Sanidad
“O valor da primaria é que non se nota cando funciona porque a xente está mellor”

Iria Fernández é unha das moitas médicas de familia que deixou a primaria despois de ter setenta contratos nun ano e dunha sobrecarga que non permite traballar “con seguridade”.

Iria Fernández traballou como médica de familia —especialidade para a que se formou— ata outubro de 2021, primeiro en Pontevedra e despois na Coruña. Con todo, unhas condicións de traballo “moi malas” e a pasividade da administración por mellorar a situación da atención primaria, fixeron que o acabara deixando.

Tiveches dúas etapas como médica de familia. Como eran as condicións nas que estabas contratada a primeira vez?
Eu acabei a especialidade de medicina de familia en 2014 e traballei ese ano na área de Pontevedra, que é onde me formei. Naquel ano —en menos dun ano— cheguei a firmar case 70 contratos. Eran unhas condicións que non te permitían nin organizarte, nin facer vida, nin facer nada que non fora pensar en traballar e estar pendente do teléfono. Por esta razón, eu decidín facer outro exame MIR e estiven catro anos cursando outra especialidade. Cando rematei esta outra especialidade era 2018, e era un momento que parecía bastante bo para a medicina de familia porque había protesta social e parecía que podía rexurdir, pero nos dous últimos anos iso non se materializou. Volvín pensando que facía falta aí e que ao mellor a cousa podía mellorar, pero non. 

Os políticos e mesmo os propios directivos hospitalarios non adoitan utilizar a atención primaria, co cal é difícil que tomen boas decisións sobre algo que nin sequera coñecen.

E por que non houbo esa mellora? Que atopaches ao volver?
Os contratos eran mellores, é dicir, cando volvín xa non tiña contratos dun día —ou de medio día como tiven na miña primeira experiencia— e tiña contratos máis longos, incluso cheguei a estar un ano no mesmo centro, co cal xa era outra forma de traballar. Pero o que se deteriorou moito, e o que eu escoitaba en compañeiros e compañeiras que levaban moitos máis anos ca min na profesión —e que eu tamén notaba— é que nunca se traballara tan mal. É dicir, con tanta sobrecarga, con tanta falta de recursos, con incapacidade para decidir sobre o que fas... Dá o mesmo oito que oitenta, na lista colle todo. Entón, ti que normalmente terías que estar vendo como máximo uns 30 ou 35 pacientes para facer as cousas con seguridade, a norma converteuse en non baixar de 40. E xa no último ano non baixar de 50. Obrigando incluso a ter que prolongar xornada para poder rematar o traballo.

E con ese volume de xente non podes garantir que o que esteas facendo faga un ben, e mesmo que non faga un mal. Chega un punto en que, cando vas polo paciente número 42, a túa capacidade de tomar decisións razoadas e de ter en conta o que paciente che está dicindo complícase. A COVID viuno desbaratar todo, pero xa viña de antes

E claro, despois destas experiencias, ti empezas a pensar que prefires facer outra cousa, non?
Efectivamente. A primeira vez foi claramente pola temporalidade. É dicir, o feito de non ter unha estabilidade. A miña parella vivía aquí en Coruña, eu en Pontevedra, e decidín que, para estar con contratos así, marchaba a vivir coa miña parella e buscaba outra forma de vida. A segunda vez foi un pouco distinto: eu xa tiña traballo aquí en Coruña e contratos un pouquiño máis estables —tiven de feito oportunidade de ter contratos de máis longa duración— pero o problema foi empezar a pensar que se o meu día a día ía ser así por dez, vinte ou trinta anos, non quería iso para min. Ademais, despois de ter transitado por varios sitios, vin que daba igual o centro, o estilo profesional ou canto tempo levaras traballando na especialidade: todas as miñas compañeiras estaban igual de queimadas.  

Con ese volume de xente non podes garantir que o que esteas facendo faga un ben, e mesmo que non faga un mal.

É dicir, non é algo individual.
Claro. Desde logo hai factores individuais: xente que o levara mellor e terá un pouquiño máis de aguante, ou xente que ten unha ilusión incombustible e aguanta o que lle boten e sempre pensa que vai mellorar. Pero eu nunca vira xente con tantos anos de experiencia tan queimada e con tan pouco esperanza en que a cousa mellorara. E sendo xente que leva traballando practicamente desde que existe a especialidade. Ademais, ves que tampouco hai unha intención de mellora que se manifeste en cousas claras como por exemplo en presupostos. Por iso eu decidín parar e pensar un pouco que facer. Porque despois de dous anos, coa pandemia polo medio, estamos todas moi cansas. 

A escusa da Xunta é que non hai profesionais dispoñibles. É así?
O de non hai médicos a min tamén se me escapa ás veces, sobre todo cando explico porque as condicións de temporalidade melloraron nesta última experiencia miña. Como non hai xente, ofrécenme cousas mellores. É certo, é oferta é demanda. Como fas falta en todas partes facilítanche a elección e adáptanse mellor a ti. Pero o tema é que o feito de que non haxa médicos é a consecuencia, non a causa de que o sistema funcione mal.

Podes explicar por que?
En 2014, cando eu acabei, había unha compañeira miña que acabara a residencia un ano antes ca min e decidiu marchar do estado español porque traballou só dous días no verán. Dous días. Tiñan médicos que non estaban a traballar. Naquel momento o problema non era que non houbera médicos, porque había médicos na bolsa que estaban sen traballar e naquel momento non sacaban oposicións tampouco. Agora si están sacando OPEs para estabilizar, pero o problema xa está aí. E o deterioro da asistencia, independentemente do número de médicos que teñas, segue aí. Tes que atender 40 ou 50 pacientes ao día e non te deixan decidir o que fas. Por exemplo, se agora é COVID pois COVID todo e ti ves que ao paciente crónico ou complexo non chegas e déixalo sen atender adecuadamente. E, loxicamente, a xente enfádase e onde primeiro van protestar e aos centros de saúde, porque somos os que estamos a pé de rúa. Antes tamén estabamos nas aldeas e nos barrios escoitando os dramas sociais, pero antes podiamos axudar á xente co que faciamos. Agora só recibimos a queixa pero non podemos aportar nada para mellorala. E iso á xente quéimalle moito. Tamén penso que o problema maior é para as que se quedan. Ao final eu marcho porque penso que teño algunha alternativa que para min é aceptable, podo traballar noutra cousa. Pero doentes somos todas. E a atención primaria ímola precisar todas. Entón para min, dedíqueme a ela ou non, é unha perda irreparable. O feito de agora non poder ir ao teu médico de familia cando de verdade o precisas, iso vai tardar anos en recuperarse porque non hai interese a día de hoxe.

Agora si están sacando OPEs para estabilizar, pero, independentemente do número de médicos que haxa, o problema xa está aí. 

Ademais, outra cousa que nos frustra moito é que hai unha desconexión entre o discurso oficial e o que vemos na realidade. Sempre nos din a primaria é o eixo, a base, a porta de entrada —que é unha definición horrible porque a primaria non é un lugar de paso, é un sitio onde se fan cousas, é unha entidade en si mesma—, e na practica non é nin o eixo nin a base, é a periferia. Ao final, a atención primaria recibe o que non se é capaz de encaixar noutros niveis asistenciais. Cando non debería ser iso. A filosofía da atención primaria basease en que usemos os recursos de maneira equitativa para atender unha comunidade. Se iso non o somos capaces de facer, ao final acabamos apagando lumes sanitarios alí onde imos pero no facendo o que temos que facer. E isto é outra cousa que frustra: fórmante para facer unha cousa e despois non a podes facer. Tes que facer o que che digan e deixar de facer o que realmente aporta, que é atender aos pacientes no seu medio, na súa globalidade.

Falando desta relación coa contorna e co paciente, que ten a primaria que non ten outra especialidade? 
A atención primaria ao final ao que se dedica é a atender a persoa na súa contorna en conxunto. É dicir, se se cumprise realmente a súa función, ti terías que atender á persoa nun período o máis prolongado posible da súa vida, de tal xeito que poidas ter en conta a súa opinión, poidas realizar as tarefas de prevención que estean indicadas no seu caso e teñas un coñecemento profundo desa persoa para podela atender ben. E, deste xeito, que só acuda aos outros niveis asistencias cando algo o xustifique. Está calculado: o 90% das problemáticas—mesmo coa COVID— abordábanse desde a atención primaria. O que non pode ser é que iso sexa así, pero que despois se dea a imaxe de que estivemos pechados —cando non é certo—. Aí houbo bastante irresponsabilidade por parte dos nosos responsables á hora de comunicar o que se facía. Só saían UCIs e hospitais porque é o máis impactante, é lóxico. Pero estábase a facer moito traballo na primaria que non era visible. 

Fálase de equipamento novo, de doazóns... É dicir, invístese en atención hospitalaria pero non hai investimento na primaria —na última década recurtaron de media 200 millóns de euros ao ano con respecto a 2009—, que opinas disto?
É un desleixo. Non debería de pasar. A propia OMS recomenda que os orzamentos para atención primaria non sexan inferiores ao 25%. Non chegamos nin ao 14, e non deixa de baixar en proporción á porcentaxe hospitalaria. A atención primaria é moi barata, dá moi bos resultados se invertes moi pouco diñeiro nela, e con todo non se está a inverter. Estanse facendo cousas como programas ou comisións de mellora, pero, se non lle metes os poucos cartos que a primaria necesita e non lle das á xente capacidade de decisión, dificilmente vas conseguir nada. Se a convertes nun sector residual do sistema, ao final remata por ser iso. E a xente non vai querer quedar. Se a xente ve que o sistema está a derrubarse e non facemos nada, buscará o mellor sitio para axudar, aínda que sexa fóra da primaria por moita pena que lle dea. Ademais, isto non é algo que poidas salvar ti a nivel individual. Podes prolongar xornada, sacrificar hora quedando no centro de saúde ata rematar, facer os domicilios fóra de horario como fai moita xente... Podes facer todo isto, pero ti só non vas reverter toda a desinversión que hai. E toda a falta de modernización. Co cal, se o custe persoal é moi alto e ti xa estás drenado no intelectual e no emocional, acabarás optando por descansar ou tomar outro camiño. 

A filosofía da atención primaria basease en que usemos os recursos de maneira equitativa para atender unha comunidade.

Gustaríache engadir algo máis?
Unha cousa tamén é importante é que a xente que toma as decisións normalmente non adoita utilizar a atención primaria. Os políticos e mesmo os propios directivos hospitalarios —que son ao final tamén os nosos, porque somos xerencias integradas e estamos baixo o mesmo mando— non adoitan utilizar a atención primaria. Co cal é difícil que tomen boas decisións sobre algo que nin sequera coñecen. Eu pediríalles aos pacientes que nos desculpen e que se unan a nós e entre todas intentemos que isto se reverta; e aos nosos directivos, que coñezan sobre o que están decidindo e vexan o seu valor real. Porque se nin a usan a primaria, nin coñecen cal é a súa base teórica ou o seu desenvolvemento nos últimos anos, é difícil que tomen boas decisións sobre ela. O valor da primaria é que cando funciona non se nota, porque a xente está mellor. Nótase cando falla, que é o que está pasando agora.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sanidad
Sanidad La Atención Primaria, uno de los escalones de la Sanidad más abandonados
Este 12 de abril se celebra el Día Internacional del primer peldaño de acceso a los servicios sanitarios. Falta de inversión, largas listas de espera y falta de tiempo para atender son algunas de las denuncias más repetidas.
Derechos sociales
Derechos sociales Convocan un ‘tsunami’ por los servicios públicos en la Comunidad de Madrid
Decenas de organizaciones convocan este domingo una manifestación para defender los derechos sociales y la gestión 100% pública de los servicios del Estado de Bienestar.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 42 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Más noticias
Rusia
Opinión ¿Es Rusia una amenaza para Europa? Lo que nos muestra la historia
¿Cuál es el motivo para tanto rearme y actitud belicista? Pues, según muchos en la UE, la causa es Rusia, que supuestamente está lista para invadir y anexionarse Europa en cuanto termine de derrotar a Ucrania. ¿Tiene base real esta amenaza?
Memoria histórica
Memoria republicana El capitán Sediles, un extremeño en la insurrección republicana de Jaca de 1930
Semblanza del cacereño Salvador Sediles, capitán republicano, intelectual, escritor y figura olvidada de la sublevación de Jaca del 12 de diciembre de 1930 contra la monarquía de Alfonso XIII.

Recomendadas

Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.