Nacionalismo galego
Mercedes Docampo, a muller desterrada que axitou o feminismo no Partido Galeguista na Segunda República

No 90 aniversario da pronuncia dun dos discursos feministas de maior calado no seo do Partido Galeguista, recuperamos a memoria dunha muller que acabaría por inspirar a participación política de miles de mulleres en Galiza.
Mercedes Docampo Partido Galeguista 1
Mercedes Docampo xunto a unha imaxe de arquivo dunha das asembleas do Partido Galeguista | Cedida pola familia Peiró do Campo.
14 ene 2024 05:30

Sen contar coa súa figura, a súa historia do feminismo galego de preguerra quedaría incompleta. Mercedes do Campo de la Fuente foi a secretaria do inédito Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense que se formou en 1933 converténdose nun referente para que outras mulleres galegas se sumaran na defensa da lingua e da cultura galega. Estamos ante unha muller, unha mestra, que tivo unha intensa proxección pública e unha participación salientable nos eventos e Asembleas do Partido Galeguista, onde chegou a pronunciar uns discursos intensos e de fondas convicións sobre o devir da terra que suscitaron emocionados aplausos e grandes aclamacións por parte do colectivo.

Seguindo os seus pasos e o seu exemplo camiñaba a súa irmá Rosa que participou así mesmo neste inédito agrupamento galeguista de mulleres ourensás para logo dar un paso valente emprendendo e dirixindo o Grupo Feminino das Mocidades Galeguistas de Ourense. É interesante destacar o propósito destas ourensás, e concretamente a de Mercedes, para congregarse e “loitar por Galiza”, mais esta ilusión non tivo o tempo suficiente para consolidar a presenza das mulleres no galeguismo pola brevidade de vida do grupo, tan só de tres anos, xa que, como é sabido, o alento opresor do réxime franquista prohibiu o Partido Galeguista e comezou a perseguir aos seus integrantes véndose tamén Mercedes sumida na represión.

Mercedes naceu o 7 de abril de 1906 en Ourense no seo dunha familia modesta. Era filla de Manuel do Campo López nacido en 1860 en Bergondo, Betanzos, e de Corona de la Fuente Iglesias, nacida en 1874 e natural de Pazos de Arenteiro no concello de O Carballiño. Manuel traballaba de pintor mentres que Corona atendía os labores do fogar. O matrimonio chegou a ter dezasete fillos dos cales sobreviviron oito que foron Antonio, Aser, Daniel, José (Pepe), Ángel, Mercedes, Fernando e Rosa. O matrimonio pasaría certas estreitezas para sacar adiante a todos os fillos xa que só contaba cos ingresos de Manuel, pois a Corona cumpríalle o tempo para dedicarse de pleno ás faenas domésticas e atender a crianza de todos os nenos.

A familia recibiu duros golpes de vida que minaron pouco a pouco a saúde de Corona pois en 1918 Antonio, o primoxénito, marchou para Cuba para non voltar, pero foi loable o labor de exaltación da cultura galega que alí levaría a cabo. Aser, o pequeno, o fillo inquedo, soñador moi vinculado a Basilio Álvarez, foi detido en 1920 debido á súa militancia agrarista e en 1923, de camiño a un mitin, faleceu dun ataque ao corazón. A máis disto, en 1937, Corona, que sentía un forte apego polas súas fillas, sufriría o indicible cando Mercedes se viu envolta no proceso da comisión depuradora que a sancionou co desterro ao pobo remoto de Manzaneda. Unha separación que ía ser vivida pola nai e pola filla con grande pesar.

Mercedes Docampo Partido Galeguista 3
Imaxes de Mercedes Docampo cedidas pola familia

Mercedes matriculouse en 1922 na Escola Normal de Ourense, tiña 16 anos. Compaxinaba os estudos na Normal coa súa colaboración na Escola Obreira da Inmaculada Concepción da capital ourensá que estaba dirixida por Blanca Calvo. Xa entón amosaba dotes de locuacidade de cara o público nos eventos organizados por esta institución. A Escola Obreira tivo unha influencia decisiva no carácter de Mercedes, pois transmitiulle uns valores que sempre perdurarían nela. Eses principios eran a relixión, a tradición, a axuda aos máis necesitados, a educación das mulleres, amor pola cultura e, incluso, a xerminación do sentimento pola cultura e tradicións galegas, dado que os actos organizados pola Escola Obreira se aderezaban de folclorismo. En 1926 rematou os estudos de maxisterio de xeito brillante cun total de vinte sobresaíntes e a concesión de matrícula de honra. O título foi expedido polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes e asinado polo rei don Afonso XIII o 13 de xuño de 1927 no que figura a brillante cualificación de sobresaliente e Premio extraordinario.

Con vinte anos e o título de mestra comezou a exercer en 1927 no colexio Concepción Arenal da capital ourensá. Tivo a fortuna de ter de compañeiros a relevantes docentes vinculados co galeguismo dos que poder aprender, como o era Ángel Martínez Doval, que era o presidente da Irmandade Galeguista de Ourense e que en 1932 ocupou o cargo de vicepresidente do Partido Galeguista ourensán. Tamén Eleuterio González Salgado, militante do Partido Nacionalista Republicano, concelleiro e deputado provincial, un home de carácter fogoso e proverbial que nos mitins propagaba a defensa dunha Galiza libre e autónoma e afirmaba que a muller galega tiña unha grande influencia para o destino da “nova Galiza”.

Despois de traballar durante uns cinco anos no colexio Concepción Arenal, Mercedes solicitou en 1933 entrar nas listas de interina e déronlle a praza no colexio de Cerdeira en San Xoán do Río. Un ano máis tarde, o 16 de marzo de 1934, sería destinada á escola de Cusanca en O Irixo e en novembro desde mesmo ano déronlle traslado para escola de Soutopenedo, en San Cibrao.

Nestes anos cando comeza a súa implicación co galeguismo e será unha das primeiras fundadoras do Grupo Feminino do Partido Galeguista. Non cabe dúbida que na traxectoria galeguista de Mercedes tería moito que ver o exemplo dos seus irmáns maiores, Antonio e Aser, xa que ambos os dous xiraron a súa vida arredor do compromiso cultural e reivindicativo da terra e de Galiza. Xunto a este influxo habería que sumar aquel profesorado co que ela foi coincidindo como alumna e como compañeira xa que, como se dixo, eran militantes ou simpatizantes do Partido Galeguistas. E, como non, Otero Pedrayo e Vicente Risco, dous referentes intelectuais de toda Galiza, autores literarios fundadores do Grupo Nós e de recoñecido prestixio na Auriense da época e que Mercedes tivo ocasión de coñecer e escoitar.

Mercedes Docampo Partido Galeguista 2
Cedida pola familia.

Así pois Mercedes, xunto con medio centenar de mulleres, co apoio e os ánimos do partido galeguista local, constituíron no mes de setembro de 1933 o Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense que comezou a celebrar as súas propias xuntas no local sito na rúa Luís Espada número 21 de Ourense. Mercedes foi a secretaria de agrupación pero, sen dúbida, foi a alma e motor do grupo xa que ela era a que puña a voz e o espírito das mulleres galeguistas. A agrupación comezou a ter soa na cidade, xa que realizaban actos sociais e participaban nos eventos festivos do 25 de xullo, día da Patria.

As representantes ourensás comezaron a asistir ás Asembleas do Partido e, por suposto, non podían faltar á III Asemblea, que se celebraba por primeira vez en Ourense. Foi, sen dúbida, unha xuntanza de grande concorrencia e chea de fraternidade. Nela, van hoxe xusto 90 anos, cando todo o auditorio saudou e encomiou a presenza do grupo de mulleres ourensás, Mercedes do Campo tomou a palabra e agradeceu en nome de todo o Grupo a exaltación que acababan de recibir. Improvisou un discurso no que dixo que as mulleres ourensás, non por partidismo, senón por galeguidade, debían sentirse co deber sagrado para Galiza. Nesta curta pero intensa e contundente intervención fixo unha apoloxía do galeguismo como un movemento redentor da Terra. Pronunciou con afouteza e afán proselitista un discurso para que as mulleres galegas fomentasen nos fillos e fillas a galeguidade e lograsen que se impregnasen do sentimento e inquedanza pola terra, pola Patria. Mercedes parecía entendelo como unha fazaña épica para lograr que Galiza chegase a ser dona do seu porvir e se rexese por si mesma. É a defensa dun nacionalismo galego, unha nación con atributos de nai, de muller. Galiza é a matria.

Mercedes acudiría á IV Asemblea celebrada en abril de 1935 e tomando a palabra salientou a necesidade de seguir propugnando a creación de grupos femininos en toda Galiza co fin de facer unha maior obra de patriotismo e “vencellar” as mulleres e os nenos ao movemento galeguista.

Mercedes demostrou o seu compromiso con Galiza. Alentou á formación do Grupo Feminino das Mocidades Galeguistas en Ourense do que a súa irmá, Rosa, sería unha das directivas. Ao analizar os discursos por ela pronunciados albíscase que a súa locuacidade foi evolucionando desde uns inicios máis ligados ao sentimento maternal cara outros de maior compromiso social e político non arredándose en solicitar o voto das mulleres cara a esquerda.

Lamentablemente, coa chegada da ditadura todo esmoreceu. O PG é disolvido e o Grupo Feminino, que levaba tres anos organizado tamén desaparece. O novo réxime non dá acougo e comeza a perseguir con saña os docentes. Mercedes estaba exercendo na escola de Soutopenedo en San Cibrao, un pobo de Ourense, e foi denunciada, acusada polo párroco de ser socialista e de apoiar á Fronte Popular. Despois dun proceso que durou varios anos, a Comisión Superior Ditaminadora do Ministerio de Educación Nacional sancionouna de emprego e soldo e ao desterro dentro da provincia por un ano, logo ampliado a dous. O castigo tamén incluíu a prohibición de solicitar cargos vacantes durante dous anos e a inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.

En xullo de 1940, solicitou á Superioridade a revisión do seu expediente de depuración pero como contestación tivo a ratificación e confirmación da sanción.

Este traslado obrigado foi incomprensible para a familia e moi doloroso para Mercedes, pois non consideraba ter cometido ningunha falta de conduta. Mais estaba claro que o seu antecedente de encabezar o Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense feriu a susceptibilidade das autoridades. Para ela supuxo un duro golpe, pois viuse separada dos seus pais aos que estaba moi unida e que xa ían maiores. Houbo unha posibilidade para liberarse desta opresión cando o seu irmán Antonio lle enviou unha carta animándoa a marchar do país e irse a Cuba para dar clases no «plantel» do colexio Concepción Arenal do que era director, mais ela rexeitou a proposta e asumiu o destino que lle impuxeron.

Conta a familia que Mercedes chegou a Manzaneda, para a época un pobo de montaña e moi remoto da provincia, e alí viviu nunha pequena habitación. Sentiuse moi soa e só estableceu certa relación co mestre da escola de nenos. A escoliña consistía nun salón nunhas condicións moi deficientes e precarias situado por riba da corte do gando.

Malia todo, Mercedes entregouse de cheo ao seu traballo e co máximo empeño de que as nenas asistisen sempre a clases, xa que era consciente dos problemas do absentismo, polo que non tiña reparo en reprender aos pais cando non enviaban as fillas á escola. Mercedes aplicou a súa sabedoría para ensinar ás nenas do pobo para que puidesen defenderse na procura dun futuro máis próspero. Moitas mulleres que foron alumnas de Mercedes aínda a lembran e manifestan «grazas a ela puiden facer o que fixen e cheguei aquí», pois Mercedes sempre as animou a alcanzar as súas metas.

Relata a familia que Mercedes era unha muller tradicional, de ideas moi firmes e carácter reservado debido ao peso da opresión. Posuía unha ampla cultura e era ávida lectora e unha grande admiradora de Vicente Risco. Non casou e entregouse de pleno á docencia ata que se xubilou no ano 1965. Despois trasladouse a Vigo e viviu na casa da súa irmá Rosa e cos seus sobriños que a lembran con agarimo. Faleceu esta grande muller o 23 de maio de 1978, aos 72 anos. Os seus restos repousan en Tui.

Nota da autora de Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente Mestras e comprometidas co galeguismo (Deputación de Ourense)
Con todo o meu agarimo e a miña máxima admiración e respecto por Mercedes do Campo. Grazas á familia Peiró do Campo pola súa axuda e xenerosidade.

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.