Precariedad laboral
Das malas prácticas ao abuso de poder: crise laboral na sede coruñesa de Teleperformance

Prácticas abusivas como despedimentos improcedentes, baixadas salariais e o non recoñecemento de horas traballadas son algo habitual no xeito de actuar de Teleperformance, unha multinacional de asistencia telefónica que traballa para outras grandes empresas como Vodafone, Orange ou Naturgy.

Teleperformance 1
Mobilización das persoas traballadoras na entrada da sede de Teleperformance na Coruña. Foto: Sección sindical da CIG
28 jun 2019 12:05

Teleperformance é unha multinacional que traballa para grandes empresas como Vodafone, Orange ou Naturgy. A estas bríndalles os seus servizos tanto para a venda e contratación como para a asistencia telefónica. Faise chamar a empresa das persoas, con todo, a situación dos seus traballadores na Coruña empeorou considerablemente. Despedimentos improcedentes e baixadas salariais pasaron a ser o día a día dunha das compañías máis importantes no sector da asistencia telefónica. A precariedade do futuro, agora.

As persoas traballadoras do servizo técnico que traballan na campaña de Orange están a ser os máis afectados. Segundo declara Tino Fernández, representante sindical de CIG con 14 anos de experiencia na empresa: “están a usar aos de Orange como banco de probas, pois é onde están os empregados con menor experiencia”.

Mes e medio formando parte do persoal que terminan cun soldo que apenas supera os 450 euros

As contratacións en Teleperformance realízanse por ondas, é dicir, incorporacións masivas e simultáneas de persoal. Cada unha das novas persoas empregadas ten que pasar un mes de formación non remunerado. Tras esta etapa, conseguirá un posto polo que apenas cobrará o salario mínimo. Os problemas veñen de lonxe, pero agraváronse en decembro do ano pasado. Na sétima onda de contratación do ano, a práctica totalidade das novas incorporacións á campaña de Orange foron despedidos.

Neste primeiro episodio da autonomeada empresa das persoas, as contas son sinxelas: mes e medio formando parte do persoal que terminan cun soldo que apenas supera os 450 euros. Os despedimentos xustificáronse como período de proba non superado, pero desde os sindicatos achácano a unha mala planificación. De calquera xeito, supón un gasto ridículo se o comparamos coas subvencións que supostamente reciben a cambio dos cursos. Son as propias persoas traballadoras e cargos intermedios da empresa os que a acusan de levar a cabo este tipo de prácticas para recibir axudas públicas.

Nadando entre dúas augas

Os despedimentos fixeron saltar as alarmas das persoas empregadas, que acudiron aos sindicatos. Desde UXT e CC.OO acusan á empresa de moverse no límite da legalidade, interpretando a normativa laboral da forma que máis lles beneficie. Ademais, as destitucións non xustificadas realizábanse baixo a premisa de que era o cliente, Orange, quen demandaba menos servizos. Con todo, nunca transcendeu o comunicado da empresa de telecomunicación no que informaba destes novos termos.

Teleperformance 2
Cabeceira da manifestación chegando á Delegación do Governo na Coruña. Foto: Sección sindical da CIG

A serie de decisións abusivas só acababa de comezar. Os despedimentos masivos pararon, pero agora os cesamentos chegaban a contagotas. Segundo as declaracións dunha das empregadas: “sentía que o meu posto estaba no aire en todo momento. A situación era moi tensa. Non sabiamos a quen ían despedir, só que a alguén lle tocaría”. A situación volveuse insustentable cando comezaron as irregularidades nos pagos. As nóminas comezaban a ter fallos xeneralizados. Os erros estaban provocados, a priori, polo sistema informático. As horas non se contabilizaban apropiadamente e cantidades, de entre tres e vinte euros, eran subtraídas das mesmas. Irrecuperables salvo que a persoa empregada as reclamase vía sindicato. Ademais, só contabilizábase a xornada laboral a partir do inicio de sesión, descontando tamén os aproximadamente cinco minutos que pasan desde que o traballador incorpórase ata que o equipo está listo para funcionar.

Comezaron as irregularidades nos pagos: as nóminas comezaban a ter fallos xeneralizados

O comezo das folgas non parou de inmediato os despedimentos. Teleperformance prescindiu de cargos intermedios. Debido a esta medida, os traballadores non contaban cos coordinadores necesarios para levar a cabo as súas funcións. Tamén as libranzas cambiábanse de forma arbitraria, facendo que resultase imposible organizar plans para os días de asueto. O horario modificouse coa finalidade de camuflar as baixadas salariais. Prescindir da nocturnidade permitía conseguir un aforro da orde de nove euros por traballador e día. Un exercicio de matemáticas rápidas desvélanos, tendo en conta os aproximadamente 50 traballadores desta quenda, que a empresa evita un gasto de 145.000 euros ao longo do ano só con esta campaña da filial coruñesa. Ao non facer por convenio un horario semanal senón un número de horas, as persoas traballadoras non tiñan máis remedio que aceptar.

Prescindir da nocturnidade permitía conseguir un aforro da orde de nove euros por traballador e día

Os paros continuaban. Refiren desde UXT que, con todo, poucas conclusións positivas puideron sacar da mediación coa empresa. Apenas se conseguiron ampliacións na xornada laboral para paliar as baixadas de soldo e, aínda que se puido poñer freo aos despedimentos, continúan sucedendo. A pesar disto, incluso esta pequena vitoria podería quedar en papel mollado coas novas medidas que pensa levar a cabo a compañía.

Mesmo destino, novo camiño

A comezos do mes de xuño, Teleperformance anunciaba aos seus empregados algúns dos grandes cambios que chegarían á empresa. Segundo revélannos, endureceron as condicións con descansos practicamente cronometrados e apenas suficientes para tomar unha bocanada de aire.  “Dos cinco minutos de descanso, tres os paso saíndo e entrando da plataforma (área de traballo). Dixéronnos que ían descontar o tempo que non estivésemos en servizo”, informa unha das traballadoras contactadas para a reportaxe.

A outra gran novidade é a venda cruzada. Este sistema de venda consiste en facer que os asistentes técnicos convértanse tamén en comerciais. A nova medida dá lugar a unha maior carga de traballo. Ademais de non reflectirse no salario, podería servir como pretexto para xustificar novos despedimentos debido a unha suposta baixa produtividade. Non remunerar os obxectivos non é unha novidade na empresa, Tino Fernández, representante sindical, revelábanos que: “de todas as campañas con incentivos, apenas dez traballadores cumpriron o obxectivo en xaneiro. Na empresa hai centos de persoas en campañas con incentivos. E ese foi un bo mes”.

Teleperformance 3
O comité de empresa confía en poder rematar cos abusos laborais. Foto: Sección sindical CIG

Hai que sinalar tamén a dificultade para realizar un bo traballo comercial baixo os efectos da tensión. O mal ambiente laboral causado polo conflito non augura bos resultados para a empresa e probablemente traia consecuencias nefastas para as persoas traballadoras. As campañas relacionadas coa venda teñen grandes problemas de absentismo laboral. Ao redor dun 50% das persoas empregadas non están en condicións de realizar o seu traballo. Os sindicatos culpan á constante presión, que fai efecto na saúde das traballadoras: “eu levo nesta empresa 14 anos. Antes era impensable que alguen pidera a baixa voluntaria, máis agora case un 10% das traballadoras marcharon cunha man diante e outra detrás, tal como están as cousas, iso di moito”, remata Tino.

Sospeitosos habituais

A pesar de centrarnos na campaña de Orange, tamén merece atención a levada a cabopara Naturgy, a máis lonxeva de Teleperformance. Máis de trinta persoas, algunhas con 22 anos de experiencia nesta operación, foron recolocados e témense despedimentos. Segundo informa o diario económico Expansión, Naturgy chegou a un acordo con IBM, o que podería resultar no final da súa colaboración con Teleperformance.

Os problemas da empresa non se limitan á cidade da Coruña, onde conta cunha das súas múltiples sedes. Os sindicatos tamén se uniron contra a empresa en Ponferrada debido a 17 despedimentos considerados improcedentes. A compañía, ademais, ameazou mediante unhas declaracións ao Bierzo Dixital que as persoas empregados poderían sufrir consecuencias legais alegando unha suposta falsedade documental cometida por 14 traballadores. “Non nos gustaría que sufrisen máis consecuencia que o despedimento”, aos medios responsabeis da empresa.

Os malos tratos aos seu persoal laboral está xa institucionalizado

Máis aló desta actitude practicamente mafiosa, os malos tratos aos seu persoal laboral está xa institucionalizado. Varios despedimentos sacudiron a sucursal sevillana en novembro de 2018. Tamén na Coruña houbo problemas no pasado que requiriron da intervención dos sindicatos. Teleperformance é unha sospeitosa habitual.

A nota positiva son as constantes vitorias das persoas traballadoras nas mediacións levadas a cabo no Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación. Os despedimentos quedan, case sempre, considerados improcedentes e obrigan á empresa para abonar a indemnización correspondente.

O legado da compañía quedará tinguido de despedimentos e abusos. Un exemplo máis da maximización do beneficio e da mala praxe empresarial. A balanza está inclinada ao lado do empresario. A empresa das persoas, din, pero de que persoas?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.
Religión
Iglesia Católica El viaje de Jorge Bergoglio, el papa que intentó reformar la Iglesia y no lo consiguió
De ser acusado de cómplice con la dictadura argentina, Jorge Bergoglio, ya ungido como papa Francisco, se convirtió en una de las principales voces de denuncia de la ultraderecha, del neoliberalismo y las violaciones de los derechos humanos.
Culturas
Cultura Tiphaine Rivière y la necesidad de entender a Bourdieu
La francesa Tiphaine Rivière se enfrenta en ‘La distinción’ (Garbuix, 2025) a la obra de Bourdieu para entender el diálogo entre los diferentes estratos sociales.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.
Opinión
Opinión Defender la Tierra significa desmilitarizar
Buscamos vida en otros planetas mientras despreciamos la vida en la Tierra, ignorando la dignidad de las personas, maltratando su biosfera, y tratando sus recursos como si fueran ilimitados.
Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Más noticias
Humor
Humor Reacciones a la muerte del papa
La viñeta de Mauro Entrialgo sobre las reacciones a la muerte del Papa Francisco
China
Pulsos bajo el cielo Taiwán, la isla hermosa en la encrucijada
En este episodio recorremos la isla de Taiwan para explicar su relación geopolítica con China continental desde la perspectiva de los movimientos indígenas y su música
Poesía
Poesía Poética de un temblor disidente
Frente al mandato de la sobreproducción, Txetxu González propone una poética de la lentitud en ‘Si te preguntas por qué un poco (Orígenes de la hiperestesia)’, una obra híbrida que se mueve entre la poesía, el ensayo y el archivo afectivo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.