AGANTRO
O número 262 dunha rúa no Porto

Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
O número 262 dunha rúa de Porto
Imaxe da porta da casa tomada por Christopher Folz.
Graduada en PPE. Asociación Galega de Antropoloxia Social e Cultural (AGANTRO).
12 oct 2024 06:05

No número 262 dunha das rúas do Porto hai unha casa que din que foi un convento. A casa ten vinte e dous cuartos, catro baños, unha sala de estar, unha cociña e un patio interior. No 2023, vivían no 262 vinte e catro persoas, trece idiomas e once nacionalidades.

O acceso á casa faise pola cociña, que situada no primeiro andar, sempre está aberta. Nela hai dúas persoas cociñando pierogi e de fondo escoitase unha leve melodía de violín. Outras veces a cociña está chea e a música vai variando entre melodías brasileñas e pop internacional. De cando en vez, algún turista curioso asómase á porta para ver que acontece; outras, unha veciña despistada pregunta se son aquí as clases de cociña. Polo menos unha vez á semana un antigo residente da casa chama a porta e o diálogo sucédese sempre nesta liña:

Hi, I´m Laura, I lived here ten years ago. I was in room 108, the one with the alien drawn in the wall. Do you think I could see it?

Ás veces son grupos de amigos que veñen de despedida de solteiro, outras veces grupos de amigas que baixan ó Porto para São João. Unha vez foi una señora co seu fillo de dous anos. A resposta é sempre a mesma:

Yes, of course you can! How was it like when you were here?

E entón comeza a narración. No seu ano eran vinte, vinte e tres ou dezaoito persoas. A casa estaba algo máis ou menos limpa e a parede da cociña era azul e non verde. Facían festas os venres e logo estaba aquela vez que organizaron un ciclo de cine ca xente da universidade. As pintadas das paredes eran diferentes. Nesa intre botámoslle unha ollada á parede verde da cociña. As pintadas de “Burgos Capital” e en outras tantas linguas non estaban daquela; o ollo da esquina da cociña ca inscrición “The house that never sleeps”, si. Imos falando disto ata que chegamos ó cuarto. Detémonos na porta, que recolle en rotulador as despedidas da casa dunha chea de persoas que nela estiveron. Cadaquén vai deixando a súa mensaxe: para a casa, os futuros moradores, ou para tódalas persoas que por ela pasan.

Situada na fronteira entre a zona turística e a zona residencial, este edificio agochado funciona como un espazo transfronterizo onde a interculturalidade é a norma

A casa do 262 leva máis de quince anos funcionando como unha residencia para o estudantado Erasmus na cidade do Porto. Situada na fronteira entre a zona turística e a zona residencial, este edificio agochado funciona como un espazo transfronterizo onde a interculturalidade é a norma. As dinámicas que nel acontecen levan quince anos inspirando a quen nese sitio habita. Algúns exemplos son unha versión da canción Saudade Saudade, de Filippo Nisini; a tese The Breiner House Experience: Sense of Community in a Student Housing Cooperative de Rosaria Lorenzano; ou mesmo este artigo.

Acercarnos a historia deste edificio, das persoas que nel viviron, da súa contorna; permítenos aproximarnos tamén a cuestións de tanta actualidade como son a convivencia intercultural, a memoria colectiva, as relacións entre o global o e local ou inclusive a xentrificación ou studentification. Nesta liña, podemos interpretar a casa do 262 como un palimpsesto, un espazo onde cada xeración de residentes escribe e reescribe sobre as marcas deixadas polas xeracións anteriores, nun proceso continuo de acumulación e transformación que non só nos fala do presente, senón tamén do pasado próximo.

A historia do edificio do 262, aínda que non a coñecemos completamente, ofrece unha fascinante narrativa que remonta as súas orixes a un posible pasado como convento. Porén, esta posible función inicial contrasta notablemente co seu uso actual como residencia estudantil, que evoca ás Repúblicas portuguesas —espazos de convivencia entre estudantes que fomentan a colaboración e o intercambio cultural–. Dito proceso de adaptación fálanos das transformacións que a cidade está a vivir ó tempo que resalta un aspecto fundamental da arquitectura e da vida urbana como procesos dinámicos.

Se afondamos nesta liña, podemos dicir que a memoria –individual e colectiva– non reside unicamente nas persoas e comunidades, senón que os edificios tamén actúan como contedores de lembranzas. Neste caso, as paredes da casa cos seus graffitis e pintadas, configuran un arquivo vivo que documenta o paso do tempo e das xeracións. A casa funciona como un espazo de memoria colectiva, onde cada debuxo, cada frase inscrita nas portas e nas paredes, conta unha historia: festas organizadas, amizades forxadas, discusións académicas –recordo unha moi boa sobre a xeopolítica do vodka– e anécdotas cotiás que forman parte do imaxinario colectivo que os habitantes van construíndo. As historias e anécdotas vanse compartindo ano a ano a través das visitas semanais: aquela historia sobre unha festa concreta, as vivencia do grupo que viviu alí na pandemia, a recolecta de roupa que se fixo para unha asociación. Deste xeito, as experiencias individuais de cada xeración de estudantes superpoñense para formar unha historia, da que tamén dan conta as fotos de grupo colgadas na cociña. Os esforzos dos propietarios, que de cando en vez aproveitan para botar unha man de pintura nalgunha parede, vense frustrados en cuestión de días ou na seguinte festa.

A diferenza entre interculturalidad y multiculturalidade faise patente deste xeito pois cada interacción entre os residentes contribúe á creación dun novo espazo onde a diversidade non só se acepta, senón que se vive e se experimenta a diario

Por outra banda, o fenómeno da globalización, que moitas veces se percibe como algo abstracto ou macro, adquire unha dimensión concreta e palpable no día a día. A interculturalidade que caracteriza esta casa non é un fenómeno esporádico ou accidental, senón un reflexo das dinámicas globais que neste caso atravesan o sistema educativo. O 262 funciona como unha metáfora da cidade global, onde a vida cotiá se converte no espazo onde as forzas da globalización se materializan. A cociña, como epicentro da casa, é un lugar clave de reunión tanto no verán como no inverno. Os días de cena grega, española ou polaca transforman o espazo nun lugar de intercambio simbólico, onde a cultura material (os ingredientes, as receitas) se mestura ca inmaterial (as conversas, as músicas) para crear novas formas de socialización intercultural. O concepto de interculturalidade que se desenvolve no 262 non é o dunha coexistencia pasiva, senón o dun proceso dinámico de aprendizaxe mutua, de creación de lazos sociais e culturais que van máis aló das diferenzas. A diferenza entre interculturalidad y multiculturalidade faise patente deste xeito pois cada interacción entre os residentes contribúe á creación dun novo espazo onde a diversidade non só se acepta, senón que se vive e se experimenta a diario. Aínda que a lingua franca é o inglés, vanse intercalando expresións nas diferentes linguas faladas ata o punto de crear un glosario de expresións e frases feitas propias.

Porén, falar desta casa no Porto supón tamén falar de xentrificación e de studentification. Os procesos de xentrificación que afectan a casa do 262 están profundamente relacionados ca súa situación e co seu uso como residencia para estudantes Erasmus, un grupo demográfico que, aínda que de tránsito, exerce unha influencia directa no tecido social e económico do barrio. Situada nunha fronteira entre a zona residencial do Porto e a área turística, a casa representa un punto de encontro onde as dinámicas globais de mobilidade estudantil coliden cás transformacións locais e cos desafíos urbanos que estas provocan.

Neste contexto, a pregunta que se presenta é se espazos como o 262 poden funcionar como puntos de resistencia fronte á xentrificación ou se, pola contra, forman parte integral dese proceso. O certo é que o fluxo de estudantado internacional contribúe á reconfiguración económica e social dos barrios e cidades, impulsando en ocasións o aumento dos prezos dos alugueiros e a chegada de servizos orientados a un público transitorio e de maior poder adquisitivo. Porén, o distintivo do 262 é precisamente o seu carácter cooperativo e aberto e que moitos dos residentes da casa chegan a ela por ter un prezo significativamente mais baixo que o prezo medio dun cuarto na cidade (acorde tamén ó estado do edificio). A cuestión é complexa, porque este último detalle tampouco garante a súa inmunidade fronte ás forzas do mercado e ás transformacións globais que afectan as cidades contemporáneas. A casa, ó igual que moitos outros espazos residenciais para estudantes internacionais, pode estar fomentando un proceso de xentrificación que no caso do Porto atópase xa bastante acentuado.

Achegarnos a eles e entendelos é a responsabilidade non só da Antropoloxía, senón dunha ollada multidisciplinar capaz de desprazar o foco para non quedarse ancorada

Deste xeito, a casa do 262 e outros tantos espazos similares proxéctanse como lugares dende os que podemos –non só– entenderen as tensións actuais que atravesan as nosas cidades, senón tamén moitas das súas posibles solucións. Achegarnos a eles e entendelos é a responsabilidade non só da Antropoloxía, senón dunha ollada multidisciplinar capaz de desprazar o foco para non quedarse ancorada.

O pasado xuño, sete persoas das que en 2023 vivimos na casa regresemos ó Porto a pasar uns días. Chamamos a porta do 262. Queríamos ver á habitación 108, a 211 e a cociña. A pintada da esquina seguía alí. Cambiaran a distribución do patio e pintaran de branco as paredes da 211. Ó día seguinte invitáronnos para facer unha cacharela á noite no patio e probar o bread and stick, pois a maioría eran de orixe alemán ese ano. Un mes mais tarde atopeime a dúas nenas que viviran na casa no 2021 nunha praia de Porto do Son.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Almería
Derechos Humanos Junto al mar de plástico: más de 7.000 personas viven sin derechos en los asentamientos de Almería
Miles de trabajadoras y trabajadores que sostienen la agroindustria almeriense se someten diariamente a la vulneración de sus derechos básicos, abusos laborales y a pagar hasta 4.000 euros por un contrato de trabajo
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.