Balea Cultural
Música, streaming e precariedade

Se algo supuxo a aparición da Internet para a industria discográfica foi unha enorme crise de modelo de negocio.

Spotify
Foto: Spotify
7 abr 2018 12:58

A música en formato dixital comezou a circular pola rede mentres as grandes compañías discográficas aínda seguían a apostar por completo polo CD. Plataformas que permitían a descarga pirata destes arquivos dixitais como Napster comezaron a aparecer a comezos de século mentres aínda non existían verdadeiras alternativas legais e asumibles para mercar música en formato dixital.

A imparable popularización dos iPod nos anos 2000 comezou a deixar claro que o futuro da música non estaría nos discman, senón en pequenos dispositivos que cabían nos nosos petos. De maneira consecuente, a Apple lanzou a iTunes Music Store o 28 de abril de 2003 cun catálogo inicial de 200.000 cancións. O sistema resultaba moi cómodo, xa que permitía transferir de maneira rápida e sinxela estes arquivos aos iPod. Porén algo non remataba de funcionar: o prezo dos discos e das cancións non era moi diferente ao dun CD, e a calidade de son era inferior. A xente atopábase con dispositivos capaces de almacenar miles de cancións e ao mesmo tempo coa incapacidade de poder encher os mesmos con música adquirida de maneira legal sen gastar unha fortuna en arquivos dixitais.

No ano 2006 nace unha empresa sueca chamada Spotify, que en outubro de 2008 comezou a ofertar un servizo de música en streaming en varios países europeos. De súpeto, semellaba que se atopara a fórmula máxica: o streaming permitía escoitar un enorme catálogo de música de maneira legal, rápida e sinxela. A posibilidade de elixir empregar Spotify mediante unha subscrición de pago, que xa resultaba moito máis accesible que mercar música en iTunes, ou unha gratuíta na cal se reproducían anuncios entre as cancións, daba a sensación de que por fin se atopara un sistema capaz de garantirlle a todo o mundo cunha conexión á Internet o acceso á música na rede de maneira legal.

Durante os últimos dez anos o streaming non fixo máis que consolidarse como o sistema preferido pola xente de cara a escoitar música en formato dixital.

Novos competidores sumáronse ao mercado como Apple Music e Tidal. Así mesmo, o prezo das subscricións semellou acadar un punto estable. Polo xeral, unha subscrición premium mensual nos servizos de streaming custa o mesmo que mercar un único disco na iTunes Store. Cada vez temos menos razóns para descargar música de maneira pirata. Porén, segue a haber un problema. O streaming é un sistema que funciona de cara aos usuarios, pero non funciona de cara aos músicos.

Infografía_streaming

É certo que hoxe en día as bandas acostuman máis enfocar seu modelo de negocio a obteren beneficios principalmente a partir de concertos e xiras ou da venda de merchandising e non a través do streaming. Con todo, non hai tanto tempo en que era factible que os músicos cobraran cartos porque a súa música fose escoitada.

De que maneira se pode explicar que os CD ou os cassettes, cos cales existían uns gastos adicionais de produción e distribución, fosen capaces de resultar máis rendibles para os músicos que os arquivos dixitais?

Numerosos artistas recoñecidos fixeron declaracións ao respecto durante os últimos anos. Os membros da banda Grizzly Bear publicaron un twit en 2012 no cal afirmaban que Spotify non é unha mala ferramenta para dar a coñecer a música, mais que dende o punto de vista económico apenas da beneficios. Thom Yorke, líder da banda británica Radiohead afirmou nunha entrevista en 2013 “I feel like as musicians we need to fight the Spotify thing. I feel that in some ways what’s happening in the mainstream is the last gasp of the old industry” (Sinto como músicos temos que loitar contra Spotify. Teño a sensación de que, en certas maneiras, o que está a pasar no mainstream é o último alento da vella industria).

En 2015, o membro da banda Portishead, Geoff Barrow, afirmou "I've got nothing against streaming a record. But I've got a lot against people giving my work away for free" (Non teño nada en contra de ter un disco en streaming. Pero si que teño moito en contra de que a xente regale meu traballo gratis). Máis recentemente, o ano pasado, o músico de Bristol preguntou polo Twitter cantos músicos que o seguían lograran gañar máis de 500 libras con Spotify, recibindo numerosas respostas de usuarios tamén molestos coa política de pago da compañía sueca.

Por se non fose suficiente con que Spotify apenas pague cartos aos músicos, o ano pasado xurdiron certas sospeitas de que a compañía estaba a posicionar cancións de artistas falsos nas súas listas de reprodución, as cales contan con moitísimas reproducións, para evitar terlles que pagar máis cartos aos músicos. Estes artistas falsos acostuman ser proxectos que existen soamente na plataforma Spotify e que non acostuman contar con máis de dúas cancións nos seus perfís, as cales acumulan moi frecuentemente varios millóns de reproducións.

Resulta bastante evidente que Spotify, por moito que os seus executivos tratasen de afirmar o contrario en numerosas ocasións, non se preocupa moito polos músicos. Tampouco podemos negar a realidade, e esta é que, a día de hoxe, o streaming é o sistema de máis éxito á hora de escoitar música de maneira legal. Ante este panorama poderíase formular a pregunta de que podemos facer os usuarios para non fomentar e facilitar a precariedade na industria musical?

En primeiro lugar, aínda que o sistema freemium (gratuíto con anuncios) ofertado por Spotify e outras compañías permitiu democratizar o acceso á música de maneira legal, semella non resultar nada proveitoso para os músicos. As plataformas que contan con servizo freemium e premium pagan máis aos músicos por cada reprodución cando esta é realizada dende unha conta premium. Por esta razón, no caso de que nolo poidamos permitir, apostar pola música en streaming por subscrición axuda aos músicos. Non hai que esquecer que boa parte das empresas que ofrecen música en streaming permiten realizar subscricións en grupo que permiten reducir o prezo da cota mensual ata un cuarto do total. Así mesmo, á hora de elixir que servizo de streaming contratar, buscar información sobre canto paga cada un deles aos músicos, a cal non é moi difícil de atopar, pode ser un factor ter en conta á hora de decantarnos por un ou por outro.

Tampouco debemos de esquecer que a música en formato físico segue a existir. A pesar de que cada ano que pasa o número de CD vendidos se reduce cada vez máis, o vinilo está a vivir unha nova xuventude. Case todos os discos lanzados hoxe en día están dispoñibles en vinilo, e se ben resulta máis caro que escoitar música en streaming, é un modelo de negocio que recompensa verdadeiramente ao artista e permite unha experiencia de escoita moi diferente.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.