Precariedad laboral
A folga autonómica de bombeiros pon de manifesto a precariedade estrutural dun servizo público esencial

O rexeitamento dos bombeiros dos parques comarcais a facer horas extras voluntarias está obrigando a pechar instalacións. O 13 de xullo hai manifestación en Compostela para reclamar unha dignificación das condicións laborais.
huelga bomberos galicia
Manifestación de bombeiros do consorcio provincial de Lugo, en folga indefinida desde o 9 de xuño.
3 jul 2023 07:00

A folga autonómica indefinida das persoas que traballan nos parques comarcais de bombeiros e bombeiras de Galiza cumpriu 15 días este 30 de xuño, anunciando unha manifestación para o vindeiro 13 de xullo en Compostela. Na provincia de Lugo, con todo, están en folga desde o 9 de xuño; e na de Pontevedra convocaron o paro indefinido hai xa catro meses despois dun ano de frustrada negociación coa Administración provincial e autonómica para que se lles aplicase o dereito de conversión en persoal laboral fixo que recoñeceu unha sentenza do Tribunal Supremo en 2022 e se asinase un convenio colectivo común para os bombeiros e as bombeiras comarcais de toda Galiza.

As propias persoas traballadoras –preto de 500 en todo o territorio galego– decidiron en asemblea cumprir as quendas establecidas por responsabilidade persoal e colectiva, pero si renunciar ás habituais horas extraordinarias para visibilizar a precariedade estrutural deste servizo público esencial, que en concellos de menos de 20.000 habitantes está administrado por consorcios provinciais integrados pola Xunta de Galicia e cada unha das catro deputacións provinciais galegas.

Preto de 500 bombeiros e bombeiras están chamados a un paro que consiste en non facer horas extras voluntarias para visibilizar a precariedade estrutural dun servizo público esencial

“Queremos demostrar que este servizo público se está prestando grazas aos bombeiros”, afirma Honorino Raña, bombeiro do parque comarcal de Ordes (A Coruña) e representante do Sindicato Independente de Bombeiros de Galicia (Sibgal) no comité de folga autonómica, en conversa con O Salto Galiza. Para estar operativo, un parque comarcal de bombeiros e bombeiras con mobilidade entre parques debe dispoñer de alomenos tres efectivos por turno. No caso de Ourense, onde non se considera a mobilidade entre parques no convenio provincial, bastan dúas persoas. “Estes servizos mínimos non permiten traballar en condicións de seguridade” –explica Raña–, “con tres efectivos por garda imos moi vendidos ás intervencións, se pasa algo nun incendio non hai quen poida acudir ao noso rescate”.

Son as persoas traballadoras, a través de horas extraordinarias voluntarias que chegan ás 200 anuais, as que sosteñen este servizo público para arredor do 55,7% da poboación e máis do 95% do territorio de Galiza. Soamente as sete grandes cidades do país –Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol– dispoñen de servizo municipal de bombeiros e bombeiras; as demais dependen desde hai uns 25 anos de parques comarcais contra incendios e de salvamento, cun reducido cadro de persoal. “Traballamos 1.800 horas ao ano, o máximo que establece o Estatuto dos Traballadores, pero o cadro de persoal non é suficiente e temos que facer horas extraordinarias para que se poida prestar o servizo á cidadanía”, apunta Raña.

Peche de parques comarcais de bombeiros

Que se deixaran de facer horas extraordinarias durante as últimas semanas –ou meses no caso da provincia de Pontevedra– obrigou a pechar durante días ou horas numerosos parques comarcais contra incendios e de salvamento por primeira vez en dúas décadas de historia debido á falta de persoal. Unha das situacións máis dramáticas en materia de desprotección viviuse o pasado 12 de xuño –días antes de que comezase a folga autonómica no sector– cando pecharon simultaneamente dous dos catro parques comarcais que xestiona o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e de salvamento: precisamente os do Porriño e Vilagarcía de Arousa, que fornecen deste servizo esencial a máis de dez concellos das comarcas de Caldas, Louriña, Baixo Miño e o Condado, así como a importantes polígonos industriais como os das Gándaras ou Trabanca Badiña, con empresas baixo a denominación SEVESO, dedicadas a actividades relacionadas con substancias químicas perigosas que requiren dunha maior atención en materia de seguridade e prevención.

Os bombeiros cos que falamos xa perderon a conta dos días que pechou o parque comarcal de Vilagarcía por non chegar ao número mínimo de tres efectivos. “Deberon ser oito, nove ou dez días nos últimos meses”, sinala Ángel Mondes, presidente e portavoz da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG). Este bombeiro do parque comarcal do Morrazo (Pontevedra) recoñece que o alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela, propuxo tratar o problema cos concellos veciños afectados, pero non se está movendo o suficiente, tendo en conta que tamén é presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) desde 2019 e que esta institución ten responsabilidades na seguridade de todas as administracións municipais. De acordo con este bombeiro, hai rumores da intención de pechar indefinidamente este parque comarcal de bombeiros e bombeiras, a pesar de que dá servizo a turísticos concellos das Rías Baixas onde a poboación se multiplica nos meses de verán. En recentes declaracións a medios locais, Varela dixo que “por sorte contamos cun excelente servizo municipal de Emerxencias e unha agrupación de Protección Civil de recoñecido prestixio e solvencia que poden cubrir esas incidencias”, ignorando que que este servizo de persoas voluntarias non substitúe ás profesionais contra incendios.

Hai rumores da intención de pechar indefinidamente o parque comarcal de Vilagarcía de Arousa, o máis afectado pola folga de bombeiros e bombeiras en Galiza

Os peches, porén, tamén están afectando aos parques comarcais da Coruña, Lugo e Ourense. Durante a noite de San Xoán, a pesar das tradicionais cacharelas, permaneceu varias horas pechado o parque comarcal de Carballo; e tres días despois, o 26 de xuño, tocoulle aos de Cee e as Pontes de García Rodríguez porque con dúas persoas non podían operar. O de Arteixo estivo a piches de pechar ese mesmo luns, mais puido manterse aberto porque desprazaron a un bombeiro de Boiro.

Esta situación repítese semanalmente ao longo do país, polo que extensas áreas están quedando desprotexidas ante incendios en inmobles ou accidentes de tráfico que requiran excarceración de vítimas. “Se o parque comarcal de Vilagarcía está pechado e hai que intervir desde o de Ribadumia, o tempo de resposta pode ir dos 5-10 minutos aos 30-40 minutos” –explica Mondes–, “son minutos de vida”. En conversa con O Salto Galiza, este bombeiro relata o recente caso dun contedor de lixo ardendo no barrio moañés de Broullón, xunto á estrada PO-313, que tivo que ser apagado polo servizo autonómico de Conservación de Estradas na madrugada do pasado xoves porque pechara o parque comarcal do Morrazo, que se localiza en Bueu. “Estas persoas, ao igual que as integradas en Protección Civil, non dispoñen de capacitación e equipamento para asumir estes labores tan perigosos, que supoñen inhalación de fumes moi contaminantes e prexudiciais para a saúde” –sinala Mondes–, “non se pode substituír a profesionais con voluntarios”.

Afortunadamente non se contan vítimas a causa da precariedade estrutural do servizo, pero a xuízo dos bombeiros entrevistados “isto é unha ruleta rusa” que nos afecta a todas. Mondes asegura que as empresas radicadas no polígono industrial das Gándaras, no Porriño, están preocupadas polo peche do parque comarcal, e que o alcalde desta localidade, o popular Alejandro Lorenzo, xa contactou co colectivo de bombeiros e bombeiras para interesarse pola situación. Con todo, a presión dos concellos aínda non se sente con forza. Nos últimos días tan só se escoitaron denuncias públicas de Secundino García, alcalde nacionalista de San Sadurniño (Lugo), lamentando a situación de desprotección xurdida da falta de previsión por parte da xerencia da Axencia Galega de Emerxencias, que non foi capaz de prever e planificar os efectos dunha folga anunciada que non se debe á falta de efectivos, senón ao feito de que o persoal dos parques está traballando exclusivamente nas quendas que lle corresponde e sen facer horas extraordinarias.

“Sentímonos traizoados”

A conversión en persoal laboral fixo reclámase desde principios de 2022, pero a loita deste colectivo para dignificar a súa situación laboral comezou hai anos. A finais da década de 1990, a Administración autonómica, en virtude da transferencia estatal de competencias en materia de prevención e extinción de incendios, elaborou un Plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos que prevía a creación de consorcios provinciais para a prestación de servizo contra incendios e de salvamentos alén das sete grandes cidades de Galiza. Ata ese momento, as emerxencias eran atendidas por persoal voluntario de Protección Civil. Os consorcios, creados ao abeiro da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local con participación da Xunta, das deputacións e dos concellos das comarcas, asumían a xestión do servizo dentro da Administración provincial, mais cun 50% de financiamento autonómico.

A primeira loita do colectivo de bombeiros e bombeiras comarcais foi contra a externalización dun servizo público tan esencial, xa que nun primeiro momento delegouse en empresas non especializadas e dedicadas a servizos múltiples. O persoal de cada consorcio provincial subscribiu convenios colectivos coas empresas que se manteñen a día de hoxe, a pesar de que a Administración pública foi recuperando a xestión directa a medida que vencían os contratos, co obxectivo de evitar pagamentos en concepto de indemnización. Lugo fíxoo a mediados de 2019, logo A Coruña en 2020, Pontevedra en 2021, e Ourense en febreiro deste mesmo ano. 

No transcurso das negociacións, o Tribunal Supremo ditou unha sentenza en febreiro de 2022 que permitía ás traballadoras reclamar a súa conversión en persoal laboral fixo porque, antes de que a Administración pública recuperase a xestión directa do servizo, estas tiñan asinados contratos indefinidos coas empresas. “Confiamos en solucionar isto sen ter que recorrer á vía xudicial, pero condicionaron esta conversión en persoal laboral fixo á firma dun convenio colectivo igual para todos no que minguaban as nosas condicións laborais e a unha RPT (Relación de Postos de Traballo) que estaba mal feita”, lembra Raña, representante do Sibgal. As RPT recollen descricións detalladas das funcións relacionadas coas diversas categorías laborais, e a partir dese estudo pormenorizado establecen o salario máis adecuado. As representantes sindicais critican que as RPT propostas no último ano fixéronse “ás présas” e “de xeito inverso, partindo do salario que xa recibían os bombeiros e as bombeiras. Soamente así se entende que, de 0 a 10, estas RPT cualificasen en 3 o nivel de perigosidade dun bombeiro.

A prol dun convenio autonómico

Durante estas semanas de folga, o colectivo de bombeiros e bombeiras comarcais reuniuse co director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, a petición propia. De acordo con Honorino Raña, o responsable autonómico “púxose de perfil” perante esta situación ao descargar a competencia nas deputacións provinciais, que despois das eleccións municipais do 28 de maio están en proceso de constitución, con máis ou menos incerteza. Tanto na Coruña como en Lugo, que acaba de celebrar o pleno de constitución o 30 de xuño, cóntase con gobernos provinciais politicamente continuístas presididos polo PSdG-PSOE, mentres que en Ourense e Pontevedra todo apunta á conservación e á recuperación do poder por parte do PP.

O proceso de constitución e organización, emporiso, semella longo neste verán electoral e ameaza con atrasar as negociacións que reclama o colectivo autonómico de bombeiros e bombeiras comarcais ata setembro. “Agora é complicado sentarse a negociar” –recoñece Ángel Mondes–, “a constitución das deputacións inflúe na constitución dos consorcios provinciais”. Con todo, as representantes sindicais aclaran que “non é un problema de prazos, senón de vontade política” e que “cando queiran negociar, o contador pasará a cero”.

Na súa recente xuntanza coas representantes deste colectivo, o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia comentou “que valorarán a conversión en persoal laboral fixo”, mais insistiu na dificultade de negociar un convenio colectivo común porque a xestión directa do servizo é realizada desde consorcios provinciais. Con todo, o ano pasado xa se lles ofreceron aos bombeiros e ás bombeiras comarcais convenios provinciais iguais que revelaban unha coordinación administrativa oculta. “Isto demostra que si son capaces de coordinarse cando lles convén”, sinala Raña. A pesar de que a Xunta se escuda na competencia dos consorcios provinciais para non actuar, na Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia, concretamente la disposición adicional terceira, podemos ler textualmente que “a Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de emerxencias e protección civil, impulsará as accións necesarias para homoxeneizar no prazo de tres anos as prestacións e condicións de traballo en todo o territorio de Galicia dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento”.

O colectivo de bombeiros e bombeiras mantense firme na súa mobilización e ten convocada unha manifestación para o vindeiro 13 de xullo en Compostela. O día 5 votarán en asemblea un borrador de convenio colectivo común para presentarlle á Administración pública nas negociacións. Despois dun ano agardando pola aplicación da sentenza do Tribunal Supremo, as traballadoras do sector xa están reclamando de xeito individual o seu dereito de conversión en persoal laboral fixo por vía xudicial, a través dos servizos xurídicos dos sindicatos, pero os dereitos colectivos mantéñense na axenda.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Laboral
Lucha por un futuro mejor Trabajadores de Correos: “Antes te daba tiempo a hablar con la gente y hacer bien tu trabajo”
Tres personas trabajadoras de Correos hablan de mala salud laboral, bajas que no se cubren y 'amazonización' de la empresa para ponerla al servicio de las multinacionales.
Huelga
Tribuna Correos 26F: la huelga o la vida
La directiva quiere implantar un modelo privado que arrasaría nuestros derechos e imposibilitaría la prestación de servicios públicos de calidad. Esta es la huelga de las personas que queremos que Correos siga siendo esencial en nuestro país.
OTAN
Europa Los líderes de la UE cierran filas con Zelensky en el contexto de derrumbe de la alianza con Estados Unidos
La cumbre de Londres del domingo 2 de marzo se cerró con una hoja de ruta para llevar a EE UU de nuevo la mesa de negociaciones con Ucrania. La UE apuesta por el rearme ante la amenaza rusa y el desfallecimiento de la Alianza Atlántica.
Estados Unidos
Análisis Trump, la naranja mecánica
La rueda de prensa entre el presidente de los Estados Unidos y su homólogo ucraniano fue una muestra de una humillación pública al más alto nivel.
Huelga
Derechos laborales Los sindicatos en Renfe y Adif llaman a siete días de huelga por “incumplimientos” en el traspaso de Rodalies
Las organizaciones consideran que no se están cumpliendo los acuerdos que previnieron una primera huelga en 2023. El traspaso de competencias es un momento delicado y los sindicatos quieren asegurarse de que la plantilla no sale perdiendo.
Madrid
Madrid Inquilinas despliegan decenas de piquetes para ampliar la lucha antirrentista e impulsar huelgas de alquileres
Estos grupos agitativos territoriales, que se mantendrán a lo largo de los próximos meses, se han distribuido por distritos y barrios de Madrid como Villaverde, Lucero, Vallecas o Leganés.
Mozambique
Neocolonialismo La expansión del eucalipto en Mozambique para la papelera europea
VV.AA.
La creciente demanda de celulosa en Europa está dando lugar a nuevos mercados y a la expansión de las plantaciones de eucalipto en Mozambique. Pero algunas comunidades rurales ahora quieren recuperar la tierra que han perdido.
Sphera
Soberanía alimentaria Sembrar zanahorias, recolectar comunidad
Una comunidad que sostiene la agricultura es un grupo de personas que alquila tierra y contrata a agricultores para cultivar. Es la forma de obtener frutas y verduras de kilómetro cero.
Nicaragua
Salvador Marenco “Los crímenes de lesa humanidad no solo deben ofendernos a nosotros como nicaragüenses”
El abogado, activista y miembro de la colectiva Nicaragua Nunca Más habla sobre las sistemáticas vulneraciones de DDHH y el silencio mediático entorno al régimen de Ortega
Opinión
Pueblo gitano 3 de marzo, 526 años de persecución racista antigitana
Ni los Reyes Católicos ni toda su ralea, incluidos los Borbones que aún detentan la Corona, consiguieron su propósito.

Últimas

Opinión
Opinión Vitoria 3 de marzo. El memorial que soñamos
Cuando se cumplen 49 años de una de las masacres que marcaron el periodo postfranquista, se ha avanzado poco en la creación de un Memorial que establezca el relato preciso de lo que sucedió en Vitoria y por qué luchaban quienes estuvieron allí.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Las izquierdas rusa y ucraniana, ante un posible acuerdo de alto el fuego en Ucrania
Una de las principales demandas de la izquierda rusa es la liberación de los presos políticos. La ONU ha alertado de que la aplicación por parte de Ucrania del tipo de “colaboracionismo” está siendo excesivamente amplia.
Estados Unidos
Genocidio Trump aprueba un paquete de armas de 3.000 millones de dólares para Israel
El presidente estadounidense ha alegado una “emergencia” para eludir al Congreso y aprobar un envío de armas que no llegará a Israel hasta 2026.
Más noticias
Migración
México México, la última frontera
En la frontera sur, la presencia de migrantes está aumentando, entre otras razones, debido a la política del gobierno mexicano de devolver a los migrantes sin documentación desde el norte del país hacia el sur.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Trump y JD Vance matonean en un show televisivo a Zelensky, que se va de vacío de la Casa Blanca
El presidente de Ucrania abandonó Washington DC sin firmar el pacto por el que se comprometía a vender los recursos minerales del país a cambio de garantías de seguridad.

Recomendadas

Feminismos
June Fernández “Estoy abierta a reconocer modelos en los que haya personas cuyo rol sea gestar”
La periodista June Fernández publica ‘Sueños y vasijas’, un volumen sobre la gestación subrogada que no quiere sacar a nadie de su posición, pero sí sumar elementos para analizarla con perspectiva feminista.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Dana
El Salto Radio Relatos para no olvidar de víctimas de la dana
Este podcast recoge la parte más humana, los detalles y los nombres propios de lo que sucedió el pasado 29 de octubre, relatos para no olvidar de víctimas de la dana.