Energía
Renegar da Era Dixital

A febre hiperdixitalizadora cada día atopa máis oposición desde diversos sectores sociais e activistas.

Coordinador do Instituto Resiliencia

31 may 2023 11:30

A dixitalización de cada vez máis aspectos da vida veu cristalizando desde hai décadas coma un novo e poderosa dogma incorporado ao catecismo da relixión do progreso, actualmente baixo a xaculatoria oximorónica da “Transición Verde e Dixital”. Porén, chegados ao punto actual de hiperdixitalización a ultranza, diversos aspectos da súa irracionalidade comezan a facerse especialmente notorios, e en consecuencia a oposición académica e social, comeza a cobrar forza moito máis alá dos clásicos ambientes anti-desenvolvimentistas ou neoludditas. Neste sentido, é revelador ollar a dous ámbitos que tocan moi de preto os dereitos sociais das persoas: a relación coa administración e o ensino.

No primeiro deles, levabamos xa un tempo escoitando as protestas crecentes pola deshumanización das relacións coa banca, que están a afectar nun país coma o noso especialmente á poboación rural e de máis idade, e que non só son consecuencia dun dogma cultural que favorece a maquinización de todos os procesos sociais, senón tamén do tráxico proceso polo cal o noso país perdeu as súa banca pública de proximidade, isto é, as caixas de aforros. Sen oposición digna de tal nome por parte dos mesmos poderes públicos responsables de lles entregar de maneira escandalosa as nosas caixas á banca privada foránea, nos últimos anos foron pechando numerosas oficinas bancarias no rural, sen que a única caixa supervivinte, a cooperativa de crédito Caixa Rural Galega, fose quen de ocupar o baleiro. Isto tivo como consecuencia a obriga de todos os usuarios nestas áreas abandonadas polo lucro bancario, se relacionaren por medio de máquinas, ben sexa banca online ou caixeiros automáticos, para faceren uso dos seus cartos.

Comeza a cobrar forza a oposición social á hiperdixitalización da administración e do ensino

Mais recentemente deuse un salto cualitativo moi notable nesta cuestión, cun incipiente movemento de protesta encabezado polo sindicato CIG que recolleu esta protesta social e a ampliou non só ao relacionamento con administracións estatais como a Seguridade Social ou os diversos departamentos da Xunta de Galicia ou do SERGAS, onde a vía dixital pasou xa de ser opcional a ser unha obriga, senón tamén a outras franxas de idade máis amplas. No caso das persoas de mediana idade non é que carezan dos medios ou do coñecemento técnico preciso para usar esas vías senón que rexeitan a súa imposición como canle única e reclaman o seu dereito a seren atendidos presencialmente por funcionarios humanos. Este salto na protesta prodúcese tras anos de se larvar un malestar crecente en toda a poboación por unha introdución das TIC en aspectos fundamentais da vida diaria realizada de maneira antidemocrática (que fora apenas demandada por algúns sectores máis apegados ás TIC, mais nunca coma a canle única e obrigatoria) e tan trapalleira, que ten consecuencias moi numerosas e diversas coma o incremento de tempo para entregar unha simple instancia nun concello, ou as dificultades tecnokafkianas para presentar unha solicitude de subvención ou unha factura a asociacións e pequenas empresas, ou apenas para obter unha simple cita no médico, creando a sensación xeralizada de que esta Era Dixital ten suposto en moitas ocasións un paso atrás para a maior parte da poboación.

No segundo dos ámbitos de introdución das TIC, o educativo, tras a caótica aceleración da mesma durante os confinamentos pola pandemia de COVID19, estamos a asistir á multiplicación das alertas. Así, están a aparecer numerosos estudos científicos e mesmo testemuñas de docentes en todas as etapas educativas que sinalan o prexuízo do uso das pantallas nas aulas que se vén sumar a un uso xa notoriamente abusivo fóra delas sinalado coma responsable dunha nova pandemia, neste caso de problemas mentais e mesmo de soidade non desexada entre crianzas, adolescentes e xoves adultos. Neste sentido citaremos dous libros moi significativos. Un deles é A fábrica dos cretinos digitais (2020), do neurocientífico francés Michel Desmurget, que sinala o feito inaudito da caída no cociente intelectual da xeración que se adoita denominar enganosamente de nativos dixitais, entroutras afeccións neuronais, dun xeito concluíntemente relacionado co seu emprego masivo de dispositivos dixitais. Isto compróbao a cotío, por exemplo, o persoal docente universitario que está a apreciar un empeoramento súpeto e significativo na capacidade de razoamento e expresión do seu alumnado nos últimos anos. A falta xeralizada das capacidades de atención e concentración é outro efecto ben coñecido por calquera docente nas últimas etapas de Primaria e en toda a Secundaria. E sen atención non é posible a aprendizaxe.

O neurocientífico Michel Desmurget e o mestre Javier Zarzuela publicaron senllos libros acerca dos prexuízos da Era Dixital para as crianzas

A outra publicación é Stop TIC infancia. Por qué desdigitalizar la escuela (Editorial Círculo Rojo, 2022) recentemente publicada polo veterán mestre e activista ecosocial Javier Zarzuela, que reclama a alianza de familias e docentes para poñer freo ao delirio dunha dixitalización forzada e irracional carente de calquera obxectivo pedagóxico e que está custando enormes recursos económicos, materiais e enerxéticos ás nosas sociedades. A consecuencia máis evidente deste proceso é unha peor capacitación das nosas fillas e fillos, que paradoxalmente dificultará que no futuro se poidan dedicar, entroutras, a profesións relacionadas coas TIC (se é que tal cousa aínda for posible nun contexto de descomplexización civilizacional). Zarzuela chama mesmo ás nais e pais a renegar e viraren “obxectores” ante esta autoritaria e irracional dixitalización da educación. E sinala que non se está a realizar practicamente ningún seguimento dos resultados educativos das inmensas partidas de diñeiro público que se levan destinadas nos sucesivos plans de dixitalización escolar, sen queixa algunha das respectivas oposicións políticas en cada comunidade autónoma ou no parlamento español, algo que sería inaudito en calquera outro ámbito do gasto público, mais que aquí parece beneficiarse de que, á hora de comungar cos dogmas da tecnofé, hai unanimidade nos parlamentos entre as esquerdas e as dereitas, algo que tamén se puido percibir claramente coa cuestión da quinta xeración de tecnoloxía de telefonía celular.

Javier Zarzuela reclama a alianza de familias e docentes para poñer freo ao delirio dunha dixitalización forzada e irracional

Este proceso de dixitalización tería ademais repercusións directamente sobre a saúde física dos rapaces, como ten sinalado Ecologistas en Acción coa súa campaña contra as innecesarias conexións inalámbricas wi-fi. Ademais, Zarzuela sinala que unha das motivacións habitualmente arguídas para proceder a esta dixitalización masiva das escolas, como é a de que “como a sociedade é dixital, a escola tamén ten de selo”, non se sostén. “A escola é unha institución intencional, é dicir, que se crea cuns obxectivos moi concretos e non pode deixarse levar polas derivas sociais”, afirma este autor. Podemos imaxinar que un Ministerio de Educación decretase que a escola ten de ser machista, porque a nosa sociedade tamén o é?

Os directivos de Silicon Valley levan as súas fillas e fillos a escolas sen TIC para os libraren da “orxía dixital”

Cando a poboación coñece que os directivos da meca das TIC, Silicon Valley, levan as súas crianzas a escolas non dixitalizadas (“presérvanos da orxía dixital”, en palabras de Desmurget), comeza a albiscar que isto das TIC forma parte dunha especie de educación lixo, análoga á comida lixo destinada ás clases traballadoras, da que unicamente parecen beneficiarse as empresas tecnolóxicas, regadas xenerosamente con cartos públicos, xa que os resultados a nivel académico do alumnado son nulos ou negativos, e repercuten mesmo nun empeoramento da súa saúde física e mental. Así e todo, o científico francés non renega totalmente das TIC e recoñece que “a tecnoloxía digital pode ser unha ferramenta relevante no arsenal pedagóxico dos profesores se fai parte dun proxecto educacional estruturado”.

Javier Zarzuela coincide na utilidade puntual de certas ferramentas a certas idades, mais denuncia que o uso actual é masivo, sen criterio pedagóxico algún, e que a calidade das ferramentas é moi mala desde o punto de vista educativo: “Hai que usar os ordenadores só porque nolos puxeron, dinnos as direccións de moitas escolas, non porque acheguen unha mellora no noso traballo educativo”. Entre os factores reais tras estas presións, o docente identifica un “imaxinario social sobre un futuro hipertecnolóxico” que a escola actual, lonxe de analizar criticamente, contribúe a reforzar, e que mesmo contradí os valores de “sustentabilidade” que se supón debe promover, pois a pegada ecolóxica deste uso masivo de dispositivos dixitais é calquera cousa menos sustentable. E non é esta a única contradición: o libro do docente madrileño expón que o 70% dos contidos que marca a lexislación educativa vixente (LOMLOE) están dirixidos a “previr” o alumnado contra os riscos do uso das TIC, algo que dificilmente casa coa introdución irreflexiva e a grande escala desas ferramentas que se está a impulsar.

Cando soa o timbre e as clases rematan, o prexuízo das TIC continúa, sobre todo na adolescencia, onde se produce un “frenesí de autoexposición inútil ás redes sociais”, en opinión de Desmurget, que o cuantifica en sete horas diarias nesta franxa de idade, sumando tamén videoxogos aditivos. Debido á masiva desinformación mediática que segue a contar coa complicidade dos poderes públicos, o control parental adoita brillar pola súa ausencia con crianzas que desde moi noviñas dispoñen de smartphones ou tablets conectadas coas que botan horas e horas accedendo a calquera tipo de contidos sen monitorización dos adultos ao seu cargo: publicidade, pornografía, promoción do odio, suicidio, autolesión e prácticas de risco; sexting, bullying e grooming; vídeos violentos e videoxogos non aptos para as súas idades ou mesmo a contacto con descoñecidos e todo tipo de influencers. A escola semella que desertou do papel de protectora e guía para reconducir esta perigosa deriva de saúde pública, e que mesmo apostou por botar máis leña ao lume engadindo aínda máis tempo de pantalla inútil e daniño, empuxada por políticas públicas que desprezan as alertas médicas e o principio de precaución, entregadas ao mito tecnolóxico e á destrución de recursos irrecuperables. Ao petróleo e aos minerais, malgastados para maior lucro do capital, haberá que engadir agora os cerebros das nosas crianzas.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión IA: la nueva estética del fascismo
Es vergonzoso, destructivo y parece una mierda: el arte generado por IA es la forma estética perfecta para la extrema derecha.
Green European Journal
Green European Journal ¿Es posible una Inteligencia Artificial verde y justa?
Los líderes mundiales y los inversores privados se pelean por hacerse un hueco en la fiebre del oro de la inteligencia artificial, cuyo planteamiento de base debe cambiar si queremos impulsar una revolución ecológica y socialmente justa.
Tecnología
Electrónica ética Minería, electrónica y desigualdad. Otro Mobile World Congress sin avances sociales
VV.AA.
La demanda materias primas para sectores como la energía, electrónica y armamento agrava desigualdades y violaciones de derechos humanos.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.