AGANTRO
A antropóloga xa non é inocente

A deconstrucción do oficio antropolóxico pola mirada feminista foi un factor decisivo para asumir novas formas de investigación en orde a construír unha antropoloxía máis crítica.
Abuela
“Abuela”, técnica mixta, 279 × 216 mm, Duen Sacchi, 2020. (Imaxe cortesía do artista)
Titor de Filosofía e Antropoloxía. UNED Lugo
13 dic 2022 09:05

“El antropólogo inocente” é unha obra de Nigel Barley[1] que tivo certo éxito no público español nos anos 90. Barley contaba cun ton desenfadado as peripecias do seu primeiro traballo de campo entre os dowayo de Camerún, e conseguía facer dos contrastes entre traballo académico e problemas prácticos un relato con gran sentido do humor. Era un antropólogo sen prexuízos, con máis sentido común que anteolleras académicas, inocente como só pode selo alguén tan pouco reverente como para berrar “á merda Malinowski”[2] sen renunciar a unha auténtica experiencia antropolóxica. 

Se Nigel Barley podía finxir esa mirada virxinal foi non solo pola súa destreza literaria senón tamén por inserirse nas correntes que deconstruiron parte dos grandes discursos e conceptos dos pais fundadores da antropoloxía contemporánea, operación da que participaron antropólogas como Annette Weiner desde os anos 60 e 70.

En todo caso é dubidoso que á antropoloxía poida adxudicárselle algunha vez unha mirada virxinal que non fora finxida. Como amosou Michel Foucault, toda forma de coñecemento ten vínculos, confesables ou non, con dispositivos de poder, relación que forma parte sustantiva do proxecto epistemolóxico moderno, do que a antropoloxía é unha especie de brazo executor, grazas á súa posición destacada no cruce da natureza e a cultura, a bioloxía e as ciencias sociais. Ao pensamento do universal, que poderiamos cifrar na subxectividade kantiana, faltáballe unha confrontación empírica co fenómeno da diversidade cultural, tarefa que emprenderon os antropólogos de primeira xeración, como Lewis Henry Morgan ou Edward Burnett Tylor, aínda que só os da xeración seguinte conseguiron sacar diso as consecuencias apropiadas.

Descobrir aos pobos exóticos era verse de novo diante do mito, coma se a cultura moderna protagonizase un novo nacemento da razón da man da mentalidade positivista e o evolucionismo, unha razón que viña como anel ao dedo ao colonialismo europeo.

A primeira xeración foi presa dun desenfoque retrospectivo, comprensible desde unha forma de racionalidade propia aínda da ilustración. Descobrir (moitas veces a distancia) aos pobos exóticos era verse de novo diante do mito, coma se a cultura moderna protagonizase un novo nacemento da razón da man da mentalidade positivista e o evolucionismo, unha razón que viña como anel ao dedo ao colonialismo europeo que así podía enarborar a idea dunha unidade humana que recollese de maneira xerárquica o descobremento da diversidade evitando o risco da atomización cultural.

O artificio unificador foi a idea de progreso, o mito do progreso, que permitía unha clasificación cuantificable dos pobos, obxectiva segundo o criterio da razón científica e, ao mesmo tempo, facilmente asimilable polo uso prolixo a finais do século XIX do método comparativo. É a eclosión do primitivismo, unha auténtica invención dos pobos primitivos, poseedores dunha racionalidade que representaba un vestixio do pasado. Todo contribuía a reforzar o sentido desa liña imaxinaria que vai do primitivo ao moderno, desde a primeira comprensión das migracións ás discusións sobre o concepto de raza, na mesma época en que se estaban elaborando as bases do racismo.

A segunda xeración, con Franz Boas ou Bronislaw Malinowski, puxo en cuestión esa idea de progreso. O polaco Malinowski, obrigado a permanecer nas illas Trobriand ata que finalizase a Primeira Guerra Mundial, grazas ao que completou o seu estudo do intercambio cerimonial do kula, foi pioneiro da inmersión cultural, o que na xerga antropolóxica chámase “observación participante”, base metodolóxica de todo traballo de campo que se prece. Como Boas entre os inuit, lendo a Kant nun iglú, ou Marcel Mauss atendendo unha cooperativa de consumo no París de entreguerras, ninguén como eles comprendera que a singularidade cultural non se pode medir en termos de progreso; aínda que se trataba de explicar fenómenos sociais con métodos científicos e, por tanto, de apelar a algún tipo de base universal do coñecemento social, este non abonaba a redución da singularidade a unha métrica elaborada desde a cultura occidental, e menos se se trataba de impoñela pola forza. Nese xusto momento a empresa imperialista estaba a perder o amparo da ciencia, aínda que iso non lle impedise prosperar por outras vías ou encarnarse en delirios terminais como o nazi. De verdade terminais? Pode pensarse o totalitarismo como un ensaio inacabado, á luz do ocorrido despois?

Todo contribuía a reforzar o sentido desa liña imaxinaria que vai do primitivo ao moderno, desde a primeira comprensión das migracións ás discusións sobre o concepto de raza, na mesma época en que se estaban elaborando as bases do racismo.

Así que o título habería que matizalo e dicir que o antropólogo xa non é inocente, se é que algunha vez o foi. Poderiamos considerar o relato de Bartley como a constatación irónica dunha perda da inocencia que é consustancial ao avance do coñecemento etnográfico, un proceso que alcanza o seu punto de madurez nas décadas finais do século XX, ao mesmo tempo que ían decaendo as ambicións universalistas (de estructuralismo, cognitivismo e outros ismos que foron vítimas dos seus propios excesos).

Uns anos antes da primeira visita de Bartley aos dovayo a antropóloga Annette Weiner acudira ás míticas illas Tröbriand de Malinowski, en principio para unha investigación moi concreta, sobre como foran cambiando as tallas nativas de madeira a medida que se integraban nos circuitos comerciais do turismo, e en que medida iso podía alterar o sistema económico tradicional que describira Malinowski medio século antes (o circuíto do kula como pedra de toque da idea de intercambio recíproco).

Segundo relata Weiner, xa no seu primeiro día de traballo de campo observou que “as mulleres estaban no centro da aldea facendo algo con algo que me dixeron que era como diñeiro”, o que contradicía o suposto (implícito en Malinowski) de que as mulleres ocupaban a periferia da sociedade trobriandesa e non manexaban nada que puidese considerarse diñeiro.

Ao continuar coas súas investigacións, Weiner descobre que “Malinowski estaba equivocado pola forma en que se movían os obxectos. Recortara o movemento: nunca seguira completamente o circuíto das cousas”, e iso foi así porque Malinowski “non seguiu ás mulleres”. Cando Weiner fai ese seguimento das mulleres descobre “a interelación entre homes e mulleres. Non podías analizar aos homes por aquí e ás mulleres por alá. Esa bipolaridade non funcionaba”[3].

A deconstrucción do oficio antropolóxico pola mirada feminista foi un factor decisivo na perda da inocencia antropolóxica que viveu a disciplina desde aqueles finais dos 60 e principios dos 70 que supuxeron un enorme salto adiante para as mulleres, coa súa incorporación masiva aos estudos superiores e ó mercado laboral e os avances do feminismo. Pero non se trataba dun cambio que concernise só á cuestión do xénero, senón un cambio xeral de paradigma. En aras de proporcionarlle obxectividade e carácter científico á antropoloxía, Malinowski reconducira todo o proceso do kula ao mecanismo básico da reciprocidade, chegando (segue Weiner na citada entrevista) a “rexistrar reciprocidade por todos lados”. A antropoloxía clásica procedera de modo inxenuamente simple e positivista, pensando en totalidades sociais conformadas por partes discretas susceptibles de análises separadas (o parentesco, a maxia, o sistema político, a guerra…), un modelo que se compadece mal coa aspiración antropolóxica dun coñecemento verdadeiramente bio-socio-cultural, que non reduza eses tres vértices.

Nun xesto similar ao que representa de maneira hilarante o relato de Bartley, Weiner plantexa que “temos que invertir toda esa tendencia (…) e construír as cousas outra vez, poñéndoas unha enriba doutra e incrustando unha dentro doutra”. O que descubrira acerca da interrelación de homes e mulleres había que levalo máis aló e convertelo nunha visión transversal dos fenómenos socioculturais, entendidos como procesos complexos e cambiantes. O paradigma clásico positivista tiña que ser superado, e sería unha terceira xeración, a dos Cliford Geertz, Marshall Sahlins, Arjum Appadurai, Edgar Morin ou propia Annette Weiner, entre outras, a que puxera sobre a mesa a necesidade de asumir novas formas de coñecemento e investigación en orde a construír unha antropoloxía máis crítica, e máis acorde coa recoñecible complexidade do ser humano no mundo contemporáneo.


 



[1] Londres, 1983. Traducción castelá en Barcelona, Crónicas Anagrama, 1989

[2] Así podía traducirse en versión libre o “Honni soit qui Malinowski” que emprega Barley e que, según aclara o traductor Alberto Cardín, é unha referencia paródica ao lema da vella orde de cabalería da Jarretera (“Honni soit qui mal y pense”).   

[3] Todas as citas de Annette Weiner pertencen ao texto “Arte y cultura material. Una conversación con Annette Weiner”, de Fred. R Myers y Barbara Kirshenblatt-Gimblett (Traducción de María Florencia Blanco Esmoris, Yanina Faccio e María Jazmín Ohanian) Publicar - Año XIV N° XXVIII// Xullo de 2020 - ISSN 0327-6627 // ISSN (en línea) 2250-7671
A entrevista foi realizada entre 1986 e 1987 (e a traducción foi enviada o 21 de abril de 2020). O texto da mesma pódese consultar en: https://www.researchgate.net/publication/343999004_Arte_y_cultura_material_una_conversacion_con_Annette_Weiner

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
AGANTRO
Agantro Cartografando as violencias no corpo, na mente e no mapa
As violencias de xénero teñen múltiples impactos nas vidas das mulleres e crianzas que a enfrontan. Para evitar a cronificación da violencia cómpre colocar as súas voces no centro do deseño e execución das políticas públicas.
Dana
dana La Albufera de València y la dana, crónica de un desastre anunciado
El gran lago de València, que nunca ha dejado de estar en emergencia, se enfrenta al reto de sobrevivir al desastre ambiental derivado de la barrancada.
Personas refugiadas
Personas refugiadas Fútbol en Lesbos, o de cómo hacer equipo en el exilio
Vienen de Afganistán, Yemen, Sierra Leona o Haití, están temporalmente en el Centro de Acceso Controlado Cerrado de Mavrovouni, donde se les vigila todo el tiempo. El campo de fútbol donde entrenan juntos se convierte en una especie de refugio.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo Los obreros sevillanos que lograron trabajar seis horas al día
Poco antes del golpe militar de 1936, el Sindicato Único de la Construcción de Sevilla consiguió un acuerdo histórico con la patronal.
Reducción de jornada
Derechos laborales Trabajo y sindicatos firman la reducción de la jornada laboral a 37,5 horas en 2025
El Ministerio de Trabajo firma este viernes el acuerdo para reducir las horas de trabajo a 37 y media el próximo año; CC OO no descarta defender la literalidad del texto a pie de calle si los partidos tratan de modificarlo
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Estas navidades regála(te) El Salto y Filmin
Estas fiestas, suscríbete a El Salto y te hacemos un regalo muy especial: seis meses de acceso a Filmin. Y si ya tienes Filmin, te lo ponemos muy fácil para que puedas regalárselo a quién más quieras.
Fútbol
Fútbol y política Rafael Louzán, un presidente condenado para el fútbol español que no pone fin a los escándalos
La elección de Rafael Louzán como nuevo presidente de la Real Federación Española de Fútbol depende de un recurso que resolverá el Tribunal Supremo en febrero.

Últimas

Que no te cuenten películas
Que no te cuenten películas En estas fiestas, que todo quede en casa: regala libros de la Tienda de El Salto
Aprovecha los regalos de estas fiestas para respaldar proyectos alternativos. En El Salto te lo ponemos muy fácil: desde hoy y hasta el cinco de enero, si eres socia tienes un 5% de descuento en todos los libros y te los enviamos gratis.
Andalucía
Derechos Humanos Las empresas agrícolas siguen incumpliendo con los temporeros: agresiones e impagos en Huelva y Almería
La explotación laboral en el campo andaluz aumenta mientras miles de trabajadores migrantes viven en los más de cientos de asentamientos chabolistas sin electricidad ni agua que se encuentran en ambas provincias andaluzas.
Comunidad de Madrid
Precariedad laboral Cuando las que cuidan van a la huelga: “Cobro 975 euros y llevo 18 años en el puesto”
Las trabajadoras del Servicio de Atención Domiciliaria (SAD) de Madrid inician paros para conseguir aumentos de sueldo acordes con los fijados en el nuevo convenio, así como el cumplimiento de la nueva legislación sobre riesgos laborales.
Más noticias
Genocidio
Genocidio La inacción internacional ante el drama humanitario en Oriente Medio
El avispero en que Israel está convirtiendo la región es la puesta en marcha de su proyecto sionista a base de masivos ataques con bombas y misiles.
Madrid
Enfoques Viaje por la Calle 30, los 32 kilómetros de la carretera más transitada en España
Del ajetreo constante y diario, de la individualidad, la diversidad, la desigualdad y la segregación nos habla bien la circunvalación de la ciudad de Madrid, un eje circular que engloba todas esas miradas.

Recomendadas

Análisis
Análisis Turismo de genocidio: La industria turística israelí y la normalización de la violencia en Palestina
El caso de Palestina ofrece un ejemplo único y urgente de las formas en que el turismo puede emplearse como herramienta para normalizar las realidades de la ocupación y la violencia.
México
Energías fósiles Salir del petróleo: el camino incierto de México hacia un nuevo modelo energético
Quien llegó a ser el quinto productor de petróleo a nivel mundial, enfrenta ahora el reto de abandonar su dependencia fósil sin una hoja de ruta clara hacia la transición energética.