ASalta
Mudar as regras do xogo: pensar e facer deporte desde unha perspectiva feminista

#DesLÍGAte é un xornal que procura evidenciar a violencia machista no mundo deportivo.
Paula Mayobre
Paula Mayobre. Foto: Amari Erretratua
26 mar 2021 11:00

A historia do deporte moderno en Occidente foi desde o inicio unha carreira de obstáculos para as mulleres. O Comité Olímpico Internacional (COI), quen organiza os Xogos Olímpicos, rexeitou por máis de trinta anos que as mulleres puidesen competir por non as considerar fisicamente capaces de practicar deportes como o atletismo.  

Foi grazas á organización das deportistas que, como resposta ao rexeitamento que sufrían, crearon os Xogos Mundiais Femininos en 1922 e 1926, e o COI accedeu a aceptar a participación de mulleres atletas. No entanto, neses primeiros anos, só podían competir en deportes que non puxesen en dúbida a súa feminidade, como o tenis, o críquet  e o golf.

Despois de que Lilí Álvarez fora a primeira muller da península en participar nos Xogos Olímpicos de 1924, entre o estoupido da Guerra Civil e a moral franquista que lle seguiu, as mulleres do Estado español non volveron a participar no evento até a década dos anos 60. Dende entón, o deporte feminino medrou considerablemente, mais aínda carga cos estigmas que afectan e precarizan ás atletas profesionais.

Na Galiza, a pesar de ser o berce da primeira árbitra de hóckey e da primeira xogadora e porteira de fútbol a nivel estatal, a igualdade está lonxe de se lograr. A marxinación, a pouca valoración e a falta de apoio económico son algunhas das razóns polas que as atletas galegas teñen que percorrer á emigración para poder profesionalizarse.

“Darlle a volta á prensa deportiva pon de manifesto a violencia estrutural que existen nos medios de comunicación masculinizados”

Mais a historia é unha mestra e, para facerlle fronte a esta adversidade e rachar coa desigualdade e as violencias de xénero, as mulleres volveron a organizarse. Desta banda, unha longa lista de colectivos, deportistas e asociacións fixeron equipa para editar #DesLÍGAte, o primeiro xornal de deporte feminino que pretender investigar, analizar e sensibilizar sobre o machismo silenciado neste sector.

UN XORNAL QUE SI FALE DE NÓS

Cada ano, a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña desenvolve unha serie de iniciativas en prol da igualdade. Así, contactaron coa Dra. Cristina López e coas asociacións Atalaia e Arabías e xuntas converteron a proposta de crear publicidade dirixida aos homes para sensibilizalos sobre as violencias machistas nun xornal deportivo.

“Para comezar fixemos unha análise da prensa deportiva (a súa estética, imaxes e mensaxes). Despois identificamos a mulleres referentes de varios deportes, pois a nosa intención foi sempre representar o mundo deportivo dende un panorama amplo, polo que puidemos coñecer moitas compañeiras”, comenta Beatriz López, membro de Arabías, unha cooperativa que impulsa procesos educativos e de investigación desde a perspectiva feminista.

“As deportistas enfróntanse a múltiples desvantaxes e violencias ao longo da súa carreira. Incluso desde antes de empezar a practicar”

Ademais de sensibilizar á mocidade e darlle visibilidade ás deportistas do país, para o equipo creativo de #DesLIGAte pronto se fixo fundamental dar resposta á normalización do machismo e da masculinización do ámbito deportivo. Noelia Darriba, da empresa de educación social Atalaia, engade que o xornal tamén pretende “denunciar toda a violencia que hai no mundo do deporte. Hai grandes titulares que vemos a diario e están cargados de machismos. A verdade é que nos sorprendeu todo o material que hai para poder falar deste tema. Quixemos darlle unha volta ao deporte en clave feminista. Cremos que este formato serve para dar conta das moitas realidades das mulleres deportista. Darlle a volta á prensa deportiva pon de manifesto a violencia estrutural que existen nos medios de comunicación masculinizados”.

UNHA CARREIRA DE OBSTÁCULOS: AS TRABAS DA VIOLENCIA MACHISTA

As repercusións dos roles de xénero e as perspectivas machistas difundidas nos medios de comunicación afastan sistemáticamente as mulleres do deporte ou restrinxenas a certas disciplinas feminizadas.

Hoxe, a pesar de que o número de mulleres deportistas profesionais está a medrar, aínda segue sendo moito menor con respecto ao sector masculino. Paula Mayobre é unha atleta profesional multi-galardoada a nivel internacional oriúnda de Ferrol. Ademais, é quiromasaxista e ten unha escola de atletismo. Tras toda unha vida no sector deportivo, ten bastante claro o xeito, as desvantaxes e violencias as que se enfrontan as deportistas ao longo da súa carreira. Incluso desde antes de empezar a practicar.

“O machismo aparece desde que comezas en calquera deporte, quitando algúns que están moi feminizados por culpa dos roles que nos impón a sociedade, como pode ser a ximnasia. Despois, se o fas como hobby, é moi aceptable, pero se decides facelo dun xeito máis profesional, é cando empezas a escoitar comentarios como ‘que fas ti facendo este tipo de deporte’. Coas deportistas os adestradores actúan diferente. Dinche: ‘iso non o fagas, que ti ao mellor non podes porque é moi complicado’. Eles mesmos che poñen trabas, cando supostamente son os teus adestradores”, comparte Mayobre.

“A nivel estatal, a mulleres teñen só 14% de presencia na directiva das federacións deportivas“

Mais o deporte é un campo moi amplo onde converxen varias profesións e as deportistas non son as únicas que sofren dos estigmas. Cristina López engade que “hai determinados deportes ou certas categorías onde é complicado atopar adestradoras, presidentas ou incluso persoal sanitario que sexan mulleres”.

Laura Limeres, xogadora de As Brigantias, sinala tamén o desprestixio e discriminación que sofren disciplinas como o Roller Derby: “Ao ser un deporte feminino, moita xente pensa que non está ao mesmo nivel que un masculino; que por ser feminino é inferior ou mesmo que os deportes femininos nacen sempre como base dun deporte masculino. Tamén as xogadoras son sexualizadas frecuentemente até o punto de se converter nun fetiche. E isto sen ter en conta se a xogadora forma parte do colectivo LGTB+, o que fomenta aínda máis violencia machista respecto a súa identificación de xénero e orientación sexual”.

INVISIBILIZAR, SINÓNIMO DE PRECARIZAR

No Estado español, xa hai varias federacións e clubs deportivos que contan con protocolos de como actuar nun caso de acoso sexual. No entanto, aínda depende da vontade de cada organización e quedan moitos flancos por cubrir para garantir a igualdade e a seguridade das mulleres.

“A desigualdade nestas organizacións atopámola de moitas formas: o 23% das licencias federativas nacionais son de mulleres e só temos 14% de presencia na directiva das federacións deportivas. É dicir, que non estamos a tomar parte nas xestións e, polo tanto, as nosas necesidades descoñécense . Ademais, as equipas femininas e os deportes minoritarios temos dificultades para algo tan básico coma acceder ás instalacións para adestrar, xa que os equipos grandes teñen prioridade. É un problema circular, xa que sen espazos un equipo non pode medrar. Por último, para competir dentro das federacións o sexo no DNI define a categoría na que podes competir. Isto discrimina a participación de mulleres transxénero e mulleres intersexuais”, sinala Laura Limeres.

Na súa experiencia, Paula Mayobre sinala que as grandes desigualdades se acrecentan coa dependencia da financiación do sector privado: “Cada club aposta polo que quere. Se quere maior visibilidade, vai apostar polo equipo masculino porque os medios de comunicación e os patrocinadores saben que o equipo feminino vai levar moita menos publicidade. Moitas veces aportan só a metade ou un terzo do presuposto que lle dan aos masculinos”.

“Hai deportes aos que non podes dedicarte de tempo completo como profesional sendo unha muller porque economicamente non che daría para poder sobrevivir, aínda que sexas mundialista”

Así, a invisibilización das mulleres no mundo do deporte e a falta de representación feminina nas federacións incide non só no desempeño físico das deportistas, senón tamén na súa vida material até o grao de que non  se poidan dedicar de tempo completo á súa disciplina por buscar outra fonte de ingresos económicos.

Laura Limeres, como xogadora dun deporte con pouca repercusión nos medios de comunicación, recoñece o problema e comenta: “A brecha salarial segue existindo. O deporte feminino ten menos representación, menos visibilidade e, polo tanto, menos axudas económicas. As axudas que prestan as federacións aos deportes femininos son insuficientes para que as súas integrantes poidan vivir diso e saír adiante. Estas axudas económicas van sempre para grupos de élite de deportes maioritarios, coma o fútbol ou baloncesto”.

As Brigantías
As Brigantias. Foto: Ederon Körst

Mais, aínda que as mulleres practiquen algún destes deportes “maioritarios”, a brecha salarial faise patente. “Unha xogadora de fútbol cobrará menos que un home, polas mesmas horas e polo mesmo esforzo”, explica Cristina López, quen hai anos sinalaba xa aos medios de comunicación que en Galicia “hai mulleres que xogan ó fútbol en primeira división e cobran 20 euros por partido gañado. Se perden, non gañan ren”.

Paula Mayobre, expón que esta desigualdade económica afecta incluso ás deportistas de maior nivel: “Está claro que para poder dedicarte plenamente e profesionalmente ao deporte os cartos teñen gran importancia. A racha salarial é tremenda. O meu deporte, o atletismo, é un dos que menos se nota, pero hai outros deportes nos que non podes dedicarte de tempo completo como profesional sendo unha muller porque economicamente non che daría para poder sobrevivir, aínda que sexas mundialista ou que esteas competindo para ir aos Xogos Olímpicos”.

O CONTEXTO GALEGO

Hai que recoñecer que non hai punto de comparación no nivel de integración das mulleres no mundo deportivo hoxe en día que hai 30 anos, cando lles era imposible practicar calquera disciplina a nivel profesional.  Con todo, Paula Mayobre observa un atraso a nivel estatal con respecto a outros países de Europa e culpa ao período franquista en que o rol da muller estaba restrinxido a que unha “non se podía quitar a saias nin facer nada que non fose traballar na casa ou criar fillos”.

“Mentres isto non mellore, as e os deportistas van ter que seguir optando pola emigración”

Porén, máis de medio século máis tarde, para as coordinadoras de #DesLÍGAte, foi imposible conseguir os datos sobre a participación das mulleres en clubs deportivos galegos porque, como comparte Beatriz López, “até o momento, non existe traballo feito nese plano”.

O apoio institucional ao sector deportivo en Galicia é tan deficiente que as deportistas se ven obrigadas a optar pola autoxestión ou pola emigración. “As axudas económicas son precarias. Facer deporte é unha loita constante contra todo tipo de adversidades. Sen ningún tipo de axuda, ou unha moi pequena, a equipa ten que buscarse a vida. De alí que haxa moitos equipos autoxestionados como As Brigantias”, comenta Laura Limeres.

A pouca implicación administrativa corta as ás e mantén ao país nunha situación de atraso con respecto ao resto das comunidades autónomas. “En Galicia estamos debaixo do nivel estatal. Sobre todo, a nivel de instalacións deportivas e de promoción. E se iso xa non está moi ben a nivel xeral, ás mulleres aínda se nos poñen máis barreiras. O retroceso é tan grande que tes que saír a buscar a vida noutros sitios para poder adestrar, como o fan Ana Peleteiro ou Belén Toimil. As dúas están en clubs de fóra de Galicia. Eu mesma levo máis de dez anos en clubs de fóra. Gustaríame estar nun club de aquí, pero non estaría nin na metade do nivel no que estou agora. Queda traballo por facer e a aportación da Xunta é moi baixa co respecto a outras comunidades autónomas. O orzamento que se lle da ao deporte en Galicia deixa bastante que desexar. Mentres isto non mellore, as e os deportistas van ter que seguir optando pola emigración”, comparte Paula Mayobre.

OUTRO XEITO DE XOGAR

Por isto, para as coordinadoras de #DesLÍGAte é fundamental dar voz e espazo ás mulleres, equipos, xornalistas e medios que están a axudar a mudar o panorama promovendo o deporte feminino. Mais, tamén para o xornal é imprescindible difundir outro xeito de se aproximar á práctica deportiva.

Beatriz López pensa que “as formas e  que se organiza e traballa unha equipa, así como o xeito co que se dirixe e relaciona con quen compite ou xoga, son moi relevantes á hora de pensar nun deporte que supere a competitividade baseada na agresividade. Neste aspecto, penso no equipo de Roller Derby, As Brigantias porque elas apostan por estruturas horizontais, coidadosas e igualitarias. É outro xeito de vivir o deporte. Pensar no feminismo no deporte implica priorizar e poñer enriba da mesa determinados valores. Debería atravesalo todo”.

“O deporte en si non é o problema, se non como se manteñen as estruturas de opresión e discriminación que van alén das mulleres”

As coordinadoras de #DesLÍGAte levan esta perspectiva aos contidos do xornal, apostando así por unha mirada crítica e inclusiva.”Cando unha persoa se pon as gafas violetas, xa non pode tolerar certas actitudes e cuestiona modelos deportivos que datan do século XVIII. Hai moitos feminismos e non todos teñen a mesma visión sobre o deporte, polo que depende de cada persoa. Con todo, o deporte en si non é o problema, senón como se manteñen as estruturas de opresión e discriminación que van alén das mulleres. O colectivo LGTBI+ tamén sofre o machismo do deporte”, engade Cristina López.

As Brigantias non comprenden outra forma de xogar que non sexa feminista. A través do seu xogo reivindican certos estigmas que caen sobre as mulleres á hora de competir: “Os tres pilares do roller derby son feminismo, autoxestión e inclusión. Priorízase o benestar das xogadoras e a súa integración independentemente da súa orixe ou orientación sexual e de xénero. En canto á agresividade e competitividade: é un deporte de contacto. É dicir, é agresivo e competitivo e non ten nada de malo. Estamos cansadas do rexeitamento que provoca que unha muller teña forza e carácter. O roller derby baséase no respecto dentro e fóra da pista e iso non é incompatible co anterior”, apunta a xogadora do equipo Laura Limeres.

POR UN AMBITO DEPORTIVO INCLUSIVO

#DesLÍGAte é un traballo no que converxen múltiples deportistas e colectivos decididos a facerlle fronte á violencia machista. Para isto, ademais de visibilizar e poñer en valor as deportistas galegas, para as coordinadoras é importante que o xornal “sexa un material didáctico para traballar a igualdade de xénero. Cremos que en #DesLÍGAte hai novas moi interesantes para analizar en aulas. Hai partes, como a seccións Ollo ao dato ou Resultados: non entres no xogo, que conteñen información sobre o que é a violencia sexual e expoñen algúns mitos que seguen moi arraigados na nosa sociedade. Tamén hai recomendacións sobre programas de radio, televisión ou libros que visibilizan o papel das mulleres no deporte, para que xs lectorxs poIdan seguir afondando no tema”, comparte Noelia Darriba de Atalaia.

Grazas á calidade e a boa recepción que tivo o primeiro número do xornal, comézase a falar da posibilidade de que haxa novos números na porta. Mentres tanto, podes lelo de balde a través da páxina da oficina para a igualdade de xénero da UDC: https://www.udc.es/es/oficinaigualdade/desligate/

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Galicia
Galicia Los sindicatos exigen a Trabajo que tome medidas en el “cierre patronal” de Sargadelos
El dueño, Segismundo García, ha permitido la entrada de casi toda la plantilla tras cuatro días de lo que califican de “chantaje”. Desde CCOO y CIG denuncian que este miércoles se ha “ninguneado a 12 trabajadores”.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.