AGANTRO
Cartografando as violencias no corpo, na mente e no mapa

As violencias de xénero teñen múltiples impactos nas vidas das mulleres e crianzas que a enfrontan. Para evitar a cronificación da violencia cómpre colocar as súas voces no centro do deseño e execución das políticas públicas.
Agantro_violenciasMachistas
Imaxe dun dos obradoiros sobre mapeo corporal. Sabela Losada Cortizas
Politóloga mestrada en violencia de xénero e experta en investigación etnográfica.
30 may 2024 06:00

Laura (nome ficticio) ten una bacteria da que non consegue saber o nome. Leva varias semanas con probas, análises, dietas e medicamentos sen éxito. Ás veces sóbelle a febre e por moita pastilla que tome non lle baixa, pasa días sen probar bocado e segue con diarrea, vómitos, mareos e visión borrosa. No último ano, Laura tivo covid, pneumonía, estreptococo, gastroenterite, gripe A, ansiedade, depresión, estrés e pensamentos suicidas. Todo diagnosticado. Leva meses encadeando visitas a urxencias e baixas, angustiada polo medo a que a boten do traballo, e tola de tentar conciliar o repouso que lle esixe a médica co coidado en solitario dunha nena pequena. Laura, ademais, treme só de pensar que volva aparecer o seu exmozo e pai da pequena, como fixera o verán pasado, violando a orde de afastamento.

Con frecuencia, cando falo de vernos contesta que está “moi mal, enferma” e engade entre parénteses: “outra vez”. Se comento que vai mellorar, que este inverno foi moi duro e algúns tópicos máis do estilo, sorrí resignada. Xa me contou hai tempo que ela era moi activa, que saía moito cas amigas, que adoraba bailar, que agora non se recoñece no espello. O exmozo de Laura foi condenado por tentar matala cando a bebé tiña aínda meses. “Ao final case foi unha sorte -díxome- porque só grazas a iso puiden demostrar que sufría violencia.”

O proxecto

Desde hai algo máis dun ano levo adiante un proxecto de cartografía das violencias de xénero conxuntamente con mulleres que, coma min, teñen experiencia en primeira persoa. Isto non é un feito casual: somos mulleres moi diversas en idade, orixe, nivel de estudos, situacións migratorias, relacións familiares, coñecementos teóricos sobre a violencia, discapacidade recoñecida... mais cando falamos, facémolo “no mesmo idioma.” Varias adoitan dicir que “só quen o viviu sabe o que é isto” para facer referencia a esa comuñón que nace no círculo de mulleres cando comparten as experiencias de resistencia fronte a unha violencia que atinxe cada recanto do seu corpo, da súa mente e da súa existencia. Mais tamén esa frase parece explicar as barreiras que atopan no día a día as mulleres que deciden saír dunha situación violenta. É un traballo doloroso, malia que tamén rimos a gargalladas. É un traballo necesario, malia que tiñamos recibido xuízos por facelo. É un proceso autoxestionado e reparador. Non é habitual que sobre a violencia de xénero falen as maiores expertas: as afectadas.

O recoñecemento do saber que proporciona o dito privilexio dos grupos excluídos e da súa capacidade de axencia contribúe á transformación da propia realidade

Foi a investigadora afroamericana Patricia Hill Collins quen falou da necesidade de incorporar na produción de coñecemento o que ela chama o privilexio epistémico de quen ten a experiencia concreta dunha realidade material e, por tanto, son as persoas máis capaces para interpretar esa realidade. Pois posúen a comprensión profunda tanto da experiencia, como da conciencia desa experiencia. O recoñecemento do saber que proporciona o dito privilexio dos grupos excluídos e da súa capacidade de axencia produce apoderamento, fornece ferramentas para actuar e contribúe á transformación da propia realidade.

A violencia por dentro

Laura sabe, como moitas outras, que os seus problemas de saúde son reflexos do seu estado de ansiedade e angustia permanente, de vivir en alerta día e noite. O outro día, Lucía (nome ficticio) contoume por teléfono que ao saír do centro de saúde atopou cara a cara o seu exmarido e pai do seu fillo, con quen leva seis anos de esgotadora loita nos xulgados (cando ela deixou clara a súa intención de separarse, el ameazouna con que non ía parar de demandala). “Deume un ataque de ansiedade -contoume-, pecheime no coche a chorar e non fun quen de conducir, tivéronme que vir buscar para levarme a casa. Como é posible que seis anos despois aínda teña ese poder sobre min?.”

Hai case medio século que as secuelas da violencia de xénero nas mulleres (así como as da violencia sexual na infancia) foron equiparadas ao trauma dos veteranos sobreviventes á guerra, como recolleu Judith Herman no seu clásico Trauma y recuperación. O que xa non é similar nas experiencias é o feito de que os veteranos podan deixar a guerra atrás, non a libran contra quen di que os ama, e teñen unha certa validación do seu trauma. Boa parte das mulleres que foron maltratadas segue en contacto co seu agresor durante anos, malia que non queiran. “Se tes fillos en común isto é para toda a vida,” di resignada Lorena (nome ficticio), nai dunha crianza obrigada a vincularse co seu pai nun punto de encontro. Seis anos despois de separarse, o agresor de Lucía segue a ter poder e control sobre ela, e sobre a súa saúde, atravesada pola ansiedade, a fibromialxia, o colon irritable e a síndrome de fatiga crónica.

A metodoloxía da cartografía corporal axuda a visualizar os mecanismos que a través da violencia machista normalizada producen o control ou colonización das mulleres

A metodoloxía da cartografía corporal axuda a visualizar os mecanismos que a través da violencia machista normalizada producen o control ou colonización das mulleres. O corpo propio, lonxe de ser entendido como un conxunto de órganos, sangue e ósos, é como deixou dito Mari Luz Esteban “un nó de estrutura e acción, o lugar da vivencia, o desexo, a reflexión, a resistencia, a contestación e o cambio social, en diferentes encrucilladas económicas, políticas, sexuais, estéticas e intelectuais:” un campo de batalla biopsicosocial. Por iso, nos mapas corporais as mulleres e crianzas debuxan a tamaño real o seu corpo con todo detalle para situar as emocións, as experiencias vitais e as resistencias cotiás, facendo posible visualizar á vez os niveis micro e o macro da violencia encarnada, así como o contexto histórico, cultural, social, político e económico nos que se sitúa.

A violencia por fóra

Unha importante porcentaxe das mulleres do grupo sufriron previamente violencia sexual na infancia, moitas autolesionáronse durante anos, e varias intentaron suicidarse máis dunha vez. O corpo de Luísa (nome ficticio) está sucado por liñas brancas que adoita tapar con saias e blusas longas. Porén, se non ves as marcas da pel podes ver as marcas da súa mirada ou da fala. Non porque a súa cara estea pintada de morado, como adoita amosarse a violencia de xénero, senón porque a violencia, aínda que non queiras, vese. Luísa comezou tatexar de maneira notoria á vez que ía perdendo mobilidade nas mans e nas pernas. A dificultade para mover as extremidades foi parella á de controlar os músculos para vocalizar e falar ao xeito, que á súa vez foi acompañada das dificultades para pensar con coherencia e enfiar as frases do que quere expresar. Nos seus mapas, o seu corpo aparece como unha prisión dorida, pesada e inútil baixo unha cabeza adormecida polos medicamentos que impiden que estoure: “así seguimos, anos e anos, empastilladas, mortas en vida: iso é o único que a sociedade nos ofrece cando esiximos xustiza”. Esta morte en vida é segundo Achille Mbembe a base da actual Necropolítica, en palabras de Clara Valverde: “a política baseada na idea de que para o poder unhas vidas teñen valor e outras non”. Podemos colocar os agresores no primeiro grupo, pois adoitan manter os dereitos, independentemente de que cumpran ou non os seus deberes.

O estudo pretende visibilizar e obxectivar a repercusión das consecuencias da violencia psicolóxica, a máis frecuente, que adoitan ser subestimadas

Lucía perdeu a custodia da súa filla polo suposto SAP, Síndrome de Alienación Parental, un argumento falso polo que Nacións Unidas chamou a atención a España; e que aínda é utilizado nos tribunais para castigar as nais que protexen as súas crianzas vítimas de violencia sexual por parte dos proxenitores. Segundo un estudio pioneiro sobre Neuropsicoloxía da violencia de xénero no que participa Natalia Hidalgo-Ruzzante, as secuelas observadas nas vítimas de violencia psicolóxica son as mesmas que nas vítimas de violencia física, presentando en ambos casos un importante deterioro cognitivo nas habilidades visomotoras, na atención e concentración, na memoria episódica e de traballo, na fluidez verbal e no razoamento e flexibilidade cognitiva. O estudo pretende visibilizar e obxectivar a repercusión das consecuencias da violencia psicolóxica, a máis frecuente, que adoitan ser subestimadas. Oficialmente Luísa non é vítima de violencia machista, tampouco a maioría. Tal como di: “Se non baten en ti, nada. Ao final tería sido unha sorte que tentase afogarme ou algo.” O estrangulamento afecta ao cerebro. Os insultos e humillacións frecuentes, tamén.

A violencia nos mapas

Hai poucos días, despois de ter que ir declarar por terceira vez nunha semana ao xulgado, Lidia (nome ficticio) díxome algo que non é a primeira vez que escoito: “Sei que no debería dicilo pero a verdade... case estaba mellor antes de separarme, e mira que aquilo era o inferno.” Nos mapas que estamos a construír de forma colectiva co obxectivo de reflectir dunha maneira gráfica e facilmente accesible o impacto que as violencias machistas teñen sobre as mulleres e sobre as crianzas que a padecen, non podemos deixar de lado os nosos contextos.

Nun estilo semellante aos coñecidos mapas do medo, anotamos sobre os planos das nosas cidades, vilas e aldeas os nosos movementos: as tendas, bares e rúas que esquivamos; os quilómetros que facemos a maiores para ter menos probabilidades de atopar o agresor; as mudanzas produto das fuxidas que tivemos que emprender; as casas das amigas e outros lugares que sentimos seguros; os parques onde moitas veces imos botar un ollo para asegurarnos que cando están co seu pai as nosas crianzas estean ben; a casa familiar da que nos botaron cando decidimos rachar coa violencia; e unha restra de centros de saúde, profesionais da psicoloxía e da psiquiatría, centros educativos, oficinas municipais, autonómicas e estatais, de estudos psicosociais, de medicina legal, non gobernamentais, tribunais... e multitude de siglas que para as persoas que non adoitan peregrinar dun lado a outro coma nós son absolutamente descoñecidas. Espazos que adoitan ter carteis e autocolantes que presumen de tolerancia cero e de seren espazos seguros, malia que sexan en demasiados casos temidos espazos de violencia de xénero institucional. Son as barreiras que atopamos as mulleres cando queremos fuxir da violencia: “as que nos aplastan e provocan que non levantemos cabeza”.

Os puntos do mapa están ateigados de vivencias: desde o lugar onde a unha non a creron por ter un relato con nesgos (ignorando que é unha consecuencia habitual da violencia continuada), o punto de encontro onde a outra lle dixeron que se a crianza vomita e chora porque non quere ir é normal, a psicóloga que lle dixo a outras que con esa cara non van a ningún lado e que hai que ser máis putonas (sic), o xuíz que non aceptou incorporar os informes médicos, aquela alto cargo gobernamental para a violencia que compara o tratamento do estrés postraumático complexo produto da violencia sexual na infancia con quitar una verruga, os servizos sociais que cuestionan a túa vida mentres negan o informe que pediches, as educadoras sociais que búrlanse da desesperación das mulleres separadas das crianzas. E todos os espazos públicos e actos onde é conmemorado o 25N e onde as mulleres vítimas e sobreviventes nunca son convidadas. Sempre é algunha persoa experta que fala por nós.

Agantro_violenciasMachistas_2
Algunhas das conclusións dos obradoiros. Sabela Losada Cortizas

Observando o mapa -aínda en construción- queda en evidencia que as institucións non adoitan acompañar os procesos de liberación, como tampouco fai a sociedade. Mais ben, o estado convértese nun agresor máis, -máis poderoso, máis inabarcable-, cos mesmos mecanismos de funcionamento que os maltratadores: invalida o testemuño das mulleres e das crianzas, acosa, desconfía, castiga, xulga, tacha de loucas, malignas e esaxeradas, manipula, subestima, tolea, enferma, cuestiona, e alonga durante anos e anos a tortura machista que di combater. “A min todo isto dáme máis ganas de loitar todas xuntas” di Leti (nome ficticio), nai dunha preadolescente que falou publicamente da súa experiencia como vítima de violencia vicaria contra a súa nai. Marcela Lagarde, que estivo hai poucas semanas en Barcelona acompañando a creación da Coordinadora Estatal para a erradicación da Violencia Vicaria e a Violencia de Xénero Institucional, sinala: “O Estado, ao non actuar, actúa. A impunidade é a base do feminicidio.”

Acaso sería posíbel un nivel semellante de violencia contra as mulleres se as institucións non fosen cómplices? Acaso é posíbel traballar con desafección nun departamento especializado na atención a mulleres e crianzas que enfrontan violencia de xénero? Acaso é posíbel investigar a violencia institucional por fóra do que Mari Luz Esteban chama antropoloxía implicada e encarnada? Lila Abu-Lughod lembra que “sempre somos parte do que estudamos, e dun modo ou outro, ao definir as relacións co que estudamos tomamos postura.” Bárbara Biglia ínstanos a que a dita postura sexa “poñernos en xogo en primeira persoa.” O venres 31 de maio poñemos o corpo entre todas para presentar na libraría Lila de Compostela TEMOS VOZ! Guía de boas prácticas para profesionais da atención a mulleres e crianzas que enfrontan violencias de xénero, o primeiro resultado deste traballo colectivo de recoller os saberes biopsicosociais das mulleres e crianzas que enfrontamos violencia de xénero. Quedades convidadas!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Granada
Violencia machista Las feministas de Granada se rebelan contra el acoso de la policía local a una víctima de violencia de género
Seis compañeros de un policía local denunciado por maltrato espiaron a la víctima a través del sistema Viogén, uno de los “actos de violencia institucional más graves destapados en los últimos años” según el feminismo granadino.
Comunidad de Madrid
Instituto del Menor La Comunidad de Madrid arranca una hija a una mujer peruana que ha denunciado violencia de género
La madre afectada, Pamela L.C., considera que ha habido un componente racista en el arrancamiento. La mujer no obtuvo ninguna información sobre el paradero de su hija hasta la citación en el Instituto Madrileño del Menor una semana después del parto.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Más noticias
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.