Argentina
Arxentina: a 45 anos do terror

O 24 de marzo de 2021 cúmprense 45 anos do Golpe de Estado de 1976 que deu lugar á última ditadura cívico-militar arxentina. A día de hoxe aínda hai trinta mil desaparecidos e desaparecidas.
Jorge Rafael Videla
Jorge Rafael Videla, representante da xunta militar (centro), que completaban Emilio Massera (esquerda) e Orlando Agosti.
24 mar 2021 12:32

Comunícase á poboación que, a partir da data de hoxe, o país está baixo o control operacional da xunta de Comandantes Xeráis das Forzas Armadas…. Con estas palabras comezaba o comunicado número un da Xunta Militar do país austral difundido por radio e televisión o 24 de marzo de 1976 baixo a sinatura de Jorge Rafael Videla. E foi así como comezou o ciclo máis terrorífico da historia da Arxentina: a súa última ditadura cívico-militar que se prolongaría ata 1983. Ano en que o réxime asasino chegou á súa fin e asumiú o poder un goberno constitucional con Raúl Alfonsín como o novo presidente electo da República.

Ditadura cívico-militar

A denominación cívico-militar da ditadura ven motivada polos sectores da esquerda arxentina que procuran situar, no debate sobre aqueles anos, o feito de que o golpe de Estado do 76 foi planificado e organizado por distintos ámbitos de poder que tiñan as Forzas Armadas como a cara visíbel. Desde sectores eclesiásticos e empresariais, ata os medios de comunicación que construíron as crónicas oficiais. Versións mediáticas que invisibilizaron durante case unha década as torturas, exterminio e desaparición forzosa de milleiros de persoas vítimas do Terrorismo de Estado.

Aquela coordinación dos distintos sectores do poder tiña un só obxectivo. Frear os procesos revolucionarios das forzas esquerdistas que tiñan como referencia, por unha banda, o recente triunfo da revolución cubana; e, por outra, á Unión Soviética como un dos dous bloques hexemónicos no mundo. Asimesmo, eliminar toda posibilidade de xurdimento do socialismo en América do Sur non era o único plan. As elites, ademáis, procuraban implementar o novo modelo económico que serviu tamén como experimento previo do que despois foron as receitas neoliberais de Thatcher ou Reagan.

As elites procuraban implementar un novo modelo económico que serviu como experimento previo do que foron as receitas neoliberais de Thatcher ou Reagan

Antes de 1976, e sobre todo tras o derrocamento de Juan Domingo Perón tras o o golpe de Estado do ano 1955, na Arxentina imperou a inestabilidade política. Unha inestabilidade froito dos oligopolios e das potencias internacionais que sustentaban gobernos constitucionais ou que financiaban golpes segundo os seus propios intereses. Aqueles foron anos en que se sucederon ditaduras con curtos e excepcionais períodos democráticos. Nese contexto, e tras o triunfo da Revolución en Cuba no ano 1959, foron cobrando máis forza as agrupacións marxistas, trotskistas ou peronistas que poñían enriba da mesa a posibilidade do soño socialista. En contrapartida —e a modo de resposta a eses procesos revolucionarios— durante a década dos 60’ e dos 70’ as elites suramericanas, orquestadas polos Estados Unidos, non tardaron en organizar plans de contrainsurxencia. A crecente onda revolucionaria estendíase por todo o continente e tamén pola Arxentina.

En 1974, a presidenta María Estela Martínez de Perón —máis coñecida como Isabelita— xunto co seu Ministro de Benestar Social, José López Rega, organizaron a denominada Triple A: Alianza Anticomunista Arxentina. Unha organización parapolicial que comezou a operar con métodos de tortura, de asasinato, e de desaparición forzosa de figuras destacadas da esquerda, entre as que se atoparon o escritor Rodolfo Walsh ou o historietista Héctor Oesterheld. O 24 de Marzo de 1976 os militares deron o Golpe ao goberno de Isabelita. Así comezou o inferno.

1976: matar a todos e a todas

Este 24 de Marzo de 2021 cúmprense 45 anos do golpe de Estado que deu lugar ao goberno de facto de Jorge Rafael Videla. Os militares —ou milicos—, nunha sorte de eufemismo, denominaron o seu propio golpe como Proceso de Reorganización Nacional, o cal era parte da Operación Cóndor. Un plan de coordinación dos gobernos suramericanos, deseñado e dirixido pola CIA, para exterminar a todas as persoas que foran guerrilleiras ou militantes de movementos revolucionarios como, no caso da Arxentina, os grupos Montoneros —de corte peronista—, ou o ERP, de tendencia marxista.

Terrorismo de Estado
Montajes El falso reportaje que montó la dictadura argentina para lavar su imagen
La “Operación Para Ti” es la síntesis más clara y perversa de la complicidad que tuvieron muchos medios de comunicación argentinos con el terrorismo de Estado.

Porén, a ditadura tiña como obxectivo non soamente o exterminio de guerilleiros, senón tamén de persoas achegadas. Así, familiares ou amizades das guerrilleiras, que en moitos casos nin sequera eran militantes, tamén foron secuestradas, torturadas, asasinadas e desaparecidas. A planificación contrarrevolucionaria da Operación Cóndor posuía ese carácter totalizante para aniquilar toda posibilidade de xurdimento rebelde, e toda posibilidade de memoria colectiva. E, tamén, nese aniquilamento dos círculos sociais dos e das guerrilleiras, apropiáronse das crianzas das presas políticas. Aqueles bebés roubados foron dados en adopción a familias de círculos militares, eclesiásticos ou do alto empresariado. Tras a ditadura a Xustiza arxentina contemplou a apropiación de menores como parte do plan de exterminio da insurrección.

A planificación contrarrevolucionaria da Operación Cóndor posuía ese carácter totalizante para aniquilar toda posibilidade de xurdimento rebelde, e toda posibilidade de memoria colectiva

Todos eses bebés roubados, ao igual que as nais e os pais desaparecidos, son buscados desde o mesmo ano 1976 polas Abuelas de Plaza de Mayo ata o día de hoxe, e sen interrupción, na loita pola Verdade. Loita que elas mesmas materializaron ante todos e cada un dos gobernos constitucionais que se sucederon após a ditadura para esixir responsabilidades gubernamentais na procura de Xustiza e Reparación. Esas mulleres da Praza de Maio, que ocuparon o espazo público sendo ademáis iso, mulleres —e sobre todo nun momento da historia arxentina no que o último que se podía facer era organizarse e reunirse— fixeron das súas emblemáticas roldas na praza todo un símbolo da perseverancia e, por iso mesmo, se converteron nun símbolo para todas as persoas que loitan pola democracia en calquera rincón do mundo. A Praza de Maio é, agora, en América Latina un lugar referencial da loita polas liberdades universais. Pero, sobre todo, aquelas avoas e nais valentes fixeron delas mesmas un símbolo de loita para moitas desas outras mulleres que, máis de corenta anos despóis da ditadura, conseguiron legalizar o aborto no país austral a finais do 2020, ou que loitan contra a violencia machista e contra os femicidios. Abuelas y Madres de Plaza de Mayo estiveron sempre cos seus panos brancos, e moi presentes, na loita dos panos verdes, no movemento nin unha menos; e están en cada concentración feminista de Buenos Aires, e do resto do país, loitando por un mundo mellor; ao igual que están presentes en cada consigna de Xustiza contemporánea sen esquecer o recordo dos trinta mil compañeiros e compañeiras desaparecidas durante o terrorismo de Estado. A meirande parte das vítimas dese xenocidio, ademáis de militantes políticos, foron estudantes, traballadoras, traballadores, sindicalistas ou docentes.

Crear o monstro

Os artífices de aquel inferno instaurado no 76 —os altos cargos da cúpula militar— foron entrenados na Escola das Américas sita, por aquel entón, na Canle de Panamá e a día de hoxe en Fort Benning, nos Estados Unidos. Alí graduáronse milleiros de militares instruidos en métodos de tortura que, posteriormente, aplicarían en América Latina. Nos máis de sesenta milleiros de graduados destacan os nomes de militares coñecidos por crimes de lesa humanidade como o do xenocida arxentino Leopoldo Galtieri, o do represor boliviano Hugo Bánzer ou, o do tamén ditador, o panameño Manuel Antonio Noriega. En 1996 o Pentágono desclasificou os manuais de tortura impartidos na Escola das Américas. Entre os máis horrorosos métodos de desaparición forzosa que se aplicaron durante a ditadura arxentina atópanse os coñecidos como Vuelos de la muerte, que aínda latexan na memoria da esquerda, e que consistían en sedar a presas e presos políticos, subilos a un avión e lanzalos vivos ao Río de la Plata.

Aquela época de terror foi a máis cruenta de todas as que asolaron o país rioplatense dado que superou os límites de todo o coñecido ata o momento. Horacio Verbitsky, escritor, periodista e ex integrante da xunta directiva da división latinoamericana da ONG Human Rights Watch/Américas dixo durante unha entrevista na televisión: “Nunca antes na historia arxentina, o Estado, como maquinaria, fora posto ao servizo da violación sistemática de toda regra (…) buscando o cumplimento dun plan que a Xustiza calificou como criminal”.

Aquela época de terror foi a máis cruenta de todas as que asolaron o país rioplatense dado que superou os límites de todo o coñecido ata o momento

Durante os anos da represión os denominados grupos de tareas —estructuras parapoliciáis— conformados por corpos de seguridade do Estado e por militares, non soamente secuestraban, torturaban, asasinaban ou desaparecían persoas, tamén xestionaban os Centros de detención clandestinos. A día de hoxe o centro máis coñecido é o da Escola de Mecánica da Armada (ESMA), situada en Buenos Aires. Naquel inferno leváronse a cabo as prácticas máis terroríficas da represión. Milleiros de cidadáns secuestrados e secuestradas foron levados alí, onde a axenda interna contemplaba desde interrogatorios, con aplicación de tortura, ata vexacións de todo tipo incluida a violencia sexual. Durante o Mundial do 78, mentres a mil metros de distancia se disputaba a final do mundo no Estadio Monumental entre o equipo anfitrión —a selección arxentina— e os Países Baixos, os milicos aplicaban a picana aos e ás presas políticas. A ESMA foi o propio Auschwitz arxentino. O centro neurálxico da loucura, da inhumanidade e do sinsentido. E o 95% das presas ali recluídas foron lanzadas ao Río de la Plata.

No ano 2004 aquel centro foi reconvertido, durante o goberno de Néstor Kirchner, en Espazo para a Memoria e a Promoción e Defensa dos Dereitos Humanos. E a día de hoxe o 24 de Marzo é oficialmente o Día Nacional da Memoria pola Verdade e a Xustiza.

Ao redor de catrocentos mil arxentinas e arxentinos exiliáronse naqueles anos. Moitas a Madrid. Entre esas persoas hai figuras destacadas da Cultura como Héctor Alterio, Cecilia Roth, Ariel Roth, Mercedes Sosa ou Alejo Stivel. Pero tamén outros tantos milleiros de exiliados que non son coñecidos. Docentes, intelectuais, artistas, ou mesmo guerrilleiros e militantes que vivían na clandestinidade, e que lograron escapar do horror grazas á complicidade de compatriotas que arriscaron a súa propia vida. Moitas desas persoas exiliadas viven agora na Galiza desde hai case 40 anos e estiveron nas concentracións do Nunca Máis, están nas plataformas antidesafiuzamentos, ou acoden ás manifestacións do 8M.

Últimos anos da ditadura e gobernos constitucionais

Tras os exterminios da Operación Cóndor nos países de América do Sur, cos procesos revolucionarios en estado terminal, as ditaduras daqueles países comezaron a perder a súa razón de ser. No caso da Arxentina, ademáis, a débeda externa aumentou en seis anos un 449% pasando de oito mil millóns de dólares en 1976 a corenta e cinco mil millóns en 1982. O xigantesco incremento da débeda foi consecuencia directa da corrupción sistemática que deixou secuelas na economía do país rioplatense durante décadas. A débeda privada da ditadura —conformada polos principais grupos empresariais que ostentaban o poder— foi estatizada antes de dar paso ao primeiro goberno electo nas urnas de 1983. De xeito que foi o pobo quen tivo que pagar os pratos rotos dos xenocidas padecendo a inflación e a híper desvalorización da moeda, que foron as notas distintivas da economía posditatorial.

A última estocada para o goberno militar foi á absurda Guerra de Malvinas, iniciada polos mesmos golpistas, e á cal enviaron a rapaces arxentinos de entre 18 e 20 anos —obrigados e cunha instrucción militar ridícula— a morrer contra o exército profesional da raíña Elisabeth II. A derrota contra os británicos, comandados por Thatcher, acelerou a caída da ditadura.

Durante o primeiro goberno constitucional de Raúl Alfonsín, elixido nas urnas, tivo lugar a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP), sendo o escritor Ernesto Sábato o presidente da organización. O obxectivo da comisión era o de investigar as violacións sistemáticas de dereitos humanos durante a década dos setenta e principios dos oitenta. E investigar, tamén, a existencia dos lugares nos que os represores levaban a cabo as súas accións. Centos de centros de detención clandestina foron descubertos en todo o país, tras as testemuñas de milleiros de ex presas políticas.

Na Arxentina a débeda externa aumentou en seis anos un 449% pasando de oito mil millóns de dólares en 1976 a corenta e cinco mil millóns en 1982

Asimesmo, durante eses primeiros anos de alfonsinismo, tiveron lugar os coñecidos como Juicios a las Juntas Militares. Procesos en que foron condenados a reclusión perpetua Jorge Rafael Videla e Emilio Massera, outro dos integrantes da cúpula militar. Soamente os altos cargos do golpe de 1976 foron xulgados. A ridícula cifra de soamente cinco represores.

Por outra banda, a pesar de ter pasado ás urnas e malia os xuizos aos militares, os oligopolios que financiaran o plan sistemático de exterminio permanecían intactos e no poder. Tamén os medios de comunicación cómplices daquel inferno, que xamais viron comprometido o seu status. O único cambio positivo foi o feito de que, nas rúas, Arxentina comezaba a respirar novos aires e que os anos do terror finalizaran deixando atrás o silencio propio das tiranías. Ese silencio instaurado polos represores a base de persecución e morte. Bicarse na rúa ou celebrar reunións deixaron de ser cuestións subversivas. Na radio e na televisión comezaron a ter lugar debates sobre o inferno acontecido anos atrás con inevitábeis tintes postraumáticos. Neses anos, en concreto en 1985, Fito Paez lanzóu o seu disco Giros, obra na que que se atopaba a que é considerada ata día de hoxe como a última gran canción lationamericana “Yo vengo a ofrecer mi corazón”. Un himno que simboliza unha época na que Arxentina necesitaba recuperar a dignidade sen perder a memoria.

Arxentina comezaba a respirar novos aires e que os anos do terror finalizaban deixando atrás o silencio propio das tiranías

1983 foi o final da represión. Non obstante, aínda que no social as cousas melloraban, no eido da política os acontecementos deron un xiro inesperado para os sectores da esquerda. Presionado polos militares, o mesmo Alfonsín decretou a lei de Obediencia debida e de Punto final e, así, detivéronse os xuizos aos altos cargos do xenocidio. Para máis inri, no ano 1990 o neoliberal Carlos Menem, entón presidente da República, nun exercicio de inxustiza inigualábel, indultou os únicos cinco militares que foron xulgados. Houbo que agardar ata 2003, ao goberno de Néstor Kirchner, para ver iniciados os procedementos de nulidade dos indultos. Finalmente, os asasinos que estaban en liberdade tiveron que cumplir as súas condenas cando foron confirmadas ditas nulidades no 2010, xa baixo a presidencia de Cristina Fernández.

Abuelas y Madres de Plaza de Mayo seguen a buscar ós seus fillos e fillas, ás súas netas e netos.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
Opinión El umbral hacia el fin
Las autoras expresan los malestares de ellas y otras mujeres mexicanas que han tenido que migrar a consecuencia de la violencia desatada por “la guerra contra las drogas” impulsada por el expresidente mexicano, Felipe Calderón, en 2012.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
30 años del levantamiento del EZLN “Buscad a las Buscadoras”. El Zapatismo y la lucha por las y los desaparecidos
Las comunidades zapatistas no sólo han dado acompañamiento político y moral a las luchas por los desaparecidos en el país sino que, fieles a su costumbre, han lanzado iniciativas nacionales de construcción de alternativas por la justicia.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Violencia obstétrica
Violencia obstétrica Helena Eyimi, matrona: “El parto es un misterio y queremos controlarlo todo, pero no podemos”
Consentimiento informado, trato personalizado y libertad de elección. Para Helena Eyimi (Madrid, 1975) , matrona asesora de Naciones Unidas, es fundamental que las mujeres se sitúen en el centro de las decisiones durante el parto y esos tres conceptos son clave.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Análisis
Análisis Algunas preguntas incómodas sobre el rearme europeo
Si la UE ha de librar un conflicto con Rusia o China, no sería convencional y en teatro europeo, sino con más seguridad en África, donde se desplazarán con toda probabilidad gradualmente buena parte de las contradicciones del sistema.

Últimas

Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.