O prelo
Faino ti mesmx: guía práctica para mudar o sistema

O novo proxecto editorial, 13 editora, publica un manual para construírmos accións e campañas a través da non-violencia.
9 jul 2022 09:58

Podemos supoñer que os exercicios de desobediencia civil xurdiron en tódalas xeografías cando houbo algunha estrutura sociopolítica xa constituída. A máis antiga da que se ten rexistros no continente europeo remóntase ao 494 a.n.e., na República romana. A manifestación organizada polo extracto plebeo é considerada unha forma temperá da folga xeral e tivo como finalidade mudar as leis que os mantiñan á marxe da participación cidadá e ao borde da condición de escravitude.

Porén, até principios do século XX, os colonizadores ingleses, fronte ás prácticas de resistencia guiadas por Mahatma Gandhi tanto na India, como en Sudáfrica, propoñen o termo ‘non-violencia’ para diferencialas das prácticas de resistencia armada.  

*** 

A Internacional de Resistentes á Guerra (IRG) é unha organización internacional integrada por unha rede de colectivos antimilitaristas e pacifistas. Desde o seu establecemento en 1921, tras a devastacións da Primeira Guerra Mundial, a IRG dedícase a axudar no proceso de rescate e acollida de persoas perseguidas por gobernos totalitarios. Asemade, esta rede desenvolve procesos colaboración  internacional e iniciativas de acción non-violentas para protexer os dereitos humanos en diferentes latitudes. 

Como parte destas iniciativas, en 2009 a IRG edita o Manual para campañas non-violentas, un texto didáctico que ofrece estratexias, referentes e exercicios de desobediencia civil ás persoas e colectivos comprometidos coa transformación social. O manual foi traducido ao galego por 13 editora, un proxecto de formación política, cultural, económica e social dedicado a promover o pensamento crítico a través de libros que poidan servir como ferramenta de acción social.  

Sen dúbida, un dos valores máis importantes do manual é a súa confección colaborativa. O texto responde á herdanza do pensamento sobre a desobediencia civil e continúa a labor de difundir saberes e experiencias cultivadas dun xeito común. Esta tradución a lingua galega, nese sentido, contribúe a manter viva esa tradición de construción comunitaria do coñecemento. 

O Manual para campañas non-violentas, propón tanto unha historiografía das principais expoñentes e campañas de desobediencia civil pacífica, como unha contextualización teórica da causalidade das prácticas non-violentas. É dicir, a que responden, como responden e como poden afectar o funcionamento do sistema? 

É importante salientar o capítulo dedicado á relación de non-violencia coa perspectiva de xénero. O manual non só deixa clara a relación que existe entre a guerra e o sistema patriarcal, senón que tamén sinala a necesidade ineludible de que as persoas e colectivos  non asuman de antemán que están libres de prexuízos. Xa que logo, os colectivos deben levar a cabo dinámicas internas nas que se traballe e priorice a desmantelación das violencias dentro do equipo.   

“(...) non é suficiente só a oposición a un/ha adversarix, senón que a xente debe asumir as súas responsabilidades e examinar o seu comportamento. A liberdade e a xustiza non poden só esixirse, senón que tamén teñen que practicarse e ser a base sobre a que se constrúe o movemento”. 

O Manual, nas diferentes dinámicas que se propoñen para traballar e acordar as distintas directrices e cuestións éticas que atravesan cada plan de acción, propón a idea de que a organización deste tipo de grupos require que se asuman as respectivas responsabilidades. No activismo que se propón, non son suficientes –porque nunca o son- as boas intencións. Pola contra, a IRG avoga por colectivos comprometidos con facilitar condicións de solidariedade e xustiza social.   

As mobilizacións non-violentas non só teñen a opción de traballar en accións confrontativas como folgas, boicots, bloqueos, manifestos e peticións. O libro dá conta dunha longa listaxe de accións construtivas nun plano cotiá que axudan a promover o cambio a través da intervención, o diálogo e de proxectos formativos e accesibles para a sociedade.  

O Manual para campañas non-violentas pode ser unha ferramenta de gran utilidade para a planeación de accións de resistencia civil pacífica.  Mais tamén é un material útil para calquera organización colectiva ou iniciativa individual que procure construír desde o coidado e o respecto, procesos de transformación.  

A toma de consciencia social ven dá man da accesibilidade á información e ao coñecemento. O pensamento crítico, nese sentido, é imprescindible. Identificar as bases que sustentan as estruturas do poder e comprender de que xeito nos afectan, delimitan ou constrinxen os nosos dereitos é o primeiro paso para comprender que as estruturas non son estables e que, polo tanto, existe a posibilidade de mudar as nosas propias condicións.  

“Sacar a xente da resignación sobre o que pasa (ou puidese pasar), atraer aliadxs, ou tomar a palabra en decisións que afectan ás súas/nosas vidas... Unha das nocións centrais nas campañas non-violentas é a distribución do poder: como podemos facer que ‘sucedan cousas’, sobre todo, se nos unimos a outras persoas”.  

A publicación deste Manual nunha editora sen fins de lucro é un xeito de resistencia, de acción non-violenta, que promove espazos formativos e participativos a través da edición e da lectura. Ter nas mans o produto do esforzo de xeracións e xeracións de persoas que pensaron e  elaboraron estratexias para defender a vida é, sen dúbida, a mellor maneira de loitar contra a resignación, contra o individualismo e contra a idea de que as cousas non poden mudar. Porque, ler sobre como a Comunidade de Paz de San José de Apartadó desenvolveu un proxecto de abastecemento sustentable en terreos comunitario nunha zona de guerra en Colombia ou sobre a campaña que logrou derrotar un plebiscito designado para ratificar o goberno de Pinochet, entre outros varios exemplos documentados no Manual, dá conta de que as cousas si poden mudar, se nos xuntamos para mudalas.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.

Recomendadas

Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.