo de que lle doera; nunca ninguén lle falara sobre iso. A súa irmá indicoulle coa voz onde colocar as pernas e como introducir pouco a pouco o tampón na vaxina para que non tivera que faltar ao adestramento ese día.  

Agora Bárbara é educadora sexual e menstrual. Forma parte de Cromosomos X, unha organización cuxa misión é que todas as nenas, independentemente do país no que vivan, poidan ir á escola todos os días do mes. Coa colaboración de organizacións locais, impulsan programas de educación menstrual e sexual e distribúen produtos menstruais sostibles para mellorar a asistencia ás clases e romper o tabú menstrual. Bárbara, ademais, tamén imparte aquí talleres e obradoiros sobre o ciclo menstrual, que continúa a ser un tema descoñecido para moitas.

Por que é importante o exercicio de recordar a primeira vez que nos baixou a regra?
Porque deste xeito imos entender como nos afectou esa primeira experiencia á hora de vivir a nosa menstruación. A maneira na que nos falen da regra desde o principio pode marcar que a vivamos como un choque, como algo negativo, ou todo o contrario.

Nun taller que impartiches na Universidade de Verán da Gentalha do Pichel dixeches que no mestrado que estudaches de sexoloxía e xénero non che falaran da menstruación.
Déronnos pinceladas por enriba. Recordo que nos dixeran que as mulleres tiñamos cambios cíclicos, pero sempre se relacionaba isto coa erótica, para entender por que as mulleres en algunhas ocasións tiñan ganas de manter relacións sexuais e en outras non. Nunca se nos dou un módulo de ciclo menstrual ou saúde e hixiene menstrual.

Fixen o mestrado no 2017. Se cadra agora cambiou algo, porque é certo que cada vez se fala máis disto e se trata incluso como unha disciplina única. Eu penso que ás veces as ciencias sociais esquécense do práctico. Falan do que é a sexualidade humana, pero non van ao concreto.

Non pasou tanto tempo dende 2017, que aconteceu nestes anos para que se comezara a falar moito máis abertamente da menstruación?
Eu realmente coñecín todo este tema de xeito fortuíto a través dunha rede social. Vin un vídeo de Erika Irusta, que ten unha comunidade que se chama Soy1Soy4. É unha comunidade en liña para persoas menstruantes nas que se debaten un montón de cousas sobre as nosas vidas, sobre o que nos acontece a cada unha. Seguindo a lóxica de que se non hai estudos científicos sobre isto, creámolos nós. A partir de aí foise espallando cada vez máis nas redes sociais. 

Hai moita desinformación nas redes sociais sobre este tema?
Eu creo que, como en todo, temos un sobre exceso de información, xa non só co ciclo menstrual. Tes que estar xerando contido todo o tempo para que a xente se enganche. E depende tamén das crenzas de cada unha; hai xente que se dedica máis a formar a persoas no ámbito da saúde e outras que lles interesa máis o tema espiritual. Pero claro, como pasa con todo, tamén hai xente que intenta sacar baza desta realidade.  

Por que é importante que coñezamos o noso propio ciclo?
É importante porque nos da moita soberanía sobre o noso corpo e polo que estamos pasando. Tamén para entendernos mellor e ser máis comprensivas con nós mesmas, para aceptarnos máis, para saber comunicar que é o que nos pasa e ter máis compaixón cunha mesma. Ás veces pensamos que temos que estar sempre coma na fase de ovulación -que é a máis aceptada a nivel social- xa que nos sentimos máis alegres, máis activas e, en xeral, temos máis ganas de manter relacións sexuais. Entón eu creo que é necesario que nos coñezamos para ser xustas co noso corpo, ser xustas con nós mesmas e saber en que momentos estamos para unhas cousa e en que momento estamos para outras.

Aínda nos da noxo, medo e rexeitamento o sangue menstrual.

Como podemos empezar a coñecernos?
Hai dúas partes importantes. Por un lado, está o facer un rexistro do ciclo menstrual. Non ten que ser nada profesional nin temos que ser demasiado estritas; pode ser simplemente intentar anotar cada día un par de cousas importantes sobre o noso ciclo. Por exemplo: hoxe sentinme máis frustrada, ou moi contenta; tiven ganas de manter relacións sexuais ou pola contra non; ou inclusive como é o noso fluxo. Aquí entra a segunda parte, que é a de acostumarnos a poñer un espello diante da nosa vulva e mirala: ver como é, que forma ten, observar a súa cor, etc. Ao final, moitas veces, son só as nosas parellas ou as nosas xinecólogas as que saben como é a nosa vulva. Está moi normalizado o ver penes por todas partes, pero ao contrario non. Entón temos que coñecernos e normalizarnos, tamén para saber se temos algún tipo de lesión. Estamos moi desconectadas dos nosos xenitais, do noso pracer, do autopracer.

Cal é a importancia de que os nosos compañeiros saiban en que fase do ciclo estamos?
Temos que falar non só das parellas heterosexuais, senón tamén da nosa convivencia cos nosos pais, irmás e, por outra banda, co sistema. O sistema patriarcal está rexido por e para os homes coas súas características biolóxicas. É dicir, o mundo está construído como algo lineal e sempre produtivo. Nós non somos así. Digamos que por un lado é importante que eles nos comprendan para a propia convivencia e, polo outro, que o mundo se vaia adaptando conforme aos corpos menstruantes. Por exemplo, por que non hai moitas veces nos baños algún tipo de dispensador de produtos de hixiene ou lavabos para poder cambiar unha copa menstrual?

Cales cres que son os tabús que máis arraigados están aínda en relación á menstruación?
Iso e totalmente cultural e depende de cada país. Aquí, eu creo que o maior tabú é o sangue. Estamos moi acostumadas a ver sangue por todas partes pero, se unha persoa mostra nas redes sociais que manchou a cama con sangue menstrual, vese mal. Aínda nos da noxo, medo e rexeitamento o sangue menstrual. Outro dos grandes tabús é que non se pode manter relacións sexuais coa regra. Eu creo que a maioría están relacionadas directamente coa fase menstrual ou premenstrual, porque son as dúas máis controvertidas. A preovulatoria e a ovulatoria son socialmente máis aceptadas.

Houbo moitos debates ultimamente co tema de se a mestruación doe ou non.
A maioría da xente de Cromosomos X vimos do ámbito social. Eu sigo a moitas médicas que sosteñen que a regra non debería doer e que, se doe, é que hai un problema. O que eu penso é que non temos estudos suficientes como para dicir que, a día de hoxe, a regra non debería doer, porque xa levamos tantas xeracións con dores de regra e facendo tantas cousas en contra da nosa natureza que, ao final, creo que xa non sabemos se é que a regra en realidade non debería doer ou si.

A nivel persoal penso que non debería doer, pero xa non sei se, tal e como está montado o mundo no que nos movemos, podemos volver a estar tan sincronizadas co noso corpo coma antigamente para que non nos doia. Os ritmos que levamos hoxe en día son totalmente antinaturais; queremos facer cousas todo o tempo, que a regra non nos coarte para nada e nós mesmas non nos permitimos moitas veces parar, ou baixar o ritmo en certos momentos nos que nolo pide o corpo. Tamén necesitamos máis estudos e acompañamento dende as consultas de xinecoloxía e atención primaria, porque en moitas ocasións a resposta que recibimos é a de ‘tómate a píldora’.

Como podemos coidarnos máis?
Non temos que deixar o autocoidado soamente para os días premenstruais e de regra. O autocoidado debe ser, sen ser demasiado esixentes, algo constante. Temos que intentar coidarnos todos os días do ciclo. É importante levar unha alimentación saudable, descansar as horas que precise cada unha, exercitarnos, escoitar as nosas emocións e traballar nos limites. Non se nos ensinou a poñer limites, senón a dicir que si sempre, a estar dispostas a todo.

É necesaria a información para poder desenvolvernos plenamente e non vivir a menstruación coma un tabú.

A día de hoxe existen moitas alternativas á hora de falar de hixiene menstrual. Dende os clásicos tampóns e compresas ata copas e bragas menstruais e compresas de tela. Isto non sempre foi así e en moitos países segue a ser unha realidade inexistente.
Hai moitas casuísticas diferentes, en cada país é diferente, pero nós o que nos fomos atopando é que, por un lado, os dispositivos de recolección da sangue menstrual son, ou moi caros, ou practicamente inexistentes. Moitas nenas usan panos feitos na casa e outras follas de plantas e árbores, incluso bosta de animais... Atopámonos cousas moi antihixiénicas e dolorosas para as nenas, sendo isto consecuencia das desigualdades Norte-Sur.

Moitas destas nenas os días de menstruación vense na obriga de faltar á escola, como lles afecta isto?
Perden oportunidades de aprendizaxe, de avanzar... Elas acaban quedando na casa e entendendo que ese é o seu papel; facer as mesmas tarefas de coidados que xa fixeron as súas nais e as súas avoas e non poder dedicarse a ningunha actividade produtiva que elas desexen, porque non teñen esa posibilidade.

Aquí, a día de hoxe, cal é a importancia de falarlle a unha nena da regra antes de que lle veña?
Simplemente por dereitos sexuais e reprodutivos. Temos o dereito a unha educación sexual de calidade. Para non empezar a vivir a nosa menstruación cunha visión negativa e para poder entender que é o que vai a pasar co noso corpo dentro duns anos. Atopámonos con que cada vez ás rapazas lles ven antes a regra e tamén hai que saber como acoller ese tipo de situacións para que as nenas teñan sempre a unha persoa adulta de confianza para poder falar disto. É necesaria a información para poder desenvolvernos plenamente e non vivilo coma un tabú. Dentro do currículo de educación sexual, que debería existir, tense que explicar o que pasa cos corpos durante os cambios na pubescencia, tanto se es rapaz como rapaza. Os rapaces, deste xeito, desenvolverían máis empatía e non se burlarían tanto das súas compañeiras, como aínda acontece a día de hoxe, porque verían a regra como algo normal.

Que libros lle recomendarías a unha persoa que se queira empezar a informar?
Diríache un libro moi básico que se chama La regla mola si sabes como funciona, que é un libro moi lindo tamén para ler con rapazas de sobre 9, 10 e 11 anos. E se es máis maior e che apetece algo máis a nivel autocoñecemento, para saber que che pasa en cada fase do ciclo, recomendo algún dos de Erika Irusta. O seu primeiro libro chámase Diario de un cuerpo: La menstruación, el último tabú. Se queres saber sobre as hormonas, está moi ben o de Lara Briden que se chama Como mejorar tu ciclo menstrual.

Todos estes libros son bastante occidentais, así que para dicirche un que non o sexa, está o de Pabla San Martín, unha rapaza chilena que escribiu un libro que se chama “Manual Introdutorio a la ginecología”. Ela recorreu diferentes lugares indíxenas e foi collendo coñecemento de cada un dos pobos que visitou e plasmounos nese libro. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Feminismos
Economía Feminista Frente a la crisis capitalista Economía Feminista
Coincidiendo con el comienzo del encuentro de Economia Feminista Abya Yala que está teniendo lugar estos días en Argentina, reflexionamos sobre el papel de las Economías feministas en las crisis derivadas del capitaloceno.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Naturae, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Ecuador
Hacia el 13 de abril Acuerdo histórico de la izquierda y el movimiento indígena para la segunda vuelta de las elecciones en Ecuador
La alianza entre la Revolución Ciudadana y Pachakutik, el brazo político del movimiento indígena, no se producía desde 2006 y podría ser determinante para la victoria de la candidata correísta, Luisa González, en las elecciones del 13 de abril.
Violencia obstétrica
Violencia obstétrica Helena Eyimi, matrona: “El parto es un misterio y queremos controlarlo todo, pero no podemos”
Consentimiento informado, trato personalizado y libertad de elección. Para Helena Eyimi (Madrid, 1975) , matrona asesora de Naciones Unidas, es fundamental que las mujeres se sitúen en el centro de las decisiones durante el parto y esos tres conceptos son clave.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Análisis
Análisis Algunas preguntas incómodas sobre el rearme europeo
Si la UE ha de librar un conflicto con Rusia o China, no sería convencional y en teatro europeo, sino con más seguridad en África, donde se desplazarán con toda probabilidad gradualmente buena parte de las contradicciones del sistema.

Últimas

Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Más noticias
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.