Ecologismo
Por que a Estratexia Galega de Mudanza Climática vai fracasar?

Existen polo menos nove razóns polas que o plan presentado pola Xunta non vai poder funcionar.

Nasa Cambio Climático
Simulación de la cantidad de CO2 en la atmósfera realizada para comprender mejor qué pasará con el clima si la tierra y el océano ya no pueden absorber las emisiones. Foto: NASA

Coordinador do Instituto Resiliencia

30 nov 2019 09:59

A Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE) foi presentada oficialmente no noso país nun acto presidido por Núñez Feixó que tivo lugar o pasado 15 de novembro, aínda que o documento xa fora presentado en Bruxelas no pasado mes de outubro. Segundo anunciara no verán a Consellaría de Medio Ambiente, o seu obxectivo é ser unha "folla de ruta en materia de clima e enerxía" que se marca como meta "conseguir a neutralidade climática de Galicia antes do ano 2050, e para conseguilo aposta pola implementación de enerxías renovables, o aproveitamento da absorción de CO2 dos montes galegos e a mellora da eficiencia enerxética en todos os sectores".

Na nota de prensa co gallo da presentación no Gaiás engadía: "Ademais da mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro, a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 prevé outros tres ámbitos de actuación: a adaptación para os efectos do cambio climático, a sensibilización da cidadanía e a investigación e innovación".

Resulta rechamante que este documento mudase de nome, eliminando a denominación inicial que remataba en "...e Transición Enerxética" e trocándoa por "...e Enerxía", e se cadra isto é significativo das reticencias que comezan a xurdir ao redor de certas formulacións da transición enerxética nalgúns sectores laborais, empresariais ou políticos en Galiza. Ou se cadra, é mesmo máis revelador do alcance desta estratexia pública o feito de que a Xunta de Galicia pretenda lograr os seus obxectivos sen vencellalos con ningunha transición enerxética: apuntaría a esta interpretación o feito de que as únicas catro mencións que aparecen deste concepto nas case duascentas páxinas da EGCCE referírense unicamente ao proxecto da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética española.

A Xunta de Galicia pretende levar a cabo unha estratexia climática sen a vincular coa transición enerxética.

Mais se, alén de cuestións nominais, abordamos o contido deste plan, apreciaremos que é unha folla de ruta que non pode chegar ao punto de destino anteriormente enunciado. Un punto de destino, ademais, que queda moi curto perante a gravidade da aceleración da mudanza climática: para 2050 non deberiamos apuntar a ser meramente "neutrais" con respecto ás emisións de GEI, senón que deberiamos estar xa absorbendo máis carbono do que emitimos. Así e todo, tomemos ese obxectivo da "neutralidade" e vexamos os motivos polos que esta EGCCE non o vai acadar, partindo das tres vías ou mecanismos que nos describe para chegar a el: as enerxías renovables, a absorción de CO2 dos montes e a mellora da eficiencia enerxética.

Primeiro

Engadir sistemas de captación de enerxías renovables non descarboniza nada per se, a non ser que forme parte dunha estratexia de substitución na que se deixen de queimar combustibles fósiles como primeira medida. Porque se fabricar, transportar á súa localización final e manter durante toda a súa vida útil un muíño eólico, por exemplo, consome N toneladas de petróleo, gas natural e carbón, para que isto teña un efecto "neutro" sobre as emisións totais, deberiamos deixar de queimar unha cantidade igual ou maior (M) dese tipo de combustibles, grazas ao funcionamento dese muíño. Mais o plan da Xunta non fala de substitución destas, senón simplemente de engadir máis xeración de electricidade por fontes renovables, e iso vai implicar, pola contra, multiplicar por moito esas N toneladas de consumo de fósiles adicional. (Por certo, para deixar de gastar M-N toneladas de fósiles cabería outra vía máis simple ca construír unha turbina eólica: reducir o consumo eléctrico).

Segundo

Aínda que formulase a EGCCE substitución de fósiles por renovables, debido ao paradoxo de Jevons isto non se traduciría tampouco nunha redución neta das emisións, pois os combustibles fósiles que quedasen sen usar porque temos fontes alternativas para producir unha parte da nosa enerxía (eléctrica case exclusivamente, lembremos), serían gastados por outro lado, pois nun sistema socioeconómico como o actual, sen unha planificación que controle, xestione e poña topes ao consumo global da enerxía e dos materiais, non se pode evitar este efecto rebote, como se demostrou ao longo da historia da civilización industrial.

Engadir enerxías renovables non descarboniza. E sen frear o crecemento económico, as posibles e limitadas melloras na eficiencia van ficar anuladas.

Terceiro (moi relacionado co Segundo)

Sen poñer freo ao crecemento económico, non vai servir de nada a substitución de fontes enerxéticas nin as melloras da eficiencia, pois serán engulidos polas taxas de crecemento do consumo total derivadas do crecemento do conxunto da economía, que non se renuncia a perseguir. Un exemplo ilustrativo disto pode ser a única mención en todo o plan (incluídas as súas 170 medidas!) ao concepto da "substitución", cando fala das maneiras que ven de reducir emisións na flota pesqueira (p. 83): "As medidas de redución de emisións dentro deste sector pasan, entre outras, por avanzar na busca de combustibles substitutivos viables e polo cambio de motores por outros máis eficientes enerxeticamente, que reduzan o consumo de combustibles fósiles". Pero uns barcos que consuman menos gasóleo só se poden traducir (nun sistema dirixido polo obxectivo do crecemento económico) en máis barcos a pescar, ou en barcos que percorran aínda máis millas e esgoten máis axiña non só o combustible fósil, senón os propios recursos pesqueiros.

Cambio climático bosque
Imagen: Anthony Intraversato

Cuarto

Aínda por riba desta limitación sistémica, a eficiencia enerxética ten os seus límites inherentes, marcados pola Termodinámica. Ademais, os ritmos de mellora son moi lentos e están coutados polos rendementos decrecentes (para conseguir a mesma taxa de mellora precísanse cada vez investir máis recursos, diñeiro, etc.). Por moita "innovación e investigación" que defenda a EGCCE, ningunha investigación pode saltar por riba da Física.

Quinto

Non se priorizan unhas fontes renovables sobre outras en función da Taxa de Retorno Enerxético que ofrecen, como recomendan os científicos que estudaron a cuestión. Ter en conta esta característica debería ser fundamental en calquera planificación racional de enerxías renovables.

Sexto

Unha vez descartada a capacidade das renovables e da mellora da eficiencia enerxética (nun escenario capitalista) para reduciren o lado negativo da cuestión da "neutralidade climática" (as emisións), o único mecanismo realista é o que ofrece unha acción positiva, isto é, a absorción de carbono por medio dos nosos montes. Mais aquí a EGCCE non diferencia entre facela mediante plantacións de monocultivo de eucalipto ou de bosque autóctono multifuncional e nin tan sequera se menciona a protección e promoción de brañas e turbeiras, o tipo de solo que máis carbono retén. As mencións aos "recursos forestais" e a defensa das plantacións de especies de crecemento rápido como o eucalipto que é habitual na Xunta dirixida por Alberto Núñez Feixó, fannos sospeitar que só se pensa en captar carbono a base de eucalipto, para despois transformalo (emitindo de novo grandes cantidades de carbono á atmosfera) en pasta de papel, principalmente. Así que o que nos ofrece o plan, en realidade, é plantar 7 millóns de hectáreas de eucaliptais, máis das que hai dispoñibles no país para calquera tipo de árbore.

Anuladas as outras vías, e sen pechar as térmicas, só quedaría multiplicar case por catro a superficie forestal galega para compensar o CO2, algo inviable.

Sétimo

Como non se integra no plan a eliminación das centrais térmicas de carbón (As Pontes e Meirama), confíase todo a neutralizar o carbón que estas emiten (superior ao de todo o resto da nosa economía) por medio da captura forestal. Pero a superficie do país non ten tanto monte, como xa indicamos: se a pegada de carbono galega está case nos 35 millóns de toneladas equivalentes de CO2 anuais, e se cada hectárea de bosque en Europa captura unhas 5 toneladas de CO2 ao ano, isto dá que precisariamos 7 millóns de hectáreas de bosque (maduro), e temos actualmente uns 2 millóns de superficie forestal (que non é o mesmo!). Este imposible ten a súa orixe na negativa do goberno galego a asumir que hai que reducir moito a nosa emisión de carbono para facer viable a neutralidade climática do noso país (anuladas como están as outras dúas vías, como vimos de explicar). Aquí é preciso indicar que, aínda que Naturgy quere pechar a central de Meirama xa no ano que vén (plans de peche empresarial aos que o presidente da Xunta se opón), ENDESA quere manter a das Pontes até o 2045.

Oitavo

Mesmo sendo a Mudanza Climática un problema mundial que non coñece fronteiras, o plan da Xunta pretende abordalo pola súa conta, sen contar coa imprescindible coordinación internacional, que non menciona en ningún momento. Certo é que como administración autonómica non lle corresponden competencias de acción política internacional, pero si que as exerce de facto cando favorece, por exemplo, a exportación ou importación de produtos e enerxías, ou cando a nosa pegada ecolóxica afecta, polo seu exceso con respecto á nosa biocapacidade, a outros territorios e outros pobos. Xa que logo, sen ser unha estratexia que integre as accións galegas de cara ao exterior, estará totalmente exposta a que os seus posibles efectos queden anulados polas actuacións alén das nosas fronteiras.

Noveno

Para ser unha estratexia que planifique (supostamente) a cuestión enerxética de aquí a 2050, a enerxía e, concretamente o declive e necesaria substitución primeiramente do petróleo mais tamén do carbón e do gas natural, e das repercusións que este declive terá para a nosa economía e modo de vida, apenas aparece ao longo do extenso documento, máis alá das súas repercusións nas emisións. Ningunha mención nin ao Teito do Petróleo, nin ao inminente problema de carencia de gasóleo nin as perspectivas de chegada ao teito das exportacións netas ao longo do período considerado, dos tres combustibles fósiles. Nin tan sequera cando o propio plan advirte, mencionando o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático (2008), que debido á propia mudanza do clima se vai demandar máis petróleo e gas natural (p. 120). Así pois, se no apartado climático a estratexia é errada —polas razóns até aquí devanditas—, no apartado puramente enerxético é practicamente inexistente. De feito, a meta do plan é unicamente climática e brilla pola súa ausencia un obxectivo no plano enerxético, como podería ser, por exemplo, "asegurar a soberanía enerxética do país" ou "transformar o sistema enerxético para a súa absoluta independencia de enerxías fósiles e nucleares", pero tal obxectivo non aparece nin por asomo.

Este artigo foi redactado antes de ENDESA dar a coñecer que ten previsto pechar a central de As Pontes en 2021.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ecologismo
Libro MONSTRUOS VERDES
Los Monstruos Verdes son las ideas paralizantes con las que convivimos cuando pensamos en responder a la infinita tarea de enfrentar la crisis ecosocial.
Ecologismo
II Certamen de relatos ecotópicos El ritmo
“El ritmo” ha sido uno de los relatos finalistas del II Certamen de Relatos Ecotópicos de Ecologistas en Acción
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
El Tarajal
Matanza en Ceuta Un superviviente del Tarajal denuncia a España ante la ONU tras perder un ojo por una bala de goma
“Claramente hubo más muertos de los que se habla”. Brice O., víctima de los disparos de la Guardia Civil en la frontera de Ceuta, persigue justicia por una matanza que no ha sido aún juzgada en la que fallecieron al menos 15 africanos.
Brecha salarial
Desigualdad La brecha salarial de género crece y se sitúa en el 19,6% después de años de contracción
La parcialidad sigue siendo la gran culpable de la desigualdad retributiva entre hombres y mujeres, que aumenta respecto a 2022 por el incremento salarial que se ha dado en sectores con más presencia masculina
Palestina
Limpieza étnica Protestas en todo el mundo contra los planes de limpieza étnica para Gaza
Los países árabes rechazan la idea de desplazamiento lanzada por el presidente de Estados Unidos. Dos tercios de las infraestructuras de Gaza están dañadas o destruidas y comienza a hacerse realidad la especulación en el negocio de la reconstrucción.
Tribuna
Tribuna Militarismo y neofascismo
El militarismo rampante pone en grave peligro la convivencia, la cooperación, la seguridad y la paz mundial.
Economía
Guerra comercial China mueve ficha en una guerra comercial (y tecnológica) que reconfigurará la economía global
Más allá de la disputa comercial, la carrera tecnológica es el verdadero eje de la rivalidad entre ambas potencias. Estados Unidos sigue liderando la tecnología mundial, pero China avanza rápidamente.
Comunidad de Madrid
Pobreza Denuncian una ola de suspensiones cautelares injustificadas en el Ingreso Mínimo Vital
La Seguridad Social vuelve a dejar sin el cobro de la prestación del IMV a familias empobrecidas por no ser capaz de comprobar la renovación anual de un certificado, denuncia la Plataforma RMI Tu Derecho.
El Corte Inglés
Negociación colectiva Viajes El Corte Inglés trasladará a 430 empleados escudándose en una auditoría “insuficiente”
Comisiones Obreras pone en valor su negociación frente al sindicato amarillo Valorian: “Desenfundaron los Montblancs de oro” en cuanto la empresa fingió ceder, aseguran.
València
València El líder de Desokupa, Daniel Esteve, denunciado por incitación al odio
La asociación Acción Contra el Odio presenta ante la Fiscalía de València una denuncia por los bulos racistas, noticias falsas y amenazas contra las personas migrantes difundidas por Esteve.

Últimas

Galicia
Galicia Monstruos en la academia: esta es la nueva ola de estudios ‘queer’ en Galicia
Un monográfico de ‘Galicia 21’ hace realidad los primeros estudios académicos que ponen en el centro la disidencia y el pensamiento ‘queer’, abriendo un debate que sacude la universidad y el activismo.
Cómic
Cómic Moebius, un género en sí mismo
La publicación de ‘Obra hermética’ es el mejor momento para recordar la relevancia de Moebius como catalizador cultural del surrealismo ‘sci-fi’ en una serie de cómics imprescindibles para entender la evolución de esta disciplina.
Represión
Condenadas a 3,5 años de cárcel Una manifestación recorrerá Madrid este sábado para mostrar el apoyo a las seis de La Suiza
El futuro de las activistas condenadas a tres años y medio de cárcel está en manos del Tribunal Europeo de Derechos Humanos después de la condena del Supremo y la inadmisión del recurso por parte del Constitucional.

Recomendadas

Trabajo sexual
Anneke Necro “Es imposible hablar de porno sin analizar cómo hemos llegado hasta aquí en materia de placer”
Hablar de cómo se ha construido el deseo en nuestra cultura occidental es una de las motivaciones que Anneke Necro persigue en su primer texto, ‘Deseo disidente: las políticas del placer’.
Colombia
Colombia Guerra a muerte en el Catatumbo entre el ELN y las disidencias de las FARC
Los enfrentamientos entre las guerrillas en el estado de Catatumbo, fronterizo con Venezuela, ha provocado el desplazamiento de 50.000 campesinos y la declaración del Estado de Conmoción Interno por parte del presidente Gustavo Petro.
Cine
Cristalino “El acento de Andalucía Oriental sigue escondido en el cine y es importante que se nos escuche”
Acaba de ganar el Premio Carmen a la Mejor Interpretación Masculina Revelación y este sábado se juega la misma nominación en los Goya por su interpretación de Florent en ‘Segundo Premio’.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump compromete 60 años de ‘paz americana’ con el cierre de la USAID y la ayuda al exterior
El Gobierno de EE UU congela toda la ayuda humanitaria e interviene la USAID, la mayor agencia global de cooperación internacional, a la que acusa de ser un refugio de “lunáticos radicales”.