Literatura
Manuel Rivas: “A maquinaria pesada da manipulación está a arrasar co significado das palabras”

O escritor galego de maior proxección internacional vén de publicar 'Tras do ceo', unha novela negra e coral que afonda na cartografía do poder, nas loitas ecoloxistas e que non para de ferver.
Manuel Rivas Entrevista - 4
Manuel Rivas no xardín do Aturuxo, en Bueu (Pontevedra). Bea Saiáns

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un activista contra secuestro das palabras. Contra os seus cambios de significado, contra a súa apropiación por parte das elites reaccionarias. Pelexa para que “nomeen e volvan nomear aquilo ao que están vinculadas por unha cuestión sensorial”. No fondo, subxace unha cuestión de poder e el di estar profundamente interesado nesa idea: en cartografar a caza do home polo home. Tras do ceo (Xerais, 2024), a novela que vén de publicar, é parte dese proxecto literario. Disque novela negra, aínda que fóra do canon. Un texto que “vai fervendo” ata estourar.

O xornalista e escritor hai anos que se converteu nun dos autores da literatura galega de maior proxección internacional. Rexeita as etiquetas sobre el e, dende logo, rompeu co fío da súa obra facendo algo realmente novo se se atende á súa narración e ao seu estilo. En Tras do ceo están as loitas da Galiza deste tempo —e do mundo— cun ollo atento ás zonas de sombra.

Linche dicir que non tes inseguridade con este libro, que estás satisfeito e que é algo que non sempre acontece.
É unha sensación, nada racionalizado. Cando fas unha obra literaria, procuras que sexa unha especie nova. Achegar unha especie de planta nova á biodiversidade cultural. E paréceme que si, teño a vibración de que isto é algo diferente, polo menos ao que eu fixen.

Ata certo punto, salvaxe. Non engana a contracapa.
A palabra salvaxe, ás veces, cando se repite moito, queda un pouco domesticada. Non hai que utilizala moito (ri). Aquí salvaxe enténdoo no sentido de que todo está feito con moita liberdade. Tamén hai xente que me comentaba que levaba 90 páxinas é que iso de salvaxe e de novela negra non o atopaba por ningunha parte. Eu voulles dicindo que esperen un pouco. Dentro da novela negra hai varias escolas e a min a que sempre me gustou foi a de Hammett, iso que chaman hardboiled. Penso que lle pasa un pouco diso ao libro: vai endurecendo e a medida que ferve, que sería unha tradución aproximada.

Manuel Rivas Entrevista - 2

É unha procura consciente?
Eu non son moi de planificar. Nin de planificar sobre o libro nin en xeral do que vou facendo. Comentouse algo de se isto era unha triloxía.  Eu non teño nin idea de se vai ser triloxía ou que vai ser. O que si é que responde a un proxecto literario que ten que ver moito con xirar arredor desa idea da caza do home polo home. Máis que nada, dunha radioloxía do poder en diferentes épocas. Dese poder depredador que o entrelaza coa dominación e a cobiza. Hai unha guerra interna, un debate interno dentro do libro que penso que tamén é interno dentro de cadaquén e, dende logo, dentro de min cando o escribín.

De onde vén esa inquedanza?
Cando escribín Os libros arden mal, unha das pescudas que fixen foi arredor de Carl Schmitt, o arquitecto xurista do nazismo. Fixen esa pescuda porque se falaba moito del entre os arietes do neoconservadurismo. Citaban moito a Carl Schmitt. A min producíame unha gran inquedanza que fora un personaxe central no que é o pensamento fascista histórico. Por exemplo, a consideración da loita política como unha loita entre amigo e inimigo, o que leva a unha confrontación de exterminio. É a idea do decisionismo: a palabra do xefe faise lei. A palabra e os actos.

Cando estaba traballando arredor de Tras do ceo escribín moito, estiven de arresto domiciliario. Naquel momento, volveume como un búmerang unha idea de Carl Schmitt. A idea de que a historia da humanidade comeza cun crime, con Caín. O tipo era un cabrón, pero tiña unha cabeza perigosísima. Hai cousas que escribín que son duras nas miñas novelas, en O Lapis do carpinteiro, en A lingua das bolboretas, pero digamos que o optimista que sempre fun levaba o andar da literatura. Non me saía ser pesimista. Supoño que ten que ver co contexto de emerxencia en que vivimos, pero esta vez si que estaba aí con esa frase o pesimista que, aínda que non sexa dominante, si está aí dentro. Dicía “mira machiño, as cousas son así, deixa de pensar nos paxaros preñados. A historia da humanidade é a que é, a historia de arrase”.

Manuel Rivas Entrevista - 3

E quen gañou a lea?
Saíu o optimista revirado e dicindo “ben, pois non estou de acordo” e comecei a buscar alternativas. Despois de levar unha malleira grande por parte de Carl Schmitt saíu a idea de que o de Caín non deixa de ser un conto. Por que non ía comezar a historia da humanidade cun conto? É esa idea de que a Deus lle gusta o ser humano para que lle conte contos. Non teño claro quen saíu adiante, pero si que a novela ten ese convivio. Hai un andar así, simultáneo, que vai pisando na luz e na escuridade e vai pisando no pasado e no presente. Hai unha idea de Italo Calvino que é que temos que procurar no inferno o que non é inferno. Na novela hai ese convivio entre o inferno na terra, en tódalas súas manifestacións, e o que podería ser a comedia, o humor, como resistencia que está clara na figura do Outro.

“Na depredación do ecosistema tamén está a das palabras e temos que loitar contra ela”

Na novela vemos a Operación Carioca, o narcotráfico, o capitalismo salvaxe entrando no rural galego... Como conviven no proceso de escrita o Rivas novelista e o Rivas xornalista?
Dende logo non me cambio de uniforme para facer unha cousa ou outra (ri). Conviven moi ben. Fundamentalmente, o que penso é que o xornalismo pode ser un póla da literatura dependendo, claro, da dimensión que lle deas á literatura. Cando estudaba Xornalismo en Madrid, estaba contentísimo cun dos primeiros traballos que fixen. Había un profesor que traballaba en Cambio 16, que era a revista máis moderna de entón. Cando o corrixiu, díxome: “no está mal, pero esto es literatura”. Eu quedei todo contento. Por que non pode ser literatura unha reportaxe?

Cando lle deron o Nobel a Márquez el preguntábase por que llo deran. Ti pensabas que ía facer unha estruturación dunha resposta moi elaborada, pero dixo que pola poesía. A poesía hoxe en día equivale para min á ecoloxía das palabras. A facer que as palabras consigan salvarse da depredación, custodiar o seu sentido, que nomeen e volvan nomear aquilo que ten unha cuestión sensorial.

Digamos que che aporta no proceso literario.
É a toma de terra, a curiosidade incesante. É o que fai manter a lóxica de asombro. Tiña razón Kapuscinski que neste oficio non se pode ser indiferente, non se pode ser un cínico. O que pasa é que te atopas unha chea deles. Tamén me atopei xente boa, pero durante moito tempo cruceime con este perfil que cría que o bo xornalista era ese que che abordaba dicindo “vas a cambiar ti o mundo, pero ti de que vas”. Cambiar o mundo non, pero se che puidera cambiar a ti xa conseguiría algo, pensaba eu. Se puidera cun conto parar a un bruto, que dicía o Nabokov (ri). Entón, claro que o xornalismo é útil. Está na cuestión da escoita nas voces que ao mellor non teñen a capacidade para facerse oír e ir ás zonas de sombra. Iso está na natureza do xornalismo que nos pode interesar. O outro non deixa de ser propaganda ou karaoke. O xornalismo que non se cuestione o porqué das cousas non é xornalismo.

Vivimos nun mundo moi escachizado, como se unha bola caera sobre un cristal. Tes que recompoñer as pezas porque o que che contan na maioría dos informativos parece unha sucesión de azares. Ves a un tipo como Netanyahu que parece que lle dá un día por asasinar xente en Gaza como lle podía dar por ir xogar ao golf. Onde está o contexto, que está pasando aí? Iso, o lugar dos porqués, é un espazo común da literatura e o xornalismo.

Manuel Rivas Entrevista - 1

Dicías nunha entrevista que fixeras a novela con liberdade e facendo fronte ao estupor que che causa o crecemento do pensamento ultra. Atravésache esta internacional reaccionaria tamén á hora de escribir?
Totalmente. É medio ambiente, é a atmosfera. Os procesos de depredación que se dan coa na natureza danse tamén coa linguaxe, coas palabras. Os procesos de intimidación danse coa linguaxe. Dicía Beckett que o problema é que as palabras xa non queren dicir. Parte do que nos pasa na reacción ante esta expansión acelerada do pensamento bruto dunha incapacidade de reacción, igual que acontece coa natureza. Ás veces vén unha maquinaria pesada e, dun día para, outro arrasa con todo. A máquina pesada da manipulación tamén arrasa coa apropiación indebida das palabras que significaban unha cousa e que son secuestradas. Temos moitas.

A liberdade, non?
Dende logo, a que é case a nai das palabras. Entón como non che vai a doer? Traballamos con palabras, tanto no xornalismo como na literatura. Como non vas detectar o malestar das palabras? Evidentemente é unha estratexia do poder e hai que loitar contra ela. Crear zonas de silencio, apropiarse das palabras. Pero creo que hai outro factor relevante que poderiamos definir como un estupor democrático, un estupor paralizante que chega ao oír os delirios que se oen. Creo que deberiamos combatela de xeito máis activo, pero ás veces é inevitable. Como cando estás na barra dun bar e escoitas a un bocazas e marchas para a casa. Dis, “que vou facer?”. Entón a manifestación deste poder bruto funciona así. É como un tipo que no medio do espazo público ponse a berrar barbaridades. Eu teño a mesma sensación cando asisto a debates públicos. Cumpre cunha función moi eficaz porque intimida e causa estupor.

O malo é a onde nos leva.
Claro. Á corrosión. En España aínda vivimos unha certa excepción aínda que se pretenda acabar con iso dun xeito bastante claro, como fixeron con Europa. Houbo certos momentos en que o espazo europeo era un lugar para o debate, para os dereitos, solidario... Mesmo Angela Merkel tivo momentos que parecía Rosa Luxemburgo cando apostou polos refuxiados (ri). De súpeto, todo iso foise achicando e foi quedando o poder bruto ou xente acomodada a ese poder bruto. Unha dereita que se vai metabolizando. Unha cousa curiosa é que na dereita española non hai unha voz disidente. Sorpréndeme que non haxa algún que colla un día e diga “somos uns fachas, xa está ben, eu son demócrata cristiano, é máis, son liberal”.

“A boca da literatura ten que atreverse a dicir como é o inferno sen ser frívolo coa violencia. Nin o agresor nin a agresión deben ter atenuante”

Hai outro foco moi presente tamén na novela que é a loita ecoloxista. É a traza que a ata máis ao noso presente. Está fundamentalmente nas personaxes de India, contra a barbarie da caza e na de Chelo, contra a gandaría intensiva. Agás a crianza, son as dúas mulleres máis novas. Non puiden evitar asociar esa realidade co que está a acontecer na Ulloa co tema de Altri, que tamén son elas as que están a liderar a contestación social.
É casualidade causal (ri). Non estiven pensando nese paralelismo mentres escribía o libro, pero responde a que non é algo ocasional. Non é unha excepción. Mesmo as estatísticas dino, ese contrapunto entre o pensamento das mulleres e os homes nas xeracións novas. Todo contra esta pulsión que existe tan irracional. Quen pode negar o cambio climático se vemos perfectamente como lle saen fume polas orellas? (ri) Pero é que detrás está ese lema de Trump de ataque, contraataque e negar a crítica. Non ter fisuras porque se as tes, pode entrar un pouquiño de aire, as neuronas poden pensar e as conciencias poden abanear.

É unha explicación lóxica psicolóxica que atopo, ser como un pelouro para non permitir ningunha creba. A postura do hooligan. Aínda que sexan corruptos son dos meus. Logo tamén está a outra parte, a de crérense a ter o dereito de ser os primeiros na  fila porque non sei que menores veñen roubarnos non sei o que. A mentalidade Securitas Direct. Fálase moito dos señores da nube, pero penso que habería que falar destes tamén. En fin, a explotación do medo da xente. Pero claro, cando hai espazos de escolas democráticas como asociacións de veciños, sindicatos, asociacións culturais, oenegués ou digamos todo o asociacionismo pois inténtase dinamitar e corroer porque son refuxios climáticos democráticos.

Fágoche a última como lector polo conflito que sentín na escena de máxima violencia da novela, na que hai un abuso sexual. Dende un marco feminista, por que consideras necesario narrar a violencia de xeito tan explícito para que se vexa ese castigo correctivo contra as mulleres?
Pois a verdade é que realmente vivín ese conflito no momento de escribir que dis, xa antes, porque a violencia verbal anticipa o que vai ocorrer, como acontece nas guerras. Tiña esa inquedanza. A cousa empezaba a ferver e realmente dubidei, mesmo racionalmente con ese dilema moral. Pero houbo un momento en que puido máis o impulso de que aparecera a proba, que creo que está ben que apareza. O tipo que escribe nas Cantigas de Escarnio ten un poema que titula contra Deus. Unha denuncia de Deus, conta: “A min Deus desamparoume. Deixou que morrera a miña xente”. Penso que a boca da literatura ten que atreverse a dicir como é o inferno. Evidentemente, ten que verse o inferno, pero sen ser frívolo coa violencia. Neste sentido, nin o agresor nin a agresión teñen atenuante.

Manuel Rivas Entrevista - 5
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia El Gobierno confirma que Altri se queda sin los 30 millones de las ayudas de descarbonización
El ministro de Industria, Jordi Hereu, ha confirmado públicamente la decisión de su cartera. La multinacional portuguesa había solicitado fondos europeos con este propósito.
Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de la Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.

Últimas

Más noticias
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.

Recomendadas

Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.
Religión
Iglesia Católica El viaje de Jorge Bergoglio, el papa que intentó reformar la Iglesia y no lo consiguió
De ser acusado de cómplice con la dictadura argentina, Jorge Bergoglio, ya ungido como papa Francisco, se convirtió en una de las principales voces de denuncia de la ultraderecha, del neoliberalismo y las violaciones de los derechos humanos.