We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Naturiza
Por que producimos tanto marisco nas Rías galegas?
As Rías Galegas son unhas das máis produtivas do mundo. Isto débese a un fenómeno chamado afloramento.
Seguro que sabes que as costas galegas son unhas das costas máis produtivas, en canto a marisco e peixe se refire. Galiza representa o 85% da produción de mexilón de España, e é unha das principais potencias de explotación acuícola do mundo. E por que? que características teñen as rías para que sexan tan produtivas e poidan albergar tanta diversidade de peixes e marisco?
A respota é un fenómeno oceanográfico que se chama Afloramento, se queres saber como se produce, explicámoscho no vídeo!