Medio ambiente
Montes comunais en Galiza: á procura de relevo xeracional e dun novo paradigma

Máis de 30 persoas participan nunha xornada interxeracional no Ecolectivo de Vigo para abordar a construcción de comunidades máis inclusivas e adoptar unha visión máis rexenerativa dos montes.
Ecolectivo - 7
Participantes da xornada no espazo Ecolectivo de Vigo sobre os montes en man común de Galiza. Sara Garchi
31 oct 2024 05:30

Castiñeiros, carballos, abeleiras e outras árbores máis tropicais como aguacats e bananeiras. Máis de 200 especies nunha illa de biodiversidade a tan só 30 minutos camiñando do centro de Vigo. Hai 10 anos era só un pasto de prado con algunhas maceiras. Agora, tras un grande labor de restauración de ecosistemas e rexeneración de solos, logrouse transformar nun bosque comestible en simbiose cunha horta, estanques cheos de anfibios, insectos e aves alimentándose mentres sementan un chan fértil que fai que a vida medre en cada recuncho.

Neste pequeno oasis tivo lugar o pasado sábado 26 de outubro a xornada Relevo Xeracional nas Comunidades de Montes, organizada polo grupo de xuventude do Proxecto Solidario do programa Corpo Europeo de Solidariedade, chamado Coidando a Vida, do Ecolectivo. Trátase dun espazo de asociacións que impulsan experiencias no ámbito educativo, ecolóxico, cultural e comunitario onde tamén colabora Raizame Vivo. Os seus obxectivos: visibilizar iniciativas innovadoras que se están a desenvolver nos montes comunais galegos, así como reflexionar sobre as causas e atopar solucións para o desafío que supón a falta de relevo xeracional, que está a levar ao declive a moitas destas comunidades.

A experiencia comuneira

No coloquio estaban convidadas a falar dende a súa experiencia diferentes persoas comuneiras que levan á práctica esta visión máis respectuosa e rexenerativa. Alexandra Alonso, da Comunidade de Montes de Coruxo, traballou para varios comunais, ademais de ser parte da directiva. Tivo a oportunidade de poñer en práctica outros modelos máis sostibles baseados na permacultura e na agroecoloxía, como o cultivo de shiitake, apicultura, bosques comestibles ou aulas de educación ambiental. Sabe que a realidade das comunidades de montes é complexa máis alá do aspecto económico ou das especies invasoras: “Non só é cuestión de querer, senón tamén de poder, de contar coas ferramentas e, sobre todo, que sexa administrativamente posible”.

Ovidio Queiruga, da Comunidade de Montes de Baroña, explicou que xa foi nos anos sesenta, cando Patrimonio Forestal del Estado reforestou a rexión e o fixo coa premisa de que tiñan que ser montes produtores —principalmente de piñeiro e eucalipto—. Daquela, botouse á xente fóra, coartando a súa función social, cultural e ambiental. Considera un erro gravísimo que a día de hoxe as políticas, a través dos plans de ordenación forestal, sigan na mesma dinámica produtivista: “Os montes veciñais non teñen que dar só madeira”. Entende que este cambio de mentalidade é difícil, mais sinala a necesidade de transicionar cara un modelo de bosque multifuncional, de poñer en valor o monte como parte da nosa identidade e de que haxa máis mulleres nas directivas integrando unha visión máis social.

Onde veñen e onde van

Os Montes Veciñais en Mano Común (MVMC) en Galiza son unha figura única de propiedade comunal. Os montes pertencen colectivamente á veciñanza dunha parroquia, quen os xestiona de xeito conxunto e democrático. Non obstante, foron e son tradicionalmente dominados por un perfil masculino, de idade avanzada e longa proxección na comunidade. Este nesgo de xénero reflíctese na estrutura de liderazgo e na toma de decisións e, aínda que houbo un incremento na participación das mulleres nos últimos anos, seguen enfrontándose a barreiras significativas.

A orixe dos montes veciñais remóntase á lei xermánica da Alta Idade Media e pervive ata agora en Galiza, onde, segundo datos da Xunta de 2024, representan unha cuarta parte do territorio galego: máis de 700.000 hectáreas xestionadas por unhas 2.800 comunidades de montes. Porén, nos últimos anos houbo varios intentos de modificar esta Lei de Montes Veciñais co pretexto de “adaptala ás novas demandas ambientais”. Os e as comuneiras temen que isto poida limitar a súa autonomía ou abrir a porta á explotación externa. Julián Martínez, labrego e activista dos comuneiros de Teis explica: “A administración vén dicir que, se non hai veciños e veciñas, que tampouco incentivan que o rural os teña, deixan o monte a unha empresa privada para coidalo e que non arda. Dánllo por 50 anos. E aí, claro, a memoria da xente... Onde vai quedar?”

Aínda que as comunidades aumentaron en número dende a regulación específica da Lei 13/1989, viron unha redución en participantes nas últimas décadas. Algunhas das razóns recollidas colectivamente no encontro foron: o envellecemento demográfico, a desconexión co monte e o seu valor, non só ambiental ou económico, senón tamén cultural e social. O abandono do rural, o descoñecemento e a falta de educación que dificultan o acceso, certos prexuízos e desconfianza cara ás novas incorporacións, trabas burocráticas, ningunha retribución económica, o cansancio de quen sempre estivo e tamén a pouca implicación da xente nova, condicionada pola falta de tempo, a precariedade e unha idea do común máis debilitada, nunha sociedade que, polo xeral, busca obter un beneficio persoal directo.

Segundo Alejandra González, comuneira dos Montes de Vide e colaboradora en diferentes proxectos, está a acontecer en moitas CMVMC un proceso de disolución parecido. Como no caso dos Montes das Neves, o cal ela viu como dende o 2017 está a empequenecer. Primeiro sufriu graves incendios nas zonas con máis eucalipto, as persoas eran moi maiores e foron marchando, sumado a unha presión por parte da administración con multas e que de novo tentaron prendelo este outono. O eucalipto segue rebrotando e a vindeira semana van convocar aos comuneiros e comuneiras as para anunciarlles que a súa única opción é asinar un convenio coa empresa de celulosa Ence, cedéndolles moitas hectáreas que non dan xestionado. “Isto fai pensar que igual está todo organizado”, lamenta ela.

Uns anacos de esperanza

Na súa intervención, Jon Castaño, biólogue e especialista en Planificación e Xestión Territorial, falou da 'traxedia dos comúns' como unha das orixes desta mentalidade. Este concepto formulado polo ecólogo Garrett Hardin en 1968, describe como os recursos compartidos poden esgotarse cando cada persoa actúa só polo seu propio beneficio, defendendo que “os recursos privados producen máis". Fronte a este discurso, Jon rescatou a Elinor Ostrom, a primeira muller gañadora do Nobel de Economía, quen desbancou esta idea demostrando que as comunidades poden evitar o problema se crean normas e estratexias de gobernanza efectivas para preservar os recursos compartidos, tendo en conta factores como a cooperación, a confianza e a participación activa da comunidade.

Houbo ocasións, como relataron varias persoas participantes, nas que foron os graves incendios ou outros danos ambientais, como o causado pola autoestrada da AP-9, o que levou á veciñanza a concienciarse máis sobre o seu valor e implicarse nos coidados dos montes, evitando, por exemplo, novas plantacións de eucalipto. Son conscientes de que este relevo non vai ser doado, que require paciencia e ir sempre con respecto e humildade, así como facer fronte, ás veces, á frustración. Pero como sinalaba un cartaz feito de imáns na porta da sala onde tivo lugar: “O futuro dos montes comunais é noso”, concluíu Marta Pernas, moderadora do coloquio e coordinadora da actividade.

Estratexias para o relevo e un novo paradigma

Tras a charla, fíxose unha dinámica para recoller posibles ferramentas e estratexias que faciliten o relevo xeracional e logren comunidades de montes máis inclusivas e interxeracionais. Entre as ideas saíron: recuperar o ser e sentir de que “somos monte e que somos comunidade”; visibilizar e honrar as loitas colectivas previas pola defensa do territorio nas que moitas mulleres estiveron ao fronte; crear protocolos para afrontar as violencias e abordar o tema da inclusión e a igualdade; deseñar espazos e actividades contando con perfís diversos, empregar as artes e novas tecnoloxías como aliadas, mellorar a comunicación xerando repositorios; e xerar plans a longo prazo que apunten ás xeracións que vén coma sementes de futuro.

A xornada rematou cunha visita ao Monte da Serra, no que Ecolectivo iniciou en 2019 un proxecto de desacaciación nunha zona cedida pola Comunidade de Montes de Castrelos. Previamente foi unha canteira abandonada e sufriu durante anos a invasión da acacia negra, danando o ecosistema e limitando a aparición doutras especies. A través de métodos manuais e sostibles e de xeito progresivo, foron talando as árbores a unha altura dun metro e pelando a súa cortiza para evitar o rebrote. Unha solución que, tras cinco anos de seguimento, demostrou ser efectiva para debilitar a especie e permitir que medren outras. Ademais, contribuiu a xerar unha gran cantidade de materia orgánica, aproveitando a mesma acacia como aliada para xerar solo.

A poesia e as artes para as construccións de paz

Alá, entre as novas árbores deste espazo en transformación, Jon recitou unha das súas poesías para concluír o evento. Está a emprender un proxecto para crear culturas de paz nas comunidades de montes a través da poesía, xa que considera que son espazos onde aínda existen conflitos vivos e feridas históricas que impiden este relevo xeracional e o cambio de paradigma. Ademais do “ambiente belicista no que vivimos a nivel global, polos conflitos como o de Palestina e o expolio de territorios como Abya Yala”. Cre que a solución pasa por confrontar esta situación xerando debates e “senti-pensares” que axuden a concienciar cara á transformación ecosocial e dos sistemas agroalimentarios.

“Non importa o tempo,
o espazo ou as políticas de morte que nos afasten.
A natureza, o monte, a comunidá ten tivo e terá
unha ineludible maneira de pregar os instantes
ate bater na infinitude os nosos percorridos”

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Árboles contra el desierto
Las señales de hoy no sólo quieren hablar de árboles y bosques, de reforestación, de recuperar nuestros entornos maltratados. También pretenden sembrar un poquito de esperanza ante tanta desolación, porque hay muchas cosas que podemos hacer, que ya s
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?