Violencia sexual
Agresións sexuais na noite

Os déficits nos protocolos de atención ás vítimas e a inexistencia de estatísticas reais preocupa as expertas.
24 jul 2022 08:00

Unha noite deste verán, Uxía estaba nun festival coas súas amigas cando un rapaz se lles achegou e comezou a incomodar a unha delas. Chovía e había unha gran multitude de persoas no concerto. Cando se mostraron abertamente molestas e se opuxeron á súa actitude, viron como se dirixía a outro grupo de rapazas facer o mesmo. “Non había maneira de avisar a ninguén porque estabamos no medio do festival, era imposible facer absolutamente nada”, relata. Segundo datos recadados pola fundación ANAR -que se dedica á promoción e defensa dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes en situación de risco- a raíz do seu traballo, en 2021  atenderon 1.287 casos de agresións sexuais en festas en comparación cos 717 de 2020. Agora, alertan do risco do incremento de agresións sexuais durante o período estival trala pandemia.

Este San Xoán, o Punto Lila da Coruña atendeu tres casos de agresións sexuais, dous deles do mesmo agresor a rapazas menores de idade. Iria Docampo é psicóloga sanitaria e traballa en Puntos Lila. Conta que a noite do 23 de xuño acudiron ao lugar dúas mozas que, a pesar de coñecerse, non sabían que foran vítimas do mesmo agresor. “Contaron que estaban sentadas, vendo un concerto, e que un rapaz que estaba alí empezou a tocalas, a meterlles a man por dentro da camisa e do pantalón… Cando unha delas se ergueu, foi molestar a outra. Eran todos da mesma clase, do mesmo instituto. Neste caso foi fácil identificar o agresor por ser unha persoa coñecida para ambas”, explica. 

O protocolo está montado para que  a vítima nos conte todo a nós e sexamos nós, como psicólogas, as que llo contemos á policía para non revictimizar.

Segundo Iria, esas rapazas tiñan sorte de saber da existencia do Punto Lila, ao contrario de moita outra xente. No San Xoán da Coruña, estes espazos atopábanse no paseo marítimo, cando a meirande parte das persoas estaban na praia. Por exemplo, en festas como as do Apóstolo en Santiago de Compostela haberá un na Alameda e outro no Campus Sur. “No caso da Coruña, o punto lila estivo aberto ata as catro da mañá. En Santiago será dende as oito da tarde e ata a unha; a festa segue despois”, conta Iria. 

Tal e como explica Iria, o funcionamento dos Puntos Lila dependen de cada concello e da empresa que estes contraten: “Pode haber protocolos máis centrados na prevención e outros máis dirixidos á intervención en caso de que aconteza algo”. No San Xoán coruñés traballouse cun protocolo de intervención. Se algunha vítima de agresión machista se achegaba ao Punto Lila, a psicóloga acompañábaa á policía ou a urxencias, de ser preciso. “O protocolo está montado para que  a víctima nos conte todo a nós e sexamos nós, como psicólogas, as que llo contemos á policía para non revitimizar”, explica Iria. O problema, segundo ela, é que a policía ten o seu propio protocolo e, no caso específico da Coruña, as rapazas agredidas tiveron que volver a contarlle todo o sucedido. “Trala agresión acontecida durante o San Xoán, a policía fíxolle exactamente as mesmas cuestións ca nós e non no ton máis recomendable, senón, literalmente, formulando preguntas como: Estás segura de que esta persoa che meteu os dedos?”, relata Iria. 

Un de cada cinco adolescentes e rapaces novos negan a existencia da violencia de xénero.

Ana López-Suevos é maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela. Ante a súa preocupación polo aumento de casos de agresións sexuais, elaborou un protocolo que pretende coordinar a todos os actores que traballan coas vítimas dende o principio. “Eu estaba constatando que ás vítimas non se lles trataba adecuadamente nin no proceso xudicial nin policial e que as investigacións non estaban sendo eficaces”, conta Ana. Un dos puntos que salienta deste protocolo que, por non ser unha norma xurídica é tan só orientativo, é a importancia da non revitimización. “No sistema español, para poder denunciar precísase a declaración da denunciante. Precisamente o protocolo o que pretende é que ese relato que se lle conta, por exemplo, a psicóloga do Punto lila, non se teña que volver a repetir en comisaría, no xulgado de instrución, no xuízo… A principal finalidade é eliminar que teñan que contar todo tantas veces, pero tal e como funciona o sistema, eu penso que se segue a facer así”, asegura. 

Segundo un estudo realizado pola Fundación Fad, un de cada cinco adolescentes e rapaces novos negan a existencia da violencia de xénero. Nas mozas, a percepción de que a violencia de xénero é un problema moi grave pasou do 72,4% en 2019 ao 74,25% en 2021, mentres que nos homes se reduciu dun 54,2% a un 50,4%. Ana López-Suevos fai fincapé no aumento dos casos de agresións sexuais que ven percibindo dende 2017: “Cando digo casos non me refiro só a denuncias, porque hai un sector de profesionais ou políticos que di que o aumento é do numero de denuncias, e eu entendo que o que aumentaron foron os casos. Nós temos coñecemento de casos de agresións sexuais non só por denuncias e atestados da policía e da garda civil, que son as únicas que se computan nas estatísticas oficiais, senón tamén a través dos partes médicos dos hospitais, dos forenses, das oficinas de atención a vítimas, dos centros de ensino… Hai moitas comunicacións de delitos que non se denuncian, entón todos eses supostos non están nas estatísticas”. 

Ana tamén salienta o incremento das agresións sexuais por submisión química: “Isto aumentou moitísimo nos últimos anos porque a xente pode acceder a estas substancias moito máis facilmente a través de internet”. Nestes casos, explica esta experta, o que se fai é acudir a un hospital e realizar analíticas para ver se se atopan restos desa substancia e, despois, “como non hai relato, porque non hai memoria, hai que intentar reconstruír os seus últimos pasos, intentar ver o seu último recordo consciente e revisar cámaras de seguridade para reconstruír o seu percorrido, pero é moi difícil e require unha investigación moi rápida”.

Cando hai moita xente xunta pode que non se saiba moi ben quen inicia unha certa conducta, quen ten a responsabilidade de que algo aconteza, porque cunha masa de xente prodúcese un efecto de disuasión de responsabilidade.

Segundo a experiencia de Iria, nos puntos lila, ás veces, escoita os “típicos discursos que xustifican as violacións en manada”. Segundo ela, si existe “unha involución ou normalización de certos discursos”. Esta psicóloga, achaca o aumento das agresións sexuais durante a noite a varios factores. Por unha banda, ao consumo de alcol e outras substancias: “O efecto máis rápido do alcol é que, cando chega a corteza prefrontral, anula a súa función, que é a de inhibirnos. Isto non quere dicir que estas conductas se xustifiquen co consumo; xa estaban aí de antes”. Por outra banda, tamén considera que é importante ter en conta o factor das masas: “Cando hai moita xente xunta pode que non se saiba moi ben quen inicia unha certa conducta, quen ten a responsabilidade de que algo aconteza, porque cunha masa de xente prodúcese un efecto de disuasión de responsabilidade”. Ana salienta a influencia do consumo temperá de pornografía no aumento das agresións sexuais: “Os nenos non teñen a capacidade de diferenciar o que é ficción e o que non, e isto inflúe na súa visión da sexualidade”. Segundo o informe de Save the Children (Des)información sexual: pornografía e adolescencia, os e as adolescentes ven pornografía por primeira vez aos 12 anos e case 7 de cada 10 consumen estes contidos sexuais de forma frecuente. “Hai unha carencia de educación afectivo sexual”, explica Ana. 

Noutras festas, dende os puntos lila trabállase máis en cuestións relacionadas coa prevención, realizando actividades e dinámicas que involucren as persoas que camiñan polo lugar para xerar consciencia do que supoñen as violencias machistas. “Cando realizamos este tipo de dinámicas, percibo unha moi baixa concienciación tanto de rapaces como de homes adultos. Hai grupos que veñen xuntos e din cousas como ‘se a rapaza que me gusta é lesbiana, eu sei que con insistencia podo conseguir que se líe comigo’ ou ‘a ver se cun par de copas cae’”, explica Iria. 

Moitas das actividades que se deseñan para os puntos lila céntranse nas agresións lgtbfóbicas e, a raíz delas, a xente conta  as súas experiencias persoais.

Todas estas cuestións inflúen nas posibilidades de diversión sen preocupacións de moitas mulleres. “Se saio nun ambiente LGTBI estou máis tranquila, pero se saio de festa onde hai grupos de homes síntome máis a defensiva, máis atenta, máis vixilante… ás veces é difícil divertirse cando estás todo o tempo atenta ao que che pode pasar”, conta Uxía. Segundo ela, tamén é importante falar das agresións que sofren as mulleres lesbianas e bisexuais que se relacionan con outras mulleres en ambientes festivos. “Tenme pasado varias veces de estar cunha rapaza e que veñan homes berrarnos, insultarnos, insistirnos ou simplemente quedarse mirando ata que nos incomodan tanto que temos que marchar”, relata Uxía. Iria asegura que, nos puntos lila nos que traballou, tamén ten escoitado historias de persoas do colectivo que sufriron agresións: “Moitas das actividades que se deseñan para os puntos lila céntranse nas agresións lgtbfóbicas e, a raíz delas, a xente conta as súas experiencias persoais”.

Non obstante, é preciso falar dos obxectivos reais que teñen os Puntos Lila. “Se o que se pretende é concienciar, a caseta está moi ben, porque eu creo que a promoción de certos valores fai que se constrúa unha sociedade máis igualitaria. Porén, vese que en todas as festas están pasando cousas e non se está facendo nada, entón igual habería que reestablecer os obxectivos”, explica Iria. 

Uxía reivindica que se poida acceder a asistencia especializada de xeito máis fácil en eventos masificados: “Precisamos unha seguridade que sexa máis efectiva, que haxa, por exemplo, bandeiras violetas polo medio da festa, que sexan visibles;  un punto ao que acudir facilmente”. Segundo Iria, as deficiencias dos Puntos Lila veñen dadas, por unha banda, da insuficiencia de recursos, e pola outra, do xeito no que se invisten: “Falta analizar o que está acontecendo e buscar formas de chegar a eses casos”.

Hai que contabilizar os delitos, non só as denuncias.

 “Os Puntos Lila convertéronse máis nunha medida para lavarse as mans ca nun recurso realmente eficaz. Fanse para que se hai algún tipo de agresión, ninguén poida dicir que non había nada”, critica Uxía. No exemplo específico das festas do Apóstolo de Santiago, Iria reflexiona sobre o lugar no que se sitúa o punto lila: “Estar na Alameda é moi vistoso, e queda moi ben incluso que veña un turista e faga fotos, pero claro ese é o lugar onde están as atraccións, onde están as familias con nenos… Sería interesante, quizais, que nas zonas onde está a xente de festa houbera, por exemplo, persoas co chaleco violeta á que poder acudir se pasa algo”. 

No Estado Español non existen estatísticas reais sobre os casos de agresións sexuais. “Hai que contabilizar os delitos, non só as denuncias”, explica Ana. Segundo ela, moitas vítimas non denuncian por vergoña, por medo ao propio procedemento xudicial e tamén por medo a exposición dos seus datos nos medios de comunicación: “Precisamos estudos serios sobre o que está pasando”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Granada
Violencia machista Las feministas de Granada se rebelan contra el acoso de la policía local a una víctima de violencia de género
Seis compañeros de un policía local denunciado por maltrato espiaron a la víctima a través del sistema Viogén, uno de los “actos de violencia institucional más graves destapados en los últimos años” según el feminismo granadino.
Comunidad de Madrid
Instituto del Menor La Comunidad de Madrid arranca una hija a una mujer peruana que ha denunciado violencia de género
La madre afectada, Pamela L.C., considera que ha habido un componente racista en el arrancamiento. La mujer no obtuvo ninguna información sobre el paradero de su hija hasta la citación en el Instituto Madrileño del Menor una semana después del parto.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.